TVG2 - CSAG
BOOM & REDS: Capítulo 8
A este debuxo só lle falta o grafito para pintar.
BOOM & REDS: Capítulo 7
Un instrumento musical que toca diana, pero Boom non dá espabilado.
BOOM & REDS: Episodio 9
Non sabemos se será de palleiro, pero só lle falta falar.
BOOM & REDS: Capítulo 10
Un aparato que é para a auga, sobre todo cando cae do ceo.
GLUMPERS: O videoxogo
Booker está a manipular uns cables dunha consola. Os demais veno e queren xogar.
GLUMPERS: O ovni
Fubble está a piques de saír da casa cando o atrapa un ovni.
GLUMPERS: Discoteca
Nunha radiografía vese que Webster tragou unha lámpada, unha pelota e un globo.
GLUMPERS: O pau
Gobo, tendido nunha hamaca, toma o sol no xardín e Webster dá voltas cun pau na boca.
TIMMY TIME: Timmy sobre rodas
Timmy monta no triciclo, pero Ruffy ten problemas para aprender. Finaly ten que ensinarlle a Timmy como andar no patinete de Mittens.
O DIARIO DE ALICE: DIARIO DE ALICE, O 33
GALIWORLD: AS NORMAS DO CINE
Dous pitos trastes non se conforman coa estrea máis agardada do ano e montan un auténtico caos no cine con bromas e trasnadas. Na proxección, descobren o importante que é respectar os demais.
BIBOPALULA: Vaia comedia!
Carpin descobre que Pombo é moi gracioso e anímao a contar as súas historias desde o escenario.
BIBOPALULA: Un día aburrido
No bosque é un día tan normal que os da Banda só pensan nas cousas boas de estar aburridos.
QUERES UN CONTO?: QUERES UN CONTO? 6
MADDIE E TRIGGS: Campás
Maddie, Triggs e a avoa soben ao campanario da vila a investigar por que xa non soan todas as campás.
MADDIE E TRIGGS: Os opostos atráense
Maddie e Triggs enfádanse e papá media para que pensen o que lles gusta do outro e fagan as paces.
MADDIE E TRIGGS: Tirolesa
Maddie, Triggs e mamá soben á cima do outeiro de Vila Revolta. Alí coñecen unha cabra que lles ensinará un novo xeito de comunicarse.
MADDIE E TRIGGS: Xerra de peixe
Mamá fixo unha xerra con forma de peixe para a avoa e non quere que rompa. Maddie deberá aprender a facer o correcto cando mete a zoca.
BLOQUES DE NÚMEROS: Sete
Un día de picnic complícase coa choiva ata que aparece Sete, o número da sorte. Grazas a el, todo mellora e descobren as cores do arco da vella. Un día de picnic complícase coa choiva ata que aparece Sete, o número da sorte. Grazas a el, todo mellora e descobren as cores do arco da vella.
BLOQUES DE NÚMEROS: Oito
Un salto de Un sobre Sete dá lugar a Oito, que descobre que pode transformarse en Octoblock con oito brazos para facer todo tipo de habilidades sorprendentes. Un salto de Un sobre Sete dá lugar a Oito, que descobre que pode transformarse en Octoblock con oito brazos para facer todo tipo de habilidades sorprendentes.
NUTRITIVES: ASEMBLEA DE CROHN
Cerebro convoca unha asemblea urxente para falar da enfermidade de Crohn. A noticia provoca preguntas, confusións e algo de pánico entre os alimentos. O Sistema Inmunitario, demasiado alarmista, non axuda a calmar os ánimos.
OS BOLECHAS. SABES UNHA COUSA?: As horas do día
Ao longo do día as persoas realizan moitas actividades: durmir, almorzar, ir á escola, xantar e tamén xogar. Os Bolechas aprenden como transcorren os días a través do tictac do seu reloxo.
OS BOLECHAS. SABES UNHA COUSA?: Os accidentes na casa
Moitas veces ocorren accidentes no fogar, como caer dunha escada, cortarse cun coitelo ou queimar as mans na cociña. Loli e Kofi explican que precaucións se deben tomar para evitar estes perigos e estar seguros na casa.
PREPARADO, EDDIE, XA!: A visita do avó
O avó de Eddie vén de visita e o neno aprenderá o que hai que facer e como se hai que comportar cando vén alguén á túa casa.
PREPARADO, EDDIE, XA!: Disfrazarse
Akil e Nina van á casa de Eddie. Hoxe a diversión consistirá en pensar un disfrace e armalo cadaquén como poida.
BERNARD S7: O mando da gravidade
Un dispositivo que controla o peso das cousas chega ás mans de Bernard.
BERNARD S7: Un combate de superpoderes
Bernard consegue poderes eléctricos, pero non é o único da illa con eles.
PIPO: A comida máis noxenta do mundo
Pipo ten sempre moita fame e come de todo. Berta pensa que as lambonadas de cores vanlle gustar moitísimo. Pero como sempre pasa, Pipo non reacciona como era de esperar. Pipo ten sempre moita fame e come de todo. Berta pensa que as lambonadas de cores vanlle gustar moitísimo. Pero como sempre pasa, Pipo non reacciona como era de esperar.
OS BOLECHAS. HISTORIA DE GALICIA II: Cando derrubamos os castelos
Durante os últimos anos da Idade Media había moitos malfeitores que enganaban a xente para roubar, e os bispos e nobres non facían nada para protexelos. A xente fartouse dos abusos e uniuse en irmandades para loitar. Nobres e ladróns tiveron que fuxir a Portugal, pero, pasado un tempo, xuntaron un exército e volveron recuperar os seus castelos.
PIPO: A chuvia máis divertida do mundo
Berta está regando as plantas do xardín e Pipo quere aprender a facelo. Cando descobre o funcionamento do regador, non pode resistir a tentación de regarse a si mesmo. Berta está regando as plantas do xardín e Pipo quere aprender a facelo. Cando descobre o funcionamento do regador, non pode resistir a tentación de regarse a si mesmo.
OS BOLECHAS. HISTORIA DE GALICIA II: Cando viviamos na aldea
Antigamente as aldeas de Galicia tiñan moita vida. As persoas que habitaban nelas dedicábanse á gandería e á agricultura, e traballaban coa axuda de ferramentas ou animais. A xente alimentábase moi ben, comían moitos vexetais e alimentos que obtiñan dos animais que coidaban. Non había tantas comodidades pero, con todo, sempre atopaban como pasalo ben.
O MUNDO DE ALVA: Cara chistosa
Alva fixo un vídeo nunha aplicación usando a cara de Nessa nunha situación cómica. En Gizmo, Oolie Pom está de aniversario e o alcalde Garth contrata un “Oolie-grama” para que lle cante cancións divertidas.
O MUNDO DE ALVA: Publicar sen parar
Alva está usando a tableta de Nessa e ve unha mensaxe que está a piques de ler. En Gizmo, o alcalde Garth encárgalle a Humblebluf que reparta as mensaxes que envían uns Oolies a outros.
SONIC BOOM: Non me xulgues
Sticks ve un alce birollo e cre que lle botou unha maldición. Os amigos axudaranlle a buscar alguén que a libre dela e cando o encontran teñen que superar varias probas para demostrar a súa valía.
SONIC BOOM: Ánimo baixo
Eggman anda algo deprimido porque as cousas non lle saen ben e perde a gana de enfrontarse a Sonic. Pola súa parte, Sonic, ao non ter con quen loitar, acaba aburrido e sen saber que facer. Os amigos terán que animar a Eggman para que todo volva á normalidade.
SONIC BOOM: As botas poderosas
Sonic fai un ruído estraño cando corre que lles rebenta os oídos a todos. Aínda que Sticks investiga o que lle pasa ao seu amigo, será o doutor Eggman quen acabe dándolle algo que parece solucionalo.
SONIC BOOM: Vacabot
O doutor Eggman fai un robot novo para destruír a Sonic que acaba revirándose contra el. Entón, Sonic e Tails terán que axudarlle a defenderse e acabarán traballando en equipo todos xuntos.
INVENTA QUE INVENTA: Papel reciclado e 'pinball' caseiro
Neste episodio de 'Inventa que inventa', Irea e Naia aprenden a facer papel reciclado, mentres coñecemos a Anna Du e o seu robot para detectar microplásticos. Siro presenta un "pinball" caseiro baseado en proba e erro e programación con Arduino. Tamén descubrimos un curioso invento: unha cámara para gatos. Por último, o programa explica que é a mecatrónica e o seu papel na tecnoloxía actual.
AVENTUREIRA CARLY S1: A biblioteca
Carly e Bobby continúan a aventura e chegan a unha biblioteca antiga con forma de labirinto. Mentres buscan a saída, un lagarto xigante vai atrás deles e deben traballar xuntos para fuxir.
