TVG2 - CSAG
BERNARD S7: O cariño do polbiño
Un polbo chega á illa e ten un xeito un pouco bruto de encariñarse de Bernard.
TIMMY TIME: Timmy o artista
Timmy e Mittens pintan retratos un do outro, mentres Yabba, Stripey e Otus pintan retratos fóra.
MADDIE E TRIGGS: Glu, glu
Chega un novo membro á familia de Maddie e Triggs e estes esfórzanse por coñecelo para facelo sentir ben.
MADDIE E TRIGGS: Non, non, non
Maddie e Triggs axudan a mamá a coidar de Sally e descobren que as palabras poden ter outro significado se as di un bebé.
BLOQUES DE NÚMEROS: Off We Go
Cinco e os seus amigos saen de aventura, pero cando fan reconto para ver se están todos, algo non está ben.
PREPARADO, EDDIE, XA!: Animar unha amiga
Nina e Akil van xogar á casa de Eddie, pero a nena mancouse nun brazo e non pode xogar a moitas cousas. Iso si, os nenos poranllo fácil e demostraranlle que son bos amigos.
SONIC BOOM: Contraproducente
Despois de ver a Soar falando nun programa de televisión, Knuckles decátase de que cometeu erros no pasado e fai o propósito de desculparse con aqueles aos que lles fixo mal.
O MUNDO DE ALVA: Cando ser "cool" non é "cool"
Nessa segue o exemplo dun usuario influente nas redes e tinxe as cellas de verde. A Alva non lle gustan moito, pero Nessa convéncea para imitala. O alcalde Garth tamén decide cambiar de estilo para andar á moda.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Horrificator
Mentres filman unha película de terror para a clase de Marinette, unha das actrices transfórmase nun monstro baboso que se alimenta doo medo dos demais.
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 29.10.2026
O FARO
Serie. Erea entérase dos plans de voda de Ricardo e Lucía e quere acabar con calquera posibilidade de que a parella case. Pero Carme pídelle paciencia, ela tampouco quere que se produza esa voda e pensa facer todo o posible para evitala. Gonzalo e Lidia queren probar novas experiencias e queren aprender a bailar pero, durante as clases de baile, ela comeza a sentirse mal. Luís quere saber quen é a nai de Iván e trata de averiguar algo a través de Lola. A doutora dálle o último parte médico a Ricardo e Lucía. Se todo sae ben, a súa voda está máis preto de ser unha realidade. A familia Torres esta a vivir un momento delicado tras a marcha de Arturo. Gaspar tomou a rendas da empresa e non sabe nada do seu paradoiro.
O FARO
Serie. Iván pensa que Carme xa o aceptou na familia e por iso esta a tratalo moito mellor. Carme ten que gardar o segredo que lle confesou Luís o día anterior: Iván non é fillo de Santiago. Gonzalo e Lidia seguen cos seus plans de ir a clases de baile, pero a saúde de Lidia volve dar síntomas de que algo non funciona con normalidade. Ricardo volveu á cidade e Erea quere pasar tempo con el, pero Ricardo ten moita présa por volver aos brazos de Lucía para darlle unha sorpresa. No Faro, Damián pon en marcha un outlet de artigos de hostelería e ata grava unha cuña publicitaria para promocionalo. Ánxela acode aos Samáns para asegurarse da equipación do novo negocio, non quere vender nada sen saber se o necesitará no futuro restaurante. Nos Samáns, Víctor mételle presión a Carme para que lle conte a verdade a Ánxela, xa que non poden gardar máis tempo unha mentira.
O FARO
Serie. Lidia ten algo moi importante que dicirlle a Gonzalo e non sabe como vai reaccionar. Luís enfádase con Carme por revelarlle a Iván que non é fillo de Santiago. Iván enfróntase a todos, mesmo a Luís, que acaba encarándose con el e, sen querer, cóntalle un segredo que estaba gardando desde hai tempo. Ricardo e Lucía están contentos porque, por fin, o neno está ben e dentro de pouco poderá volver á casa. No Faro, Carme cóntalles a verdade: a parcela asignada ao Faro resulta ser finalmente un aparcadoiro. Os Torres reciben a Arturo, todos están expectantes por saber onde estivo metido todo este tempo.
