TVG2 - CSAG
O DIARIO DE ALICE: DIARIO DE ALICE, O 23
O DIARIO DE ALICE: DIARIO DE ALICE, O 24
MADDIE E TRIGGS: Tenis sonoro
Mamá leva a Maddie á escola a probar unha actividade nova: o tenis sonoro. Alí aprenderá a xogar a este deporte e todas as súas peculiaridades.
MADDIE E TRIGGS: A non despedida
Despois de visitar a Maddie e a súa familia, o tío George ten que marchar de viaxe a Hawai, pero Maddie e Triggs teñen problemas para despedirse del.
TIMMY TIME: Timmy o tren
Timmy e os seus compañeiros xogan aos trens, pero tanto el como Mittens queren ser os líderes e van ter que chegar a algún acordo.
BECHOS II: O gran premio de carrilanas
O parque acolle o primeiro campionato de carreiras de carrilanas. Margarida constrúe un bólido e a señora Osa axuda a Xurxo a crear o coche máis rápido de todos os tempos.
PREPARADO, EDDIE, XA!: O tren
Eddie vai ir visitar a seu avó. Para chegar á súa casa terá que facer unha viaxe en tren, algo que o neno espera con impaciencia porque é un medio de transporte que lle gusta moito.
BERNARD S7: Arriba e abaixo sen parar
Bernard e o pato extraterrestre seguen a pelexar polo xeo e o control do iglú.
BERNARD S7: Lixo… ou non?
O pato extraterrestre ten os mandos da nave ciscados por aí adiante, e Bernard quere manter algo de orde.
A PATRULLA CANINA: A patrulla axúdalle a un amigo/A patrulla canina salva unha polisoa
A Marshall sáelle mal todo e e pensa que os amigos se mofan del, así que decide marchar e deixar ‘A patrulla canina’. Cando Ryder e os outros se decatan, buscan a Marshall por todas partes e, despois de rescatar entre todos uns coelliños, Marshall verá o moito que o estiman todos. / ‘A patrulla canina’ vai ir onda Jake e Everest para axudarlles a contar pingüíns. Cando Rubble carga a equipaxe no Patrullabús, mete sen querer a Cali tamén. Ao chegaren ao seu destino, Cali acaba correndo sen control na quitaneves de Everest e ‘A patrulla canina’ terá que intervir para poñela a salvo. A Marshall sáelle mal todo e e pensa que os amigos se mofan del, así que decide marchar e deixar ‘A patrulla canina’. Cando Ryder e os outros se decatan, buscan a Marshall por todas partes e, despois de rescatar entre todos uns coelliños, Marshall verá o moito que o estiman todos. / ‘A patrulla canina’ vai ir onda Jake e Everest para axudarlles a contar pingüíns. Cando Rubble carga a equipaxe no Patrullabús, mete sen querer a Cali tamén. Ao chegaren ao seu destino, Cali acaba correndo sen control na quitaneves de Everest e ‘A patrulla canina’ terá que intervir para poñela a salvo.
O MUNDO DE ALVA: Espías na wifi
Na casa de Alva quedan sen wifi e non saben se conectarse a unha rede gratuíta que non require contrasinal. En Gizmo, o alcalde Garth usa a rede do café de Skaytha para facer un pedido. Na casa de Alva quedan sen wifi e non saben se conectarse a unha rede gratuíta que non require contrasinal. En Gizmo, o alcalde Garth usa a rede do café de Skaytha para facer un pedido.
SUPERHEROES DA NATUREZA: Araña pavón: a samba peluda
A araña pavo real é unha araña moi presumida e bailadora, cun superpoder que nos deixará coa boca aberta e cos ollos pechados.
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 14.08.2026
CÓDIGO CITIZEN: Pode mozart verse superado por un programa informático?
Hoxe en día, hai programas de creación de música por ordenador que podemos usar todos.
ARGONAUTAS: ARGONAUTAS 14
SONIC BOOM: O día do Ourizo
Durante unha batalla do doutor Eggman contra Sonic e os amigos sucede algo que fai que se repita o mesmo día unha e outra vez. O doutor Eggman investiga e terá que pedirlle axuda a Tails para buscar unha solución.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Lady Wifi
Alya cre equivocadamente que Chloe é Ladybug e expúlsana do instituto por remexer no seu armario.
AVENTUREIRA CARLY S1: Os coellos rosas
Mentres buscan a mochila tópanse cuns coellos que, malia pareceren inofensivos, acaban raptándoos e levándoos á súa gorida. Carly consegue escapar, pero Bobby e Morgan seguen alí. Mentres buscan a mochila tópanse cuns coellos que, malia pareceren inofensivos, acaban raptándoos e levándoos á súa gorida. Carly consegue escapar, pero Bobby e Morgan seguen alí.
INVENTA QUE INVENTA: A cianotipia e o paraugas para mascotas
Neste episodio de 'Inventa que inventa' descubrimos a cianotipia e aprendemos a crear imaxes coa luz. Coñecemos a historia de Alejandro Finisterre, o inventor galego do futbolín, e tamén ideas creativas para reutilizar roupa vella. Ademais, analizamos un curioso paraugas para mascotas e aprendemos que é un algoritmo dunha forma divertida e sinxela.
