TVG2 - CSAG
BOOM & REDS: Capítulo 3
Ao debuxo que fan os Reds só lle falta dicir “cuac” para que Boom o descubra.
BOOM & REDS: Capítulo 4
Non vai frío, pero este boneco non se derrete.
BOOM & REDS: Capítulo 5
Un animal algo arrastrado, pero Boom acabará por descubrilo.
BOOM & REDS: Capítulo 6
Menos mal que a imaxe que forman os Reds non a cobran a metro cadrado.
GLUMPERS: Montañas nevadas e bosque de abetos
Gobo está esquiando con grande habilidade.
GLUMPERS: A escaleira
Os Glumpers viven unha odisea para subir unha escaleira mecánica que está parada.
GLUMPERS: Patinando
Quigly está a patinar cun 'skate' nun tobogán en forma de U
GLUMPERS: O meteorito
Os Glumpers están vendo un partido de baloncesto na sala.
GALIWORLD: CRUZANDO A RÚA
Unha nai galiña e o seu pito enfróntanse á caótica tarefa de cruzar unha rúa chea de tráfico. Entre coches desbocados, semáforos rebeldes e peóns distraídos, a súa travesía convértese nunha divertida e trepidante odisea urbana.
BIBOPALULA: O gran festival
A Banda do Bosque ten unha das citas máis importantes do ano: o concerto do outono.
BIBOPALULA: Cantar falando
Pegui quere cantar falando ou falar cantando, pero con moito ritmo.
MADDIE E TRIGGS: Tesouros Interiores
Leva todo o día chovendo e Maddie e Triggs abúrrense, pero todo cambia cando empezan a reparar nos sons do interior da casa.
MADDIE E TRIGGS: Culleres
Na casa de Maddie e Triggs, desapareceron todas as culleriñas e a familia terá que resolver o gran misterio.
MADDIE E TRIGGS: Botas enlamadas
A familia sae de sendeirismo, pero o camiño convértese nunha lameira. Papá e Maddie intentarana cruzar de varios xeitos para non luxar as botas novas.
MADDIE E TRIGGS: Polo mundo adiante
Maddie repasa as postais que lle enviou o tío George desde distintos lugares do mundo e viaxa sen moverse da casa.
BLOQUES DE NÚMEROS: Seis
Un dado máxico introduce o número seis, que ensina aos demais a xogar e a recoñecer patróns. Ao final, todos participan en xogos baseados no azar e no movemento. Un dado máxico introduce o número seis, que ensina aos demais a xogar e a recoñecer patróns. Ao final, todos participan en xogos baseados no azar e no movemento.
NUTRITIVES: O MISTERIO DO GLUTE
Millo, Arroz e Macarrón están gozando dun día tranquilo na Praia da Dixestión. Cando o Intestino comeza a atoparse mal e acaba desmaiado, a policía gástrica interroga os tres alimentos para saber como chegou o glute ao organismo.
OS BOLECHAS. SABES UNHA COUSA?: Os animais domésticos
A familia dos Bolechas viaxa á aldea dos seus curmáns para coñecer os animais domésticos que viven alí con eles: vacas, galiñas, cabalos, porcos, ovellas... e ata un burro.
OS BOLECHAS. SABES UNHA COUSA?: A hixiene
Os Bolechas saben que as normas de hixiene son moi importantes para evitar enfermidades e estar limpos: lavar as mans, coidar as uñas ou mudar a roupa. A quen non lle gusta a limpeza é a Chispa, el nunca quere bañarse.
PREPARADO, EDDIE, XA!: Xogos de mesa
Hoxe Eddie vai ir xogar á casa de Akil e alí aprenderá que é importante saber ganar, pero tamén saber perder, sempre hai que ter deportividade.
BERNARD S7: Unha obsesión terrible
Unha caixa de chocolate fai que o cangrexo non poida pensar máis que en comela.
BERNARD S7: Entre o quente e o frío
O raio conxelante do pato extraterrestre parece ser o único xeito de que Bernard poida sobrevivir ao deserto.
BERNARD S7: Xogando a imitar
Bernard e o pato extraterrestre deben colaborar para conseguir un froito que pinta delicioso.
AXENTE BINKY, PROTECTOR DO UNIVERSO: TIRANOSAURO TRASTE
PIPO: O mellor zume de laranxa do mundo
Berta quere que Pipo aprenda a almorzar como é debido. Ensínalle a facer zume de laranxa, pero Pipo ten os seus propios métodos. Berta quere que Pipo aprenda a almorzar como é debido. Ensínalle a facer zume de laranxa, pero Pipo ten os seus propios métodos.
PIPO: O mellor malabarista do mundo
Pipo aprende a facer xogos con laranxas despois de ver a un pallaso na televisión. O problema é que despois de facer xogos con laranxas, tamén quere facer o mesmo coa vasoira favorita de Mamá. Pipo aprende a facer xogos con laranxas despois de ver a un pallaso na televisión. O problema é que despois de facer xogos con laranxas, tamén quere facer o mesmo coa vasoira favorita de Mamá.
OS BOLECHAS. HISTORIA DE GALICIA II: Cando catabamos cantigas
Os Bolechas queren saber como soaba a música da Idade Media e descobren que, nesa época, había moitos instrumentos e moitas persoas que tocaban, cantaban e bailaban. Había música nas festas, pero tamén nas cerimonias relixiosas. E houbo trobadores moi famosos, como Paio Gómez Chariño, Martín Codax ou os reis Dinís de Portugal e Afonso X de Castela.
OS BOLECHAS. HISTORIA DE GALICIA II: Cando comezamos a vivir nas cidades
Moitas das vilas actuais teñen a súa orixe na Idade Media e case todas estaban amuralladas para evitar os ataques inimigos. As casas eran pequenas e no baixo tiñan obradoiros. Os produtos artesáns e os que cultivaba o campesiñado vendíanse na feira que se celebraba na praza principal, onde un pregoeiro daba as noticias, porque non había tele nin internet.
O MUNDO DE ALVA: Se non o vexo non o creo
Alva ve en Internet a foto da chegada dos extraterrestres á cidade, pero resulta ser unha montaxe. En Gizmo, os Oolies buscan un monstro no bosque que só viu Humblebluff.
O MUNDO DE ALVA: Herbas pegañentas
Nessa quere publicar nas redes unha foto que se burla dunha amiga súa. Alva non está de acordo e visita Gizmo para ver se alí ocorre algo semellante.
SONIC BOOM: Xogando aos amigos de mentira
O doutor Eggman ten un amigo novo e os robots Orbot e Cubot séntense desprezados e marchan da gorida.
SONIC BOOM: Apocalipse dobre
O doutor Eggman colle de axudante a Dave, o da hamburguesería. Farto de facer tarefas sen importancia, Dave rebélase e apodérase dunha máquina que pode acabar co mundo. Sonic e Tails terán que intervir para impedirllo.
SONIC BOOM: A fortaleza miserenta
O doutor Eggman está entusiasmado porque unha revista de decoración quere sacar a súa gorida na portada. Como o día que chegan para inspeccionarlla a cousa non vai como el esperaba, decide buscar axuda para redecorar e contrata alguén que ten moito estilo e bo gusto.
SONIC BOOM: O xigante durmido
Sonic e Knuckles espertan un xigante de pedra que empeza a destruír todo o que encontra. Os amigos buscan unha solución para que volva quedar durmido e Eggman acabará botando unha man tamén.
INVENTA QUE INVENTA: Canón de vórtices e coche impulsado por aire
Nesta entrega explora a ciencia do aire a través dun canón de vórtices creado por nenos e nenas. Inclúe un invento real tan chamativo como a chaqueta con ventilador incorporado e a historia de Becky, a inventora da "Glow-sheet". Complétase co invento dun coche impulsado por aire e unha explicación de dicionario da intelixencia artificial.
WALLACE E GROMIT. INVENTOS SORPRENDENTES: O turborobot de cociña
Wallace presenta unha versión mellorada do seu robot de cociña, pero ten un grande problema, só funciona cando lle botas moedas.
AVENTUREIRA CARLY S1: Papá non está
Carly chega a Hale para pasar o verán con seu pai, pero descobre que el desapareceu, deixando atrás só o seu caderno de notas. Atópase con Bobby, un rapaz que chega ao mesmo tempo, e deseguida chocan.
WALLACE E GROMIT. INVENTOS SORPRENDENTES: O TURBORROBOT DE COCIÑA
AVENTUREIRA CARLY S1: Na busca do raposo de area
Carly diríxese ao palacio subterráneo na busca de seu pai, pero non encontra a entrada. Recorre ao caderno de seu pai para dar con pistas. Bobby chega na busca de seu irmán.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Volpina
Lila, unha rival que finxe ser amiga de Ladybug, é humillada por Marinette diante de Adrien e transfórmase en Volpina, unha malvada que fai realidade as ilusións.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: O Coleccionista
Mentres Ladybug tenta revelar a identidade secreta de Lepidótero, “akumatizan” a Gabriel Agreste, o pai de Adrien, e transfórmase no Coleccionista.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Prime Queen
Nadia Chamack convértese en Prime Queen. Pretende que Ladybug e Cat Noir admitan que están namorados diante das cámaras en directo para disparar os índices de audiencia.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Xeadiador
Lepidóptero “akumatiza” o lendario xeadeiro parisiense e transfórmase en Xeadiador, que converte a xente en xeados que se derreten. Ladybug e Cat Noir terán que reaccionar para evitalo.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Oso rancoroso
Chloe humilla o seu mordomo, que se transforma en Oso Rancoroso, capaz de manipular as persoas que toca e que está decidido a vingarse de Chloe.