O FARO
Serie. A posible maternidade de Lidia é motivo de discusión entre ela e Gonzalo. Lidia aínda non sabe cal é a opinión do cardiólogo sobre este tema e está moi nervosa. Ademais, descobre que non foi tan honesto con ela coma pensaba. Ricardo quere que a relación entre Lucía e Carme mellore e non sexa un obstáculo no seu futuro matrimonio. No Faro, Ánxela estiá destrozada porque Carme non lle dá unha solución axeitada para o Faro. A familia Torres está moito máis calmada desde a chegada de Arturo, que volveu coller as rendas da empresa e da familia. Hugo deixa as letras das cancións na casa de Patri, que está a piques de descubrir quen era o que escribía as mensaxes románticas de Víctor.
O FARO: O FARO III 250
Serie. Diego está a piques de saír do hospital e Lucía e Ricardo están moi contentos. Por fin poden volver á súa vida e ser felices. Nos Samáns, a construción do complexo vese seriamente afectada por un imprevisto e Víctor podería perder todo o seu patrimonio. Lidia distánciase de Gonzalo. Xa non pode confiar nel, sobre todo despois de descubrir que tiña un segundo móbil. Patri segue moi preocupada por Hugo, mentres que Víctor quere que sigan co seu plan de pasar o fin de semana xuntos. Rosa revela un segredo moi importante: a identidade do pai de Iván.
O FARO
Serie. A desaparición de Diego do hospital dispara as sospeitas de Lucía contra todo o mundo, incluído o propio Ricardo. En recepción ensinanlles unha autorización asinada por el que lle permite a Erea recoller ao neno. Esta mala nova únese a outra que acaban de descubrir no Faro: o trazado da autovía cambiouse e perderán o negocio. Iván está decidido a denunciar a Rosa para que acepte que é a súa nai.
ESTACHE BO!: Lombo de porco con salsa de chourizo
Espazo gastronómico presentado polo ourensán Moisés Rodríguez, un cociñeiro próximo e familiar que amosará en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor. Trasladaralle á audiencia a necesidade de modificar o estilo de vida cara a hábitos saudables a través da cociña.
COMA UN ALLO
Presentado por Bernardo Montaña, este programa está baseado na dinámica de preguntas e respostas. Conta co asesoramento de dous expertos colaboradores: a escritora María Canosa e o científico e divulgador Jorge Mira.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 29.10.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 29.10.2026
Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.
EN XOGO LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 29.10.2026
Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 29.10.2026
MAREAS VIVAS: A importancia de Melgacho
A enfermidade de Melgacho vai ser motivo de preocupación entre os veciños de Portozás, que converterán este feito nunha explicación case matemática da falta de peixe, relación que parece confirmarse cando Melgacho volve e con el, o peixe.
GALICIA ON: GALICIA ON V 83 - EMPRESAS TIC
Nos últimos anos a nosa sociedade experimentou grandes cambios. A evolución das Tecnoloxías da Información e a Comunicación está a provocar transformacións nas estruturas sociais, culturais e económicas. Ó mesmo tempo contribúen na emerxencia de novos valores e xeitos de facer negocio dentro do marco da globalización. Por iso en Galicia On falamos de empresas TIC. Coñeceremos o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, CNTG, que elabora un programa formativo que se compón de cursos e seminarios gratuítos, tanto presenciais como virtuais, orientados a mellorar a cualificación profesional no sector TIC. Bahía Software é unha empresa situada en Ames, que presta servizos de consultoría tecnolóxica especializada no sector sanitario. Wireless Galicia, unha compañía de Base Tecnolóxica, especializada no desenvolvemento de solucións de conectividade sen fíos e mobilidade.
