div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

MADDIE E TRIGGS: Follas

Maddie e Triggs fan un novo amigo no xardín, a eiruga Reginald, e descobren que as follas secas son moi importantes para este bichiño.

07:05 h

MADDIE E TRIGGS: Ondas

Maddie e Triggs fan un castelo de area na praia, pero a marea ameaza con derrubalo e deixar sen fogar a súa nova amiga, a mariñeira Nancy.

07:10 h

MADDIE E TRIGGS: Eco

Por arte de maxia, o eco transporta a Maddie e a Triggs ao bandullo dunha balea.

07:15 h

MADDIE E TRIGGS: Eco

Por arte de maxia, o eco transporta a Maddie e a Triggs ao bandullo dunha balea.

07:20 h

BERNARD S7: Un día de vento moi forte

Un temporal azouta a illa e fai voar todo ao redor de Bernard… Incluso a el mesmo!

07:25 h

SUPERHEROES DA NATUREZA: Araña pavón: a samba peluda

A araña pavo real é unha araña moi presumida e bailadora, cun superpoder que nos deixará coa boca aberta e cos ollos pechados.

07:30 h

CAN CHEIRENTO: Can Cheirento e a última páxina

Can Cheirento encontra un conto onde se narran as aventuras dun can heroe. Gato Chato lelle o libro, a historia é emocionante, pero resulta que a última páxina está arrancada e non poden saber como acaba.

07:40 h

VERÁN M: Zapato de cincenta

Serie de aventuras cuxas tramas transcorren durante as vacacións na praia portuguesa de Moledo. Cun fermoso escenario de fondo e a través de historias conmovedoras, esta coprodución coa RTP reavivará as lembranzas estivais comúns a toda a audiencia. Hoxe, Filipa recibe a visita da súa irmá e pídelle tempo a Manuel para ordenar as súas ideas.

08:20 h

WALLACE E GROMIT. INVENTOS SORPRENDENTES: O chaleco antimatóns

Wallace inventa un chaleco para defenderse de ladróns e posibles ameazas, pero non prevé a súa potencia.

08:25 h

SONIC BOOM: O concurso de Chilepáns

Sonic vai ser o xuíz do concurso anual de chilepáns e todos queren facer a mellor salsa para ganar. Alguén fálalle a Knuckles dun pemento extraordinario e entrégalle un mapa para poder atopalo. Despois de superar varias probas, chega a un lugar onde coñece un pobo estraño ao que lle acabará axudando a recuperar o seu fogar.

08:35 h

SONIC BOOM: O resturante de Amy

Amy está descontenta co servizo que dan na hamburguesería e decide montar un restaurante para facelo mellor. A cousa deriva nunha guerra entre restaurantes que acabará enfadando a todo o mundo e coa participación de Eggman no enfrontamento.

08:50 h

SONIC BOOM: O dobre de knuckles

Durante unha batalla contra o doutor Eggman, Knuckles aparece noutro sitio e compórtase de forma moi distinta. Tails investiga o que lle pasa e descobre algo que confirma unha teoría súa sobre a existencia doutras dimensións.

09:00 h

SONIC BOOM: Sanción por atraso

Amy deixoulle un libro a Sonic e se non o devolve a tempo á biblioteca, a ela poñeranlle unha sanción polo atraso. Aínda que Sonic fai o posible por devolver o libro, no camiño encontrará moitos obstáculos que lle farán perder o tempo.

09:10 h

CÓDIGO CITIZEN: Os algoritmos seguen o ritmo?

Os algoritmos son un método de busca, a informática actual úsaos para acelerar as buscas e ofrecer resultados con rapidez.

09:15 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Burbulleiro

Nino, o mellor amigo de Adrien, queda “akumatizado” e convértese no Burbulleiro, un malandrín que atrapa adultos en burbullas que acaban flotando no ceo.

09:35 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Simón di

Un hipnotizador “akumatizado” convértese en Simón Di, un malfeitor capaz de facer que todos o obedezan cun mazo de cartas e que quere vingarse do pai de Adrien.

10:00 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Rogercop

O alcalde despide un policía que logo se transforma en Rogercop, un malfeitor que quere impoñer a súa lei como ditador de París.

10:20 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: O xogador

Marinette quere pasar tempo con Adrien e vence nun torneo de videoxogos o seu compañeiro Max.

10:40 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Animam

Xusto cando Marinette, Adrien e os seus amigos visitan o zoolóxico de París, un dos seus gardiáns, “akumatizado”, convértese nun animal malvado que cambia de forma.

11:10 h

TRAIÑEIRAS: Liga ACT. Bandeira feminina Getaria

En directo, a Liga Euskotren feminina despútase en Getaria.

12:00 h

CARREIRAS CON HISTORIA: CARREIRAS CON HISTORIA 5

12:15 h

TRAIÑEIRAS: Liga ACT. Bandeira masculina Getaria

En directo, a Liga Eusko Label masculina despútase hoxe en Getaria.

14:00 h

MOTOCRÓS: MUNDIAL MXGP GP SUECIA. 1ª CARREIRA

14:00 h

MOTOCRÓS: Mundial MXGP GP Suecia (1ª carreira)

En directo, primeira manga do Gran Premio de Suecia de MXGP de motocrós.

14:55 h

GALICIA DE RÉCORD

Programa dedicado aos récords Guinness que se conseguiron en Galicia. Desde o bocadillo dunha soa peza máis longo ata a muralla de libros máis grande, pasando polo queixo xigante, o faro máis antigo en funcionamento ou a produción teatral máis rápida. Un espazo entretido que recolle fitos extraordinarios que puxeron Galicia no centro de atención internacional.

15:00 h

TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 16.08.2026

Presentan Antía Araújo e David Valverde.

15:40 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 16.08.2026

Irene Lourido encárgase da información deportiva.

15:55 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 16.08.2026

16:05 h

IMOS NAVEGANDO: IMOS NAVEGANDO 3

Paisaxe, emoción e aventura, neste programa que percorre as rutas marítimas e fluviais galegas. O presentador, Rubén Prieto, guía a experiencia, acompañado cada semana por un convidado diferente. O programa recibe a bordo do Eureka a actriz Marta Doviro para viaxar entre Mugardos e Malpica.

17:00 h

MOTOCRÓS: MUNDIAL MXGP GP SUECIA. 2ª CARREIRA

17:00 h

MOTOCRÓS: Mundial MXGP GP Suecia (2ª carreira)

En directo, segunda rolda do Gran Premio de Suecia de MXGP de motocrós.

17:55 h

PROGRAMA RESUMO LGT TRAIÑEIRAS: SOLTANDO ESTACHA PROGRAMA RESUMO LGT TRAIÑEIRAS 64

18:00 h

TRAIÑEIRAS: LIGA GALEGA TRAIÑEIRAS. BANDEIRA CONCELLO DE BOIRO

18:05 h

TRAIÑEIRAS: Liga Galega de Traiñeiras. Bandeira Concello de Boiro

Competicións de traiñeiras da Liga Galega desde Boiro. No apartado masculino, o Cabo da Cruz mantén un dominio case incontestable tras encadear oito vitorias en nove regatas disputadas e xa mira cara ao play-off.

19:40 h

MANIOTAS

Coñécese a Borja Golán, un xogador que forma parte da elite mundial do squash. O espazo seguirá tamén a liga de chave de Santiago.

20:05 h

MICHELLE E OBAMA

No verán de 1989, en Chicago, o que ía ser o futuro presidente dos Estados Unidos, o licenciado en leis por Harvard Barack Obama, tivo a súa primeira cita coa que sería a súa esposa e a futura primeira dama, Michelle.

