TVG2 - CSAG
TIMMY TIME: Timmy trae un sorriso
Os animaliños da clase abusan da manta de Apricot e Timmy axúdalle a recuperala.
BERNARD S7: O ouro que non serve para nada
A chegada dun tesouro á illa fai que todos pelexen polo seu contido.
MADDIE E TRIGGS: Toc, toc
Maddie e Triggs esperan con impaciencia unha carta do tío George.
MADDIE E TRIGGS: Discotrén
Maddie quéixase do aburrido que é visitar a súa avoa, pero non sabe que vivirá unha aventura musical moi emocionante totalmente inesperada.
BLOQUES DE NÚMEROS: Un
Un bloque cae do ceo e descobre un mundo novo. É o número Un.
PREPARADO, EDDIE, XA!: A cápsula de tempo
Eddie vai facer e enterrar unha cápsula do tempo, pero antes vai ter que decidir as cousas que lle parecen importantes e metelas nela para que as vexan as persoas do futuro.
SONIC BOOM: Máis alá dos cubots
A Tails e ao doutor Eggman desaparécenlles ferramentas e Orbot e Cubot marchan en busca duns renegados que poden ser os ladróns. Cando os encontran levan unha sorpresa ao ver quen son e Orbot terá que tomar unha decisión importante.
O MUNDO DE ALVA: Cookies e galletas
Na tableta de Alva aparecen anuncios por culpa das cookies que algúns sitios usan de forma fraudulenta. En Gizmo, os troles seguen o alcalde Garth para descubrir cales son os sabores que máis lle gustan.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Lady Wifi
Alya cre equivocadamente que Chloe é Ladybug e expúlsana do instituto por remexer no seu armario.
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 23.10.2026
CAFÉ SEN GOTAS: CAFÉ SEN GOTAS 347
Faladoiro na biblioteca xeral do Parlamento.
O FARO
Serie. Erea fala con Lidia sobre a carta de Luís. Lidia pídelle á súa amiga que non se meta nos asuntos dos demais, ten que aprender a respectar a súa privacidade.
O FARO
Serie. Ricardo e Lucía teñen que aprobar o proxecto do complexo cos seus votos en representación de Diego e queren asegurarse de que o proxecto sexa bo para o seu fillo e tamén para o Faro.
O FARO
Serie. Patri está moi preocupada por Hugo, quere que se centre no seu disco e deixe de traballar polas noites. Víctor faille unha proposta a Hugo para que traballe para el. Gonzalo e Lidia reconcílianse e dan un paso moi importante na súa relación.
O FARO
Serie.
O FARO
Serie.
O FARO
Serie.
ESTACHE BO!: Robaliza con escamas de pataca
Espazo gastronómico presentado polo ourensán Moisés Rodríguez, un cociñeiro próximo e familiar que amosará en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor. Trasladaralle á audiencia a necesidade de modificar o estilo de vida cara a hábitos saudables a través da cociña.
COMA UN ALLO
Presentado por Bernardo Montaña, este programa está baseado na dinámica de preguntas e respostas. Conta co asesoramento de dous expertos colaboradores: a escritora María Canosa e o científico e divulgador Jorge Mira.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 23.10.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 23.10.2026
Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.
EN XOGO LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 23.10.2026
Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 23.10.2026
MAREAS VIVAS: Furtivos
María interroga a Suso sobre a súa actitude con Andrés e sobre como conseguiu saír do cárcere. Maroto responde con evasivas e réstalle importancia ao proceso legal ao que se ten que enfrontar.
GALICIA ON: Empresa
A economía é a ciencia que estuda a distribución dos recursos entre os membros da sociedade para satisfacer o que precisan. Grazas ao traballo que desenvolven, as empresas son as xeradoras deses recursos. Por iso hoxe, 'Galicia On' achegarase á formación empresarial e ás novas formas da economía. Para complementar a formación dos empresarios e os executivos das empresas en 2016 púxose en marcha o Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (IESIDE), unha iniciativa de Afundación e ABANCA no ámbito da educación superior, avalado por máis de 30 anos de experiencia. O IESIDE ten actualmente tres centros para uso formativo, situados nos campus de Vigo, A Coruña e Pontevedra, e dispón de tres bibliotecas de acceso virtual. Disashop é unha multinacional líder en venda e distribución de servizos electrónicos e de prepago que se atopa en Oleiros (A Coruña). Nada no 2001, esta empresa, que conta con 390 empregados, fixo da innovación un dos seus sinais de identidade.
