div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

BERNARD S7: A gran loita da redución dimensional

Un aparato estraño fai que todo se aplane e Bernard terá que adaptarse a unha nova dimensión.

07:00 h

TIMMY TIME: Timmy quere a boina

Timmy aprende a non roubar cando Ruffy lle colle o seu oso de peluche.

07:15 h

MADDIE E TRIGGS: O balón de fútbol

Maddie está farta de que o balón do seu veciño Phillip acabe sempre no seu xardín e lle estrague o xogo, pero ignora que pode haber unha razón oculta.

07:20 h

MADDIE E TRIGGS: A mosca

Unha mosca entra no cuarto de Maddie, e Triggs e papá intentarán escorrentala de todos os xeitos.

07:30 h

BLOQUES DE NÚMEROS: Estampolíns

Un parque de stampolíns novo fai que Un se sinta pouca cousa. Pero axiña descobre que ela tamén pode facer creacións sorprendentes. Un parque de stampolíns novo fai que Un se sinta pouca cousa. Pero axiña descobre que ela tamén pode facer creacións sorprendentes.

07:35 h

PREPARADO, EDDIE, XA!: Animar unha amiga

Nina e Akil van xogar á casa de Eddie, pero a nena mancouse nun brazo e non pode xogar a moitas cousas. Iso si, os nenos poranllo fácil e demostraranlle que son bos amigos.

07:40 h

SONIC BOOM: Azul de envexa

Chega á vila un muraño moi moderno e rechamante que con labia e acrobacias conquista a todo o mundo. Como lle rouba o protagonismo, Sonic ten celos del e acaba retándoo a unha carreira cunha aposta un tanto perigosa.

07:50 h

O MUNDO DE ALVA: Menos comprar sen mirar

Alva quere comprar en Internet un regalo para o seu primo e a nai aconséllalle que comprobe antes o contido. En Gizmo, o alcalde necesita regalos para o Día das Grazas.

08:05 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Reflekta

Juleka queda fóra da foto escolar e, ao sentirse rexeitada, transfórmase na malvada Reflekta, que transforma a todos, incluído Cat Noir, en copias de ela.

08:30 h

O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 05.10.2026

09:35 h

O FARO

Serie. Lidia cre que a súa nai está a levar demasiado ben a morte de Santiago e cre que é pronto para que se reincorpore ao traballo. Pero Carme fai oídos xordos e regresa aos Samáns máis fría ca nunca. Ricardo quere confesarlle algo importante a Lucía.

10:25 h

O FARO

Serie. Erea aínda está a asimilar o duro revés que lle deu a súa relación con Ricardo. Ricardo acáballe de pedir o divorcio, ela finxe que non lle importa, pero só é un mecanismo para gañar tempo. Manuel e Víctor planean a viaxe a Xibraltar.

11:05 h

O FARO

Serie. Manuel acode aos Samáns na busca dun documento indispensable para a viaxe a Xibraltar. Alí, encóntrase cunha vella coñecida que lle fai unha oferta coa que Manuel podería saldar as súas débedas. As pescudas de Lucía dan resultado: María, a amiga de Fina, non quedou con ela o día do seu aniversario.

11:50 h

O FARO

Serie. Víctor e Manuel ultiman os detalles da viaxe a Xibraltar. Pero, antes de marchar, Víctor recibe unha grata sorpresa que lles dá un xiro aos acontecementos. As mulleres do Faro acaban de recibir a visita do inspector de Sanidade e non lles dá boas noticias.

12:30 h

O FARO

Serie. Víctor e Patri non acaban de entenderse. Unha vez máis, Manuel é a causa do distanciamento entre eles. Iolanda segue desaparecida e Víctor quere saber o paradoiro da súa amiga, pero non lle resulta nada doado encontrar algunha pista.

13:15 h

O FARO

Serie. A lectura do testamento sorprende tanto os Muñoz como as Pena. Carme non está moi satisfeita co testamento porque provoca un cambio importante nos Samáns. Carme enfróntase a outro problema: Lidia quere que modifique o contrato de alugueiro dos xardíns do Faro.

14:00 h

ESTACHE BO!: Polo en salsa agridoce

Espazo gastronómico presentado polo ourensán Moisés Rodríguez, un cociñeiro próximo e familiar que amosará en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor. Trasladaralle á audiencia a necesidade de modificar o estilo de vida cara a hábitos saudables a través da cociña.

14:25 h

COMA UN ALLO

Presentado por Bernardo Montaña, este programa está baseado na dinámica de preguntas e respostas. Conta co asesoramento de dous expertos colaboradores: a escritora María Canosa e o científico e divulgador Jorge Mira.

15:00 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 05.10.2026

Presenta Raúl Quián.

15:30 h

TELEXORNAL LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 05.10.2026

Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.

16:10 h

EN XOGO LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 05.10.2026

Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.

16:25 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 05.10.2026

16:35 h

MAREAS VIVAS. A SERIE QUE CAMBIOU A TÚA VIDA: Unha nova vida

Para sorpresa dos seus compañeiros e da súa ex moza, Andrés decide aceptar a praza de xuíz nunha vila pequena da Costa da Morte, Portozás. A súa chegada á vila non podía ser máis accidentada: na súa viaxe en coche, Andrés atropela unhas galiñas e faise un corte cando bate coa cabeza contra o parabrisas.

17:35 h

O CADERNO DE ISABEL

Programa en que a cociñeira Isabel Prada percorre as vilas galegas buscando as receitas máis tradicionais do lugar, amosando os seus ingredientes e, sobre todo, como se preparan. Na primeira folla deste caderno, quedarán anotadas hoxe propostas procedentes de Arzúa, Vila de Cruces e Santiso.

18:25 h

QUE XARDÍNS!: QUE XARDÍNS! 2

As grandes capacidades da natureza, xunto cos coidados axeitados, poden crear enclaves únicos. No programa de hoxe achegámonos a Boiro, A Estrada, Outeiro de Rei e Baiona, en busca dos segredos para sementar os espazos máis impresionantes da nosa terra.

19:25 h

LIXO OU TESOURO: LIXO OU TESOURO 8

Presentado por María Mera, en cada entrega, unha parella de concursantes enfrontarase ao desafío de seleccionar o obxecto máis valioso dunha variada colección, con cousas incriblemente caras e outras, asombrosamente baratas. Dúas profesoras de música enfróntanse esta noite aos obxectos misteriosos de 'Lixo ou Tesouro'. Intentarán escoller o máis valioso dunha variada colección, en que atoparán unha Barbie, uns prismáticos e unha gaita, entre outros.

20:35 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3451

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. Os membros da Compañía Negro López presentan hoxe en ‘Zigzag’ a súa comedia ‘Influencers’, unha ollada irónica sobre a sociedade actual.

22:00 h

TELEXORNAL LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 05.10.2026

Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.

22:30 h

EN XOGO LINGUA DE SIGNOS: TX DEPORTES SERÁN LINGUAXE SIGNOS 05.10.2026

Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.

div-crtvg-top2

Publicidade