div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

TIMMY TIME: Timmy tenta agocharse

Toda a clase xoga ás agochadas, pero ninguén quere ir con Paxton porque fai moito ruído.

07:00 h

BERNARD S7: Non o piques!

Bernard non pode resistirse a tocar algo que non debería… e aprende a lección.

07:10 h

MADDIE E TRIGGS: Sen luz

Maddie e Triggs van durmir á casa dos avós, pero marcha a luz e deben buscar alternativas para pasalo ben.

07:20 h

MADDIE E TRIGGS: Sons corporais

Maddie e a súa familia exploran os diferentes sons que fai o corpo e quedan abraiados con eles.

07:25 h

BLOQUES DE NÚMEROS: Oito

Un salto de Un sobre Sete dá lugar a Oito, que descobre que pode transformarse en Octoblock con oito brazos para facer todo tipo de habilidades sorprendentes.

07:35 h

PREPARADO, EDDIE, XA! S.2: Natación

Eddie mostra con orgullo as súas medallas de natación, pero aínda non é capaz de meter a cabeza debaixo da auga. Coa axuda do seu pai, supera o medo e consegue outra medalla. Eddie mostra con orgullo as súas medallas de natación, pero aínda non é capaz de meter a cabeza debaixo da auga. Coa axuda do seu pai, supera o medo e consegue outra medalla.

07:40 h

SONIC BOOM: Sentirse culpable

Sonic e Tails defenden os gogobas dunha manda de bandidos e a tribo agradécello cun banquete.

07:50 h

O MUNDO DE ALVA: Notivacacións'

Alva ten que facer un traballo escolar e non dá empezado por culpa das notificacións que recibe. En Gizmo, os troles distraen o alcalde para impedir que cumpra coas súas tarefas oficiais.

08:00 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Riposte

Unha espadachina enmascarada séntese humillada nun duelo con Adrian. Lepidóptero convértea en Riposte, unha experta loitadora que busca o desquite.

08:30 h

O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 06.11.2026

09:30 h

CAFÉ SEN GOTAS: CAFÉ SEN GOTAS 349

Faladoiro na biblioteca xeral do Parlamento.

09:45 h

O FARO

Serie. Unha vez feitas as paces entre Feng e Vítor, os dous prepáranse para levar adiante o complexo inmobiliario que unirá os Samáns cuns importantes empresarios chineses.

10:25 h

O FARO

Serie. Os negocios que Víctor conseguíu cos investidores chineses para Samáns están nas mans da súa moza Feng, que ten que mediar en todas as conversacións e envíos.

11:10 h

O FARO

Serie. No Faro, Damián e Eva están tramando o xeito de conseguirlle a Ánxela citas para que coñeza algún home. A pesar de que Eva continúa permitíndolle ver a Diego ás agochadas, Ricardo cre que non merece ser separado do seu fillo e quere arranxar as cousas con Lucía.

11:50 h

O FARO

Serie. Begoña sospeita que Luís sente algo por Carme. E non pode crer as súas negativas. Ademais, Carme dubida se convidalo a un convite nocturno no club ou convidar a Iván.

12:30 h

O FARO

Serie. Ricardo e Víctor sérvense de apoio para afrontar os seus problemas sentimentais. O primeiro acaba de recibir unha mensaxe de Lucía, a única comunicación despois de días intentanto falar con ela para solucionar os problemas.

13:15 h

O FARO

Serie. Ricardo descobre que Eva ten o móbil de Lucía e quere saber por que. E, o que é máis importante, precisa aclarar se a mensaxe que recibiu a escribiu Lucía ou a súa prima.

14:00 h

ESTACHE BO!: Peituga de polo escabechada

Espazo gastronómico presentado polo ourensán Moisés Rodríguez, un cociñeiro próximo e familiar que amosará en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor. Trasladaralle á audiencia a necesidade de modificar o estilo de vida cara a hábitos saudables a través da cociña.

14:25 h

COMA UN ALLO

Presentado por Bernardo Montaña, este programa está baseado na dinámica de preguntas e respostas. Conta co asesoramento de dous expertos colaboradores: a escritora María Canosa e o científico e divulgador Jorge Mira.

