div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

BERNARD S7: A través do burato de verme

Bernard viaxa polo universo sen necesidade dun Stargate.

07:00 h

TIMMY TIME: Timmy o construtor

A clase constrúe tendas de campaña, pero Timmy ten problemas. Otus ofrécese a axudar, pero el pensa que non lle fai falta.

07:10 h

MADDIE E TRIGGS: Eco

Por arte de maxia, o eco transporta a Maddie e a Triggs ao bandullo dunha balea.

07:20 h

MADDIE E TRIGGS: Paxariño

Triggs non se quere erguer da cama, pero hai un paxariño fóra que o molesta co seu piar.

07:25 h

BLOQUES DE NÚMEROS: Dez botellas verdes

Unha canción conta atrás leva aos números por situacións tolas —dinosaurios, raposos, baleas— mentres van perdendo botellas ata quedar en cero e recompoñerse de novo en dez. Unha canción conta atrás leva aos números por situacións tolas —dinosaurios, raposos, baleas— mentres van perdendo botellas ata quedar en cero e recompoñerse de novo en dez.

07:30 h

PREPARADO, EDDIE, XA!: A praia

Os pais de Eddie levan o neno e mais os seus amigos Akil e Nina á praia. Os rapaces pasarán unha xornada moi divertida xogando e observando todo o que encontran alí.

07:40 h

SONIC BOOM: Eggman desenchufado

O doutor Eggman acaba farto da tecnoloxía e decide desconectar todos os aparellos e as máquinas que ten para vivir de xeito sinxelo. O problema xorde cando alguén lle invade a gorida e empeza a atacar sen ton nin son a todo o mundo.

07:50 h

O MUNDO DE ALVA: A limpeza

O portátil de Alva ten problemas de funcionamento por un exceso de lixo informático. En Gizmo, o alcalde Garth tamén terá que facer unha limpeza no Gizmotrón para que todo funcione como é debido.

08:00 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Ilustrator

Un estudante namorado de Marinette queda “akumatizado” e convértese en Ilustrator, un malfeitor ao que se enfrontará Cat Noir sen a axuda de Ladybug.

08:30 h

O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 22.10.2026

09:30 h

RECANTOS CON FEITIZO: Xinzo de Limia, o Entroido máis longo

‘Recantos con feitizo’ convida a descubrir os recunchos máis sorprendentes e auténticos de Galicia a través dos ollos de reporteiros e 'influencers'. Cada episodio amosará cinco lugares únicos, desde paisaxes naturais a espazos ateigados de historia e cultura. Unha viaxe chea de curiosidade, sorpresas e moitos 'selfies'.

09:35 h

O FARO

Serie. Na familia Torres, Gaspar encontra os cartos que lle faltaban e decátase de que xulgaron inxustamente a Óscar. Na familia Muñoz, Carme recibe unha carta onde lle dan unha mala nova: van expropiarlle parte dos terreos que ten en Venezuela. Nos Samáns, Víctor fala co seu pai e cóntalle os seus plans para o complexo. Ricardo comeza a pensar que Diego non se encontra ben, pero non lle quere contar nada a Lucía. A relación entre Luís e Carme vólvese máis íntima, pero reciben unha visita inesperada que o cambiará todo.

10:25 h

O FARO

Serie. Rosa volveu á cidade para deixar claro que ela pode facer o que quere e que segue a ter control nos Samáns. Carme quere denunciala á policía, pero Rosa sempre ten un ás gardado na manga. Ricardo cóntalle a Lucía os problemas de saúde que pode ter Diego e ela ponse no peor. Carme intenta arranxar o problema dos terreos en Venezuela sen moito éxito. Víctor ten présa para que Carme aprobe o proxecto do complexo, pero Carme cre que hai unha única pega: Rosa tamén ten voz e voto nos Samáns.

