div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

MADDIE E TRIGGS: Torta disparatada

Maddie, Triggs e papá estanlle facendo unha torta á avoa.

07:05 h

MADDIE E TRIGGS: O club de xadrez

Maddie séntese soa o primeiro día no club de xadrez, pero axiña fai unha amiga que a illa deserta convértese nun paraíso.

07:10 h

MADDIE E TRIGGS: As perliñas

Papá non consegue que Maddie lave os dentes, pero unha canción dun grupo musical inesperado logrará unha cepilladura ben harmoniosa.

07:20 h

MADDIE E TRIGGS: A granxa de Mcginty

Maddie vai á granxa de McGinty ver unha actuación musical e alí debe convencer a estrela, o capón Gary, para que toque co resto dos animais.

07:25 h

OS BOLECHAS. SABES UNHA COUSA?: A rúa

Cando estamos na rúa é moi importante seguir unha serie de normas. Os irmáns Bolechas ensinan como hai que comportarse ante os sinais de tráfico, os semáforos ou os pasos de peóns.

07:30 h

OS BOLECHAS. SABES UNHA COUSA?: Os animais do bosque

Esquíos, xabarís, aguias, lagartos... Os Bolechas saen de excursión e descobren as especies de animais que viven nos bosques autóctonos galegos.

07:35 h

PREPARADO, EDDIE, XA!: Fogos de artificio

Eddie vai con súa nai á casa da súa amiga Nina, onde tamén estará Akil. Van ver desde alí os fogos de artificio, pero teñen que estar preparados para o brillantes que son e para o barullo que fan.

07:45 h

PREPARADO, EDDIE, XA!: Halloween

É Halloween e, pola noite, Eddie vai cos seus amigos Nina e Akil polo barrio adiante para petar nas postas e que a xente lles dea larpeiradas.

07:50 h

BERNARD S7: Unha viaxe no tempo

Non se xoga co tempo, a non ser que teñas unha TARDIS...

07:55 h

PIPO: O mellor día da miña vida

Berta estaba tendo un día moi malo, tanto na escola como na casa. Mesmo empezou a chover cando quería xogar no patio. Pero de súpeto, pasou algo que converteu ese día malo nun día fabuloso. Berta estaba tendo un día moi malo, tanto na escola como na casa. Mesmo empezou a chover cando quería xogar no patio. Pero de súpeto, pasou algo que converteu ese día malo nun día fabuloso.

08:00 h

OS BOLECHAS. HISTORIA DE GALICIA II: Cando botamos os viquingos

No ano 844 arribaron ás costas galegas uns barcos estraños. Viñan do norte de Europa guiados por viquingos, un pobo que asaltaba e invadía as vilas ás que chegaba. Pero Galicia opuxo resistencia. Os bispos e os nobres formaron exércitos para loitaren contra os asaltantes, construíron as Torres de Oeste para defender a entrada polo río Ulla e lograron reducir os ataques viquingos.

08:00 h

PIPO: A mellor voz do mundo

Pipo non sabe falar e chega a hora de que aprenda. Pero antes ten que elixir unha voz, xa que polo visto pode imitar todas as voces do mundo. A nova voz de Pipo sorprende moito a Berta. Pipo non sabe falar e chega a hora de que aprenda. Pero antes ten que elixir unha voz, xa que polo visto pode imitar todas as voces do mundo. A nova voz de Pipo sorprende moito a Berta.

08:10 h

OS BOLECHAS. HISTORIA DE GALICIA II: Cando fixemos marabillas coas pedras

A pedra foi o material de construción máis usado en Galicia desde tempos remotos, mais nunca se fixeron tantas marabillas como na Idade Media: castelos, pontes, pazos e ata catedrais, como a de Santiago de Compostela. Os canteiros eran verdadeiros artistas e tiñan a súa propia lingua, o verbo, que só eles coñecían.

08:20 h

O MUNDO DE ALVA: O dilema do crédito

Nessa cre que Alva fixo un debuxo moi chulo, pero en realidade encontrouno en Internet. En Gizmo, os troles róubanlle a Oolie Bean unha escultura e reclaman o premio do concurso.

08:30 h

SONIC BOOM: A trampa do circo

Sonic e os amigos deciden axudar o dono dun circo en que enfermaron os artistas para que o público non quede sen función.

08:40 h

SONIC BOOM: Portas cerradas

Amy descobre que Sticks ten moreas de cousas vellas acumuladas na casa e organiza unha venda no xardín.

08:55 h

SONIC BOOM: Knuckles non ten sorte

Knuckles está convencido de que Sonic lle gana sempre a todo por culpa da mala sorte.

09:05 h

SONIC BOOM: A maldición do templo da amizade

Sonic e Eggman acaban atrapados dentro dun templo antigo e, como os amigos non se poñen de acordo sobre quen dirixir o rescate, os dous rivais terán que aprender a traballar en equipo se queren dar saído del.

09:15 h

INVENTA QUE INVENTA: Visión de insectos e o regador mochila

Neste episodio,'Inventa que inventa' presenta o invento dun regador tipo mochila creado por Xiana e Noa con materiais sinxelos e moita imaxinación. Amosa a historia de Louis Braille, o inventor que revolucionou a lectura para as persoas cegas. Alba, dende a comarca de Santiago, ensina as súas lentes de visión de insectos, un proxecto creativo e tecnolóxico. O programa complétase cunha explicación do termo “prototipo” e cun invento real tan curioso como innecesario: o paraugas para zapatos.