AVENTUREIRA CARLY S1: A sombra misteriosa
Carly e Bobby descobren uns murais de Yilo no Antigo Reino e usan o caderno de Zag para descifrar os símbolos. Cren que Tony e Zag están en perigo, pero a Bobby cústalle avanzar.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Problemática
Lepidótero “akumatiza” a Penny, a axudante de Jagged Stone, en convértea en Problemática. Antes solucionaba os problemas dos demais, agora será ela quen os provoque.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Xigantitán
Unha “akuma” transforma un bebé en Xigantitán, un neniño colosal que percorre a cidade na procura dunha piruleta e destrúe todo o que vai encontrando.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Riposte
Unha espadachina enmascarada séntese humillada nun duelo con Adrian. Lepidóptero convértea en Riposte, unha experta loitadora que busca o desquite.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Befana
Lepidótero “akumatiza” a avoa de Marinette e convértea en Befana, que pretende vingarse de Marinette porque esta prefire estar cos seus amigos e non con ela.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Terrousinol
Unha cantante estadounidense convértese en Terrousinol. Armada cun micrófono máxico, quere converter París nun musical xigantesco.
MIRACLE TUNES: MIRACLE TUNES 3
SOÑOS DE FÓRMULA: SOÑOS DE FÓRMULA 1 4
DANDO A NOTA: Banda de Santa Cruz de Ribadulla
Programa que dá a coñecer as actividades e o día a día das bandas de música. Inclúe entrevistas a diferentes personalidades, ademais de amosar a historia de cada banda desde o punto de vista dos seus fundadores.
TELEXORNAL: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 11.10.2026
Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.
EN XOGO: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 11.10.2026
Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 11.10.2026
18 COMIDAS
Unha viaxe a través de 18 comidas, entre almorzos, xantares e ceas, que nos fan partícipes deses momentos que poden cambiar unha vida. Unha ducia de historias ao longo dun único día que, como acontece na vida, teñen un percorrido imprevisible. Un músico de rúa que hai tempo que perdeu a súa oportunidade para ser feliz. Unha muller casada e cun fillo, que aínda soña co músico de rúa. Un macedonio perdido por desamor en Santiago de Compostela. Dous amigos que non durmiron e que queren seguir bébedos o que queda de día. Un home cociña, cociña e cociña para a muller que nunca chega. Dous homes quérense pero agóchanse. Unha cociñeira soña con ser cantante. Unha moza quere o que un home non lle dá, mentres un camareiro morre por ela. Unha parella de anciáns que xa se dixo todo almorza, come e cea en silencio.
18 COMIDAS
Unha viaxe a través de 18 comidas, entre almorzos, xantares e ceas, que nos fan partícipes deses momentos que poden cambiar unha vida. Unha ducia de historias ao longo dun único día que, como acontece na vida, teñen un percorrido imprevisible. Un músico de rúa que hai tempo que perdeu a súa oportunidade para ser feliz. Unha muller casada e cun fillo, que aínda soña co músico de rúa. Un macedonio perdido por desamor en Santiago de Compostela. Dous amigos que non durmiron e que queren seguir bébedos o que queda de día. Un home cociña, cociña e cociña para a muller que nunca chega. Dous homes quérense pero agóchanse. Unha cociñeira soña con ser cantante. Unha moza quere o que un home non lle dá, mentres un camareiro morre por ela. Unha parella de anciáns que xa se dixo todo almorza, come e cea en silencio.
TODO BÁSQUET: Liga Feminina Endesa. Xornada 3. Baxi Ferrol-Estepona
En directo.
TODO BÁSQUET: Liga Feminina Endesa. Xornada 3: Baxi Ferrol-Estepona
En directo.
BONANZA: A estrela de latón
No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 qm2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe.
BONANZA: A dama de Baltimore
No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 qm2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe.
A REALIDADE ENCANTADA: Santo André de Teixido
Serie documental sobre a Galicia máxica. A memoria oral dos maiores e o que contan de seres mitolóxicos os nenos serán os protagonistas dun programa onde se parte dunha lenda animada pola técnica 'stop motion' e, a partir de aí, coñecerease máis do lugar da historia e das persoas que habitan nel. Os celtas pensaban que en Teixido estaban as portas que conducen ao alén e por iso moitas almas viaxaban por Galicia ata acadar este lugar. Esta lenda (e outras relacionadas con Santo André) son contadas no programa polas persoas que viven todo o ano no lugar, o crego da parroquia e, tamén, unha excursión de rapaces do CEIP de Pazos – Mestre García Niebla de Ferrol. A directora do centro, Rosana, explicará a importancia de traballar a oralidade no ensino e coñecer lugares como Santo André de Teixido.
TELEXORNAL: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 11.10.2026
Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.