11:00 h

O FARO

Serie. A saúde de Diego é motivo de enfrontamento entre Lucía e Ricard, que pensa que non se coidou dabondo durante o embarazo e iso podería ser a causa dos problemas de saúde do neno. Gonzalo tranquiliza a Ricardo e quítalle importancia á doenza de Diego, pero Ricardo non queda tranquilo e quere facerlle máis probas. Hugo e Patri van comer ao Faro e Fina decátase de que o músico mira dun xeito especial a Patri. Na familia Torres, Ana intenta convencer a Gaspar para que faga as paces co seu fillo. Luís e Rosa discuten e nese encontro desvélase algo moi relevante do pasado de Luís.

11:50 h

O FARO

Serie. Víctor intenta meterlle presión a Carme para que o proxecto se leve a cabo, xa que necesitan os terreos do Faro, pero Carme xa ten unha estratexia para convencer as mulleres do Faro. Lucía enfádase con Ricardo por levar o neno ao médico sen consultalo con ela. Víctor comeza a dar síntomas de que os seus intereses nos Samáns non son os mesmos cós de Rosa nin Carme. Xa só mira polo seu propio interese e cada vez ten máis sede de poder. Óscar está a vivir un bo momento; no profesional, está moi contento coas letras das cancións de Hugo e no persoal, comeza a achegarse á súa familia.

12:30 h

O FARO

Serie. As novas sobre a saúde de Diego non son boas. Ricardo e Lucía deciden deixar as súas diferenzas a un lado polo ben do neno. Carme ten que marchar a Venezuela e deixa a Víctor ao cargo dos Samáns.

13:10 h

O FARO

Serie. Á casa dos Muñoz chega unha carta destinada a Luís e Erea debe entregarlla ao seu tío. Pero a Erea pódelle a curiosidade porque non sabe cal pode ser o contenido da misiva e está disposta a averigualo.

14:00 h

ESTACHE BO!: Filloas recheas de chantilly de framboesa

Espazo gastronómico presentado polo ourensán Moisés Rodríguez, un cociñeiro próximo e familiar que amosará en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor. Trasladaralle á audiencia a necesidade de modificar o estilo de vida cara a hábitos saudables a través da cociña.

14:25 h

COMA UN ALLO

Presentado por Bernardo Montaña, este programa está baseado na dinámica de preguntas e respostas. Conta co asesoramento de dous expertos colaboradores: a escritora María Canosa e o científico e divulgador Jorge Mira.

15:00 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 22.10.2026

Presenta Raúl Quián.

15:30 h

TELEXORNAL LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 22.10.2026

Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.

16:10 h

EN XOGO LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 22.10.2026

Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.

16:25 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 22.10.2026

16:35 h

MAREAS VIVAS: Efectos navais

Andrés chega a Portozás coa intención de saber o que pasou con Suso Maroto. María cóntalle os detalles da detención e él promete axudarlle. Andrés visita a Suso no cárcere para ofrecerlle a súa axuda e interrógao, pero o home de María négase.

17:30 h

GALICIA ON: Mundo virtual

Internet permíte relacionarse, comunicarse e levar a cabo un gran número de actividades máis comodamente. A investigación neste campo parece inesgotable e difícil de predicir, dando lugar a elementos tan interesantes coma a intelixencia artificial ou a realidade virtual. Por iso hoxe, en 'Galicia On', fálase de mundo virtual. Achégase a Enxendra, unha compañía coruñesa que centra a súa actividade na dixitalización dos procesos administrativos e comerciais das empresas. Coñecerase de preto a súa plataforma online, Docuten, que posibilita a xestión de contratos e facturas nun mesmo servizo co fin de dar resposta ás necesidades de pequenas e grandes empresas. Despois visitarase Betmedia, unha empresa de base tecnolóxica situada en Oleiros (A Coruña). Está especializada, entre outras áreas, en gambling, é dicir, apostas deportivas, póker e casino. Co obxectivo de dar resposta ás necesidades de xogo lanzou ó mercado Betsfy, a primeira rede social que cubre as necesidades de negocio dos pronosticadores e a demanda dos usuarios apostadores.

