div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

BERNARD S7: O parasol

A busca de sombra fai que toda a tropa pelexe por isto que acaba de chegar á illa.

07:00 h

TIMMY TIME: Timmy quere gañar

Timmy non gaña ningunha carreira, pero aprende que tamén se pode gañar sendo útil.

07:15 h

MADDIE E TRIGGS: O microondas

Mamá demóstralles a Maddie e Triggs que o microondas é unha opción para cociñaren rápido comida moi sa.

07:20 h

MADDIE E TRIGGS: O xilófono

Maddie vai doar uns xoguetes que xa non usa á tenda solidaria de Vila Revolta, pero no último momento reconsidera desfacerse do seu primeiro xilófono.

07:30 h

BLOQUES DE NÚMEROS: Tres porquiños

Os bloques fannos a súa versión do conto dos tres porquiños, que esta vez se enfrontarán ó Gran Cadrado Malo.

07:35 h

PREPARADO, EDDIE, XA!: Halloween

É Halloween e, pola noite, Eddie vai cos seus amigos Nina e Akil polo barrio adiante para petar nas postas e que a xente lles dea larpeiradas.

07:40 h

SONIC BOOM: Non se permiten robots

Eggman pode acabar expulsado da súa gorida por culpa dunha ordenanza municipal e terá que esforzarse para convencer a Asociación de propietarios de que é un bo veciño.

07:50 h

O MUNDO DE ALVA: O seguinte nivel

Alva quere pasar ao seguinte nivel nun xogo, pero mamá dille que ten que decidir se quere gastar os cartos niso. En Gizmo, o alcalde Garth enfróntase a un dilema semellante cando o enganan para gastar nun capricho persoal todo o diñeiro da vila.

08:05 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Timebreaker

Alix, furiosa por un reloxo roto, convértese en Timebreaker, unha malandrina que viaxa no tempo. Ladybug terá que volver ao pasado para desbaratar os seus plans.

08:30 h

O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 28.10.2026

09:30 h

AS RAÍCES S** **: AS RAÍCES GRUPO ÁLVAREZ

09:35 h

O FARO

Serie. É o día da sinatura do contrato das do Faro e as mulleres están moi tensas. Sobre todo Lucía, que tamén está pendente da saúde do seu fillo. Carme regresa de facerse o tratamento de beleza e descubre que Iván está a vivir na súa casa. Gonzalo comeza a estar farto de que Lidia lle preste máis atención a Iván que a el e pensa facer algo para cambiar esta situación. Gaspar visita O Faro e encóntrase con que Fina vai marchar de cruceiro. Hugo enfádase con Óscar, pero aínda así ensínalle parte dos temas do disco e son moi bos.

10:25 h

O FARO

Serie. Lidia decátase de que está botando a perder a súa relación con Gonzalo e está disposta a dar un paso adiante para recuperalo. Erea pensa que Ricardo está a ocultar algo e quere dar co seu paradoiro. No Faro, Damián e Ánxela son convidados ao acto de inicio das obras. Ese día poñen a primera pedra do complexo e Damián está desexando asistir. Ánxela non quere ir sen Lucía nin Fina, pero Damián acaba convencéndoa. Na familia Torres, Ana descobre o que estaba ocultando Arturo durante todo este tempo. Óscar está moi alarmado porque non sabe nada de Hugo e Patri tampouco.

11:05 h

O FARO

Serie. Gonzalo dálle unha mala nova a Lidia: está pensando en marchar a traballar ao estranxeiro. Lidia séntese moi mal e teme o peor: que a súa relación con Gonzalo remate. Iván e Luís están pendentes dos resultados das probas de ADN. Mentres, Iván quere convidar os Muñoz a unha cea para agradecerlles o ben que o trataron durante ese tempo. Luís sabe que Iván non ten cartos para pagar unha cea, pero Iván xa ten pensada unha solución a ese asunto. Ricardo e Lucía están máis unidos ca nunca ante as adversidades e coinciden en que queren pasar máis tempo xuntos no futuro. Erea vai ao Faro para conseguir información sobre o paradoiro de Ricardo. Alí encontra a Damián, que está moi receptivo con ela, xa que lle gusta.

11:45 h

O FARO

Serie. Erea usou as súas armas para conseguir o pase permanente de Lucía das mans de Damián. Xa ten todo o que necesita para atopar a Ricardo e destapar o gran segredo de Lucía. Damián séntese moi mal e quere contarlle o acontecido a Ánxela. Na familia Torres, Ana ameaza a Arturo: ten que contarlle a situación real da empresa a Gaspar. Arturo non quere enfrontarse a esa situación e Ana acaba marchando da casa. Patri comeza a buscar a Hugo coa axuda de Ana e as dúas mulleres entablan unha bonita amizade. Nos Samáns, Víctor quere ser o arquitecto da obra do complexo, pero Carme xa asignou a outro para ese proxecto.

12:30 h

O FARO

Serie. Gonzalo e Lidia teñen un duro enfrontamento polo desplante dela. O doutor deixou un posto de traballo moi importante por Lidia, pero ela non é capaz de deixar unha cea familiar por el. Luís xa ten os resultados de ADN de Iván e quere contarlle a verdade, pero Iván está tan ilusionado coa familia Muñoz que non quere decepcionalo. Damián pídelle a Lucía que lle conte a verdade á súa nai. Ánxela xa sabe que Lucía ten un pase permanente dun hospital e está a pasalo moi mal. Gaspar toma as rendas da familia e convoca unha reunión cos seus fillos para falar da delicada situación económica da empresa.

13:15 h

O FARO

Serie. Erea quere estar ao lado de Ricardo nos momentos difíciles que está a pasar. Carme non quere que se precipite e, ademais, ten outro plan pensado para ela. Ana volve á casa e descobre que as pertenzas de Arturo non están no seu sitio. A visita inesperada de Rosa no Faro provoca que Ánxela e Damián se poñan na peor das situacións. Ánxela pídelle explicacións a Víctor e pensan que as está enganando outra vez. Finalmente, Carme cóntalle a Víctor os seus verdadeiros plans para o Faro. Lidia e Gonzalo están totalmente entregados ao amor, pero Gonzalo ten un xesto en que descobre que lle estivo mentindo durante todo o tempo.

14:00 h

ESTACHE BO!: Madalenas

Espazo gastronómico presentado polo ourensán Moisés Rodríguez, un cociñeiro próximo e familiar que amosará en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor. Trasladaralle á audiencia a necesidade de modificar o estilo de vida cara a hábitos saudables a través da cociña.

14:25 h

COMA UN ALLO

Presentado por Bernardo Montaña, este programa está baseado na dinámica de preguntas e respostas. Conta co asesoramento de dous expertos colaboradores: a escritora María Canosa e o científico e divulgador Jorge Mira.

15:00 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 28.10.2026

Presenta Raúl Quián.

15:30 h

TELEXORNAL LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 28.10.2026

Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.

16:10 h

EN XOGO LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 28.10.2026

Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.

16:25 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 28.10.2026

16:35 h

MAREAS VIVAS: Cartas de amor

O que ninguén podería pensar que sucedera nunha tranquila vila como Portozás acontecerá, para sorpresa dos seus habitantes. Unha muller, casada cun ex profesor de Berta, chega á vila e morre en estrañas circunstancias.

17:25 h

GALICIA ON: GALICIA ON V 82 . AGROALIMENTARIO

Historicamente, as actividades englobadas no sector primario foron as predominantes na economía galega cunha cuantiosa importancia do autoconsumo e o reemprego. Na actualidade, a industria agroalimentaria, encargada da elaboración, transformación, preparación, conservación e envasado dos alimentos de consumo humano e animal experimentou unha notable evolución automatizando os procesos de produción. Por iso hoxe, en Galicia On, falamos do sector agroalimentario. Trasladámonos a CLUN, Cooperativas Lácteas Unidas, que ten a súa sede en Ames. Esta entidade nace da integración de Feiraco, Os Irmandiños e Melisanto con vocación de ser referente no sector agrogandeiro galego. Conta con máis de 3.500 socios de case unha trintena de concellos do centro e norte da nosa comunidade e coida dos seus gandeiros poñendo á súa disposición tódolos servizos e produtos necesarios para o desenvolvemento da súa actividade. O seu modelo 360º permite controlar e optimizar tódalas fases do proceso produtivo, entre elas a innovación nas súas propias plantas industriais, onde se envasa e comercializa leite e derivados lácteos procedentes unicamente das explotacións dos seus socios gandeiros. Así, entre estes produtos se atopa o leite Únicla, unha das súas marcas de referencia que, ademais, foi recoñecido coma o de mellor sabor en tódolos certames The International Taste & Quality Institute (ITQi).

