TVG2 - CSAG
BERNARD S7: Un aniversario moi especial
Bernard quere celebrar o seu aniversario, pero o resto de animais da illa non llo poñen nada fácil.
TIMMY TIME: Timmy flota
A clase constrúe barcos, pero a Timmy tócalle con Stripey, que está moi constipado e destrúe por erro o barco de Otus.
MADDIE E TRIGGS: Follas
Maddie e Triggs fan un novo amigo no xardín, a eiruga Reginald, e descobren que as follas secas son moi importantes para este bichiño.
MADDIE E TRIGGS: Ondas
Maddie e Triggs fan un castelo de area na praia, pero a marea ameaza con derrubalo e deixar sen fogar a súa nova amiga, a mariñeira Nancy.
BLOQUES DE NÚMEROS: Problema doble
Un entra nunha cova máxica onde debe duplicarse e dividirse en distintos números para superar probas e escapar coas mazás douradas antes de que todo se derrube.
PREPARADO, EDDIE, XA! S.2: Mercar zapatos
A Eddie crecéronlle os pés e necesita un par de zapatos novos. Na zapataría mídenlle os pés e encontra uns tenis de dinosauro moi cómodos que lle encantan. A Eddie crecéronlle os pés e necesita un par de zapatos novos. Na zapataría mídenlle os pés e encontra uns tenis de dinosauro moi cómodos que lle encantan.
SONIC BOOM: Oe, onde anda Eggman?
O doutor Eggman desaparece un día da gorida e Orbot e Cubot investigan o que fixo o día anterior para dar con el.
O MUNDO DE ALVA: Por todos os 'gústame' de Gizmo
Alva publica unha foto da familia en Internet e Nessa quere conseguir algún “Gústame” nela. En Gizmo, Oolie Bean fai un xardín que pasa inadvertido por culpa dos troles.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Abella Raíña
Chloe utiliza o prodixio que perdeu Ladybug e convértese nunha nova superheroína, a Abella Raíña, para impresionar a súa nai.
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 10.11.2026
O FARO
Serie. Eva non atura máis estarlle mentindo á súa tía Ánxela e confésalle que leva tempo deixando que Ricardo vexa ás agochadas o seu fillo Diego. Ánxela séntese completamente traizoada pola súa sobriña.
O FARO
Serie. Iván presencia unha disputa entre Lola, a súa nai adoptiva, e Luís. Para Iván, ao que lle ilusionaría moito descubrir que Luís é o seu verdadeiro pai, calquera comentario faille poñerse en alerta.
O FARO
Serie. Luís aproveitará unha cea coa súa parella Begoña, con Iván e mais Carme para facer a súa esperada confesión: el é o pai de Iván.
O FARO
Serie. Carme acaba de descubrir que Lucía se fugou. É a información que precisaba para reclamar a custodia do seu neto Diego e quitarllo ás mulleres do Faro.
O FARO
Serie. Iván, agora que xa sabe que Luís é o seu pai, terá que afrontar dúas cousas del. A primeira é que no pasado el e a súa querida Carme tiveron unha relación sentimental.
O FARO
Serie. A sorte sorrille a Carme, agora que Diego vive con ela. E, maila que llo prometeu ás mulleres do Faro, non vai testificar en contra de Rosa, a nai de Iván. Por que habería de facelo? Enfrontaríase ao seu querido Iván, ao que agora ten completamente namorado, e ademais demostraría que Lucía é inocente e esta podería recuperar a custodia do seu fillo. E Carme, despois do que lle costou recuperalo, non quere perder o seu neto.
ESTACHE BO!: Costeleta de tenreira con glaseado
Espazo gastronómico presentado polo ourensán Moisés Rodríguez, un cociñeiro próximo e familiar que amosará en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor. Trasladaralle á audiencia a necesidade de modificar o estilo de vida cara a hábitos saudables a través da cociña.
COMA UN ALLO
Presentado por Bernardo Montaña, este programa está baseado na dinámica de preguntas e respostas. Conta co asesoramento de dous expertos colaboradores: a escritora María Canosa e o científico e divulgador Jorge Mira.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 10.11.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 10.11.2026
Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.
EN XOGO LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 10.11.2026
Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 10.11.2026
NO FOCO: NO FOCO 07.11.2026
Presentado por Marcos Sueiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.
MAREAS VIVAS: O home de Portozás
Na leira de Currás aparece un cranio que vai espertar as máis incribles reaccións nos veciños da vila saltando incluso o achado aos medios de comunicación.
GALICIA ON: Electricidade
Presenta a cultura innovadora nos sectores produtivos galegos, cunha introdución sobre os seus antecedentes e profundando en dous casos actuais de éxito. A electrificación iniciada no século XIX supuxo un verdadeiro cambio social, converténdose nunha necesidade básica para poder realizar unha gran cantidade de actividades no mundo actual. Deste xeito, industria, sector terciario, fogares ou medios de transportes funcionan grazas á circulación dunha corrente eléctrica. Por iso hoxe 'Galicia On' fala de electricidade. Para isto visitará na Coruña a sede central de Elinsa, unha compañía que se dedica á realización e mantemento de instalacións eléctricas e ó deseño e fabricación de cadros eléctricos e de electrónica de potencia, e CO2 Smart Tech, unha peme de enxeñería e tecnoloxía, con sede en Oleiros e Bueu, que traballa no desenvolvemento de solucións innovadoras no campo da xestión e o aforro enerxético.
OS CASTELOS: A caída dos castelos
Serie documental, dirixida por Xosé Manuel Vega e presentada por Alba Mancebo, que percorre cinco séculos cruciais da historia de Galicia, do XI ao XV, para contar como se configurou a sociedade feudal arredor destas construcións. As causas e as consecuencias da Gran Guerra Irmandiña, esta noite, nunha nova entrega de 'Os Castelos'.
GALICIA DIVERSA: A arte
Programa que lles dá voz e visibilidade ás galegas e galegos con discapacidade e diversidade funcional, as súas familias e os profesionais e voluntarios que os asisten.
ESPECIAL INFORMATIVO: Funeral polas vítimas do accidente ferroviario de Urda
Especial informativo coa retransmisión en directo, desde a Catedral Primada de Toledo, da misa funeral en memoria das vítimas do accidente ferroviario de Urda, ocorrido o pasado 28 de outubro. Coa narración e comentarios do xornalista da TVG Jesús Fontenla.
ZIGZAG: ZIGZAG 3482
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. 'Zigzag' falará coa comisaria da exposición ‘Ser-Noutras. Diálogos coa colección de arte galega do Museo Reina Sofía’ e dará unha volta polo festival de fotografía Ffoco da Coruña.
DANZA NO FOCO: DANZA NO FOCO 2
Serie de cápsulas visuais en que intérpretes da danza contemporánea galega dialogan co espazo a partir dos textos dun tema musical en lingua galega, cuxas palabras animadas completan a coreografía. Hoxe, Marcia Vázquez improvisa a partir da letra da canción 'Banharemonos nas ondas', de Lamontagne & Picoamperio, na Praia de Gures.
A CRÓNICA: A CRÓNICA (DIARIA) 1624
TELEXORNAL LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 10.11.2026
Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.
EN XOGO LINGUA DE SIGNOS: TX DEPORTES SERÁN LINGUAXE SIGNOS 10.11.2026
Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.
ENNIO, O MESTRE
Retrato de Ennio Morricone, o compositor de cinema máis popular e prolífico do século XX, un dos máis queridos polo público, dúas veces gañador do Óscar e autor de máis de 500 partituras inesquecibles. O documental presenta o 'mestre' a través dunha longa entrevista realizada por Tornatore, testemuños de artistas e directores como Bernardo Bertolucci, Giuliano Montaldo, Marco Bellocchio, Dario Argento, os irmáns Taviani, Carlo Verdone, Barry Levinson, Roland Joffé, Oliver Stone, Quentin Tarantino, Bruce Springsteen, Nicola Piovani, Hans Zimmer e Pat Metheny, música e material de arquivo. O documental tamén se propón revelar o lado menos coñecido de Morricone, como a súa paixón polo xadrez, que pode ter vínculos misteriosos coa súa música ou o amor cara á súa muller Maria. Así como a orixe na vida real dalgunhas das súas intuicións musicais.
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACION ESTADO DO MAR SERÁN 10.11.2026
A BOAS HORAS
A G2 emite este espectáculo, durante cinco horas en directo, nas madrugadas da Radio Galega. Pepe Capelán converte ‘A boas horas’ nun espectáculo de humor, entretemento e compañía xunto con Noemí Martínez, Marita e Rubén Pérez. Nas fins de semana, Toño Casais, Isi e Ilda Mosquera prolongan a festa con humor, tarot e participación en directo.
COMA UN ALLO
Presentado por Bernardo Montaña, este programa está baseado na dinámica de preguntas e respostas. Conta co asesoramento de dous expertos colaboradores: a escritora María Canosa e o científico e divulgador Jorge Mira.