div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

BERNARD S7: Intercambio de poderes mentais

Un accidente fai que Bernard intercambie habilidades co pato extraterrestre.

07:00 h

TIMMY TIME: O pícnic de Timmy

Nun pícnic da clase, xogan ao fútbol ata que as pugas de Apricot rebentan o balón.

07:10 h

MADDIE E TRIGGS: Morcegos

Maddie, Triggs e papá atopan un morcego que se perdeu e confirman a importancia que ten o son, sobre todo para estes animais.

07:20 h

MADDIE E TRIGGS: O meu mellor amigo

Maddie e Triggs explícanlle ao seu veciño Phillip que unha mascota pode ser o mellor amigo do mundo.

07:25 h

BLOQUES DE NÚMEROS: Sete

Un día de picnic complícase coa choiva ata que aparece Sete, o número da sorte. Grazas a el, todo mellora e descobren as cores do arco da vella.

07:35 h

PREPARADO, EDDIE, XA! S.2: A biblioteca

Eddie debe devolver o seu querido libro sobre un rover en Marte á biblioteca. O seu pai axúdalle a encontrar outro libro interesante sobre ovnis para coller en préstamo e lelo na casa. Eddie debe devolver o seu querido libro sobre un rover en Marte á biblioteca. O seu pai axúdalle a encontrar outro libro interesante sobre ovnis para coller en préstamo e lelo na casa.

07:40 h

SONIC BOOM: Ovos chocos

Eggman prepara unha receita para transformar a Sonic en alguén tan malvado coma el. Así e todo, a cousa non lle sae como planeou e ao final terá que aliarse con el para solucionar a desfeita que provoca.

07:50 h

O MUNDO DE ALVA: Verdadeiro ou falso

O pai de Alva le unha noticia en Internet e cóntaa sen saber que é falsa. En Gizmo, Alva enfróntase a un falso pregoeiro, un trol disfrazado, que se dedica a espallar noticias falsas.

08:05 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Xigantitán

Unha “akuma” transforma un bebé en Xigantitán, un neniño colosal que percorre a cidade na procura dunha piruleta e destrúe todo o que vai encontrando.

08:30 h

O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 05.11.2026

09:35 h

O FARO

Serie. En Samáns a noticia de que Iván recibiu o poder para controlar a participación da súa nai Rosa na empresa, non tarda en propagarse. Un dos máis afectados será Luís, que se dá conta de que o pobre Iván, atraído polo diñeiro e o poder, está caendo pouco a pouco nos líos de Carme.

10:20 h

O FARO

Serie. Carme coñece a Feng, a noiva de Vítor, que lles axuda coas negociacións para que Samáns acade o investmento por parte duns empresarios chineses nun importante complexo inmobiliario.

11:00 h

O FARO

Serie. Ricardo visita O Faro para solucionar as cousas con Lucía. Alí, Ánxela, impídelle vela e recórdalle que el renunciou á custodia do seu fillo para evitar a denuncia polo secuestro.

11:45 h

O FARO

Serie. Carme entrégalle a Luís unha carta de Rosa na que o chantaxea. Se el lle confesa a Iván que é o seu pai, ela deixarao sen a súa parte na empresa. En O Faro, Eva levará a Diego a gardería malia que Patri non entenda a insistencia que ten en levalo e traelo só ela.

12:30 h

O FARO

Serie. Luís dille a Iván que non é o seu pai, a pesar de que era a idea (e a ilusión) de ambos. De todas as formas, Luís invítao a vivir con el se así o desexa.

13:10 h

O FARO

Serie. Aínda que o segue tendo prohibido por parte da súa sogra Ánxela, Ricardo poderá ver ao seu fillo Diego coa axuda de Eva, que se xoga a confianza das mulleres de O Faro se se descubre o que está facendo.

14:00 h

ESTACHE BO!: Chulas de bacallau

Espazo gastronómico presentado polo ourensán Moisés Rodríguez, un cociñeiro próximo e familiar que amosará en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor. Trasladaralle á audiencia a necesidade de modificar o estilo de vida cara a hábitos saudables a través da cociña.

14:25 h

COMA UN ALLO

Presentado por Bernardo Montaña, este programa está baseado na dinámica de preguntas e respostas. Conta co asesoramento de dous expertos colaboradores: a escritora María Canosa e o científico e divulgador Jorge Mira.

15:00 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 05.11.2026

Presenta Raúl Quián.

15:30 h

TELEXORNAL LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 05.11.2026

Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.

16:10 h

EN XOGO LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 05.11.2026

Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.

16:25 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 05.11.2026

16:35 h

MAREAS VIVAS: Amigo e amiga

Petróleo recibe a visita en Portozás dun antigo compañeiro de barco que se sometera a unha operación de cambio de sexo, converténdose en Vanessa. Esta nova situación incomódalle, pero ao final acepta a realidade tras reflexionar con Berta.