15:00 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 06.11.2026

Presenta Raúl Quián.

15:30 h

TELEXORNAL LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 06.11.2026

Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.

16:10 h

EN XOGO LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 06.11.2026

Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.

16:25 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 06.11.2026

16:35 h

MAREAS VIVAS: Celtas de Portozás

Cumprindo a tradición, o concello de Portozás prepara a súa festa no Castro de Puntazás: trátase dunha representación que conmemora a batalla entre as tribos celtas de Portozás e Cormelle, que supuxeran a fundación da vila.

17:30 h

GALICIA ON: Creatividade

Presenta a cultura innovadora nos sectores produtivos galegos, cunha introdución sobre os seus antecedentes e profundando en dous casos actuais de éxito. No programa de hoxe, 'Galicia On' falará de Katarsis, unha escola que actúa como punto de encontro entre os mundos do teatro e da educación. Tamén fará parada na escola e tenda de belas artes La Ola Creativa. O percorrido rematará en Latento, un servizo integral en que traballan psicólogas expertas na identificación, orientación e intervención en altas capacidades.

17:55 h

NÁUFRAGOS: A solidariedade que produce o naufraxio

Morreron dez homes e só se recuperaron seis corpos. O “Isla de Tambo” tiña base en Marín e desapareceu na ría de Corcubión con máis sorte. Só houbo dous mortos e o resto da tripulación foi rescatada polas mulleres da aldea de Ameixenda, non concello de Cee.

18:55 h

TODO BÁSQUET: Liga Feminina Endesa. Xornada 7: Baloncesto Leganés-Baxi Ferrol

En directo, encontro correspondente á sétima xornada da competición nacional, que enfrontará dous equipos que buscan consolidarse na clasificación.

20:25 h

ESPAZO MURAL: ESPAZO MURAL 9

Artistas urbanos galegos amosan a súa mestría realizando murais significativos por toda Galicia.

20:40 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3479

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. O pianista e compositor galego Abe Rábade presenta en ‘Zigzag’ o seu novo disco, ‘Nova Botánica’, en que converxen a música tradicional galega, o jazz e a música de cámara.

21:00 h

BENLIDOS: A memoria da choiva

Presentado por Alba Mancebo, o programa achegará de maneira breve e divulgativa os libros de lectura obrigatoria nos institutos galegos, ofrecendo explicacións, curiosidades e claves para facilitar a comprensión das obras e fomentar o interese pola lectura. 'A memoria da choiva', de Pedro Feijoo, é un 'thriller', unha novela de intriga ambientada en Galicia na que un xornalista, Aquiles, investiga unha cadea de crimes. Ata aquí unha sinopse do máis habitual, pero a reviravolta que lle dá é esta: todos están relacionados coa figura da nosa escritora máis relevante, Rosalía de Castro. Esta novela fai unha mestura exquisita entre investigación, historia, literatura e país. Nela hai moito de pasado, pero tamén moito presente.

21:05 h

MERLÍ 2: Kant

Serie. Cando Carmina lle repite a Merlí que quere que el e Bruno marchen da súa casa, Merlí dille a Carmina que está pendente dunhas probas médicas. Pola súa parte, Marc está preocupado polo comportamento de seu irmán pequeno.

22:00 h

TELEXORNAL LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 06.11.2026

Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.

22:30 h

EN XOGO LINGUA DE SIGNOS: TX DEPORTES SERÁN LINGUAXE SIGNOS 06.11.2026

Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.

22:35 h

A ENCRUCILLADA

Un motorista que traballa como especialista nun espectáculo viaxando dunha cidade a outra, reencóntrase cunha antiga e breve noiva, e descobre que ela tivo un fillo del. Decide entón deixar a estrada, establecerse e traballar de mecánico, intentar recuperar o cariño da moza e poder coidar do seu fillo. Pero ante a falta de cartos, o seu xefe proporalle roubar bancos, aproveitando a súa habilidade coa motocicleta.

div-crtvg-top2

Publicidade