18:00 h

UN PAÍS EN 360º: Ruta do mar de Arousa e río Ulla

Programa gravado con cámaras 360, que utiliza a tecnoloxía para achegarlles aos espectadores o patrimonio natural e monumental de Galicia. Presentado por Estíbaliz Veiga, ‘Un país en 360’ descobre Galicia de forma inmersiva, porque o público está no centro da acción. A Ruta do Mar de Arousa é un itinerario marítimo que revive a ‘Translatio’, o traslado dos restos do Apóstolo desde Terra Santa ata Santiago. Nunha nova edición do programa ‘Un país en 360’, Estíbaliz Veiga vivirá o seu ‘bautismo de mar’ en Vilagarcía, onde aprenderá as técnicas para mergullarse nas profundidades da ría.

18:55 h

ALALÁ: Diplomáticos do acordeón

A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En 'Alalá' non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional. Os protagonistas do 'Alalá' son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas.

19:20 h

ALALÁ: Foliada Casa das Crechas

A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En 'Alalá' non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional. Os protagonistas do 'Alalá' son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas.

19:50 h

RECANTOS CON FEITIZO: Ribadavia, a herdanza xudía

‘Recantos con feitizo’ convida a descubrir os recunchos máis sorprendentes e auténticos de Galicia a través dos ollos de reporteiros e 'influencers'. Cada episodio amosará cinco lugares únicos, desde paisaxes naturais a espazos ateigados de historia e cultura. Unha viaxe chea de curiosidade, sorpresas e moitos 'selfies'.

20:00 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3466

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. O director do Festival Curtas do Imaxinario, Luís Miguel Rosales, visita hoxe o estudio do espazo.

20:20 h

LÉOCHO: Máis que palabras

A escritora María Canosa conduce este espazo sobre o mundo literario e as súas particulariedades.

20:55 h

A CRÓNICA: A CRÓNICA (DIARIA) 1614

22:00 h

TELEXORNAL LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 22.10.2026

Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.

22:30 h

EN XOGO LINGUA DE SIGNOS: TX DEPORTES SERÁN LINGUAXE SIGNOS 22.10.2026

Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.

22:35 h

FILA 1: Hoy puede ser mi gran noche

A TVG divulga o traballo realizado polas compañías, actores e actrices para achegar o teatro a todos os galegos a través dos medios públicos. Gravadas no auditorio do Grove (Pontevedra), con presenza de público e con artistas convidados, ‘Fila 1’ programa un total de oito obras recoñecidas polo público e a crítica, algúns dos mellores exemplos da dramaturxia galega. Premio do Público na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, 'Hoy puede ser mi gran noche' é unha festa en todo o seu esplendor, un monólogo cómico e musical, que conta a fascinante historia dun cantante de orquestra na Galicia dos 90 e as súas fillas, cuxa aspiración é ser coma seu pai. Producida no auditorio do Grove, baixo a dirección de Andrea Jiménez, esta nova obra destaca a Noemí Rodríguez e Darlene Rodríguez como intérpretes.

22:35 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACION ESTADO DO MAR SERÁN 22.10.2026

00:00 h

APAGA A LUZ

O dúo cómico Mofa e Befa conduce este programa, que recupera a tradición oral galega a través de contos e da nosa literatura popular.

00:50 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3466

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. O director do Festival Curtas do Imaxinario, Luís Miguel Rosales, visita hoxe o estudio do espazo.

01:10 h

A BOAS HORAS

A G2 emite este espectáculo, durante cinco horas en directo, nas madrugadas da Radio Galega. Pepe Capelán converte ‘A boas horas’ nun espectáculo de humor, entretemento e compañía xunto con Noemí Martínez, Marita e Rubén Pérez. Nas fins de semana, Toño Casais, Isi e Ilda Mosquera prolongan a festa con humor, tarot e participación en directo.

05:55 h

COMA UN ALLO

Presentado por Bernardo Montaña, este programa está baseado na dinámica de preguntas e respostas. Conta co asesoramento de dous expertos colaboradores: a escritora María Canosa e o científico e divulgador Jorge Mira.

06:30 h

PIPPI MEDIASLONGAS: A festa de despedida de Pippi

div-crtvg-top2

Publicidade