TVG2 - CSAG
TIMMY TIME: Timmy non sabe bailar
A clase explora diferentes estilos de baile como o hula ou o hip hop, pero Timmy só quere bailar hip hop.
BERNARD S7: Colle o coco!
Os cocos son un ben moi prezado na illa e todos queren un.
MADDIE E TRIGGS: Tesouros Interiores
Leva todo o día chovendo e Maddie e Triggs abúrrense, pero todo cambia cando empezan a reparar nos sons do interior da casa.
MADDIE E TRIGGS: Culleres
Na casa de Maddie e Triggs, desapareceron todas as culleriñas e a familia terá que resolver o gran misterio.
BLOQUES DE NÚMEROS: Aprendemos a contar
Os bloques fan unha merenda, pero fáltalles un doce. Non saben se o comeu o Comellón de doces ou se Tres se enganou ó contar.
PREPARADO, EDDIE, XA!: A busca dos ovos de Pascua
Eddie e os seus amigos Nina e Akil van buscar ovos de Pascua que están agachados no xardín da casa. Eddie tardará un pouco máis en atopar o último ovo, pero darao conseguido.
SONIC BOOM: Heroes por quendas
O doutor Eggman pensa que non perdería sempre as batallas se Sonic e os amigos non o atacasen todos xuntos e convénceos para que combatan por quendas.
O MUNDO DE ALVA: Quen é o alcalde agora?
Mamá explícalle a Alva que é perigoso compartir a información persoal con descoñecidos. En Gizmo, os troles conseguen que o alcalde lles deixe a chave do Gizmotrón, e Alva e os Oolies terán que usar o enxeño para arranxar as súas trasnadas.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: A MONICREQUEIRA
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 30.10.2026
CAFÉ SEN GOTAS: CAFÉ SEN GOTAS 348
Faladoiro na biblioteca xeral do Parlamento.
O FARO
Serie. Erea deféndese da acusación de secuestrar a Diego sinalando a Carme como culpable. Ricardo cre as explicacións da súa nai, pero Lucía non. No Faro, Damián ten a súa propia teoría sobre quen secuestrou o neno. Víctor recibe a visita dun antigo amigo do seu pai que vén ofrecerlles un proveitoso negocio internacional. Na familia Torres, Gaspar anúncialles aos seus fillos que axiña haberá cambios na empresa.
O FARO
Serie. Erea fala co seu tío Luís sobre as súas sospeitas de que Iván foi o que secuestrou a Diego. Luís, crendo isto, sondea a Iván, que se enfada pola acusación. Pola súa parte, Luís está dubidando, incitado polo seu amigo Fidel, se volver a México. Gaspar Torres contratou unha persona externa á empresa que fará unha análise da mesma, algo que Arturo non ve ben.
O FARO
Serie. Iván foi chamado a declarar como sospeitoso da desaparición de Diego. Luís séntese culpable por telo denunciado. Pero todo o mundo no Faro espera que a súa detención aclare onde está o neno. Arturo descobre que a persoa contratada polo seu pai para evaluar a empresa é Mario, un antigo compañeiro de clase. Arturo advírtelle a mala situación na que o seu pai puxo a empresa. Gonzalo lémbrase de Lidia e quere saber onde está.
O FARO
Serie. Ánxela pídelle axuda a Carme para atopar a Rosa, a quen cre culpable do secuestro de Diego. Fidel, o amigo de Luís, recoméndalle que lle diga a Iván que é o seu pai antes de marchar con el a México. Pero este segue doído pola súa denuncia e sabe que non o escoitará. Por outra parte, antes de marchar, Luís terá que despedirse de Carme.
O FARO
Serie. Carme chamou a Ánxela para decirlle que quere axudalas a atopar a Diego. Pero recibe un anónimo que as advirte de que non avisen á policía.
O FARO
Serie. Lucía négase a aceptar o diñeiro de Carme para pagar o rescate do neno. Carme está intentado, en van, falar con Luís, pero este só atende a Begoña, a amiga da súa sobriña Erea.
ESTACHE BO!: Canelón suflado recheo de mexillóns
Espazo gastronómico presentado polo ourensán Moisés Rodríguez, un cociñeiro próximo e familiar que amosará en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor. Trasladaralle á audiencia a necesidade de modificar o estilo de vida cara a hábitos saudables a través da cociña.
COMA UN ALLO
Presentado por Bernardo Montaña, este programa está baseado na dinámica de preguntas e respostas. Conta co asesoramento de dous expertos colaboradores: a escritora María Canosa e o científico e divulgador Jorge Mira.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 30.10.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 30.10.2026
Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.
EN XOGO LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 30.10.2026
Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 30.10.2026
MAREAS VIVAS: Sospeitosos habituais
As emisións dunha radio pirata provocan o enfado dos veciños, xa que a locutora demostra saber a vida de todos e aproveita a circunstancia para burlarse deles.
