div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

MADDIE E TRIGGS: A non despedida

Despois de visitar a Maddie e a súa familia, o tío George ten que marchar de viaxe a Hawai, pero Maddie e Triggs teñen problemas para despedirse del.

07:05 h

MADDIE E TRIGGS: Burbullas

Á hora do baño, Maddie e Triggs emprenden unha burbullante aventura submarina

07:10 h

MADDIE E TRIGGS: Pingas de chuvia

A chuvia ameaza con estragar a acampada de Maddie, Triggs e papá, pero reciben a visita dunha pinga moi alegre que lles levantará o ánimo.

07:20 h

BERNARD S7: O concerto na illa

Chegan uns instrumentos á praia e toda a tropa decide montar unha banda.

07:25 h

SUPERHEROES DA NATUREZA: Cangrexo boxeador: gancho, directo e K.O.

O cangrexo boxeador ten moita habilidade coas pinzas e sabe defenderse. Menos mal que non mide máis de dous centímetros…

07:25 h

CAN CHEIRENTO: Canel nº5

A Can Cheirento e a Gato Chato non lles deixan entrar nunha festa. Can Cheirento pensa que é porque Gato Chato cheira mal, así que decide lavar o seu amigo. Con todo, quen se acaba lavando é Can Cheirento, que queda sen o seu olor característico e se volve aburrido e do montón.

07:40 h

VERÁN M: Hot dog

Serie de aventuras cuxas tramas transcorren durante as vacacións na praia portuguesa de Moledo. Cun fermoso escenario de fondo e a través de historias conmovedoras, esta coprodución coa RTP reavivará as lembranzas estivais comúns a toda a audiencia. O exceso de peso de Vasco e o can que atopa na rúa, protagonistas esta semana na serie 'Verán M'. A asistente persoal de Kiko chega a Moledo e Beatriz descobre que entre eles hai algo máis.

08:20 h

WALLACE E GROMIT. INVENTOS SORPRENDENTES: O robot de cociña

Wallace e Gromit inventan unha máquina que cociña soa.

08:20 h

SUCKER'S: SUCKER'S 35

08:25 h

SONIC BOOM: Non me xulgues

Sticks ve un alce birollo e cre que lle botou unha maldición. Os amigos axudaranlle a buscar alguén que a libre dela e cando o encontran teñen que superar varias probas para demostrar a súa valía.

08:35 h

SONIC BOOM: Ánimo baixo

Eggman anda algo deprimido porque as cousas non lle saen ben e perde a gana de enfrontarse a Sonic. Pola súa parte, Sonic, ao non ter con quen loitar, acaba aburrido e sen saber que facer. Os amigos terán que animar a Eggman para que todo volva á normalidade.

08:45 h

SONIC BOOM: As botas poderosas

Sonic fai un ruído estraño cando corre que lles rebenta os oídos a todos. Aínda que Sticks investiga o que lle pasa ao seu amigo, será o doutor Eggman quen acabe dándolle algo que parece solucionalo.

09:00 h

SONIC BOOM: Vacabot

O doutor Eggman fai un robot novo para destruír a Sonic que acaba revirándose contra el. Entón, Sonic e Tails terán que axudarlle a defenderse e acabarán traballando en equipo todos xuntos.

09:10 h

CÓDIGO CITIZEN: Internet está nas nubes?

Cada vez que accedemos a Internet, pasamos por centros de datos conectados entre si por fibra óptica.

09:10 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Pixelator

Vincent adora a Jagged Stone, pero acaba “akumatizado” e convértese en Pixelator.

09:35 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Copycat

Un escultor namorado de Ladybug e celoso de Cat Noir convértese en Copycat, un impostor que trata de ocupar o lugar do seu rival.

09:55 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Burbulleiro

Nino, o mellor amigo de Adrien, queda “akumatizado” e convértese no Burbulleiro, un malandrín que atrapa adultos en burbullas que acaban flotando no ceo.

10:20 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Simón di

Un hipnotizador “akumatizado” convértese en Simón Di, un malfeitor capaz de facer que todos o obedezan cun mazo de cartas e que quere vingarse do pai de Adrien.

10:40 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Rogercop

O alcalde despide un policía que logo se transforma en Rogercop, un malfeitor que quere impoñer a súa lei como ditador de París.

11:05 h

TRAIÑEIRAS: Bandeira da Concha. Primeira xornada feminina

En directo, as traiñeiras darán a saída a xornada deportiva coa primeira entrega da Bandeira da Concha, desde San Sebastián.

11:45 h

REPORTAXES E ENTREVISTAS DEPORTES: Labirinto de Breogán

11:55 h

TRAIÑEIRAS: Bandeira da Concha. Primeira xornada masculina

En directo, primeira entrega masculina da Bandeira da Concha, desde San Sebastián.

13:10 h

IMOS NAVEGANDO: IMOS NAVEGANDO IX

Paisaxe, emoción e aventura, neste programa que percorre as rutas marítimas e fluviais galegas. O presentador, Rubén Prieto, guía a experiencia, acompañado cada semana por un convidado diferente. O actor e humorista David Amor acompañará a Ruben Prieto na primeira etapa de río. Primeiro en catamarán e logo en furgoneta, farán xuntos a etapa que une A Guarda con Salvaterra.

14:00 h

MOTOCRÓS: Campionato do Mundo. MXGP GP Turquía (Afyonkarahisar): primeira carreira

En directo, penúltima cita do Mundial de Motocrós, unha rolda decisiva para a loita polo título, en que competirá o galego Rubén Fernández.

14:55 h

XOGAS? NOVOS HORIZONTES DEPORTIVOS: XOGAS?

15:00 h

TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 06.09.2026

Presentan Antía Araújo e David Valverde.

15:40 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 06.09.2026

Irene Lourido encárgase da información deportiva.

15:55 h

XA CHOVEU: A orixe das frechas amarelas do Camiño

16:00 h

MOTOCRÓS: Campionato do Mundo. MXGP GP Turquía (Afyonkarahisar): segunda carreira

En directo, segunda rolda da penúltima cita do Mundial de Motocrós, unha proba decisiva para a loita polo título, en que competirá o galego Rubén Fernández.

16:55 h

MANIOTAS

Os espectadores coñecerán a Fran, un rapaz con moitos títulos de tenis de mesa, igual que súa irmá, e que actualmente xoga no club compostelán "Arteal", onde se adestra cos xogadores máis experimentados das categorías superiores.

17:20 h

BONANZA: Ruta perigosa

Serie. No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 qm2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe.

18:05 h

BONANZA: O rival

Serie. No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 qm2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe.

18:55 h

TODO BÁSQUET: Final Copa Galicia 2026 masculina

En directo, final da Copa Galicia entre os vencedores das semifinais do sábado: Ourense-Basquet Coruña e Obradoiro-Breogán.

div-crtvg-top2

Publicidade