TVG2 - CSAG
BERNARD S7: A gran fuxida da illa
Bernard quere escapar da illa, pero vaille traer máis problemas que outras cousas.
TIMMY TIME: Timmy quere a boina
Timmy aprende a non roubar cando Ruffy lle colle o seu oso de peluche.
MADDIE E TRIGGS: Os birlos
Mamá e papá levan a Maddie e Triggs a xogar aos birlos por primeira vez.
MADDIE E TRIGGS: O tío neneiro
Papá e mamá saen a cear e o tío George queda coidando de Maddie e Triggs cunha misión importante: non deixaren a casa patas arriba.
BLOQUES DE NÚMEROS: Buratos
Cinco cae nun burato e vai perdendo bloques mentres ao outro lado van aparecendo e medrando de novo. Ao final, completa a viaxe e volve ser Cinco.
PREPARADO, EDDIE, XA! S.2: Piollos
Eddie descobre que ten piollos e Nina e Akil explícanlle o que son. Peiteándose con paciencia dáse conta de que, ó final, enfrontarse a eles non é para tanto. Eddie descobre que ten piollos e Nina e Akil explícanlle o que son. Peiteándose con paciencia dáse conta de que, ó final, enfrontarse a eles non é para tanto.
SONIC BOOM: Azul de envexa
Chega á vila un muraño moi moderno e rechamante que con labia e acrobacias conquista a todo o mundo. Como lle rouba o protagonismo, Sonic ten celos del e acaba retándoo a unha carreira cunha aposta un tanto perigosa.
O MUNDO DE ALVA: Detrás da máscara
Nun grupo de chat, alguén insulta a Alva. En Gizmo, unha malvada enmascarada métese con todo o mundo e Alva ensínalles a bloquear os comentarios desagradables.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Xeadiador
Lepidóptero “akumatiza” o lendario xeadeiro parisiense e transfórmase en Xeadiador, que converte a xente en xeados que se derreten. Ladybug e Cat Noir terán que reaccionar para evitalo.
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 02.11.2026
O FARO
Serie. Sen que ninguén o saiba, para non preocupalos aínda máis, Ricardo ten que coordinarse cos secuestradores de Diego para mandarlles a medicación do neno.
O FARO
Serie. Iván evitou que Carme se suicidara, decepcionada polo desprecio de Luís e os continuos desplantes do seu fillo Ricardo. Pero Iván, que só coñece o segundo motivo, recrimínalle a Ricardo a falta de atención cara á súa nai, ainda que non lle conta que intentou quitarse a vida.
O FARO
Serie. Lucía ten unha discusión coa súa prima Eva, que acaba de chegar. Lucía botou a Susana pensando que as estaba estafando cos seus poderes e que non as estaba axudando en nada a atopar o seu fillo Diego.
O FARO
Serie. Ricardo está confabulado con María, unha monxa amiga súa no secuestro de Diego. Pensa que a súa familia e a de Lucía terminarán uníndose para afrontar a situación. Algo que non está tan lonxe, xa que a súa sogra Ánxela, accedeu a reunirse con Carme.
O FARO
Serie. A familia Peña accede a reunirse cos Muñoz para falar do secuestro de Diego. Ademais, Lucía e Eva acordaron que Susana debe marchar. Outra boa nova é que Patri voltou xa que Hugo, que se recupera favorablemente, marchou coa súa familia.
O FARO
Serie. Lucía e Carme falaron e achegaron posicións, ata o punto de que Lucía está pensando en darlle unha segunda oportunidade á súa sogra. Así llo conta a Patri, que segue sen poder perdoar a Víctor por terlle mentido, pero tampouco pode deixar de pensar nel.
ESTACHE BO!: Totopos caseiros con mousse de guacamole
Espazo gastronómico presentado polo ourensán Moisés Rodríguez, un cociñeiro próximo e familiar que amosará en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor. Trasladaralle á audiencia a necesidade de modificar o estilo de vida cara a hábitos saudables a través da cociña.
COMA UN ALLO
Presentado por Bernardo Montaña, este programa está baseado na dinámica de preguntas e respostas. Conta co asesoramento de dous expertos colaboradores: a escritora María Canosa e o científico e divulgador Jorge Mira.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 02.11.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 02.11.2026
Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.
EN XOGO LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 02.11.2026
Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 02.11.2026
MAREAS VIVAS: Hai alguén aí?
Ladislao e Currás andan con outra aventura: tratan de probar cientificamente que Portozás é unha zona privilexiada para o aterraxe de OVNIS, aínda que Currás se burla de todo iso.
VIDA NAS MAREAS: Papalorchos
Serie que explora a vida real, costumes e conflitos da Costa da Morte. Neste percorrido, aborda temas como o furtivismo, lendas locais, a vida mariñeira e a contorna da Costa da Morte. Conta coa participación de personaxes como Luis Zahera e Suso Lista.