GALICIA ON: Agroalimentario
Historicamente, as actividades englobadas no sector primario foron as predominantes na economía galega cunha cuantiosa importancia do autoconsumo e o reemprego. Na actualidade, a industria agroalimentaria, encargada da elaboración, transformación, preparación, conservación e envasado dos alimentos de consumo humano e animal experimentou unha notable evolución automatizando os procesos de produción. Por iso hoxe, en 'Galicia On', fálase do sector agroalimentario. O espazo trasládase a CLUN, Cooperativas Lácteas Unidas, que ten a súa sede en Ames. Esta entidade nace da integración de Feiraco, Os Irmandiños e Melisanto con vocación de ser referente no sector agrogandeiro galego. Conta con máis de 3.500 socios de case unha trintena de concellos do centro e norte da nosa comunidade e coida dos seus gandeiros poñendo á súa disposición todos os servizos e produtos necesarios para o desenvolvemento da súa actividade. O seu modelo 360º permite controlar e optimizar todas as fases do proceso produtivo, entre elas, a innovación nas súas propias plantas industriais, onde se envasa e comercializa leite e derivados lácteos procedentes unicamente das explotacións dos seus socios gandeiros. Así, entre estes produtos se atopa o leite Únicla, unha das súas marcas de referencia que, ademais, foi recoñecido coma o de mellor sabor en todos os certames The International Taste & Quality Institute (ITQi).
UN PAÍS EN 360º: Camiño dos Faros
Programa gravado con cámaras 360, que utiliza a tecnoloxía para achegarlles aos espectadores o patrimonio natural e monumental de Galicia. Presentado por Estíbaliz Veiga, ‘Un país en 360’ descobre Galicia de forma inmersiva, porque o público está no centro da acción. De ruta polo Camiño dos Faros, o programa coñecerá emprazamentos destacados da Costa da Morte.
RECANTOS CON FEITIZO: Arzúa, colmeas de queixo
‘Recantos con feitizo’ convida a descubrir os recunchos máis sorprendentes e auténticos de Galicia a través dos ollos de reporteiros e 'influencers'. Cada episodio amosará cinco lugares únicos, desde paisaxes naturais a espazos ateigados de historia e cultura. Unha viaxe chea de curiosidade, sorpresas e moitos 'selfies'.
ALALÁ: Pazos de Merexo
A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En 'Alalá' non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional. Os protagonistas do 'Alalá' son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas.
ALALÁ: Leilía
A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En 'Alalá' non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional. Os protagonistas do 'Alalá' son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas.
LÉOCHO: Historias de libros perdidos e atopados
A escritora María Canosa conduce este espazo sobre o mundo literario e as súas particulariedades.
MÚSICA NO FOCO
Cápsulas visuais onde autores da música contemporánea galega interpretan un dos seus temas nun marco natural.
ZIGZAG: ZIGZAG 3472
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. 'Zigzag' falará da expo-instalación ‘Transfronteiriza’, que se pode ver no Museo do Pobo Galego, coa súa autora, a creadora audiovisual Diana Gonçalves.
A CRÓNICA: A CRÓNICA (DIARIA) 1618
TELEXORNAL LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 29.10.2026
Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.
EN XOGO LINGUA DE SIGNOS: TX DEPORTES SERÁN LINGUAXE SIGNOS 29.10.2026
Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACION ESTADO DO MAR SERÁN 29.10.2026
FILA 1: Somos criminais
A TVG divulga o traballo realizado polas compañías, actores e actrices para achegar o teatro a todos os galegos a través dos medios públicos. Gravadas no auditorio do Grove (Pontevedra), con presenza de público e con artistas convidados, ‘Fila 1’ programa un total de oito obras recoñecidas polo público e a crítica, algúns dos mellores exemplos da dramaturxia galega. Noite de teatro na TVG, coa obra 'Somos criminais', protagonizada por Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán. Os espectadores poderán ver un dos espectáculos de máis éxito na historia da escena galega, en que se reflexiona sobre Galicia e o xeito de ser dos seus habitantes.
APAGA A LUZ [II]
A BOAS HORAS
A G2 emite este espectáculo, durante cinco horas en directo, nas madrugadas da Radio Galega. Pepe Capelán converte ‘A boas horas’ nun espectáculo de humor, entretemento e compañía xunto con Noemí Martínez, Marita e Rubén Pérez. Nas fins de semana, Toño Casais, Isi e Ilda Mosquera prolongan a festa con humor, tarot e participación en directo.
ZIGZAG: ZIGZAG 3472
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados.
COMA UN ALLO
Presentado por Bernardo Montaña, este programa está baseado na dinámica de preguntas e respostas. Conta co asesoramento de dous expertos colaboradores: a escritora María Canosa e o científico e divulgador Jorge Mira.