17:30 h

VOU QUE TEÑO QUE IR: Betanzos

Erguerse do sofá para viaxar aos recunchos menos explorados de Galicia é o que lles propón a TVG aos seus espectadores co programa ‘Vou que teño que ir’, onde Víctor Fábregas e Ledicia Sola os convidarán a descubrir o mesmo municipio ou comarca de xeitos ben diferentes. Ledicia Sola e Víctor Fábregas descubrirán hoxe, en ‘Vou que teño que ir', a beleza de Betanzos e o segredo da súa famosa tortilla.

18:25 h

TODO BÁSQUET: Eurocup Women. Fase de grupos, xornada 3: Sleza Wocraw-Baxi Ferrol

Sesión continua de baloncesto feminino, hoxe na G2, que terá como primeiro acto o partido da Eurocup Women Sleza Wroclaw-Baxi Ferrol.

18:50 h

FEITO CON CABEZA

Neste docu-reallity, a TVG amosa o talento creativo dos galegos a través dos seus inventos. Personaxes anónimos e profesionais amosan as súas innovadoras ideas e narran as súas propias historias, en que se combina innovación e tecnoloxía. O programa descubrirá hoxe a máxica historia dos irmáns Portela, inventores do magnetófono.

20:10 h

REPORTAXES E ENTREVISTAS DEPORTES: Torneo tenis. J300 Sanxenxo 2026

20:25 h

TODO BÁSQUET: Eurocup Women. Fase de grupos, xornada 3: Ensino-Panserraikos

Sesión continua de baloncesto feminino, hoxe na G2, que terá como segundo e último acto o partido da Eurocup Women Ensino-Panserraikos, no Pazo dos Deportes de Lugo.

22:10 h

TELEXORNAL LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 28.10.2026

Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.

22:30 h

EN XOGO LINGUA DE SIGNOS: TX DEPORTES SERÁN LINGUAXE SIGNOS 28.10.2026

Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.

22:40 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACION ESTADO DO MAR SERÁN 28.10.2026

22:40 h

A CRÓNICA: A CRÓNICA (DIARIA) 1617

23:35 h

MATALOBOS: Sen carga

Os clans da Sardiñeira non parecen levantar cabeza desde a chegada de Aníbal, que ten a todos controlados e que se converte no novo inimigo a bater, a todos incluído Carmelo Matalobos, que está decidido a cooperar coa fiscal Mosteiro con tal de acabar con el. Sen cartos para poder fuxir da Sardiñeira, colaborar coa xustiza preséntase como a mellor opción para librarse dos seus encargos.

23:40 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3471

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. 'Zigzag' achégase ao primeiro disco de Lelli Kelly’s, coa presenza no estudio dos membros desta banda morracense.

00:00 h

MATALOBOS: Sen carga

Os clans da Sardiñeira non parecen levantar cabeza desde a chegada de Aníbal, que ten a todos controlados e que se converte no novo inimigo a bater, a todos incluído Carmelo Matalobos, que está decidido a cooperar coa fiscal Mosteiro con tal de acabar con el. Sen cartos para poder fuxir da Sardiñeira, colaborar coa xustiza preséntase como a mellor opción para librarse dos seus encargos.

00:30 h

MATALOBOS: Identidade secreta

01:00 h

A BOAS HORAS

A G2 emite este espectáculo, durante cinco horas en directo, nas madrugadas da Radio Galega. Pepe Capelán converte ‘A boas horas’ nun espectáculo de humor, entretemento e compañía xunto con Noemí Martínez, Marita e Rubén Pérez. Nas fins de semana, Toño Casais, Isi e Ilda Mosquera prolongan a festa con humor, tarot e participación en directo.

01:25 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3471

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados.

05:55 h

COMA UN ALLO

Presentado por Bernardo Montaña, este programa está baseado na dinámica de preguntas e respostas. Conta co asesoramento de dous expertos colaboradores: a escritora María Canosa e o científico e divulgador Jorge Mira.

06:30 h

PIPPI MEDIASLONGAS: Pippi e os piratas (Parte III)

div-crtvg-top2

Publicidade