TVG2 - CSAG
QUERES UN CONTO?: QUERES UN CONTO? 10
MADDIE E TRIGGS: O balón de fútbol
Maddie está farta de que o balón do seu veciño Phillip acabe sempre no seu xardín e lle estrague o xogo, pero ignora que pode haber unha razón oculta.
MADDIE E TRIGGS: A mosca
Unha mosca entra no cuarto de Maddie, e Triggs e papá intentarán escorrentala de todos os xeitos.
MADDIE E TRIGGS: O vento
Maddie enfádase co aire porque lle levou un paxaro de papel, pero vivirá unha aventura máxica en que descubrirá todo o que pode facer o vento.
BERNARD S7: BERNARD S7 6
BERNARD S7: Facendo as cousas aínda peores
Ás veces, intentar arranxar un problema só acaba empeorando a situación…
SUPERHEROES DA NATUREZA: Narval: prohibido conxelarse
Hai un cetáceo que se distingue perfectamente dos demais. Ten un corno enorme no morro que chega a medir 2,5 metros. Para que lle servirá?
CAN CHEIRENTO: O tesouro de can cheirento
Can Cheirento pensa que Vivi e Mimi son piratas e que van desenterrar un tesouro. El axúdalles a atopalo, xunto con Gato Chato. Tras sabelo, todos os seus amigos tamén deciden axudarlles nesta busca do tesouro.
MONSTER ALLERGY: MONSTER ALLERGY 32
MONSTER ALLERGY: A caída da casa Barrymore
Zick descobre un soto oculto na súa casa cheo de dombox vellos.
WALLACE E GROMIT. INVENTOS SORPRENDENTES: O telemando
Wallace inventa un mando a distancia novo para cambiar as canles da televisión, pero o que non conta é que é de un só uso.
SONIC BOOM: A gran batalla de robots
Knuckles pensa que é moi bo inventor e para demostralo proponlle a Tails que se enfronten nunha batalla de robots. O doutor Eggman tamén se anota ao combate e intentará poñer en marcha un plan malvado para acabar con Sonic.
SONIC BOOM: Non fun eu, foi o ourizo armado
Na gorida do doutor Eggman e na vila roubaron varias cousas, todos andan enfadados e bótanlle a culpa a Sonic. Para demostrar que non é culpable, Sonic terá que buscar o ladrón e Knuckles axudaralle a investigar.
SONIC BOOM: Eggman director
O doutor Eggman está rodando unha película e pídelle a Sonic que interprete nela o personaxe de si mesmo. Aínda que ao principio non quere, Sonic acaba traballando na película e convértese nunha estrela que ten ata dobre para as escenas perigosas. Chegado o día da estrea, Eggman está convencido de que a súa obra terá unha boa acollida por parte do público.
SONIC BOOM: O concurso de Chilepáns
Sonic vai ser o xuíz do concurso anual de chilepáns e todos queren facer a mellor salsa para ganar. Alguén fálalle a Knuckles dun pemento extraordinario e entrégalle un mapa para poder atopalo. Despois de superar varias probas, chega a un lugar onde coñece un pobo estraño ao que lle acabará axudando a recuperar o seu fogar.
CÓDIGO CITIZEN: Existe unha cura de desintoxicación para internet?
Cada día, pasamos máis tempo conectados a Internet, ata o punto de que pode ser unha adicción.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Antibug
Chloe entristécese porque Ladybug, a súa heroína, non fai caso dos seus consellos e convértese en Antibug, unha imitadora malvada cos seus mesmos poderes.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Kung Food
Cando Chloe sabota o prato do tío avó de Marinette nun concurso, convértese en Kung Food, un cociñeiro malvado que recruta os seus secuaces con comida.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Volpina
Lila, unha rival que finxe ser amiga de Ladybug, é humillada por Marinette diante de Adrien e transfórmase en Volpina, unha malvada que fai realidade as ilusións.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: O Coleccionista
Mentres Ladybug tenta revelar a identidade secreta de Lepidótero, “akumatizan” a Gabriel Agreste, o pai de Adrien, e transfórmase no Coleccionista.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Prime Queen
Nadia Chamack convértese en Prime Queen. Pretende que Ladybug e Cat Noir admitan que están namorados diante das cámaras en directo para disparar os índices de audiencia.
TRAIÑEIRAS: Bandeira da Concha. Segunda xornada feminina
Desde San Sebastián, en directo, segunda e definitiva xornada da Bandeira da Concha, a proba máis prestixiosa do calendario de traiñeiras que é coñecida como ‘a olimpiada do remo’.
REPORTAXES E ENTREVISTAS DEPORTES: 4 Picos Bike 11 Pontevedra
TRAIÑEIRAS: Bandeira da Concha. Segunda xornada masculina
Desde San Sebastián, en directo, segunda e definitiva xornada da Bandeira da Concha, a proba máis prestixiosa do calendario de traiñeiras que é coñecida como ‘a olimpiada do remo’.
MOTOCRÓS: MXGP Mundial GP China (Shanghai). Primeira carreira
En directo, nova cita do Mundial de Motocrós, en que o vigués Rubén Fernández (Honda HRC Petronas, dorsal 70) loita polo top 5 do campionato do mundo.
IMOS NAVEGANDO: IMOS NAVEGANDO X
Paisaxe, emoción e aventura, neste programa que percorre as rutas marítimas e fluviais galegas. O presentador, Rubén Prieto, guía a experiencia, acompañado cada semana por un convidado diferente. Coa actriz Sabela Arán, ‘Imos Navegando' fará hoxe a ruta fluvial entre Salvaterra de Miño e Ribadavia.
CAMIÑO AO PODIO: Iziar e Hugo
Espazo documental que se achega á historia de dez deportistas bolseiros do Centro Galego de Tecnificación Deportiva. O programa mostrará o esforzo, a disciplina e os soños de cinco rapazas e cinco rapaces que xa destacan en competicións estatais e internacionais e que son o futuro do deporte galego de elite. Iziar, promesa do bádminton, e Hugo Casañas, récord mundial en lanzamentos, inauguran hoxe o novo espazo.
REPORTAXES E ENTREVISTAS DEPORTES: O fútbol na Galega
EN XOGO
Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.
SE TI SOUBERAS: SE TI SOUBERAS 2
Moito antes da chegada de TikTok ou Instagram, houbo persoas que romperon barreiras desde diferentes puntos de Galicia. Artistas, deseñadores ou escritores que abriron camiños sen a axuda nin o éxito das redes sociais.
MOTOCRÓS: MXGP Mundial GP China (Shanghai). Segunda carreira
En directo, nova cita do Mundial de Motocrós, en que o vigués Rubén Fernández (Honda HRC Petronas, dorsal 70) loita polo top 5 do campionato do mundo.
THE ARTIST
Hollywood, 1927. George Valentin é unha grande estrela do cine mudo a quen a vida lle sorri. Pero coa chegada do cine sonoro, a súa carreira corre perigo de quedar sepultada no esquecemento. Pola súa parte, a nova actriz Peppy Miller, que comezou como extra ao caron de Valentin, convértese nunha estrela do cine sonoro.
THE ARTIST
Hollywood, 1927. George Valentin é unha grande estrela do cine mudo a quen a vida lle sorri. Pero coa chegada do cine sonoro, a súa carreira corre perigo de quedar sepultada no esquecemento. Pola súa parte, a nova actriz Peppy Miller, que comezou como extra ao caron de Valentin, convértese nunha estrela do cine sonoro.
BONANZA: O derradeiro vikingo
No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 qm2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe.