TVG2 - CSAG
TIMMY TIME: Timmy fotógrafo
Hora da foto da clase, pero a Timmy cústalle non ensuciarse, sobre todo porque a cámara non funciona ben
BERNARD S7: O gran tornado
Un temporal enorme chega á illa e todos deben colaborar para non saír despedidos.
MADDIE E TRIGGS: O tren de Phillip
Maddie e Triggs xogan aos trens con Phillip, pero teñen problemas co deseño da vía, polo que terán que buscar unha solución en común.
MADDIE E TRIGGS: Cola bulideira
Triggs menea a cola cando se pon contento, pero ás veces pode pasarse un pouco ata o punto de parecer que a cola ten vida propia.
BLOQUES DE NÚMEROS: Nove
Catro descobre que non está só: coa axuda de Oito e Un aparece Nove, un cadrado perfecto de tres por tres que lle fai ver que tamén comparten forma. Catro descobre que non está só: coa axuda de Oito e Un aparece Nove, un cadrado perfecto de tres por tres que lle fai ver que tamén comparten forma.
PREPARADO, EDDIE, XA!: O cine
Eddie vai ao cine cos seus amigos Akil e Nina, van ver a terceira parte da súa película favorita. O neno repasará o que hai que facer en cada momento nunha sala do cine.
SONIC BOOM: O meteorito
Na illa de Sonic cae un meteorito que fai que el e o doutor Eggman queden transformados.
O MUNDO DE ALVA: O fantasma de Gizmo
Nessa cre que a súa amiga Jen a está ignorando nas redes, o que a converte unha especie de fantasma. En Gizmo, Skaytha e Humblebluf non lle fan caso ningún a Glumpf cando van asustar Oolies.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Gorizilla
Lepidótero “akumatiza” o escolta de Adrien e convérteo en Gorizilla, un simio dotado dunha forza e un olfacto extraordinarios que persegue a Adrien por toda a cidade.
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 12.10.2026
O FARO
Serie. Carme convoca unha xunta extraordinaria por sorpresa. Como as relacións entre Victor e Ricardo son tensas, Víctor teme que Ricardo e Lucía se posicionen na súa contra. As mulleres do Faro reciben as análises da comida e coñécese cal foi o foco da intoxicación. Dentro de poucos días, vaise celebrar o baile de máscaras e todos buscan parella para o evento. Sandra ten moitas ganas de ir, pero nin Miguel nin Erea están dispostos a asistir e Sandra terá que buscar outro acompañante.
O FARO
Serie. Carme quere zanxar a polémica do derrubamento dunha vez por todas. Non quere que a imaxe de Samáns volva verse afectada e culpa a Víctor do incidente. Pero Víctor non está disposto a cargar coa responsabilidade do derrumbamento. Ricardo pídelle a súa nai que axude as mulleres do Faro, posto que coas intoxicacións xa non teñen traballo. Lidia cambia de parella antes do baile de máscaras, xa non vai ir acompañada por Ricardo. Miguel vai asistir ao baile con outra muller e isto provoca unha discusión con Sandra.
O FARO
Serie. Ricardo e Lucía están desexando que chegue o baile de máscaras para pasar un tempo xuntos. O encontro da parella pode non producirse debido a un contratempo. Erea vai ir ao baile con Fernando, xa que quere que Ricardo se poña celoso. Carme non asiste ao evento, xa que ten outro plan mellor para pasar a noite, e pídelle a Sandra que busque outra acompañante. Lidia e Gonzalo van coincidir no baile e isto fai que Lidia se poña máis nerviosa.
O FARO
Serie. O baile de máscaras conseguiu unir varias parellas, como a Sandra e a Miguel, que deciden esquecer os seus problemas do pasado. A Erea non lle gusta que os seus pais se reconcilien e estrágalles ese momento de felicidade. Patri descobre que Víctor foi ao baile de máscaras e que ademais foi acompañado. Patri pon a Lucía entre a espada e a parede: ou é amiga súa ou de Víctor, pero non pode ser amiga dos dous. Carme está moi contenta porque conseguiu que Lucía deixase a Diego ao seu cargo. Agora que achegou posturas con ela non quere botar todo a perder. Pero a tregua existente entre os Muñoz e os Peña pode estar a piques de rematar.
