div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

BERNARD S7: A liña divisoria

Bernard quere xogar ao fútbol con tranquilidade, pero o resto da tropa da illa tamén quere participar.

07:00 h

TIMMY TIME: Timmy no kart

A clase vai facer carreiras de karts, e Timmy ten que aprender a importancia de agardar a súa quenda.

07:10 h

MADDIE E TRIGGS: A non despedida

Despois de visitar a Maddie e a súa familia, o tío George ten que marchar de viaxe a Hawai, pero Maddie e Triggs teñen problemas para despedirse del.

07:20 h

MADDIE E TRIGGS: Burbullas

Á hora do baño, Maddie e Triggs emprenden unha burbullante aventura submarina

07:30 h

BLOQUES DE NÚMEROS: Peludos

Unhas criaturas peludas invaden o mundo dos números e fan cóxegas sen parar, ata que descobren que formando sete poden librarse delas e coa axuda do oito, devolven todo á calma. Unhas criaturas peludas invaden o mundo dos números e fan cóxegas sen parar, ata que descobren que formando sete poden librarse delas e coa axuda do oito, devolven todo á calma.

07:35 h

PREPARADO, EDDIE, XA!: O supermercado

Eddie quere facer un pastel de chocolate, pero non ten os ingredientes na casa. O neno fai unha lista da compra para ir ao supermercado buscar as cousas que lle fan falta.

07:40 h

SONIC BOOM: Duelo de irmáns

Sonic e Knuckles cóidanlle da casa a Amy mentres marcha de viaxe e acaban estragándolle o sofá. Para arranxar a desfeita acaban presentándose a un concurso no que terán que demostrar que son dous irmáns que se coñecen ben.

07:50 h

O MUNDO DE ALVA: O trol troiano

Alva descarga unha actualización non oficial dun xogo, que empeza a facer cousas raras. En Gizmo, os troles introdúcense na sala de control do “Oolie-censor” para arruinar o Día do Transporte.

08:05 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: MAYURA (O DÍA DOS HEROES 2ª PARTE

08:30 h

O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 19.10.2026

09:35 h

O FARO

Serie. Luís non só se converte nunha peza importante para os Samáns, como nexo de unión con Consuelo Rodríguez, senón que comeza a ser un confidente para Víctor. Aínda que Luís ten a facilidade de achegarse a todos, non consegue estreitar lazos coa súa sobriña Erea.

10:25 h

O FARO

Serie. Fina ten que decidir en que bando desexa estar, no dos que apoian ou non o trazado. Ánxela descobre o que estivo facendo Lucía desde que marchou do Faro e leva unha gran sorpresa. Na casa dos Muñoz, Andrés está moi agoniado coa excesiva atención por parte de Lidia e precisa de máis espazo. Isto provoca tensións na parella. Ademais, Andrés precisa que Sofía lle faga un favor moi importante.

11:15 h

O FARO

Serie. Luís intenta axudar a Andrés e a Lidia a pasar a nova situación que están a vivir, pero el déixalle claro que non quere que ninguén se meta na súa vida. Erea está moi contenta co comunicado de prensa que redactou en contra do trazado da autovía. Pero non consegue a aprobación de Carme nin de Víctor. Erea comeza a pensar que ninguén valora o seu traballo e quizais sobra nos Samáns.

11:55 h

O FARO

Serie. Ánxela acode a buscar a Diego porque Lucía non pode atender o neno debido aos compromisos profesionais. As mulleres do Faro teñen que conseguir que os Muñoz non descobran que Diego está no Faro. A visita de Rosa chega nun momento crítico para os Samáns e Carme non dubida en ameazala con chamar á policía.

12:40 h

O FARO

Serie. Carme pensa que Diego está no Faro e envía a Erea para que investigue. Ademais, Erea encontra unha maneira de desprestixiar o trazado da autovía. Isto pode ser moi beneficioso para os Samáns, xa que poderían desfacerse da autovía. Sofía non consegue localizar a Gonzalo, pero unha pista por parte de Erea facilita que Andrés logre o seu obxectivo. Víctor anima a Patri para que traballe pola súa conta como freelance, xa que podería ser unha boa maneira de relanzar a súa carreira. A relación entre eles vólvese moi cercana, coma nos vellos tempos. Pero a chegada de Hugo volve cambiar a situación. Rosa volveu á cidade para deixar claro quen manda.

13:15 h

O FARO

Serie. Lidia comeza a sospeitar da relación entre Sofía e Andrés. Os dous militares lévanse moi ben e podería haber algo máis ca amizade entre eles. Andrés esta empeñado en ver a Gonzalo e decide ir á súa consulta para falar con el. Depois do encontro entre Luís e Rosa, el decátase de que xa non é a mesma muller que coñecía. Mesmo comeza a pensar que Rosa podería ser unha ameaza para todos. Carme xa sabe que Diego está no Faro e encontra unha maneira de facerse con el. As do Faro están a piques de fallar no seu obxectivo: manter o neno no Faro e lonxe dos Muñoz.

14:05 h

ESTACHE BO!: Crema de pataca doce con crumble de xamón curado

Espazo gastronómico presentado polo ourensán Moisés Rodríguez, un cociñeiro próximo e familiar que amosará en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor. Trasladaralle á audiencia a necesidade de modificar o estilo de vida cara a hábitos saudables a través da cociña.

14:25 h

COMA UN ALLO

Presentado por Bernardo Montaña, este programa está baseado na dinámica de preguntas e respostas. Conta co asesoramento de dous expertos colaboradores: a escritora María Canosa e o científico e divulgador Jorge Mira.

15:00 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 19.10.2026

Presenta Raúl Quián.

15:30 h

TELEXORNAL LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 19.10.2026

Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.

16:10 h

EN XOGO LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 19.10.2026

Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.

16:25 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 19.10.2026

div-crtvg-top2

Publicidade