17:40 h

GALICIA ON: Madeira

O sector forestal engloba arredor de 3.000 empresas na nosa rexión. Segundo datos do Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia, a cadea de valor desta materia prima representaba no 2017 un 12% do emprego industrial na nosa Comunidade. Por iso é fundamental investigar e promover novos usos, ademais de lograr que as empresas galegas obteñan un produto competitivo e de calidade. Hoxe, 'Galicia On', fala do deseño en madeira, unha das principais aplicacións desta materia prima que ademais é renovable. Cenlitrosmetrocadrado é un estudio situado no Milladoiro. Destaca por ofrecer un deseño de clara orientación humanista, facendo realidade proxectos que teñen en conta o emocional e o social. Os seus artífices son os deseñadores Xabier Rilo e Ricardo Tubío. Desenvolven traballos que van dende o deseño de produtos e espazos, ata a coordinación de equipos de traballo en ámbitos creativos. Todo isto baixo unha identidade de marcado carácter atlántico. A seguinte parada no noso percorrido é Galopín, unha empresa instalada en Cerceda dende hai máis de 20 anos e todo un referente no deseño e fabricación de parques e xogos en España. A súa filosofía é a dunha empresa aberta, cun labor enfocado no estudo e na mellora dos espazos públicos. Por que xogar é unha actividade internacional, existen parques en Galicia, na India e no Xapón.

18:05 h

UN PAÍS EN 360º: Camiños de Fisterra

Programa gravado con cámaras 360, que utiliza a tecnoloxía para achegarlles aos espectadores o patrimonio natural e monumental de Galicia. Presentado por Estíbaliz Veiga, ‘Un país en 360’ descobre Galicia de forma inmersiva, porque o público está no centro da acción. Na procura do final da terra coñecida, o programa emprende hoxe o Camiño de Fisterra.

19:00 h

ALALÁ: Cantadeiras do Berbés

A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En 'Alalá' non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional. Os protagonistas do 'Alalá' son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas.

19:30 h

ALALÁ: Emilio do Pando

A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En 'Alalá' non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional. Os protagonistas do 'Alalá' son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas.

20:00 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3478

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. O espazo fala hoxe do evento Compostela Ilustrada, o Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe de Santiago, que volve converterse nun grande escenario ao aire libre para o debuxo coa celebración da novena edición deste evento. Ademais, o espazo da G2 achegarase á novela de xénero negro ‘Buscando a Dalia’, escrita por Miguel Anxo Fernández, a oitava entrega da serie protagonizada polo detective Frank Soutelo.

20:20 h

LÉOCHO: Obxectos literarios emblemáticos

'Léocho’ é unha aventura polo mundo da literatura galega e a xente que hai detrás de cada obra. A escritora e divulgadora María Canosa conduce esta viaxe fascinante para animar á lectura de forma divertida e didáctica.

20:55 h

A CRÓNICA: A CRÓNICA (DIARIA) 1622

22:00 h

TELEXORNAL LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 05.11.2026

Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.

22:30 h

EN XOGO LINGUA DE SIGNOS: TX DEPORTES SERÁN LINGUAXE SIGNOS 05.11.2026

Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.

22:35 h

FILA 1: D.E.P.

A TVG divulga o traballo realizado polas compañías, actores e actrices para achegar o teatro a todos os galegos a través dos medios públicos. Gravadas no auditorio do Grove (Pontevedra), con presenza de público e con artistas convidados, ‘Fila 1’ programa un total de oito obras recoñecidas polo público e a crítica, algúns dos mellores exemplos da dramaturxia galega. O espazo estrea hoxe na TVG a obra de teatro ‘D. E. P.’, unha comedia sobre as mentiras, a avaricia e a falta de escrúpulos.

22:35 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACION ESTADO DO MAR SERÁN 05.11.2026

00:00 h

APAGA A LUZ [II]

00:00 h

A NOTA DE OURO

O prestixioso certame austríaco que descobre e impulsa novos talentos musicais entre os 5 e os 18 anos, celebra en Galicia, por primeira vez, a súa gala oficial, froito da colaboración co Centro Superior de Música de Valga. Neste evento histórico, os gañadores do certame —xa estudantes do Centro Superior de Música Galicia— ofrecen unha actuación excepcional no Auditorio de Santiago acompañados por unha Orquestra Sinfónica integrada por músicos de Galicia.

01:05 h

A BOAS HORAS

A G2 emite este espectáculo, durante cinco horas en directo, nas madrugadas da Radio Galega. Pepe Capelán converte ‘A boas horas’ nun espectáculo de humor, entretemento e compañía xunto con Noemí Martínez, Marita e Rubén Pérez. Nas fins de semana, Toño Casais, Isi e Ilda Mosquera prolongan a festa con humor, tarot e participación en directo.

05:55 h

COMA UN ALLO

Presentado por Bernardo Montaña, este programa está baseado na dinámica de preguntas e respostas. Conta co asesoramento de dous expertos colaboradores: a escritora María Canosa e o científico e divulgador Jorge Mira.

06:30 h

PIPPI MEDIASLONGAS: Pippi aparece na vila Kunterbunt

div-crtvg-top2

Publicidade