09:30 h

WALLACE E GROMIT. INVENTOS SORPRENDENTES: O goleador ametrallador

Wallace inventa o goleador metrallador para gañar un partido de fútbol, pero non sabe que o seu compañeiro tamén ten un ás debaixo da manga.

09:35 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Timebreaker

Alix, furiosa por un reloxo roto, convértese en Timebreaker, unha malandrina que viaxa no tempo. Ladybug terá que volver ao pasado para desbaratar os seus plans.

09:55 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Horrificator

Mentres filman unha película de terror para a clase de Marinette, unha das actrices transfórmase nun monstro baboso que se alimenta doo medo dos demais.

10:20 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: A Monicrequeira

Marinette coida da pequena Manon, que se converte na malvada Monicrequeira mentres xoga ás bonecas con Ladybug, Cat Noir e uns malos moi malos.

10:40 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: O mimo

Akumatizado, o suplente do pai de Mylene nunha obra convértese no Mimo, un ser malvado con pantomimas demasiado reais.

11:00 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: O rockeiro malvado

A estrela de rock Jagged Stone transfórmase nun ser malvado.

11:25 h

MIRACLE TUNES: Canción de Julie

Julie convértese no novo membro das Miracle.

11:55 h

BALONMÁN: EHF European League Women. Primeira rolda (volta): Boden Handboll-Atlético Guardés

En directo, partido de volta da primeira eliminatoria europea de balonmán feminino.

13:45 h

SOÑOS DE FÓRMULA: Capítulo 1

Heitor, Antonella, Wagner, Murilo, Gabriel e Nicolas soñan con chegar a ser pilotos de Fórmula 1.

14:10 h

SOÑOS DE FÓRMULA: Capítulo 2

Os pilotos seguen loitando por acadar unha boa clasificación no campionato de karting de São Paulo.

14:40 h

MOTOCRÓS: MXGP. Motocrós das Nacións (Ernee. Francia). Carreira 2

Os seareiros do motor teñen unha cita en directo coas últimas mangas da Copa das Nacións de motocross. A proba desenvólvese no circuíto francés de Ernée. España opta ao podio cun equipo de gran nivel encabezado polo piloto lucense Jorge Prado, xunto ao vigués Rubén Fernández.

15:30 h

TELEXORNAL: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 04.10.2026

Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.

15:40 h

EN XOGO: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 04.10.2026

Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.

15:55 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 04.10.2026

16:05 h

MOTOCRÓS: MXGP. Motocrós das Nacións (Ernee. Francia). Carreira 3

Os seareiros do motor teñen unha cita en directo coas últimas mangas da Copa das Nacións de motocross. A proba desenvólvese no circuíto francés de Ernée. España opta ao podio cun equipo de gran nivel encabezado polo piloto lucense Jorge Prado, xunto ao vigués Rubén Fernández.

16:55 h

PHILADELPHIA

Un novo e brillante avogado de Filadelfia ve truncada a súa carreira pola SIDA. Tras coñecer o diagnostico médico, que representa unha invetivable sentencia de morte, terá que loitar tamén contra a hipócrita sociedade que antes tanto louvaba a súa valía profesional e agora o aparta do seu seo coma se dun apestado se tratase.

16:55 h

PHILADELPHIA

Un novo e brillante avogado de Filadelfia ve truncada a súa carreira pola SIDA. Tras coñecer o diagnostico médico, que representa unha invetivable sentencia de morte, terá que loitar tamén contra a hipócrita sociedade que antes tanto louvaba a súa valía profesional e agora o aparta do seu seo coma se dun apestado se tratase.

18:45 h

BONANZA: O domador de cabalos

No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 qm2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe.

19:35 h

BONANZA: Gabrielle

No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 qm2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe.

20:20 h

BONANZA: O día do dragón

No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 qm2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe.

21:10 h

A REALIDADE ENCANTADA: Pena Molexa, Narón

Serie documental sobre a Galicia máxica. A memoria oral dos maiores e o que contan de seres mitolóxicos os nenos serán os protagonistas dun programa onde se parte dunha lenda animada pola técnica 'stop motion' e, a partir de aí, coñecerease máis do lugar da historia e das persoas que habitan nel. En Narón, na parroquia do Val, durante as noites de San Xoán, unha muller moura convertida en pedra volve ser humana. Esta lenda represéntase cada ano e a xente do lugar fai festa. O programa, gravado no concello de Narón, percorre as parroquias do Val e Sedes. Ademais, dous nenos falan das meigas como figura tradicional na cultura galega na biblioteca do seu colexio.

21:45 h

O ARMARIO: O ARMARIO 6

'O Armario' revolve entre as roupas dos galegos máis coñecidos de Internet para descubrir as historias detrás de todos os seus conxuntos.

21:55 h

TELEXORNAL: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 04.10.2026

Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.

22:25 h

EN XOGO: EN XOGO 816

Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.

div-crtvg-top2

Publicidade