MIRACLE TUNES: MIRACLE TUNES 2
SOÑOS DE FÓRMULA: SOÑOS DE FÓRMULA 1 3
GHUASAPP: GHUASAPP 10
Comedia de enredo sobre a familia Freire, que vive espallada pero en contacto permanente a través dun grupo familiar de ‘ghuasapp’. Os espectadores de ‘Ghuasapp’ verán esta noite na TVG que Nerea quere poñer un piercing, como todas as súas amigas, pero Sindo non está polo labor.
PARLAMENTO: PARLAMENTO 1198
Espazo semanal de información política e parlamentaria de Galicia.
TELEXORNAL: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 10.10.2026
Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.
EN XOGO: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 10.10.2026
Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 10.10.2026
HISTORIAS A PEDAIS: Negreira, con Lucía Freitas
Un convidado/a famoso/a e máis o ciclista Óscar Pereiro, gañador dun Tour de Francia, realizarán unha ruta polos recunchos máis espectaculares de Galicia mentres conversan da súa profesión ou da súa vida. Óscar Pereiro, percorrerá hoxe o concello coruñés de Negreira coa cociñeira Lucía Freitas como convidada do programa. A ruta en bicicleta comezará na Ponte Maceira e rematará no miradoiro Monte de Sopenas. A chef contará como comezou na cociña de casualidade. Tamén como foi a súa formación en prestixiosos restaurantes como o Celler de Can Roca.
SALGADURA 1ª PARTE
Jesús Font dirixe esta coprodución galego-catalá, que narra a odisea dunha familia de pioneiros embarcados nunha das maiores aventuras industriais de Galicia e que conta no seu elenco con algúns dos mellores actores e actrices do panorama audiovisual galego, como Luís Iglesia, María Castro, Ricardo de Barreiro, Luís Zahera e Belén Constenla, entre outros. Inspirada na historia real da familia Massó, arranca nunha época dura, descoñecida e apaixonante como foi o reinado de Fernando VII, durante o cal galegos e cataláns tiveron que aprender uns dos outros pola súa propia supervivencia, derrubando así moitos tópicos. En pleno réxime absolutista, un mozo rebelde catalán, Joan Roig, é enviado a Galicia para reflotar un negocio de salgadura de sardiña. O que podía durar un ano acabou sendo unha vida e significando o nacemento da industria conserveira.
SALGADURA 1ª PARTE
Jesús Font dirixe esta coprodución galego-catalá, que narra a odisea dunha familia de pioneiros embarcados nunha das maiores aventuras industriais de Galicia e que conta no seu elenco con algúns dos mellores actores e actrices do panorama audiovisual galego, como Luís Iglesia, María Castro, Ricardo de Barreiro, Luís Zahera e Belén Constenla, entre outros. Inspirada na historia real da familia Massó, arranca nunha época dura, descoñecida e apaixonante como foi o reinado de Fernando VII, durante o cal galegos e cataláns tiveron que aprender uns dos outros pola súa propia supervivencia, derrubando así moitos tópicos. En pleno réxime absolutista, un mozo rebelde catalán, Joan Roig, é enviado a Galicia para reflotar un negocio de salgadura de sardiña. O que podía durar un ano acabou sendo unha vida e significando o nacemento da industria conserveira.
SALGADURA 2ª PARTE
Jesús Font dirixe esta coprodución galego-catalá, que narra a odisea dunha familia de pioneiros embarcados nunha das maiores aventuras industriais de Galicia e que conta no seu elenco con algúns dos mellores actores e actrices do panorama audiovisual galego, como Luís Iglesia, María Castro, Ricardo de Barreiro, Luís Zahera e Belén Constenla, entre outros. Inspirada na historia real da familia Massó, arranca nunha época dura, descoñecida e apaixonante como foi o reinado de Fernando VII, durante o cal galegos e cataláns tiveron que aprender uns dos outros pola súa propia supervivencia, derrubando así moitos tópicos. En pleno réxime absolutista, un mozo rebelde catalán, Joan Roig, é enviado a Galicia para reflotar un negocio de salgadura de sardiña. O que podía durar un ano acabou sendo unha vida e significando o nacemento da industria conserveira.