TVG2 - CSAG
TIMMY TIME: TIMMY TIME 22
BERNARD S7: Viaxando polo espazo
O espazo, a última fronteira. Esta é a viaxe de Bernard, para adentrarse onde ningún oso chegou antes.
MADDIE E TRIGGS: FOLLAS
MADDIE E TRIGGS: ONDAS
BLOQUES DE NÚMEROS: CASTELO DE BLOQUES DE NÚMEROS
Os números viven unha aventura nun castelo onde deben combinarse para formar outros maiores e superar probas ata escapar xuntos, demostrando que en equipo poden conseguilo todo.
PREPARADO, EDDIE, XA!: DURMIR NA CASA DUN AMIGO
SONIC BOOM: O ALCALDE KNUCKLES
O MUNDO DE ALVA: CUESTIÓN DE CONFIANZA
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: TORMENTOSA
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 21.10.2026
O FARO
Serie. Lidia cre que Andrés e Sofía teñen unha relación e por iso Andrés quere divorciarse dela. Pola súa parte, Andrés está a pasalo moi mal e tampouco lle gusta que Lidia esté sufrindo pola súa culpa. Lucía decátase de que foi moi dura con Ricardo no pasado e quere, polo ben do neno, que a súa relación sexa mellor. Víctor ten celos de Hugo porque Patri se preocupa moito polo seu compañeiro de piso. Fina tamén vai vivir un momento moi tenso: recibe unha noticia moi desagradable relacionada co técnico e que resolve moitas dúbidas que teñen ata ese momento.
O FARO
Serie. Nos Samáns, Carme empeza a sospeitar dos tratos que hai entre Víctor e Florencio: non entende a que veñen tantas visitas do empresario aos Samáns. Ricardo non está de humor para celebrar o aniversario de Diego, pero Erea trata de animalo xa que é o primeiro do meniño. No Faro aínda non comezaron cos preparativos da festa e Fina e Ánxela non saben se Lucía quere celebralo. Carme e Ricardo teñen a primeira cita co avogado para falar da custodia de Diego. Hugo ten a súa segunda cita co produtor, esta vez debe asistir se quere conseguir o seu obxectivo no mundo da música.
O FARO
Serie. A Luís non lle gusta que Erea conviva co seu exmarido na mesma casa e intenta convencela de que non é bo para ela. Pero Erea quere seguir formando parte da vida de Ricardo e trata de organizarlle a festa de aniversario de Diego. Ricardo está moi centrado en facerlle fronte a Carme, que está moi enfadada con el por non asistir á cita co avogado. Os Torres teñen varias frontes abertas: Gaspar non quere que os seus netos vivan nun internado e Arturo non soporta que o seu irmán pequeno sempre estea metido en leas.
O FARO
Serie. As dúas festas para o aniversario de Diego seguen en marcha; todos queren pasar o día co neno. Ánxela trata de convencer a Lucía para que Ricardo e mais ela fagan as paces polo ben de Diego. Hugo cre que a súa carreira musical está a punto de despegar, pero a situación económica e familiar de Óscar pode ser un obstáculo para lograr o seu obxectivo. A ambición de Arturo choca cos intereses conservadores do seu pai: Arturo quere que a empresa medre e Gaspar cre que mellor e manter a infraestrutura intacta. Víctor tamén quere que os Samáns medre e para iso preséntalle un proxecto a Carme que pode ser moi beneficioso para a empresa.
O FARO
Serie. As do Faro decátanse que entre Ricardo e Lucía as cousas van moito peor do que pensaban. Ata tal punto, que Ricardo vai pedir a custodia compartida. Lidia non está a pasar un bo momento: non é capaz de superar o divorcio e chama a Andrés repetidamente. Erea recibe un agasallo cunha nota e todo parece indicar que a idea é cousa de Ricardo. Patri decátase de que a situación económica de Óscar é precaria e non quere que o produtor engane a Hugo con falsas promesas.
O FARO
Serie. É o día da festa de aniversario de Diego e Lucía non está disposta a deixar que Diego pase esa data tan especial cos Muñoz. Lidia recibiu un agasallo e está moi ilusionada porque cre que llo enviou Andrés, pero acaba descubrindo que o remitente é outra persoa. Nos Samáns, o novo proxecto ideado por Víctor é ben acollido por Carme, pero teñen un problema: para sacar adiante o proxecto teñen que conseguir o apoio das mulleres do Faro.
ESTACHE BO!: Allo branco, allo negro
Espazo gastronómico presentado polo ourensán Moisés Rodríguez, un cociñeiro próximo e familiar que amosará en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor. Trasladaralle á audiencia a necesidade de modificar o estilo de vida cara a hábitos saudables a través da cociña.
COMA UN ALLO
Presentado por Bernardo Montaña, este programa está baseado na dinámica de preguntas e respostas. Conta co asesoramento de dous expertos colaboradores: a escritora María Canosa e o científico e divulgador Jorge Mira.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 21.10.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 21.10.2026
Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.
EN XOGO LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 21.10.2026
Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 21.10.2026
MAREAS VIVAS. A SERIE QUE CAMBIOU A TÚA VIDA: Náufragos (2ª parte)
Suso Maroto volve a recuperar a súa vida con María e máis con Iria. Andrés, pola súa parte, decide marchar para A Coruña. Mentres tanto, Berta recibe a esperada orde do seu traslado.
GALICIA ON: SAÚDE DENTAL
A odontoloxía é a especialidade médica que se ocupa da prevención, diagnóstico e tratamento das enfermidades que afectan a calquera parte da cavidade bucal. Nos últimos anos, o sector experimentou unha notable evolución da man dos avances tecnolóxicos, especialmente no ámbito da implantoloxía oral. Por iso hoxe, en Galicia On, falamos de saúde dental. A primeira parada farémola en Sarria, Lugo, onde se atopa Galimplant, unha empresa que foi quen de desenvolver e comercializar un sistema de implantes dentais referente no mercado. É a única empresa española que fabrica implantes cigomáticos, deseñados para casos de atrofias moi severas do oso maxilar e, ademais, conta cun catálogo de produtos de máis de 800 referencias para facilitar solucións adaptadas ás necesidades do paciente. Despois achegámonos a Sineldent, no polígono de San Cibrao das Viñas, en Ourense. Esta compañía, especializada na fabricación de próteses dentais, dispón dun modelo de fábrica 4.0 onde a maioría dos procesos están automatizados e o proceso de negocio é integramente dixital. Este feito lles permite enviar cada día arredor de 2.000 próteses a medida ó resto de España e adquirir cada vez máis presencia en Europa.
VOU QUE TEÑO QUE IR: Betanzos
Erguerse do sofá para viaxar aos recunchos menos explorados de Galicia é o que lles propón a TVG aos seus espectadores co programa ‘Vou que teño que ir’, onde Víctor Fábregas e Ledicia Sola os convidarán a descubrir o mesmo municipio ou comarca de xeitos ben diferentes. Ledicia Sola e Víctor Fábregas descubrirán hoxe, en ‘Vou que teño que ir', a beleza de Betanzos e o segredo da súa famosa tortilla.
TODO BÁSQUET: EUROCUP WOMEN. FASE GRUPOS. XORNADA 2. DURÁN MAQUINARIA ENSINO - GORZOW
FEITO CON CABEZA
Neste docu-reallity, a TVG amosa o talento creativo dos galegos a través dos seus inventos. Personaxes anónimos e profesionais amosan as súas innovadoras ideas e narran as súas propias historias, en que se combina innovación e tecnoloxía. O programa descubrirá hoxe a máxica historia dos irmáns Portela, inventores do magnetófono.
ZIGZAG: ZIGZAG 3465
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados.
AS RAÍCES: RESUMO: UNHA ARELA COMÚN
"As Raíces" afonda nas orixes da industria galega, facendo un repaso polos principais sectores que constituíron o tecido industrial galego, afondando nas raíces da nosa industria desde o século XVIII.
TODO BÁSQUET: EUROCUP WOMEN. FASE GRUPOS. XORNADA 2. BAXI FERROL - CBK MERSIN
TELEXORNAL LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 21.10.2026
Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.
EN XOGO LINGUA DE SIGNOS: TX DEPORTES SERÁN LINGUAXE SIGNOS 21.10.2026
Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACION ESTADO DO MAR SERÁN 21.10.2026
A CRÓNICA: A CRÓNICA (DIARIA) 1613
MATALOBOS: Sen carga
Os clans da Sardiñeira non parecen levantar cabeza desde a chegada de Aníbal, que ten a todos controlados e que se converte no novo inimigo a bater, a todos incluído Carmelo Matalobos, que está decidido a cooperar coa fiscal Mosteiro con tal de acabar con el. Sen cartos para poder fuxir da Sardiñeira, colaborar coa xustiza preséntase como a mellor opción para librarse dos seus encargos.
MATALOBOS: Sacrificios
Os problemas de Carmelo Matalobos para sobrevivir, despois de ver frustrado o intento de fuxir, nunha Sardiñeira onde todo está a cambiar con novos centros de poder, deixa o líder dos Matalobos nunha situación delicada que fai quentar aínda máis o duelo que mantén con Aníbal, o inimigo a bater. Pero, como o pasado sempre está por volver, Carmelo vai levar unha gran sorpresa cando descubra quen está detrás da desaparición dos cartos para a fuxida.
MATALOBOS: Identidade secreta
MATALOBOS: Sen carga
Os clans da Sardiñeira non parecen levantar cabeza desde a chegada de Aníbal, que ten a todos controlados e que se converte no novo inimigo a bater, a todos incluído Carmelo Matalobos, que está decidido a cooperar coa fiscal Mosteiro con tal de acabar con el. Sen cartos para poder fuxir da Sardiñeira, colaborar coa xustiza preséntase como a mellor opción para librarse dos seus encargos.
ZIGZAG: ZIGZAG 3465
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados.
A BOAS HORAS
A G2 emite este espectáculo, durante cinco horas en directo, nas madrugadas da Radio Galega. Pepe Capelán converte ‘A boas horas’ nun espectáculo de humor, entretemento e compañía xunto con Noemí Martínez, Marita e Rubén Pérez. Nas fins de semana, Toño Casais, Isi e Ilda Mosquera prolongan a festa con humor, tarot e participación en directo.
COMA UN ALLO
Presentado por Bernardo Montaña, este programa está baseado na dinámica de preguntas e respostas. Conta co asesoramento de dous expertos colaboradores: a escritora María Canosa e o científico e divulgador Jorge Mira.