div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

O DIARIO DE ALICE: DIARIO DE ALICE, O 12

07:00 h

O DIARIO DE ALICE: DIARIO DE ALICE, O 13

07:05 h

MADDIE E TRIGGS: O parque para cans

A Triggs encántalle o parque para cans e intentará convencer unha cadeliña tímida de que é o mellor lugar do mundo.

07:15 h

MADDIE E TRIGGS: O osiño de Triggs

O osiño de peluche de Triggs está moi sucio, pero o can non se dá separado del para lavalo.

07:20 h

TIMMY TIME: Timmy xoga ao balón

Timmy acapara o balón da clase. Non para de darlle patadas e quitarllo a Otus.

07:30 h

BECHOS II: Entroido

Catuxa, Xurxo, Margarida e Xiana non se poñen de acordo sobre a temática dos disfraces que van levar á gran festa que se celebra no parque.

07:40 h

PREPARADO, EDDIE, XA!: Lavar a cabeza

Hoxe a Eddie tócalle lavar a cabeza, algo que ao neno non lle gusta nada. Aínda así, intentará conseguir que sexa unha cousa divertida.

07:45 h

BERNARD S7: O misterioso ovo extraterrestre

Bernard atopa un ovo estraño e non sabe que pode saír del.

07:50 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Xeadiador

Lepidóptero “akumatiza” o lendario xeadeiro parisiense e transfórmase en Xeadiador, que converte a xente en xeados que se derreten. Ladybug e Cat Noir terán que reaccionar para evitalo.

08:10 h

O MUNDO DE ALVA: Un andazo de espirros

Na escola de Alva usan unha aplicación para rastrexar os nenos cando enferman. En Gizmo aparece un caso de Espirros que se estende e acaba afectando a Oolies e troles.

08:20 h

SUPERHEROES DA NATUREZA: O Camarón Pistoleiro: O Vaqueiro do fondo do mar

O camarón pistoleiro ten unha arma secreta que o converte nun dos peixes máis temidos.

08:30 h

O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 14.09.2026

09:30 h

O FARO

Serie. 'O Faro' é un restaurante propiedade dos Peña, onde discorre a historia desta familia que intenta sacar adiante o seu negocio malia o enfrontamento que mantén coa familia Muñoz, dona da empresa "Os Samáns", que pretende mercar as súas propiedades para construír unha estrada. Rosa ten un plan e pasa por ocultar a caída de Santiago nos Samáns. Lucía vai contarlle a Ricardo que é o pai do fillo que espera, unha información que coñece alguén máis que non debería, así que o que descobre Ricardo é que Lucía casou co seu pai.

10:20 h

O FARO

Serie. 'O Faro' é un restaurante propiedade dos Peña, onde discorre a historia desta familia que intenta sacar adiante o seu negocio malia o enfrontamento que mantén coa familia Muñoz, dona da empresa "Os Samáns", que pretende mercar as súas propiedades para construír unha estrada. Lucía trata de explicarlle a Ricardo que ela non sabía que Santiago era o seu pai, mentres Rosa comeza a sementar a dúbida de que o golpe de Santiago ten algo que ver coa súa voda. Todo o mundo comeza a saber quen foi a noiva e quen foi o noivo.

11:00 h

O FARO

Serie. 'O Faro' é un restaurante propiedade dos Peña, onde discorre a historia desta familia que intenta sacar adiante o seu negocio malia o enfrontamento que mantén coa familia Muñoz, dona da empresa "Os Samáns", que pretende mercar as súas propiedades para construír unha estrada. A tensión entre Ricardo, Lucía e Alexandre chega a un punto máximo. E a parella de Patricia e Vítor comeza a ter a súa primeira crise. Alexandre asesorará a Iolanda sobre o caso da súa irmá detida. E Rosa ten o cómplice perfecto para anular o matrimonio de Santiago e Lucía.

11:35 h

O FARO

Serie. 'O Faro' é un restaurante propiedade dos Peña, onde discorre a historia desta familia que intenta sacar adiante o seu negocio malia o enfrontamento que mantén coa familia Muñoz, dona da empresa "Os Samáns", que pretende mercar as súas propiedades para construír unha estrada. Miguel resístese a participar no plan de Rosa, pero esta presiónao e ademais zanxa definitivamente o misterio do móbil de Santiago, mentres o inspector Cenzano investiga onde estará. A crise entre Víctor e Patricia agrávase.

12:15 h

O FARO

Serie. 'O Faro' é un restaurante propiedade dos Peña, onde discorre a historia desta familia que intenta sacar adiante o seu negocio malia o enfrontamento que mantén coa familia Muñoz, dona da empresa "Os Samáns", que pretende mercar as súas propiedades para construír unha estrada. Ricardo ten que decidir se acepta o plan da súa tía Rosa de dar a Santiago por tolo para anular o seu matrimonio con Lucía cando por fin se descobre o que ocurreu co contrato prematrimonial de Santiago e Lucía. Mentres, no Faro, o tonteo entre Berta e Xesús faise evidente para todo o mundo.

12:55 h

O FARO

Serie. 'O Faro' é un restaurante propiedade dos Peña, onde discorre a historia desta familia que intenta sacar adiante o seu negocio malia o enfrontamento que mantén coa familia Muñoz, dona da empresa "Os Samáns", que pretende mercar as súas propiedades para construír unha estrada. Os médicos advirten de que a Santiago pode afectarlle o que lle conten aínda que estea en coma. O inspector Cenzano cóntalle a Lucía que Santiago non chegou a asinar o acordo prematrimonial. Lidia está disposta a parar a Rosa e Ricardo no seu intento de declarar tolo a Santiago, o seu pai, e, de feito, achegarase a Lucía.

13:40 h

RECANTOS CON FEITIZO: Pico Sacro, o monte das lendas

‘Recantos con feitizo’ convida a descubrir os recunchos máis sorprendentes e auténticos de Galicia a través dos ollos de reporteiros e 'influencers'. Cada episodio amosará cinco lugares únicos, desde paisaxes naturais a espazos ateigados de historia e cultura. Unha viaxe chea de curiosidade, sorpresas e moitos 'selfies'.

13:50 h

ESTACHE BO!: Lagostinos manga

Espazo gastronómico presentado polo ourensán Moisés Rodríguez, un cociñeiro próximo e familiar que amosará en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor. Trasladaralle á audiencia a necesidade de modificar o estilo de vida cara a hábitos saudables a través da cociña.

14:15 h

TAL SEMENTE: TAL SEMENTE III 61

Dirixido a toda a familia e baseado na dinámica de preguntas e respostas, neste concurso, presentado por Esther Estévez, os máis novos da casa competirán en parella cos seus pais e avós.

15:00 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 14.09.2026

Presenta Raúl Quián.

15:30 h

TELEXORNAL LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL LINGUAXE SIGNOS

Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.

16:10 h

EN XOGO LINGUA DE SIGNOS: EN XOGO LINGUAXE SIGNOS

Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.

16:25 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 14.09.2026

16:35 h

XA CHOVEU: As orixes galegas de Cristovo Colón

16:40 h

BALONCESTO CHAMPIONS LEAGUE: BCL- Fase clasificatoria. C. B. Breogán-Rilski Sportist

En directo, desde Samokov (Bulgaria), estrea europea do Río Breogán na Basketball Champions League 2026-27. O conxunto de Luís Casimiro abre a súa fase previa fronte ao anfitrión, o Rilski Sportist.

18:25 h

LATITUDE GALEGA: Dubai. Martín Monteagudo

18:35 h

MAGNUM: MAGNUM 53

Narra as aventuras de Thomas Sullivan Magnum, un investigador privado que vive en Hawai co mordomo Higgins, un exmilitar co que se leva como o can e o gato e que o ameaza cos seus cans gardiáns Zeus e Apolo. Magnum dedícase a resolver grandes casos, contando sempre coa axuda incondicional dos seus compañeiros Rick e TC, e mesmo de Higgins.

div-crtvg-top2

Publicidade