21:20 h

A REALIDADE ENCANTADA: Casa encantada da Escusalla

Na parroquia de Compostela (Lobios) exploramos a lenda da Casa encantada da Escusalla. A historia dánola a coñecer Marta, guía de sendeirismo que volveu á súa terra. Tamén o fará un veciño que lembra a lenda e unha testemuña do asolagamento da súa aldea. O programa remata cunha conversa na propia casa encantada e os nenos Artai e Vera falándonos dos 'biosbardos'.

22:00 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 16.08.2026

Presentan Antía Araújo e David Valverde. Irene Lourido encárgase da información deportiva.

22:40 h

E LOGO, QUEN FOI?: E LOGO, QUEN FOI?

A axente Rodríguez interroga o contable de Conxelare, Arturo Castro, que fixo o ingreso de 2 millóns de euros a uns cibercriminais despois de recibir un correo supostamente da súa xefa Patricia Pardo, dona de Conxelare.

22:45 h

E LOGO, QUEN FOI?: E LOGO, QUEN FOI? 2

A axente Rodríguez interroga o xefe de ciberseguridade de Conxelare, Steve, tralo roubo de 2 millóns de euros na empresa a través dun correo malicioso.

22:50 h

E LOGO, QUEN FOI?: E LOGO, QUEN FOI? 3

A axente Rodríguez interroga a secretaria de Dirección da empresa Conxelare, María Lérez. O caso acaba de complicarse tras aparecer morto o contable da empresa, Arturo Castro, na oficina da xefa.

22:50 h

SALVAXE: SALVAXE 12

O reality de aventuras máis extremo realizado nunca en Galicia. Neste novo formato, presentado por María Lamela, 18 concursantes deberán superar distintos retos físicos e mentais que porán a proba a súa resistencia, intelixencia, forza e capacidade de traballo en equipo. Os concursantes enfróntanse esta semana ás probas máis importantes que tiveron ata o momento, as que poderían certificar o seu pase á gran final.

23:00 h

E LOGO, QUEN FOI?: E LOGO, QUEN FOI? 4

A axente Rodríguez interroga a Gabriel Cardoso, marido de Patricia Pardo, dona de Conxelare en busca de novas pistas sobre o roubo na empresa e o posterior asasinato do contable.

23:10 h

E LOGO, QUEN FOI?: E LOGO, QUEN FOI? 5

A axente Rodríguez interroga a Patricia Pardo, a dona de Conxelare, que acaba de chegar da súa viaxe á Arxentina tralo roubo na empresa e posterior asasinato do contable.

23:15 h

E LOGO, QUEN FOI?: E LOGO, QUEN FOI? 6

Os axentes Rodríguez e Montenegro reúnense para repasar os interrogatorios e resolver o caso de Conxelare.

23:30 h

EN XOGO: EN XOGO 810

Espazo deportivo presentado por Gustavo Varela, que aposta polo fútbol galego, con especial atención ao Celta e ao Deportivo.

00:15 h

SALVAXE: SALVAXE 12

O reality de aventuras máis extremo realizado nunca en Galicia. Neste novo formato, presentado por María Lamela, 18 concursantes deberán superar distintos retos físicos e mentais que porán a proba a súa resistencia, intelixencia, forza e capacidade de traballo en equipo. Os concursantes enfróntanse esta semana ás probas máis importantes que tiveron ata o momento, as que poderían certificar o seu pase á gran final.

00:30 h

VOGA VOGA MARIÑEIRO

Reality show en que cinco concursantes, sen experiencia náutica, surcan a costa galega nun veleiro de 14 metros. A súa meta será a de aprender a manexar un barco e o gañador obterá o título de patrón de embarcacións de recreo.

01:20 h

PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 2114

Programa de madrugada da Radio Galega, presentado por Pepe Capelán, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.

06:00 h

FAMILIA DE OFICIO

Cada capítulo conta a historia dunha familia onde distintas xeracións conviven no coñecemento e aplicación dun oficio.

div-crtvg-top2

Publicidade