O FARO
Serie. Lucía cre que Pedro non é de fiar e quere convencer a súa nai para que volva ao Faro. Para descubrir quen é o verdadeiro Tomás Serrano decide investigar o pasado do cociñeiro. Pero Lucía non sabe que facer determinadas pescudas conleva certos riscos. Víctor recibe a esperada chamada de Iturralde. Despois de moitos anos, Miguel é consciente de que malcriou a Erea durante toda a súa vida e de que agora se converteu nunha muller moi consentida. Pero nunca é tarde para pararlle os pés á súa filla.
O FARO
Serie. Faltan moi poucos días para a voda de Miguel e Sandra e os noivos están moi nerviosos cos preparativos. Chelo intenta convencer a Sandra para que faga unha voda ao grande, pero ela cre que é imposible organizar unha voda máis espectacular en tan poucos días. Erea non quere asistir á voda dos seus pais, pero Carme intenta convencela. Sandra non quere que Carme se meta nos asuntos da súa familia e isto provoca unha discusión entre Sandra e Miguel. Gonzalo está desesperado, quere falar con Lidia e explicarlle o sucedido no baile. Iturralde pediulle a Víctor que lle fixese un favor moi importante, pero este ten serias dificultades para cumprir co seu cometido.
COMA UN ALLO
Presentado por Bernardo Montaña, este programa está baseado na dinámica de preguntas e respostas. Conta co asesoramento de dous expertos colaboradores: a escritora María Canosa e o científico e divulgador Jorge Mira.
TAL COMO SOMOS: TAL COMO SOMOS II 17
Programa documental que amosa como cambiou Galicia nas últimas décadas, como é hoxe en día e como constrúe o seu futuro. Os espectadores do espazo ‘Tal como somos’ coñecerán a importante misión das Forzas Armadas despregadas en Galicia.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 12.10.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 12.10.2026
Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.
EN XOGO LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 12.10.2026
Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 12.10.2026
MAREAS VIVAS. A SERIE QUE CAMBIOU A TÚA VIDA: Pais e fillos
Andrés recibe novas de Dani, que asegura estar ben no centro de acollida, pero María e Iria convénceno de que mellore a situación do rapaz solicitando a súa acollida temporal.
O CADERNO DE ISABEL
Programa en que a cociñeira Isabel Prada percorre as vilas galegas buscando as receitas máis tradicionais do lugar, amosando os seus ingredientes e, sobre todo, como se preparan. “O Caderno de Isabel” achégase esta semana a Pontedeume para descubrir as receitas medievais que se gardan nesta vila. Non faltarán os produtos ecolóxicos das Fragas do Eume, coma os froitos vermellos ou o xamón de porco celta.
LIXO OU TESOURO: LIXO OU TESOURO 12
Presentado por María Mera, en cada entrega, unha parella de concursantes enfrontarase ao desafío de seleccionar o obxecto máis valioso dunha variada colección, con cousas incriblemente caras e outras, asombrosamente baratas.
HISTORIAS DE AQUÍ: HISTORIAS DE AQUI 13
Espazo que fusiona o documental e a ficción para dar unha perspectiva única sobre acontecementos, personaxes icónicos e fitos culturais que deixaron unha pegada imborrable na memoria colectiva dos galegos. Os espectadores coñecerán a historia e o día a día da Escola Naval Militar de Marín na primeira entrega da serie documental.
HISTORIAS DE AQUÍ: HISTORIAS DE AQUI 14
Espazo que fusiona o documental e a ficción para dar unha perspectiva única sobre acontecementos, personaxes icónicos e fitos culturais que deixaron unha pegada imborrable na memoria colectiva dos galegos. Os espectadores coñecerán a historia e o día a día da Escola Naval Militar de Marín na primeira entrega destaa serie documental. A armada española ten unha tradición secular e desde 1943 é parte da historia de Marín. Os futuros oficiais deixan de ser civís cando cruzan as portas da Escola Naval Militar e compaxinan os estudos de enxeñaría mecánica coa formación e a instrución militar.