GALICIA ON: GALICIA ON V 83 - EMPRESAS TIC
Nos últimos anos a nosa sociedade experimentou grandes cambios. A evolución das Tecnoloxías da Información e a Comunicación está a provocar transformacións nas estruturas sociais, culturais e económicas. Ó mesmo tempo contribúen na emerxencia de novos valores e xeitos de facer negocio dentro do marco da globalización. Por iso en Galicia On falamos de empresas TIC. Coñeceremos o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, CNTG, que elabora un programa formativo que se compón de cursos e seminarios gratuítos, tanto presenciais como virtuais, orientados a mellorar a cualificación profesional no sector TIC. Bahía Software é unha empresa situada en Ames, que presta servizos de consultoría tecnolóxica especializada no sector sanitario. Wireless Galicia, unha compañía de Base Tecnolóxica, especializada no desenvolvemento de solucións de conectividade sen fíos e mobilidade.
NÁUFRAGOS: Os vellos mariñeiros seguen no mar
O programa, dirixido e presentado por X. H. Rivadulla Corcón, aborda a vida despois da traxedia, como segue a vida das familias dos náufragos que non regresaron do mar; a do mariñeiro que sobreviviu ao naufraxio; a vida colectiva das xentes que habitan o porto onde vivían os náufragos e tiña base o barco sinistrado; e, por suposto, cal é a memoria que queda daquel naufraxio, e como esa memoria mantén vivos os sentimentos que produciu o sinistro.
NÁUFRAGOS: Reencontros despois do naufraxio
O programa arranca hoxe a súa segunda tempada. Este primeiro capítulo contará cos testemuños de Gloria Agulla e das súas fillas Gloria Leal e Julia Leal, ademais de cos dos seus netos Irene e Quique. Falarán de como o corpo de Constantino Leal, falecido no naufraxio do “Altea” en 1965, regresou a Bueu tras 48 anos enterrado no cemiterio irlandés de Bantry. Este cadáver foi o único que apareceu logo de que Constantino Leal e o seu compañeiro Antonio López Cavalar perderan a vida no accidente marítimo. Foi o pesqueiro “Tucana” quen o recuperou para ser enterrado fóra de Galicia, ata que a súa viúva recuperou as súas cinsas.
PESCADORES DE HISTORIAS: Salvar vidas no mar
TERRA DE CÓMICS: AFRA TORRADO 6
A artista de cómic Afra Torrado abre as portas do seu estudio, en Vilagarcía de Arousa, para compartir o proceso creativo do seu traballo, caracterizado por un ton cómico e absurdo. No capítulo explóranse as súas influencias e a súa traxectoria dentro da banda deseñada.
ESPAZO MURAL: ESPAZO MURAL 8
Artistas urbanos galegos amosan a súa mestría realizando murais significativos por toda Galicia.
ZIGZAG: ZIGZAG 3473
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados.
BENLIDOS: UNHA PRIMAVERA PARA ALDARA
'Unha primavera para Aldara' é unha peza teatral de Teresa Moure. Non é só unha historia ambientada no pasado, senón unha forma de cuestionar como se construíron certas normas… e quen tivo o poder de decidilas. Moure lévanos a un convento da Galicia do século XV, en plena época das Revoltas Irmandiñas, pero non para facer unha historia medieval sen máis, senón para montar un conflito que, honestamente, ten aspectos moi vixentes na actualidade. Esta obra levou o Premio de Teatro Rafael Dieste en 2007.
MERLÍ 2: OS ESTOICOS
Merlí decídese a convidar a Gina á súa casa e a presentarlle a súa nai. A cea transcorre moi ben, xa que as dúas mulleres se entenden á perfección, pero Merlí non está contento coas suxestións de vivir con Gina.
TELEXORNAL LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 30.10.2026
Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.
EN XOGO LINGUA DE SIGNOS: TX DEPORTES SERÁN LINGUAXE SIGNOS 30.10.2026
Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.
BENDITA LOUCURA
Guglielmo é un home de fe cristiá inquebrantable, propietario dunha tenda de artigos relixiosos e vestiduras de alta gama para bispos e cardeais. A súa parella, Lidia -a súa fiel compañeira durante 25 anos-, decide deixalo xusto no día do seu aniversario; isto fai esborrallar o seu mundo e todo aquilo que el daba por sentado. Pouco despois, chega á tenda unha candidata inesperada para un posto de dependenta: Luna, unha rapaza do barrio atrevida e disruptiva, tan teimuda como incompetente. A partir dese día, nada volve ser igual: Luna rexístrao en Tinder e Guglielmo -un home que, de súpeto, se atopa na vida de solteiro- descobre o sorprendente mundo das citas a cegas e ata onde son capaces de chegar algunhas mulleres para atopar a súa alma xemelga.
OS CANTOS ROLADOS: Dani / Eladio y los Seres Queridos / Carlos Childe
Programa que revisa a situación actual de todo tipo de músicas no país. Presenta Antonio Novo Suárez ‘Tucho’.
A BOAS HORAS
A G2 emite este espectáculo, durante cinco horas en directo, nas madrugadas da Radio Galega. Pepe Capelán converte ‘A boas horas’ nun espectáculo de humor, entretemento e compañía xunto con Noemí Martínez, Marita e Rubén Pérez. Nas fins de semana, Toño Casais, Isi e Ilda Mosquera prolongan a festa con humor, tarot e participación en directo.
COMA UN ALLO
Presentado por Bernardo Montaña, este programa está baseado na dinámica de preguntas e respostas. Conta co asesoramento de dous expertos colaboradores: a escritora María Canosa e o científico e divulgador Jorge Mira.