TVG2 - CSAG
VERY SMALL CREATRUES, THE Season 1 e 2: O espectáculo de luz
As Criaturiñas descobren unha lanterna e comezan a xogar coas sombras.
VERY SMALL CREATRUES, THE Season 1 e 2: A pelota especial
Mentres xogan ao fútbol, Verde atopa unha pelota que lle parece moi especial.
VERY SMALL CREATRUES, THE Season 1 e 2: As pozas de cores
As Criaturiñas atopan unhas pozas de pintura no chan, así que saltan, escorregan e xogan con elas todo o que poden.
VERY SMALL CREATRUES, THE Season 1 e 2: Ai!
Laranxa faise dano mentres xoga. As Criaturiñas intentarán facela sentir mellor e conseguir que volva sorrir.
TIMMY TIME: Timmy rouba o protagonismo
A clase de Timmy organiza un festival de talentos.
O DIARIO DE ALICE: DIARIO DE ALICE, O 39
GALIWORLD: PRESTAR ATENCIÓN
Na clase, un pito envexoso mófase dun compañeiro que sempre atende e responde ás preguntas da profesora. Cunha lección, descobre que pedir axuda e esforzarse é moito máis proveitoso.
BIBOPALULA: A cova
Bubi descobre algo asombroso: unha cova que fala. Robin acompáñaa para vela cos seus propios ollos. O señor Moucho explícalles que o que acaban de descubrir é o eco.
BIBOPALULA: Aquí hai xigantes!
Robin acaba de descubrir que no alto do monte hai unhas árbores moi altas, brancas e sen follas.
QUERES UN CONTO?: QUERES UN CONTO? 9
MADDIE E TRIGGS: Tirolesa
Maddie, Triggs e mamá soben á cima do outeiro de Vila Revolta. Alí coñecen unha cabra que lles ensinará un novo xeito de comunicarse.
MADDIE E TRIGGS: Xerra de peixe
Mamá fixo unha xerra con forma de peixe para a avoa e non quere que rompa. Maddie deberá aprender a facer o correcto cando mete a zoca.
MADDIE E TRIGGS: O tren de Phillip
Maddie e Triggs xogan aos trens con Phillip, pero teñen problemas co deseño da vía, polo que terán que buscar unha solución en común.
MADDIE E TRIGGS: Cola bulideira
Triggs menea a cola cando se pon contento, pero ás veces pode pasarse un pouco ata o punto de parecer que a cola ten vida propia.
BLOQUES DE NÚMEROS: Os dous terribles
Catro divídese en dous ‘Dous’ moi trasnos que se dedican a gastar bromas. Ao final, todos descobren que os Terribles Dous formaban parte del.
NUTRITIVES: O MISTERIO DO GLUTE
OS BOLECHAS. SABES UNHA COUSA?: A música
Braulio e Kofi queren ser directores de orquestra, pero non saben moito de música. Coa batuta na man, os Bolechas aprenden que é a música, os tipos de instrumentos que existen e os estilos musicais que poden tocar.
OS BOLECHAS. SABES UNHA COUSA?: Os animais salvaxes
Non todos os animais foron domesticados polos humanos, moitos deben buscar a súa propia comida e andan libres. Os irmáns Bolechas descobren algúns animais salvaxes como os bisontes, os canguros ou as serpes de coral.
PREPARADO, EDDIE, XA! S.2: O parque de camas elásticas
Eddie vai a un parque de camas elásticas por primeira vez. Despois de poñer uns calcetíns especiais, descobre o divertido que é saltar, facer formas e lanzarse á piscina de bloques de espuma. Eddie vai a un parque de camas elásticas por primeira vez. Despois de poñer uns calcetíns especiais, descobre o divertido que é saltar, facer formas e lanzarse á piscina de bloques de espuma.
PREPARADO, EDDIE, XA! S.2: De pícnic
Eddie e mais a súa familia, Akil e a súa avoa van de pícnic ó parque. Encontran un lugar perfecto para a súa merenda, malia que os sorprende a chuvia. Eddie e mais a súa familia, Akil e a súa avoa van de pícnic ó parque. Encontran un lugar perfecto para a súa merenda, malia que os sorprende a chuvia.
PIPO TEMPORADA 2: A mellor merenda da historia
Mamá ten unha gran idea: poderían ir todos ao parque a facer unha merenda. Un picnic! Pipo ofrécese para elaborar un menú cos pratos favoritos de cada membro da familia. Mamá ten unha gran idea: poderían ir todos ao parque a facer unha merenda. Un picnic! Pipo ofrécese para elaborar un menú cos pratos favoritos de cada membro da familia.
PIPO TEMPORADA 2: A música máis fermosa da galaxia
Berta está intentando aprender a tocar a frauta na escola. Polo de agora non ten moito éxito. Na casa, os seus ensaios non parecen entusiasmar a ninguén, pero cando ese son chega ás orellas de Pipo, terá lugar un pequeno milagre. Berta está intentando aprender a tocar a frauta na escola. Polo de agora non ten moito éxito. Na casa, os seus ensaios non parecen entusiasmar a ninguén, pero cando ese son chega ás orellas de Pipo, terá lugar un pequeno milagre.
OS BOLECHAS. HISTORIA DE GALICIA: Cando construímos os mosteiros
Na Idade Media, as monxas e os monxes vivían xuntos nos mosteiros.
OS BOLECHAS. HISTORIA DE GALICIA II: Cando botamos os viquingos
No ano 844 arribaron ás costas galegas uns barcos estraños. Viñan do norte de Europa guiados por viquingos, un pobo que asaltaba e invadía as vilas ás que chegaba. Pero Galicia opuxo resistencia. Os bispos e os nobres formaron exércitos para loitaren contra os asaltantes, construíron as Torres de Oeste para defender a entrada polo río Ulla e lograron reducir os ataques viquingos.
O MUNDO DE ALVA: Quen é ese Oolie?
Papá aconséllalle a Alva que teña coidado cos seus datos persoais mentres fai buscas en Internet. En Gizmo, os troles rouban as identidades dos Oolies e Alva terá que axudarlles a recuperalas.
O MUNDO DE ALVA: A gripe dos troles
Os troles colleron a gripe, igual que Finn, o irmán pequeno de Alva. Pero a gripe dos troles éncheos de enerxía e amabilidade. Alva terá que encontrar a cura antes de que os Oolies acaben esgotados.
SONIC BOOM: A trampa do circo
Sonic e os amigos deciden axudar o dono dun circo en que enfermaron os artistas para que o público non quede sen función.
SONIC BOOM: Portas cerradas
Amy descobre que Sticks ten moreas de cousas vellas acumuladas na casa e organiza unha venda no xardín.
SONIC BOOM: Knuckles non ten sorte
Knuckles está convencido de que Sonic lle gana sempre a todo por culpa da mala sorte.
SONIC BOOM: A maldición do templo da amizade
Sonic e Eggman acaban atrapados dentro dun templo antigo e, como os amigos non se poñen de acordo sobre quen dirixir o rescate, os dous rivais terán que aprender a traballar en equipo se queren dar saído del.
INVENTA QUE INVENTA: A cámara escura e o hotel polinizador para insectos
Neste episodio de 'Inventa que inventa' apréndese a construír unha cámara escura cunha caixa de zapatos para entender como funciona a luz. O programa descobre tamén a historia de Richie Stachowski, o neno inventor do water-talkie. Ademais, explícase como crear un hotel para insectos polinizadores reutilizando materiais. iMigui analiza unhas curiosas chinelas con mopas e presenta no seu mini dicionario o concepto de app.
WALLACE E GROMIT. INVENTOS SORPRENDENTES: O chaleco antimatóns
Wallace inventa un chaleco para defenderse de ladróns e posibles ameazas, pero non prevé a súa potencia.
AVENTUREIRA CARLY S1: O bosque de pedra
Maggie e Dylan seguen tralo caderno do pai de Carly. Agochado e só entre as pedras, Morgan fai un novo amigo que os axudará a librárense dos malvados.
AVENTUREIRA CARLY S1: Aldea pantasma
O equipo chega a unha aldea abandonada, pero Carly e Bobby non concordan en se é Yilo ou non. A natureza confiada de Carly case os mete en problemas, pero o instinto de Bobby está alerta e non se deixa enganar.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Antibug
Chloe entristécese porque Ladybug, a súa heroína, non fai caso dos seus consellos e convértese en Antibug, unha imitadora malvada cos seus mesmos poderes.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Kung Food
Cando Chloe sabota o prato do tío avó de Marinette nun concurso, convértese en Kung Food, un cociñeiro malvado que recruta os seus secuaces con comida.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Volpina
Lila, unha rival que finxe ser amiga de Ladybug, é humillada por Marinette diante de Adrien e transfórmase en Volpina, unha malvada que fai realidade as ilusións.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: O Coleccionista
Mentres Ladybug tenta revelar a identidade secreta de Lepidótero, “akumatizan” a Gabriel Agreste, o pai de Adrien, e transfórmase no Coleccionista.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Prime Queen
Nadia Chamack convértese en Prime Queen. Pretende que Ladybug e Cat Noir admitan que están namorados diante das cámaras en directo para disparar os índices de audiencia.
MIRACLE TUNES: MIRACLE TUNES 8
SOÑOS DE FÓRMULA: SOÑOS DE FÓRMULA 1 9
SCREAM STREET: LIMPEZA DE MEDO
Luke utiliza uns pos máxicos para limpar o seu cuarto, pero o feitizo descontrólase e pon en perigo a todo Scream Street.
SCREAM STREET: A CASA ENCANTADA
Unha misteriosa casa aparece en Scream Street e Luke e os seus amigos vanlles dar a benvida aos novos veciños, pero a curiosidade fainos caer nunha trampa.
SCREAM STREET: TOLOS DE AMOR
Resus e Luella intentan crear un feitizo para que os pais de Resus deixen de rifar, pero un erro causa unha desfeita en Scream Street.
SOÑO CONTIGO: Lugares de medo
Espazo presentado por Alba Mancebo e o personaxe de Liciña, que emprega as novas tecnoloxías ao servizo de formatos audiovisuais inéditos. A vista de dron, amósalle á audiencia da TVG a paisaxe e os costumes galegos. Alba Mancebo celebra o Samaín descubrindo lugares que tiveron un pasado glorioso pero, nos que o abandono e o vandalismo, converteron en lugares de medo. Visitalos supón un reto que lle propoñen Liciña e os seus novos compañeiros artificiais, GALGPT e Iaguiño, un grupo de tres drons con moita personalidade e únicos no panorama televisivo.
EN XOGO: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 01.11.2026
Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 01.11.2026
OS MORTOS VAN Á PRÉSA
Irene é unha camioneira que chega á pequena vila mariñeira de Fariño do Mar coa intención de adquirir marisco. O seu camión queda atrancado no interior da vila, entre un monumento surrealista e a porta do cemiterio, xusto o día en que os mariñenses van dar o seu último adeus a Cándido, vello mariñeiro e artista local, ademais de pai de Filomeno, patrón maior da confraría de mariscadores de Fariño. O acontecemento impide celebrar as honras fúnebres mentres que as vellas xenreiras entre uns e outros acentúanse, enredando a tranquila vida da vila.