NÁUFRAGOS: Saber moi novos do naufraxio
O programa, dirixido e presentado por X. H. Rivadulla Corcón, aborda a vida despois da traxedia, como segue a vida das familias dos náufragos que non regresaron do mar; a do mariñeiro que sobreviviu ao naufraxio; a vida colectiva das xentes que habitan o porto onde vivían os náufragos e tiña base o barco sinistrado; e, por suposto, cal é a memoria que queda daquel naufraxio, e como esa memoria mantén vivos os sentimentos que produciu o sinistro.
NÁUFRAGOS: O tempo detido despois do naufraxio
O programa, dirixido e presentado por X. H. Rivadulla Corcón, aborda a vida despois da traxedia, como segue a vida das familias dos náufragos que non regresaron do mar; a do mariñeiro que sobreviviu ao naufraxio; a vida colectiva das xentes que habitan o porto onde vivían os náufragos e tiña base o barco sinistrado; e, por suposto, cal é a memoria que queda daquel naufraxio, e como esa memoria mantén vivos os sentimentos que produciu o sinistro.
PESCADORES DE HISTORIAS: Salvar vidas no mar
PESCADORES DE HISTORIAS: Caldeirada de pinto e maragota
Alí estará Andrés Domínguez que sae á pesca de maragota e pinto. O programa tamén estará coa peixeira Mari Carmen, que vende polas estradas de Carnota; con Benedicta Saborido, unha muller que pasa dos oitenta anos e que dedicou toda a súa vida ao marisqueo; no restaurante Doña Teresa, con Pepe Freira, un mariñeiro retirado que traballou en mares de todo o mundo e co propietario do restaurante, Tono Saborido.
TERRA DE CÓMICS: Andrés Magán
O artista de cómic Andrés Magán abre as portas do seu estudio, en Vigo, para compartir o proceso creativo do seu traballo, caracterizado por un estilo máis analóxico co uso de rotuladores. No capítulo explóranse as súas influencias e a súa traxectoria dentro da banda deseñada.
ESPAZO MURAL: ESPAZO MURAL 7
O artista urbano Mon Devane participa no festival de muralismo Viladomar de Rianxo, realizando un mural protagonizado polo cociñeiro Javier Olleros.
ZIGZAG: ZIGZAG 3467
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados.
BENLIDOS: Memorias dun neno labrego
'Memorias dun neno labrego' é unha das obras máis importantes da literatura galega. A historia orixinal escribiuna Xosé Neira Vilas, fíxoo na diáspora en 1961 e agora, Iria Aldegunde adapta ese universo á banda deseñada por primeiriña vez.
MERLÍ 2: Thomas Hobbes
Coralina, a xefa de estudos nova, ocupa o despacho de Merlí. O carácter desta muller choca cos alumnos.
TELEXORNAL LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 23.10.2026
Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.
EN XOGO LINGUA DE SIGNOS: TX DEPORTES SERÁN LINGUAXE SIGNOS 23.10.2026
Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.
MENTES MARABILLOSAS
Louis é un solteiro empedernido, que dirixe unha funeraria e vive dedicado ao seu traballo. Por unha casualidade da vida, un día cruza con Igor, un espírito agudo nun corpo con discapacidade a causa dunha parálise cerebral. Igor reparte verduras ecolóxicas mentres pasa o seu tempo libre lendo a Sócrates, Nietzsche e Spinoza. Xuntos emprenderán unha viaxe no coche fúnebre de Louis para transportar o corpo da defunta Madeleine ao lugar onde debe ser soterrada.
OS CANTOS ROLADOS: Sumrrá / Zënzar / The Soul Jacket
Programa que revisa a situación actual de todo tipo de músicas no país. Presenta Antonio Novo Suárez ‘Tucho’.
ZIGZAG: ZIGZAG 3467
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados.