TVG2 - CSAG
O DIARIO DE ALICE: DIARIO DE ALICE, O 48
O DIARIO DE ALICE: DIARIO DE ALICE, O 49
MADDIE E TRIGGS: O meu mellor amigo
Maddie e Triggs explícanlle ao seu veciño Phillip que unha mascota pode ser o mellor amigo do mundo.
MADDIE E TRIGGS: Sen luz
Maddie e Triggs van durmir á casa dos avós, pero marcha a luz e deben buscar alternativas para pasalo ben.
TIMMY TIME: TIMMY TIME 20
TIMMY TIME: Timmy no kart
A clase vai facer carreiras de karts, e Timmy ten que aprender a importancia de agardar a súa quenda.
BECHOS II: Cogomelos
O señor Lobo axuda á bichería a apañar cogomelos para cear.
PREPARADO, EDDIE, XA!: A busca dos ovos de Pascua
Eddie e os seus amigos Nina e Akil van buscar ovos de Pascua que están agachados no xardín da casa. Eddie tardará un pouco máis en atopar o último ovo, pero darao conseguido.
BERNARD S7: BERNARD S7 48
BERNARD S7: Unha crise para sobrevivir
Sobe o nivel do mar e a illa queda anegada.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Malediktator
Chloe ameaza con marchar de París porque o seu pai non lle cumpre todos os desexos e este convértese en Malditador, un ser malvado capaz de facer realidade todo o que di.
O MUNDO DE ALVA: O seguinte nivel
Alva quere pasar ao seguinte nivel nun xogo, pero mamá dille que ten que decidir se quere gastar os cartos niso. En Gizmo, o alcalde Garth enfróntase a un dilema semellante cando o enganan para gastar nun capricho persoal todo o diñeiro da vila.
SUPERHEROES DA NATUREZA: Medusa: regreso ao futuro
Existe unha especie de medusa diminuta capaz de rexenerarse indefinidamente.
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 02.09.2026
CÓDIGO CITIZEN: O avó ten un "fab-lab" no garaxe?
Nos talleres colaborativos podemos aprender a converter en realidade as nosas ideas con tecnoloxía moderna.
SOÑOS DE FÓRMULA: SOÑOS DE FÓRMULA 1 7
SOÑOS DE FÓRMULA: SOÑOS DE FÓRMULA 1 7
SONIC BOOM: Buster
Amy é algo bruta cos animais e os amigos aconséllanlle que teña unha mascota para aprender a querelos. O malo é que acaba levando á casa un robot un pouco estraño e noxento que lles desagrada a todos e que acabará dándolles unha sorpresa desagradable.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Areeiro
Mentres Tikki e Plagg se reúnen con outros “kwamis”, aparece un misterioso e malvado ser que sobrevoa a cidade na súa nube máxica. É Areeiro, capaz de facer realidade os pesadelos de cada persoa.
INVENTA QUE INVENTA: O robot médico e o chaleco ventilador
Neste episodio de 'Inventa que inventa' coñecemos Medicabot, un proxecto creado por dúas mozas para axudar ás persoas maiores mediante robots e intelixencia artificial. Viaxamos a Irlanda para descubrir a historia do programador precoz Jordan Casey e aprendemos a controlar bombas de auga con diferentes sensores Micro:bit. Ademais, analizamos unha sorprendente chaqueta con ventiladores incorporados e descubrimos que é un robot colaborativo.
O FARO
Serie. 'O Faro' é un restaurante propiedade dos Peña, onde discorre a historia desta familia que intenta sacar adiante o seu negocio malia o enfrontamento que mantén coa familia Muñoz, dona da empresa "Os Samáns", que pretende mercar as súas propiedades para construír unha estrada.
O FARO
Serie. 'O Faro' é un restaurante propiedade dos Peña, onde discorre a historia desta familia que intenta sacar adiante o seu negocio malia o enfrontamento que mantén coa familia Muñoz, dona da empresa "Os Samáns", que pretende mercar as súas propiedades para construír unha estrada. Sen considerar as consecuencias que terá no seu traballo, Iolanda cóntalle a Fina a discusión entre Manuel e Xosé antes do accidente. Chega Berta, a famosa cuñada á que lle tocou a lotería e cuxa sinatura é vital para a venda do Faro. Patricia agarda algo preocupada a chegada do seu irmán Alexandre, antigo amor de Lucía.
O FARO
Serie. 'O Faro' é un restaurante propiedade dos Peña, onde discorre a historia desta familia que intenta sacar adiante o seu negocio malia o enfrontamento que mantén coa familia Muñoz, dona da empresa "Os Samáns", que pretende mercar as súas propiedades para construír unha estrada. A desgrazada morte de Xosé volve unir a Ricardo e Lucía, aínda que el ten ciumes de Alexandre, o irmán de Patricia. A relación entre Berta e Xesús non pode ser máis tirante e a parella non pode deixar de rifar mentras traballan no Faro.
O FARO
Serie. 'O Faro' é un restaurante propiedade dos Peña, onde discorre a historia desta familia que intenta sacar adiante o seu negocio malia o enfrontamento que mantén coa familia Muñoz, dona da empresa "Os Samáns", que pretende mercar as súas propiedades para construír unha estrada. Fina atopa entre a roupa de Xosé un documento importante. Ricardo non se atreve a confesarlle a Lucía que a súa familia é a que intenta comprar o seu restaurante. Santiago continúa coas súas misteriosas visitas e Rosa sospeita algo, así que acode a preguntarlle a Miguel se o está a encubrir. A conversa entre ambos será totalmente reveladora.
ESTACHE BO!: Entrecosto con patacas engurradas
Espazo gastronómico presentado polo ourensán Moisés Rodríguez, un cociñeiro próximo e familiar que amosará en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor. Trasladaralle á audiencia a necesidade de modificar o estilo de vida cara a hábitos saudables a través da cociña.
TAL SEMENTE: TAL SEMENTE III
Dirixido a toda a familia e baseado na dinámica de preguntas e respostas, neste concurso, presentado por Esther Estévez, os máis novos da casa competirán en parella cos seus pais e avós.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 02.09.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 02.09.2026
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 02.09.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 02.09.2026
MAGNUM: MAGNUM 45
Narra as aventuras de Thomas Sullivan Magnum, un investigador privado que vive en Hawai co mordomo Higgins, un exmilitar co que se leva como o can e o gato e que o ameaza cos seus cans gardiáns Zeus e Apolo. Magnum dedícase a resolver grandes casos, contando sempre coa axuda incondicional dos seus compañeiros Rick e TC, e mesmo de Higgins.
OS CASTROS: AXUSTE OS CASTROS 2
CAMIÑO AO PODIO: Rocío e Antón
Espazo documental que se achega á historia de dez deportistas bolseiros do Centro Galego de Tecnificación Deportiva. O programa mostrará o esforzo, a disciplina e os soños de cinco rapazas e cinco rapaces que xa destacan en competicións estatais e internacionais e que son o futuro do deporte galego de elite. A entrega de hoxe amosa o día a día dunha remeira paralímpica e dun loitador de taekwondo.
TRAIÑEIRAS: Bandeira da Concha. Clasificatoria masculina
Retransmisión, en directo, da primeira regata clasificatoria masculina para a celebración da Bandeira da Concha.
MANIOTAS
Nesta nova edición de "Maniotas" acode a Liga nacional de billarda, un xogo deportivo tradicional que se conserva en Galicia, acompañando algunhas das mulleres que acoden á primeira fase da final.
XENTE DE MUNDO: Londres
Programa que amosa viaxes únicas e inesquecibles a través dos ollos e testemuños de galegos e galegas que viaxan e coñecen diferentes lugares do planeta.
O GRAN CAMIÑO. GRANDES RUTAS A PÉ DO MUNDO: O GRAN CAMIÑO. GRANDES RUTAS A PÉ DO MUNDO 8
Alba Prol e Raúl García, unha parella de cineastas galegos, emprenden xuntos a gran aventura das súas vidas: camiñar as rutas a pé máis impresionantes do mundo.
A CRÓNICA: A CRÓNICA (DIARIA) 1585
TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 02.09.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
MATALOBOS: Todo ten consecuencias
Con Bárbara de parto, o momento de cumprir todas as súas promesas achégase para Carmelo. O herdeiro dos Matalobos está a piques de nacer e o mundo en que terá que medrar está construíndose agora mesmo. Ou, máis ben, destruíndose, segundo a política de terra queimada de Carmelo. E é que tras o asasinato de Bardanca e Malpica, xefes de clans rivais, logrou eliminar a case toda a competencia en Sardiñeira.
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACION ESTADO DO MAR SERÁN 02.09.2026
MATALOBOS
Carmelo Matalobos, o xefe do clan queda libre e comproba como cambiou o seu mundo e o da súa familia durante os anos que estivo no cárcere.
MATALOBOS
Carmelo está disposto a quitarlle todo o protagonismo a Mateo Veloso, o seu contrincante, roubándolle unha importante partida de droga, sen que ninguén sospeite que estea detrás do feito.
PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 2127
Programa de madrugada da Radio Galega, presentado por Pepe Capelán, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.
A BOAS HORAS
A G2 emite este espectáculo, durante cinco horas en directo, nas madrugadas da Radio Galega. Pepe Capelán converte ‘A boas horas’ nun espectáculo de humor, entretemento e compañía xunto con Noemí Martínez, Marita e Rubén Pérez. Nas fins de semana, Toño Casais, Isi e Ilda Mosquera prolongan a festa con humor, tarot e participación en directo.
TAL SEMENTE: TAL SEMENTE III
Dirixido a toda a familia e baseado na dinámica de preguntas e respostas, neste concurso, presentado por Esther Estévez, os máis novos da casa competirán en parella cos seus pais e avós.