TVG2 - CSAG
TIMMY TIME: Timmy o tren
Timmy e os seus compañeiros xogan aos trens, pero tanto el como Mittens queren ser os líderes e van ter que chegar a algún acordo.
BERNARD S7: A primavera en flor
Bernard celebra a chegada da primavera… con algún que outro esbirro.
MADDIE E TRIGGS: Pingas de chuvia
A chuvia ameaza con estragar a acampada de Maddie, Triggs e papá, pero reciben a visita dunha pinga moi alegre que lles levantará o ánimo.
MADDIE E TRIGGS: O timbre da bici
Papá leva a Maddie á escola na bicicleta e, polo camiño, imaxinan que viven unha viaxe espacial intergaláctica nun foguete moi veloz.
BLOQUES DE NÚMEROS: A árbore de dous
Nun xogo entre dous equipos, os números van restando dous para lanzar “dous” a unha árbore e sumar puntos, ata rematar nun empate tras moitas xogadas e estratexias. Nun xogo entre dous equipos, os números van restando dous para lanzar “dous” a unha árbore e sumar puntos, ata rematar nun empate tras moitas xogadas e estratexias.
PREPARADO, EDDIE, XA!: Plantar xirasoles
Eddie e mais os seus amigos van ao club de xardinería despois da escola.Hoxe van ter que plantar cadanseu xirasol e facer todo o necesario para que creza ben e bonito.
SONIC BOOM: Aventura na selva
Sonic pensa que ten máis maña ca Sticks para sobrevivir na natureza e ela non está de acordo. Para aclaralo forman dous equipos, Sonic con Knuckles e Sticks con Amy, e compiten nunha carreira na que terán que botar man da intelixencia e da súa habilidade para chegar á meta.
O MUNDO DE ALVA: Finn - fluente
Finn quere crear un videoblog para que as marcas lle regalen xoguetes como a Bryan. En Gizmo, Oolie Pom ten moito éxito cos comentarios do seu videoblog e os troles tratan de aproveitarse.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: SANTA CRAVOS
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 20.10.2026
O FARO
Serie. Diego pasa a noite na casa dos Muñoz e Fina no hospital. Aínda que xa se encontra moito mellor, os problemas non deixan de medrar para as do Faro: o neno non está na casa e o trazado da autovía provoca novos inconvenientes. Coa autovía instalarán tamén unha antena que podería poñer en risco a saúde dos traballadores do polígono. Erea quere gañar puntos con Ricardo e para iso decide levar a Diego da casa dos Muñoz, lonxe de calquera ameaza ou perigo. Por fin, Andrés coñece a Gonzalo e comproba que non é o tipo de home que esperaba.

Serie. Diego segue en mans de Rosa, e Erea ocúltalle esta información a Lidia. Por outra parte, Lidia está disposta a coñecer a verdade sobre a relación entre Andrés e Sofía.
O FARO
Serie. Diego segue en mans de Rosa, e Erea ocúltalle esta información a Lidia. Por outra parte, Lidia está disposta a coñecer a verdade sobre a relación entre Andrés e Sofía.
O FARO
Serie. No Faro, Fina está disgustada con Ánxela por permitir que Ricardo levase a Diego. As mulleres do Faro non queren contarlle o sucedido a Lucía.
O FARO
Serie. No Faro, Fina está disgustada con Ánxela por permitir que Ricardo levase a Diego. As mulleres do Faro non queren contarlle o sucedido a Lucía.
O FARO
Serie. Lidia está destrozada despois da mala noticia que lle acaba de dar Andrés e busca apoio no seu irmán e en Erea. Ademais, Lidia culpa a Gonzalo da decisión que tomou Andrés.
O FARO
Serie. Lidia está destrozada despois da mala noticia que lle acaba de dar Andrés e busca apoio no seu irmán e en Erea. Ademais, Lidia culpa a Gonzalo da decisión que tomou Andrés.
O FARO
Serie. Lucía está a piques de chegar ao Faro e aínda non sabe que o neno non está. Terá que enfrontarse a Ricardo para recuperar o seu fillo. Andrés regresa á casa dos Muñoz para pasar a noite e ten un duro enfrontamento con Carme.

Serie. É o día da votación na que se vai proceder á elección do trazado da autovía e a tensión é evidente, tanto nos Samáns como no Faro. O ambiente tamén está revolto na casa dos Muñoz, Lidía non pode crer que a súa nai botase a Andrés da casa.

ESTACHE BO!: Flor de salmón
Espazo gastronómico presentado polo ourensán Moisés Rodríguez, un cociñeiro próximo e familiar que amosará en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor. Trasladaralle á audiencia a necesidade de modificar o estilo de vida cara a hábitos saudables a través da cociña.
COMA UN ALLO
Presentado por Bernardo Montaña, este programa está baseado na dinámica de preguntas e respostas. Conta co asesoramento de dous expertos colaboradores: a escritora María Canosa e o científico e divulgador Jorge Mira.

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 20.10.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 20.10.2026
Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.
EN XOGO LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 20.10.2026
Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 20.10.2026
NO FOCO: NO FOCO 17.10.2026
Presentado por Marcos Sueiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.
MAREAS VIVAS. A SERIE QUE CAMBIOU A TÚA VIDA: Náufragos (1ª parte)
Na vila estase organizando a Festa dos Franceses, unha celebración que lembra o rescate dunha tripulación francesa que naufragou fronte á costa de Portozás hai 70 anos e que se salvou grazas á intervención dos veciños.
GALICIA ON: Impresión gráfica
Presenta a cultura innovadora nos sectores produtivos galegos, cunha introdución sobre os seus antecedentes e profundando en dous casos actuais de éxito. Desde as primeiras pinturas rupestres, os seres humanos sempre tiveron a necesidade de comunicar a través das imaxes. Tras a aparición da imprenta, a comunicación visual evolucionou velozmente ata os nosos días. Hoxe o deseño gráfico atópase en múltiples lugares, o que fai que o sector da impresión estea en pleno crecemento no noso país. Numerosas empresas están a diversificarse, achegando novas tecnoloxías que proporcionan acabados diferenciais e innovadores por iso. 'Galicia ON' visita hoxe as empresas Tórculo Impresións e Coreti, dúas grandes do sector.
OS CASTROS: 12 castros galaicos
Serie documental, presentada por Alba Mancebo e dirixida por Xosé M. Vega, que ofrece unha visión global e divulgativa do que significou a cultura castrexa en Galicia. A serie documental 'Os castros' despidese hoxe cun percorrido polas construcións máis significativas e singulares da cultura castrexa en Galicia. Nesta viaxe final, o espazo presentado por Alba Mancebo irá desde Baroña ata o Facho de Donón, dando a volta ao país.
OS CASTELOS: O encastelamento
Serie documental, dirixida por Xosé Manuel Vega e presentada por Alba Mancebo, que percorre cinco séculos cruciais da historia de Galicia, do XI ao XV, para contar como se configurou a sociedade feudal arredor destas construcións. O primeiro capítulo é unha introdución para coñecer os trazos esenciais da época, en que os castelos representaban o lugar físico e simbólico desde o que os señores exercían o seu poder.
A GRANDE EPOPEA DE GALICIA: Galegos no renacer paraguaio
As historias que hai detrás da diáspora galega tras as pegadas dos seus protagonistas. Un camiño cheo de sorpresas. Paraguai foi un destino minoritario para a emigración galega, mais a influencia dos que chegaron foi decisiva. Tras a Guerra da Tripla Alianza, Paraguai tivo que reconstruírse. E aí estiveron galegos como Camilo Pérez, Antonio Sanjurjo, Victorino Abente y Lago ou Benigno Teijeiro.
TERRA DE CÓMICS: Lucía Cid
Oito artistas destacados da banda deseñada en Galicia comparten as súas experiencias e traxectorias nun programa que ofrece unha visión única do panorama do cómic galego actual, destacando a súa evolución e proxección.
ZIGZAG: ZIGZAG 3464
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. A actriz Ledicia Sola conversará no espazo ‘Zigzag’ do seu debut como directora con ‘As augas’, película que se estreará na Seminci de Valladolid.
A CRÓNICA: A CRÓNICA (DIARIA) 1612
TELEXORNAL LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 20.10.2026
Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.
EN XOGO LINGUA DE SIGNOS: TX DEPORTES SERÁN LINGUAXE SIGNOS 20.10.2026
Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.
MULLERES DA RAIA: MULLERES DA RAIA 1
Documental. Unha viaxe ás fronteiras do norte de Portugal e Galicia que nos transporta ao noso pasado máis recente, cando o contrabando local e a emigración clandestina eran prácticas habituais nestas terras, aproveitando a proximidade do país veciño. Este documental, pioneiro no audiovisual español e portugués, aborda a historia da fronteira desde unha perspectiva de xénero.
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACION ESTADO DO MAR SERÁN 20.10.2026
ARRAIANOS
Documental. Os habitantes dunha pequena aldea fronteiriza viven unha vida dedicada ás tarefas propias dun espazo de montaña: o coidado dos animais, a semente, a procura de leña para cociñar e quentarse.
RECÁMARA: RECAMARA 5
Serie de sete programas divulgativos para dar a coñecer a historia do Parlamento de Galicia, tomando como base os testemuños dos ex-parlamentarios e as anécdotas da actividade parlamentaria relatadas polos seus protagonistas.
ZIGZAG: ZIGZAG 3464
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. A actriz Ledicia Sola conversará no espazo ‘Zigzag’ do seu debut como directora con ‘As augas’, película que se estreará na Seminci de Valladolid.
A BOAS HORAS
A G2 emite este espectáculo, durante cinco horas en directo, nas madrugadas da Radio Galega. Pepe Capelán converte ‘A boas horas’ nun espectáculo de humor, entretemento e compañía xunto con Noemí Martínez, Marita e Rubén Pérez. Nas fins de semana, Toño Casais, Isi e Ilda Mosquera prolongan a festa con humor, tarot e participación en directo.