div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

TIMMY TIME: A cura de Timmy para o hipo

Kid ten hipo e é moi molesto, así que Timmy quere axudarlle a curar probando moitas cousas.

07:00 h

BERNARD S7: O concerto na illa

Chegan uns instrumentos á praia e toda a tropa decide montar unha banda.

07:10 h

MADDIE E TRIGGS: O osiño de Triggs

O osiño de peluche de Triggs está moi sucio, pero o can non se dá separado del para lavalo.

07:20 h

MADDIE E TRIGGS: A árbore de Maddie

Maddie queda abraiada con todos os usos que teñen as pólas das árbores.

07:30 h

BLOQUES DE NÚMEROS: Cinco

Cinco chega ó país dos números e fan unha festa.

07:35 h

PREPARADO, EDDIE, XA!: Fogos de artificio

Eddie vai con súa nai á casa da súa amiga Nina, onde tamén estará Akil. Van ver desde alí os fogos de artificio, pero teñen que estar preparados para o brillantes que son e para o barullo que fan.

07:40 h

SONIC BOOM: A batalla dos grupos musicais

Todas as mozas do mundo andan tolas por un cantante de música romántica. Sonic, Knuckles e Tails sospeitan que detrás de todo pode haber un plan maligno e deciden investigar.

07:50 h

O MUNDO DE ALVA: Finn en Gizmo

Alva e Finn ven no portátil de Nessa contido que non é adecuado para a súa ideade. Despois, Finn acaba en Gizmo e alí encontrará situacións para as que non está preparado.

08:05 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: O faraón

Un malandrín cos poderes dos antigos deuses exipcios quere sacrificar a Alya. Ladybug e Cat Noir terán que enfrontarse a un exército de momias para rescatala.

08:30 h

O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 27.10.2026

09:35 h

O FARO

Serie. Luís e Iván están dispostos a darlle a gran nova aos Muñoz. Iván podería ser fillo de Santiago. Carme leva un tempo preocupada polo seu aspecto físico e quere facer algo para sentirse mellor consigo mesma. Gaspar está a buscar un axudante para o Faro, pensa que así gañará puntos de cara á súa relación con Fina. Pero Ánxela non debe saber que pensan en contratar a outro axudante, xa que non lle parecería ben que non contasen con Pedro. Patri quere agradecerlle a Hugo que a axudase economicamente e pensa cear con el a soas. Hugo ponse nervioso, xa que podería ser unha grande oportunidade para achegarse a Patri. A pediatra está piques de darlle unha nova moi importante a Lucía.

10:25 h

O FARO

Serie. Ánxela descubriu que Fina buscou outro axudante para o Faro sen consultar con ela e pídelles explicacións. Na casa dos Muñoz, o ambiente está revolto: nin Ricardo, nin Carme queren aceptar a Iván como membro da súa familia. Ana comeza a sospeitar do seu marido, cre que está argallando algo na empresa e preocúpase por el. Desde que Víctor conseguiu levar adiante o proxecto do complexo, a súa posición na empresa mellorou e Carme ten que acostumarse a non levar a dianteira en todo.

11:10 h

O FARO

Serie. Carme quere que Iván faga unha proba de ADN que corrobore que é fillo de Santiago, pero a el parécelle unha ofensa. Teno moi claro de Santiago e non precisa probas que o demostren. Lucía, que estaba moi contenta porque Diego xa saíra da UCI, comeza a notar que o neno non está ben e cóntallo á doutora. As mulleres do Faro teñen que ceder as terras a cambio dun local no novo complexo. Víctor entrégalles o contrato de cesión das terras e decátanse de que ten unha cláusula con trampa. Damián, o novo pinche, chega ao Faro e tanto Fina como Ánxela están moi contentas, pero a chegada do novo empregado conleva unha desagradable sorpresa.

11:50 h

O FARO

Serie. Erea volve á cidade e atópase a Iván vivindo na súa casa. Luís pona ao día e cóntalle que Iván podería ser fillo de Santiago. A Erea non lle importan os problemas familiares de Iván, tan só quere que o rapaz non viva na súa casa. Luís trata de convencer a Iván para que faga as probas de ADN, para conseguir a aceptación de Carme e Ricardo. No Faro, a situación vólvese incómoda con Damián porque quedou a durmir na casa e tómase moitas confianzas con Ánxela e Fina. Ánxela ten que convencer a Lucía para que volva á casa: ten que asinar o contrato da cesión das terras do Faro. Hugo está a tomar moitas bebidas enerxéticas para poder rendir e compoñer todas as cancións do disco. Patri preocúpase moito por el, xa que cre que o músico está a poñer en risco a súa saúde.

12:30 h

O FARO

Serie. Lucía volve ao Faro, pero regresa sen Diego. A Ánxela e a Fina parécelles moi estraña a ausencia do neno. Damián preparoulle o xantar a Lucía a modo de benvida. Tanto Ánxela coma Lucía pensan que o pinche non ten moi boa man para a cociña. Ánxela ponse no peor e non quere que Fina vaia de cruceiro, non quere quedar soa con Damián á fronte do Faro. Gaspar comeza a entender que Fina non quere saber nada del. Erea está disposta a facer calquera cousa para botar a Iván da súa casa, ata chamar ao seu pai para que consiga botalo do piso. Lidia pasa a noite con Gonzalo e a relación transcorre sen contratempos ata que ela decide voltar a vivir na súa casa, xa que quere pasar máis tempo con Iván.

13:15 h

O FARO

Serie. Iván queda sen un fogar onde vivir e Lidia ofrécelle vivir con ela na casa dos Muñoz. A Gonzalo non lle parece ben que Lidia volva vivir na súa casa e lle dedique todo o tempo ao seu novo irmán. Ánxela pedíulle a Berta que cancelasen o cruceiro, non quería quedar soa con Damián. Pero agora séntese culpable e decátase de que non debería estragarlle as vacacións a Fina. Hugo leva unha vida moi desordenada e non está a coidarse como é debido. Patri desfaise en atencións con el e Víctor séntese moi celoso. Erea queda un pouco máis tranquila ao descubrir que Lucía está no Faro e non con Ricardo.

14:00 h

ESTACHE BO!: Peituga de polo sobre caldo marmelo

Espazo gastronómico presentado polo ourensán Moisés Rodríguez, un cociñeiro próximo e familiar que amosará en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor. Trasladaralle á audiencia a necesidade de modificar o estilo de vida cara a hábitos saudables a través da cociña.

14:20 h

COMA UN ALLO

Presentado por Bernardo Montaña, este programa está baseado na dinámica de preguntas e respostas. Conta co asesoramento de dous expertos colaboradores: a escritora María Canosa e o científico e divulgador Jorge Mira.

15:00 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 27.10.2026

Presenta Raúl Quián.

15:30 h

TELEXORNAL LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 27.10.2026

Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.

16:10 h

EN XOGO LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 27.10.2026

Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.

16:25 h

NO FOCO: NO FOCO 24.10.2026

Presentado por Marcos Sueiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.

16:40 h

MAREAS VIVAS: O home dos paxaros

Ladislao emprende unha nova faceta profesional: vai ser representante artístico. O concello será o seu primeiro cliente.

17:35 h

GALICIA ON: Libros

Presenta a cultura innovadora nos sectores produtivos galegos, cunha introdución sobre os seus antecedentes e profundando en dous casos actuais de éxito. Desde tempos inmemoriais, as bibliotecas son os lugares que garanten a permanencia e a transmisión da creación científica, literaria ou artística. Parte das historias que agochan collen forma grazas á labor conxunta de autores e editoriais. Neste programa, Galicia On analiza as novas formas de ler que nos ofrecen as novas tecnoloxías. Nun primeiro bloque, os espectadores poderán ver as innovacións que está a facer unha editorial tan senlleira como Galaxia, asentada dende hai máis de 70 anos en Vigo. E, nun segundo bloque, acudirá ás instalacións de Xercode Media Software, unha empresa tecnolóxica especializada en servizos, produtos e proxectos de innovación para bibliotecas, centros documentais e contornas editoriais.

18:05 h

OS CASTELOS: As fortalezas do poder

Serie documental, dirixida por Xosé Manuel Vega e presentada por Alba Mancebo, que percorre cinco séculos cruciais da historia de Galicia, do XI ao XV, para contar como se configurou a sociedade feudal arredor destas construcións. Os espectadores da TVG poderán achegarse hoxe á arquitectura dos castelos.

18:35 h

OS CASTELOS: Señores e vasalos

Serie documental, dirixida por Xosé Manuel Vega e presentada por Alba Mancebo, que percorre cinco séculos cruciais da historia de Galicia, do XI ao XV, para contar como se configurou a sociedade feudal arredor destas construcións. 'Os Castelos' amosa esta semana como se conformaba a pirámide social no feudalismo.

19:05 h

A GRANDE EPOPEA DE GALICIA: O enclave estradense en Costa Rica

As historias que hai detrás da diáspora galega tras as pegadas dos seus protagonistas. Un camiño cheo de sorpresas. A emigración galega foi case imperceptible en Costa Rica ao quedar diluída entre a colectividade española. Pero tivo unha peculiaridade moi interesante: a maioría de galegos procedían da Estrada e concellos limítrofes.

20:05 h

AS MIL E UNHA PÁXINAS: Terror e fantasía

Presentado por Elba Pedrosa, este programa pretende animar á lectura, promover as últimas creacións de autores galegos noveis e dar a coñecer o tecido editorial do país.

20:35 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3470

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. O artista Víctor Mejuto, que retrata a cidade da Coruña na súa exposición en Afundación, visita hoxe o estudio de gravación do 'Zigzag'.

20:55 h

A CRÓNICA: A CRÓNICA (DIARIA) 1616

22:00 h

TELEXORNAL LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 27.10.2026

Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.

22:30 h

EN XOGO LINGUA DE SIGNOS: TX DEPORTES SERÁN LINGUAXE SIGNOS 27.10.2026

Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.

22:35 h

TRINTA LUMES

Alba ten 12 anos e desexa descubrir o descoñecido, misterioso e fascinante mundo da morte. Xunto ao seu mellor amigo, Samuel, entran en casas abandonadas, percorren localidades destruídas e adéntranse no interior da serra do Courel, que agocha outro mundo paralelo. Unha viaxe que parte da inocencia para descubrir o misterio da loita entre a vida e a morte.

22:35 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACION ESTADO DO MAR SERÁN 27.10.2026

23:55 h

GEORGE ROMERO: ZOMBIS E SANTA COMPAÑA

Documental sobre George Romero, director de 'A noite dos mortos viventes' (1968), película semente e de culto para os amantes do xénero zombi. A cinta percorre a historia da familia Romero e insiste nas máis que posibles influencias da cultura e antropoloxía galegas. A TVG indaga con este documental na relación con Galicia do pioneiro deste xénero. (Documental subtitulado para xordos)

00:50 h

LATITUDE GALEGA: Dubai. Martín Monteagudo

01:00 h

A BOAS HORAS

A G2 emite este espectáculo, durante cinco horas en directo, nas madrugadas da Radio Galega. Pepe Capelán converte ‘A boas horas’ nun espectáculo de humor, entretemento e compañía xunto con Noemí Martínez, Marita e Rubén Pérez. Nas fins de semana, Toño Casais, Isi e Ilda Mosquera prolongan a festa con humor, tarot e participación en directo.

05:55 h

COMA UN ALLO

Presentado por Bernardo Montaña, este programa está baseado na dinámica de preguntas e respostas. Conta co asesoramento de dous expertos colaboradores: a escritora María Canosa e o científico e divulgador Jorge Mira.

06:30 h

PIPPI MEDIASLONGAS: Pippi e os piratas (Parte II)

div-crtvg-top2

Publicidade