TVG2 - CSAG
QUERES UN CONTO?: QUERES UN CONTO? 2
MADDIE E TRIGGS: Tirolesa
Maddie, Triggs e mamá soben á cima do outeiro de Vila Revolta. Alí coñecen unha cabra que lles ensinará un novo xeito de comunicarse.
MADDIE E TRIGGS: Xerra peixe
Mamá fixo unha xerra con forma de peixe para a avoa e non quere que rompa. Maddie deberá aprender a facer o correcto cando mete a zoca.
MADDIE E TRIGGS: O tren de Phillip
Maddie e Triggs xogan aos trens con Phillip, pero teñen problemas co deseño da vía, polo que terán que buscar unha solución en común.
BERNARD S7: Un gran malentendido
Bernard e un pato extraterrestre pelexan por unha lata de refresco que se parece demasiado a outra cousa.
OS BOLECHAS. HISTORIA DE GALICIA: Cando viviamos na idade media
Na Idade Media a maioría da xente vivía en aldeas e traballaba no campo, nas súas leiras, nas dos frades dos mosteiros e nas dos señores e señoras dos castelos.
MONSTER ALLERGY: Os piratas do Unicornio
Zick e Elena están na praia e deciden ir nunha lancha para divertirse.
MONSTER ALLERGY: O boneco de neve
Zick foi transformado en boneco de neve e ninguén é capaz de descubrir que puido facelo.
WALLACE E GROMIT. INVENTOS SORPRENDENTES: O chaleco antimatóns
Wallace inventa un chaleco para defenderse de ladróns e posibles ameazas, pero non prevé a súa potencia.
SONIC BOOM: Aventura na selva
Sonic pensa que ten máis maña ca Sticks para sobrevivir na natureza e ela non está de acordo. Para aclaralo forman dous equipos, Sonic con Knuckles e Sticks con Amy, e compiten nunha carreira na que terán que botar man da intelixencia e da súa habilidade para chegar á meta.
SONIC BOOM: Alcalde Knuckles
Knuckles queda substituíndo o alcalde mentres vai de pesca e encárgase de selar as leis e peticións que chegan ao concello. A cousa complícase cando algunhas das ordenanzas aprobadas alteran a convivencia na vila e fan que os veciños estean descontentos.
SONIC BOOM: Eggman desenchufado
O doutor Eggman acaba farto da tecnoloxía e decide desconectar todos os aparellos e as máquinas que ten para vivir de xeito sinxelo. O problema xorde cando alguén lle invade a gorida e empeza a atacar sen ton nin son a todo o mundo.
SONIC BOOM: Máis alá dos cubots
A Tails e ao doutor Eggman desaparécenlles ferramentas e Orbot e Cubot marchan en busca duns renegados que poden ser os ladróns. Cando os encontran levan unha sorpresa ao ver quen son e Orbot terá que tomar unha decisión importante.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Bufo Escuro
O señor Damocles, director do instituto, convértese en Bufo Escuro.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Serea
Unha “akuma” transforma a Ondine, unha excelente nadadora namorada de Kim, en Serea, unha malvada que pretende converter París nun reino submarino para o seu príncipe.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Zombeizona
A doce señorita Bustier transfórmase en Zombica por culpa dunha “akuma”. Armada dun lapis de labios negros, pretende espallar o amor e os bicos pola cidade...á forza.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Capitá Hardrock
Lepidótero transforma a nai de Juleka en Capitá Hardrock. A bordo dun barco inexpugnable e armada coa súa espada pirata, pretende arrasar a cidade coa súa música.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Xélido
Philippe, un adestrador de patinaxe artística, transfórmase en Xélido, un patinador malvado que pretende converter París nun reino de xeo.
TRAIÑEIRAS: Play Off. Xornada 2. Feminina e masculina
En directo.
GALICIA VERTICAL: Alfonso Böck, Canón do Sil
Serie documental sobre a práctica da escalada en Galicia. Cada episodio presenta un espazo natural distinto, desde a costa ata as montañas do interior, con percorridos guiados por escaladores profesionais e afeccionados locais. A través das súas experiencias, a serie explora os principais enclaves da escalada no país, así como as técnicas e aspectos de seguridade asociados a esta disciplina, mostrando a diversidade de paisaxes que Galicia ten para ofrecer.
TRAIÑEIRAS: Bandeira El Corte Inglés. Concello de Portugalete
En directo.
CARREIRAS CON HISTORIA: CARREIRAS CON HISTORIA 7
MOTOCRÓS: MXGP Mundial. GP Australia (Darwin). Primeira carreira
En directo, última cita do Mundial de Motocrós, que volve por segundo ano consecutivo a Australia despois de 24 anos de ausencia.
SABÍAS QUE: SABÍAS QUE 1
Espazo que convida a explorar curiosidades sobre Galicia que seguramente moitos e moitas descoñecemos, descubrindo singularidades sobre historia, cultura ou gastronomía galegas. O presentador Fran Nogueira contará hoxe que o municipio en que máis chove de toda España está en Galicia e é Fornelos de Montes.
EN XOGO
Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 20.09.2026
XA CHOVEU: A incrible historia do xenio inventor do futbolín
MOTOCRÓS: MXGP Mundial GP Australia (Darwin). Segunda carreira
En directo, última cita do Mundial de Motocrós, que volve por segundo ano consecutivo a Australia despois de 24 anos de ausencia.
XOGAS? NOVOS HORIZONTES DEPORTIVOS: XOGAS? 7
BONANZA: Todas as caras de Gideon Flinch
No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 qm2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe.
BONANZA: A rareza de Burma
No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 qm2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe.
BONANZA: As terras da discordia
No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 qm2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe.
BALONCESTO CHAMPIONS LEAGUE: C. B. Breogán-Rival final (pendente)
En directo, desde Bulgaria, final da previa da Champions de baloncesto, en que está en xogo unha praza para a fase de grupos que comezará no mes de outubro.
BONANZA: Unha balada rota
No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 qm2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe.
ARTEMISA: As bestas
Artemisa, unha psicóloga convertida en pitonisa, presenta á súa familia e amigos: a súa nai Chefa, de quen herdou o negocio da adiviñación; o seu irmán Víctor Manuel, un neno entrado en anos que vive do conto; o seu secretario Gustavo, un veciño namorado que abandonou a súa carreira para axudar a Artemisa, e Victoria, a dona do ultramarinos, que pasa por ser a máis centrada de toda esta historia e de poñer mundo no universo de Artemisa.
A REALIDADE ENCANTADA: A lenda de Antioquía, Sandiás
Hai moito tempo, na comarca da Limia, onde antes se atopaba a lagoa de Antela, había unha cidade chamada Antioquía. Con esta lenda, das moitas da lagoa de Antela, coñecemos no programa máis sobre a historia e o presente da Limia. Ademais, tres nenos dun colexio de Ferrol falarannos da lumia, un ser mitolóxico galego.
ARTEMISA: Mala uva
Artemisa, unha psicóloga convertida en pitonisa, presenta á súa familia e amigos: a súa nai Chefa, de quen herdou o negocio da adiviñación; o seu irmán Víctor Manuel, un neno entrado en anos que vive do conto; o seu secretario Gustavo, un veciño namorado que abandonou a súa carreira para axudar a Artemisa, e Victoria, a dona do ultramarinos, que pasa por ser a máis centrada de toda esta historia e de poñer mundo no universo de Artemisa.
SE TI SOUBERAS: SE TI SOUBERAS 4
Moito antes da chegada de TikTok ou Instagram, houbo persoas que romperon barreiras desde diferentes puntos de Galicia. Artistas, deseñadores ou escritores que abriron camiños sen a axuda nin o éxito das redes sociais.
TELEXORNAL
Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.
EN XOGO: EN XOGO 814
Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.
RESCATES. NO FÍO DO MILAGRE: Salvamento na neve
‘Rescates. No fío do milagre’ retrata os casos reais máis extremos que levan aos equipos de salvamento a probar os seus propios límites. Por terra, mar e aire, gardacostas, sanitarios, pilotos ou mergulladores baixan ás simas máis fondas, soben aos cantís máis altos e traballan nas ondas máis bravas para salvar persoas que precisan axuda, conseguindo rescates ‘no fío do milagre’. Nas montañas do leste de Galicia a neve marca a última fronteira. Os especialistas do GREIM da Garda Civil en Trives fan prácticas coa súa cadela Dana para rescates extremos en xeo e avalanchas. Nos Ancares, Protección Civil e gardas forestais interveñen cada inverno para salvar vidas cando un manto branco cobre os bicos dos maiores cordais do país.
RESCATES. NO FÍO DO MILAGRE: RESCATES. NO FÍO DO MILAGRE 2
‘Rescates. No fío do milagre’ retrata os casos reais máis extremos que levan aos equipos de salvamento a probar os seus propios límites. Por terra, mar e aire, gardacostas, sanitarios, pilotos ou mergulladores baixan ás simas máis fondas, soben aos cantís máis altos e traballan nas ondas máis bravas para salvar persoas que precisan axuda, conseguindo rescates ‘no fío do milagre’.
A BOAS HORAS
A G2 emite este espectáculo, durante cinco horas en directo, nas madrugadas da Radio Galega. Pepe Capelán converte ‘A boas horas’ nun espectáculo de humor, entretemento e compañía xunto con Noemí Martínez, Marita e Rubén Pérez. Nas fins de semana, Toño Casais, Isi e Ilda Mosquera prolongan a festa con humor, tarot e participación en directo.