div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

SUCKER'S: SUCKER'S 88

07:00 h

SUCKER'S: SUCKER'S 89

07:00 h

SUCKER'S: SUCKER'S 57

07:05 h

O DIARIO DE ALICE: DIARIO DE ALICE, O 27

07:05 h

SUCKER'S: SUCKER'S 58

07:10 h

O DIARIO DE ALICE: DIARIO DE ALICE, O 28

07:15 h

O DIARIO DE ALICE: DIARIO DE ALICE, O 29

07:20 h

BIBOPALULA: O merlo branco

Merli preséntalle ao resto da Banda do Bosque un merlo igual que el pero con plumas brancas.

07:25 h

TIMMY TIME: Timmy trae un sorriso

Os animaliños da clase abusan da manta de Apricot e Timmy axúdalle a recuperala.

07:35 h

TIMMY TIME: A máscara de Timmy

Timmy fai unha máscara de dinosauro pero acáballe molestando para xogar e comer.

07:45 h

QUERES UN CONTO?: QUERES UN CONTO? 3

08:00 h

MADDIE E TRIGGS: Sons corporais

Maddie e a súa familia exploran os diferentes sons que fai o corpo e quedan abraiados con eles.

08:10 h

MADDIE E TRIGGS: Cans cun labor

Maddie, Triggs e mamá atopan na rúa un can que está traballando e interésanse polo seu labor.

08:15 h

MADDIE E TRIGGS: Xa chegamos?

Maddie vai visitar os avós coa familia, pero a viaxe en coche fáiselle eterna, polo que inventa unha canción para entreterse.

08:25 h

BERNARD S7: Arriba e abaixo sen parar

Bernard e o pato extraterrestre seguen a pelexar polo xeo e o control do iglú.

08:30 h

MISTERIOS DE ALFRED, OS: O misterio azul

Van facer a foto da clase deste ano e as mozas aparecen tinguidas de azul.

08:40 h

MISTERIOS DE ALFRED, OS: MISTERIOS DE ALFRED, OS 38

08:50 h

A ABELLA MAIA -3D: O CATADOR DE POLE

08:50 h

A ABELLA MAIA -3D: O festín

Maia é unha abella que deixa a súa colmea para descubrir a beleza e os misterios da natureza.

09:05 h

A ABELLA MAIA -3D: A sorpresa de Maia

Maia é unha abella que deixa a súa colmea para descubrir a beleza e os misterios da natureza.

09:15 h

OS BOLECHAS. HISTORIA DE GALICIA: Cando inventamos o Camiño de Santiago

Hai máis de mil anos, o ermitán Paio e o bispo Teodomiro descubriron a tumba do apóstolo Santiago no bosque Libredón, en Compostela. O rei Afonso II mandou facer unha ermida nese lugar e milleiros de peregrinos de todo o mundo dirixíronse cara a alí polo Camiño de Santiago. Eran tantos que o templo quedou pequeno e houbo que construír unha catedral.

09:25 h

RANTARO, O NINJA PEQUENO: Os lorchos de Kisanta - Temos que cruzar a ponte

Rantaro, Kirimaru e Ximbé axudan a Kisanta a atopar os seus lorchos desaparecidos.

09:50 h

MONSTER ALLERGY: Os rebeldes da illa

Zick e Elena viaxan xunto a Bombo ata a illa dos rebeldes.

10:10 h

TABLETA MÁXICA, A: A gran pantalla

Zeke debuxa unha televisión xigante e toda a veciñanza queira o mando.

10:35 h

MOBY DICK: Perigos novos

Os nosos amigos viaxan ás Maldivas para axudar a Moby Dick , que está en perigo.

11:00 h

MOBY DICK: MOBY DICK 26

11:20 h

WALLACE E GROMIT. INVENTOS SORPRENDENTES: A durmideira

Wallace necesita usar a durmideira, xa que non consegue pegar ollo polo empacho de queixo na cea.

11:25 h

SONIC BOOM: Un tío corrente

Cando o doutor Eggman ataca a vila e Mike, un amigo de Knuckles, quere axudar a defendela, Sonic faille un comentario que a todos lles parece ofensivo. A vila enteira está contra Sonic e Amy proponlle que faga un curso de sensibilidade para que o perdoen.

11:35 h

SONIC BOOM: Guerra de estrelas

Knuckles sae na prensa e acaba sendo o famoso de moda co que todos queren contar.

11:45 h

SONIC BOOM: Cidadáns exemplares

Sonic e os amigos reciben un premio por defender sempre os veciños dos ataques do doutor Eggman e o alcalde contrata un asesor para axudarlles a dar exemplo de conduta aos máis pequenos da vila.

12:00 h

SONIC BOOM: A Vinganza de Ano Vello

Sonic e os amigos están preparando unha festa para celebrar o paso do Ano Vello ao Ano Novo e todos están contentos. O doutor Eggman aproveita os últimos momentos do ano para intentar cumprir o obxectivo que se propuxo cando empezou.

12:10 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Areeiro

Mentres Tikki e Plagg se reúnen con outros “kwamis”, aparece un misterioso e malvado ser que sobrevoa a cidade na súa nube máxica. É Areeiro, capaz de facer realidade os pesadelos de cada persoa.

12:30 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Catalizadora (O Día dos Heroes 1ª Parte)

É o Día dos Heroes en París e todo o mundo debe facer unha boa acción. Pero o día transfórmase nun pesadelo cando Lepidóptero “akumatiza” a Nathalie.

12:55 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: MAYURA (O DÍA DOS HEROES 2ª PARTE

12:55 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Mayura (O día dos heores parte 2)

Lepidótero puxo en marcha o seu sinistro plan e “akumatizou” todas as súas antigas vítimas coa axuda de Catalizadora para formar un exército e tomar o control de París.

13:20 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Santa Cravos

Por culpa de Ladybug, Lepidótero “akumatiza” a Santa Claus, que se converte en Santa Cravos, un ser malvado que está decidido a que esta Noiteboa sexa a peor na historia de París.

13:40 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Tormentosa

Lepidótero, que aproveita que Aurora está resentida por perder concurso para ser a nova moza do tempo, convértea en Tormentosa e esta atrapa a Alya nunha cúpula de xeo.

14:00 h

GHUASAPP: GHUASAPP 9

Comedia de enredo sobre a familia Freire, que vive espallada pero en contacto permanente a través dun grupo familiar de ‘ghuasapp’. Nun novo capítulo de ‘Ghuasapp’, Carme recorre a un meigo ante a racha de mala sorte que están a pasar.

14:25 h

PARLAMENTO: PARLAMENTO 1196

Espazo semanal de información política e parlamentaria de Galicia.

15:00 h

TELEXORNAL: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 26.09.2026

Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.

15:40 h

EN XOGO: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 26.09.2026

Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.

16:05 h

HISTORIAS A PEDAIS: Terra de Trives, con Diego González Rivas

Un convidado/a famoso/a e máis o ciclista Óscar Pereiro, gañador dun Tour de Francia, realizarán unha ruta polos recunchos máis espectaculares de Galicia mentres conversan da súa profesión ou da súa vida. O prestixioso cirurxián Diego González Rivas subirá hoxe á bicicleta para percorrer con Óscar Pereiro a terra de Trives.

16:30 h

HISTORIAS A PEDAIS: A Estrada, con Marta Doviro

Un convidado/a famoso/a e máis o ciclista Óscar Pereiro, gañador dun Tour de Francia, realizarán unha ruta polos recunchos máis espectaculares de Galicia mentres conversan da súa profesión ou da súa vida.

17:05 h

HOTEL ALMIRANTE: HOTEL ALMIRANTE (MINISERIE 3 EPS.) 1

As primeiras evidencias da policía confirman que se trata dun suicidio, pero a publicación no xornal local dunha carta da muller implica sentimentalmente a Javier, pertencente a unha poderosa familia da cidade, os Aldao, pero enfrontado politicamente ao seu pai ao militar no bando republicano. Estes sucesos e a chegada á cidade de Javier Aldao van desencadear un remuíño sentimental en Rosalía, presa dun axitado pasado e abocada, a pesar da súa resistencia, á chamada dun novo amor.

18:05 h

HOTEL ALMIRANTE: HOTEL ALMIRANTE (MINISERIE 3 EPS.) 2

Preséntase no Hotel Almirante Javier Aldao, o herdeiro da familia rival, un mozo pelexado co pai e que aparece en Ribanova coa intención de limpar o seu nome e intentar a reconciliación co seu proxenitor. O inspector de policía da vila non ten claro que Javier non teña nada que ver coa morte da suicida. Desde o primeiro intre, xorde entre Rosalía e Javier unha boa sintonía.

19:05 h

HOTEL ALMIRANTE: HOTEL ALMIRANTE (MINISERIE 3 EPS.) 3

Aínda que lle custe o cárcere, intentará aclarar a súa antiga relación e como Cristina Sanjuán, a suicida, irrompeu na súa vida. A axuda da súa nai será crucial para que o asunto poida aclararse. Pola súa parte, Rosalía Leal ten un soño que a fai espertar á vida e deixar atrás dunha vez por todas o seu pasado. Quizais os dous mozos poidan deixar atrás as pantasmas e avanzar xuntos caro ao futuro.

20:10 h

O MEU BARRIO: A Moureira - Pontevedra

Serie documental que achega aos espectadores os distintos barrios de Galicia, tanto das cidades coma de núcleos de poboación máis pequenos.

21:05 h

O MEU BARRIO: A Ponte - Ourense

Serie documental que achega aos espectadores os distintos barrios de Galicia, tanto das cidades coma de núcleos de poboación máis pequenos.

22:00 h

TELEXORNAL

Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.

22:50 h

EN XOGO: TELEXORNAL DEPORTES SERÁN FIN DE SEMANA 26.09.2026

Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.

div-crtvg-top2

Publicidade