TVG2 - CSAG
TIMMY TIME: Timmy quere o azul
A cor favorita de Timmy é o azul. Decide pasar un día no que todo ten que ser azul.
BERNARD S7: Facendo as cousas aínda peores
Ás veces, intentar arranxar un problema só acaba empeorando a situación…
MADDIE E TRIGGS: O cabaleiro Maddie
Maddie e Triggs queren facer unha representación medieval no xardín, pero non dan porque papá fai moito ruído no cabanel.
MADDIE E TRIGGS: Coellos do po
A Triggs cáelle unha pelota debaixo do sofá e, cando Maddie lle axuda a recuperala, descobren uns seres encargados de coidar das cousas que perden: os coellos do po.
BLOQUES DE NÚMEROS: Ás agachadas
Cinco xoga a agocharse cos demais, pero usa a súa habilidade para atopalos sen moverse do sitio. Ao final, intercambian papeis e todos aprenden a xogar mellor.
PREPARADO, EDDIE, XA! S.2: Unha nova compañeira de clase
Eddie ten unha nova compañeira de clase, Frieda, e ten medo dos cambios que iso pode supoñer. Porén, aprende a darlle unha amable benvida e descobre que ter novos amigos é moi divertido. Eddie ten unha nova compañeira de clase, Frieda, e ten medo dos cambios que iso pode supoñer. Porén, aprende a darlle unha amable benvida e descobre que ter novos amigos é moi divertido.
SONIC BOOM: Traduce isto
Tails fabrica un robot tradutor universal do que está moi satisfeito porque que interpreta ata os pensamentos. O doutor Eggman ve o potencial do robot para destruír a Sonic e argalla un plan para roubalo e que os seus inimigos se enfronten entre si.
O MUNDO DE ALVA: Un andazo de espirros
Na escola de Alva usan unha aplicación para rastrexar os nenos cando enferman. En Gizmo aparece un caso de Espirros que se estende e acaba afectando a Oolies e troles.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Oso rancoroso
Chloe humilla o seu mordomo, que se transforma en Oso Rancoroso, capaz de manipular as persoas que toca e que está decidido a vingarse de Chloe.
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 03.11.2026
O FARO
Serie. Fina non encaixa ben todas as novas sobre o que está acontecendo en O Faro e desmaiase. Terá que quedar no hospital para seren observada. Pola súa parte, Ánxela considera que deberían facer caso das visións de Susana, xa que as pode axudar a atopar a Diego.
O FARO
Serie. A estancia de Fina no hospital vaise prolongar xa que o seu estado é máis serio do que se cría non principio. Ánxela decide chamar a Susana para que use os seus “poderes” para atopar a Diego.
O FARO
Serie. Ánxela drogou a Ricardo, convencida de que os poderes de Susana axudaraas a atopar a Diego. A Lucía indígnalle que a súa nai lle fixera iso ao pai do seu fillo por facer caso á que considera unha estafadora.
O FARO
Serie. En O Faro, Ricardo terá que explicar a Lucía porque secuestrou ao seu propio fillo. Mentres, en Samáns, Carme recibe dúas visitas. A da súa inimiga Rosa, que parece decidida a aceptar a súa maternidade sobre Iván, e a de Vítor, que xa regresou de China pero que oculta que estivo facendo negocios alá co respaldo da empresa.
O FARO
Serie. Lucía négase a escoitar as explicacións de Ricardo. E está decidida a denuncialo por secuestrar ao seu fillo se el non renuncia voluntariamente á súa custodia.
O FARO
Serie. Carme está moi agobiada porque non sabe que fará Ricardo con respecto á tutela do seu fillo Diego e se Lucía o denunciará por secuestro ou non. A relación entre Begoña e Lucía non está resultando tan ben como ela esperaría.
ESTACHE BO!: Crema de cogomelos con pan crocante e touciño
Espazo gastronómico presentado polo ourensán Moisés Rodríguez, un cociñeiro próximo e familiar que amosará en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor. Trasladaralle á audiencia a necesidade de modificar o estilo de vida cara a hábitos saudables a través da cociña.
COMA UN ALLO
Presentado por Bernardo Montaña, este programa está baseado na dinámica de preguntas e respostas. Conta co asesoramento de dous expertos colaboradores: a escritora María Canosa e o científico e divulgador Jorge Mira.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 03.11.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 03.11.2026
Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.
EN XOGO LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 03.11.2026
Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 03.11.2026
MAREAS VIVAS: Solidariedades
María enfróntase ao avogado de Maroto cando lle notifica a negativa do seu cliente a asinar o divorcio. Con todo, os trámites seguirán adiante cando, case por casualidade, se descobre que Suso Maroto é bígamo.
NO FOCO: NO FOCO 31.10.2026
Presentado por Marcos Sueiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.
GALICIA ON: GALICIA ON V 85 - FARMACIA
A farmacia é a ciencia e práctica da preparación, conservación, presentación e dispensación de medicamentos. Mais, tamén é o lugar onde se preparan, dispensan e venden os produtos medicinais e onde, por suposto, se proporciona consello profesional ó paciente no que á súa medicación se refire. Por iso hoxe, en Galicia On, falamos de farmacia. Dirixímonos ó Porriño, onde se atopa Zendal, un grupo farmacéutico que alberga 7 liñas de negocio e está centrado no descubrimento, desenvolvemento, fabricación e comercialización de vacinas e produtos biolóxicos para a saúde humana e veterinaria. Conta cunha facturación anual de máis de 40 millóns de euros, un equipo integrado por arredor de 250 persoas e é un referente en vacinas de tipo vírico, clostridiais e micobacterias. Tamén visitamos o Grupo Quatrium, en Santiago de Compostela, unha compañía dedicada a ofrecer servizos globais ó sector farmacéutico e inmobiliario desde a súa creación. FarmaQuatrium, unha das empresas que forman este grupo, encárgase de analizar e buscar solucións para garantir o éxito de cada transacción mediante o seu servizo 360º; mentres que Laboratorios Ozoaqua, tamén pertencente ó grupo, desenvolve produtos dermatolóxicos formulados a base de aceites ozonizados.
OS CASTELOS: O poder e a palabra
Serie documental, dirixida por Xosé Manuel Vega e presentada por Alba Mancebo, que percorre cinco séculos cruciais da historia de Galicia, do XI ao XV, para contar como se configurou a sociedade feudal arredor destas construcións. A serie documental ‘Os Castelos’ porá hoxe ao descuberto a vida cultural da sociedade medieval.
A GRANDE EPOPEA DE GALICIA: GALEGOS EN CARACAS E VALENCIA
O goteo de exiliados republicanos e galeguistas a Venezuela converteuse en chorro tras a Segunda Guerra Mundial. O auxe do petróleo e a política de portas abertas do ditador Pérez Jiménez marcaron esta nesta grande epopea galega en América.
OS CASTELOS: A caída dos castelos
Serie documental, dirixida por Xosé Manuel Vega e presentada por Alba Mancebo, que percorre cinco séculos cruciais da historia de Galicia, do XI ao XV, para contar como se configurou a sociedade feudal arredor destas construcións. As causas e as consecuencias da Gran Guerra Irmandiña, esta noite, nunha nova entrega de 'Os Castelos'.
ZIGZAG: ZIGZAG 3476
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados.