TVG2 - CSAG
TIMMY TIME: O crebacabezas de Timmy
Ao facer un crebacabezas, Timmy perde unha peza. Paxton está a xogar co seu tren de corda, pero non funciona só.
BERNARD S7: O concerto na illa
Chegan uns instrumentos á praia e toda a tropa decide montar unha banda.
MADDIE E TRIGGS: O vento
Maddie enfádase co aire porque lle levou un paxaro de papel, pero vivirá unha aventura máxica en que descubrirá todo o que pode facer o vento.
MADDIE E TRIGGS: O parque para cans
A Triggs encántalle o parque para cans e intentará convencer unha cadeliña tímida de que é o mellor lugar do mundo.
BLOQUES DE NÚMEROS: Catro
Chega un bloque novo, Catro, e ten moitas ganas de contarnos o moito que lle gusta poder ser cadrado.
PREPARADO, EDDIE, XA!: Construír unha cabana
Os pais de Eddie levan o neno e os seus amigos Nina e Akil ao monte para que constrúan unha cabana. Os tres amigos terán que ir apañando as cousas que lles fan falta e organizarse para construíla.
SONIC BOOM: Encerrados
Estala unha tormenta na illa e Sonic e os amigos refúxianse na casa de Amy. Como non poden saír ata que deixe de chover, Amy procura ser unha boa anfitrioa e busca maneiras de entretelos para pasar o tempo.
O MUNDO DE ALVA: Viva a arte
Alva e a súa nai fan un percorrido virtual por unha galería de arte e deciden visitala en directo. En Gizmo, os Oolies están impresionados pola galería de arte que montaron nos Arquivos de Gizmo.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: O cabaleiro negro
Mentres Marinette busca o diario de Chloé, o profesor de esgrima de Adrien trócase nun cabaleiro medieval malvado que ataca o concello.
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 26.10.2026
O FARO
Serie.
O FARO
Serie. Luís descobre que Iván non é enxeñeiro e que ademais garda outro segredo aínda maior. Diego está na UCi e Lucía frustrase por non poder estar co neno todo o tempo que quere. A pediatra quere falar con Ricardo, xa que está moi preocupada pola excesiva dedicación de Lucía ao neno. No Faro, Ánxela pon contra as cordas a Ricardo, Lucía non está matriculada na escola de cociña e quere saber se está ocultando algo. Gonzalo e Lidia seguen enfadados, pero el prepara unha sorpresa que a deixará coa boca aberta. Carme regresa da súa viaxe e aínda non sabe que o proxecto do complexo foi aprobado durante a súa ausencia. Luís está desexando ver a Carme; os dous bótanse moito de menos e danse unha cálida benvida.
O FARO
Serie. Iván quere contarlle á familia Muñoz que estivo recibindo cartas de Santiago, pero Luís cre que é mellor seguir outra estratexia. Ricardo está moi preocupado porque Lucía está volcada no coidado do neno e apenas durme. Pero Lucía non pensa marchar de alí e xa arranxou a maneira de pasar máis tempo co neno. A relación entre Gaspar e Fina vólvese máis estreita. Fina levará unha sorpresa ao comprobar que o interese que ten Gaspar en ela é maior do que pensaba. Lidia está moi ilusionada con Gonzalo, pero todo pode torcerse: Begoña volve á cidade para recuperar o que é seu.
O FARO
Serie. Lucía entra na habitación do neno co seu uniforme de limpadora e é descuberta pola pediatra. No Faro, Fina e Ánxela queren facerlle unha visita a Lucía e pídenlle a Ricardo o seu enderezo para darlle unha sorpresa. Gonzalo e Lidia están vivindo o mellor momento na súa relación. Ao velos tan unidos, Begoña pásao mal e busca apoio en Luís. Carme séntese celosa ao ver a boa sintonía que hai entre Begoña e el. Gaspar segue moi emocionado coa súa amizade con Fina e quere facerlle un bonito agasallo. Esta atención continua por parte de Gaspar consegue agobiar a Fina.
O FARO
Serie. Luis e Iván tratan de sonsacar a Lola, a nai de Iván. Os dous están convencidos de que a muller sabe sabe máis do que conta. Lucía terá que volver ao Faro antes de que a súa familia decida ir visitala e descubra o seu segredo. Begoña pon todo da súa parte para separar a Lidia e a Gonzalo e consegue sementar a dúbida en Lidia. Fina discute con Gaspar porque cre que lle presta unha atención desmesurada. Óscar non aguanta máis o pasotismo de Hugo e dálle un ultimátum: ten que rematar os temas do disco canto antes ou quedar sen produtor.
O FARO
Serie. Lidia dalle veracidade as palabras de Begoña e cre que Gonzalo estivo a enganala. Gonzalo entende que o comportamento distante de Lidia ten que ver con Begoña e plántalle cara á súa ex-moza. A nai de Ana enferma e quere levala á casa para coidala mellor. Arturo non quere e isto provoca unha discusión moi forte entre a parella. Hugo leva todos os días traballando pola noite para conseguir os cartos que Patri precisa para pagar os impostos. Pero este traballo nocturno fixo imposible que o músico compuxese todos os temas do disco. Cada vez quédalle menos tempo para rematar de compoñer os temas. Iván xa está farto de que Lola non sexa honesta con el. Nai e fillo enzárzanse nunha dura disputa.
ESTACHE BO!: Sopa de ovo e trufa
Espazo gastronómico presentado polo ourensán Moisés Rodríguez, un cociñeiro próximo e familiar que amosará en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor. Trasladaralle á audiencia a necesidade de modificar o estilo de vida cara a hábitos saudables a través da cociña.
COMA UN ALLO
Presentado por Bernardo Montaña, este programa está baseado na dinámica de preguntas e respostas. Conta co asesoramento de dous expertos colaboradores: a escritora María Canosa e o científico e divulgador Jorge Mira.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 26.10.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 26.10.2026
Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.
EN XOGO LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 26.10.2026
Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 26.10.2026
MAREAS VIVAS: O misterio de Curraxil
Iria enfróntase a María porque a culpa da marcha do pai. A situación empeora cando os rapaces na escola empezan a insultala e a falarlle do seu pai e da relación entre a súa nai e Andrés.
VIDA NAS MAREAS: Os mortos
Serie que explora a vida real, costumes e conflitos da Costa da Morte. Neste percorrido, aborda temas como o furtivismo, lendas locais, a vida mariñeira e a contorna da Costa da Morte. Conta coa participación de personaxes como Luis Zahera e Suso Lista.
GALICIA ON: Robótica
Hai moito tempo que os robots deixaron de ser personaxes de ciencia ficción. Xa son moitas as empresas que contan con autómatas e, outras, que os integran, programan e os fan máis intelixentes. Esa intelixencia artificial está achegándose á vida das persoas para poñérnola máis fácil. Por iso hoxe, en 'Galicia On', falarase de robótica. As universidades galegas están a apostar con forza polos desenvolvementos tecnolóxicos. Por este motivo crearon centros de investigación como o CITIUS. Situado no Campus VIDA da Universidade de Santiago, considerado de excelencia internacional polo Ministerio de Educación y Ciencia desde o ano 2009. Nel xúntanse máis dun cento de científicos que traballan en sete liñas programáticas, todas elas relacionadas coas tecnoloxías da Información e a Robótica. Visita tamén Ledisson AIT, no Porriño, unha empresa especializada en robótica que dende o ano 1998 prové de autómatas a diferentes factorías de automoción, achegando solucións ós seus procesos de produción. O equipo foi aumentando ata chegar ó medio centenar de empregados que teñen na actualidade. O seu crecemento está ligado á internacionalización. Actualmente, o 90% das súas producións son exportacións, maioritariamente a clientes centroeuropeos. E achegarase ata CITEGA, unha empresa situada en Vilagarcía de Arousa. A súa traxectoria arranca no ano 1991 co aval e a experiencia do grupo TACORE e a automatización e control de procesos industriais no sector alimentario e da conserva.
O CADERNO DE ISABEL
Programa en que a cociñeira Isabel Prada percorre as vilas galegas buscando as receitas máis tradicionais do lugar, amosando os seus ingredientes e, sobre todo, como se preparan. “O Caderno de Isabel” visita esta semana a península do Morrazo, concretamente os concellos de Cangas e Bueu. Rodeados das ricas rías de Vigo e Pontevedra, o peixe e o marisco non pode faltar nos menús dos morracenses. Isabel cociñará rinchas, que igual que nomes, teñen diferentes xeitos de prepararse, verá a importante produción de mexillón e o saboroso peixe á prancha.
UNHA VIAXE PARA CONTAR: Lemos
Serie documental coas vivencias de Marta Doviro, unha incansable e curiosa aventureira, que narra historias cheas de orgullo e respecto por lugares e xentes únicos da nosa comunidade.
DANZA NO FOCO: DANZA NO FOCO 2
Serie de cápsulas visuais en que intérpretes da danza contemporánea galega dialogan co espazo a partir dos textos dun tema musical en lingua galega, cuxas palabras animadas completan a coreografía. Hoxe, Marcia Vázquez improvisa a partir da letra da canción 'Banharemonos nas ondas', de Lamontagne & Picoamperio, na Praia de Gures.
ZIGZAG: ZIGZAG 3469
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. ‘ZigZag’ ofrece unha entrevista co biólogo focense Carlos Gil, gañador do prestixioso premio do Ciclo Internacional de Cine Submarino de San Sebastián polo seu documental ‘Baixo as augas de A Mariña-Ortegal’.
A CRÓNICA: A CRÓNICA (DIARIA) 1615
TELEXORNAL LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 26.10.2026
Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.
EN XOGO LINGUA DE SIGNOS: TX DEPORTES SERÁN LINGUAXE SIGNOS 26.10.2026
Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.
ESPARTACO
Espartaco, nado e criado como escravo, chega á casa de Batiato, unha escola de gladiadores. Tras varias semanas de duro adestramento e de crueis humillacións, lidera unha revolta contra a decadente Roma. Mentres, o ambicioso Craso trata de obter o poder esmagando o levantamento.
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACION ESTADO DO MAR SERÁN 26.10.2026
A BOAS HORAS
A G2 emite este espectáculo, durante cinco horas en directo, nas madrugadas da Radio Galega. Pepe Capelán converte ‘A boas horas’ nun espectáculo de humor, entretemento e compañía xunto con Noemí Martínez, Marita e Rubén Pérez. Nas fins de semana, Toño Casais, Isi e Ilda Mosquera prolongan a festa con humor, tarot e participación en directo.