SAUDADE DE TI: SAUDADE DE TI III 135
Terceira temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Inclúe novos personaxes e novas tramas, como a construción dun novo porto deportivo que dividirá a vila de Abrente. Celia chega á casa esgotada despois de pasar a noite no hospital, pero feliz porque o seu pai espertou do coma. Ao mesmo tempo, Brais quere saber por que o deixou Noa. É algo que lle resulta inexplicable, pero ten que haber algún motivo.
SAUDADE DE TI: SAUDADE DE TI III 136
Terceira temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Inclúe novos personaxes e novas tramas, como a construción dun novo porto deportivo que dividirá a vila de Abrente.
SAUDADE DE TI: SAUDADE DE TI III 137
Terceira temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Inclúe novos personaxes e novas tramas, como a construción dun novo porto deportivo que dividirá a vila de Abrente. Isidro parece recuperarse de forma favorable. O único problema é que non lembra nada do acontecido desde o accidente en que morreu a súa esposa Olga. Isto fai que Belén, a súa actual parella, se sinta preocupada. Teresa recoméndalle que se centre nos bos momentos que viviron xuntos, convencida de que eses recordos farán que Isidro recupere a memoria recente.
SAUDADE DE TI: SAUDADE DE TI III 138
Terceira temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Inclúe novos personaxes e novas tramas, como a construción dun novo porto deportivo que dividirá a vila de Abrente. Celia pídelle a Raúl que marche da casa, xa que podería ser traumático para o seu pai comprobar que viven xuntos, e Teresa está preocupada porque cre que Elba non quere ter fillos.
SAUDADE DE TI: 139
Terceira temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Inclúe novos personaxes e novas tramas, como a construción dun novo porto deportivo que dividirá a vila de Abrente. Os seguidores de 'Saudade de ti' verán hoxe como Pedro lle ofrece a Mónica traballar xuntos contra o inimigo que teñen en común: Óscar Osorio. A Isidro estalle resultando moi difícil adaptarse á súa nova realidade, ata o punto de que Belén comeza a valorar a idea de abandonar Abrente para non obstaculizar a súa recuperación.
SAUDADE DE TI: 140
Terceira temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Inclúe novos personaxes e novas tramas, como a construción dun novo porto deportivo que dividirá a vila de Abrente.
ESTACHE BO!: Filloas de xamón curado e queixo fresco
Espazo gastronómico presentado polo ourensán Moisés Rodríguez, un cociñeiro próximo e familiar que amosará en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor. Trasladaralle á audiencia a necesidade de modificar o estilo de vida cara a hábitos saudables a través da cociña.
TAL SEMENTE: TAL SEMENTE II 40
Dirixido a toda a familia e baseado na dinámica de preguntas e respostas, neste concurso, presentado por Esther Estévez, os máis novos da casa competirán en parella cos seus pais e avós.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 14.08.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 14.08.2026
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 14.08.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 14.08.2026
MAGNUM: MAGNUM 21
Narra as aventuras de Thomas Sullivan Magnum, un investigador privado que vive en Hawai co mordomo Higgins, un exmilitar co que se leva como o can e o gato e que o ameaza cos seus cans gardiáns Zeus e Apolo. Magnum dedícase a resolver grandes casos, contando sempre coa axuda incondicional dos seus compañeiros Rick e TC, e mesmo de Higgins.
MAGNUM: MAGNUM 22
Narra as aventuras de Thomas Sullivan Magnum, un investigador privado que vive en Hawai co mordomo Higgins, un exmilitar co que se leva como o can e o gato e que o ameaza cos seus cans gardiáns Zeus e Apolo. Magnum dedícase a resolver grandes casos, contando sempre coa axuda incondicional dos seus compañeiros Rick e TC, e mesmo de Higgins.
LAMBÓNS DE VIAXE: LAMBÓNS DE VIAXE 144
Programa de viaxes da Radio Galega, dirixido e presentado por Carlos Garía Verdugo, coa colaboración de Dani Portela.
BALONMÁN: TROFEO CIDADE DE PONTEVEDRA. FINAL
RIBEIRAS DE SALITRE: CELEIRO, UN MAR NA BUSCA DO HORIZONTE
Serie documental presentada por X. H. Rivadulla Corcón, que amosa a alegría de vivir na cultura mariñeira, dando a coñecer os homes e mulleres que traballan para o mar, no propio mar e nas ribeiras. A vida no porto de Celeiro, un dos máis destacados de Europa, asómase á TVG co programa.
PESCA TOTAL
Programa presentado por Lucía Regueiro, en que seis aspirantes sen experiencia previa no mar se enrolarán no barco Playa de Sanxenxo. Ás ordes do capitán Sauro Martínez e coa axuda da súa tripulación, os participantes enfrontaranse a desafíos e tarefas propias dun barco pesqueiro.
TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 14.08.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
A PÉ DE PRAIA SERÁN: A PE DE PRAIA SERÁN 09.08.2026
Espazo de predición meteorolóxica para as praias do litoral galego e tamén para as zonas habilitadas para o baño no interior de Galicia.
MENTES MARABILLOSAS
Louis ten unha funeraria e vive dedicado exclusivamente ao seu traballo. Por unha casualidade da vida, un día coñece a Igor, un mozo discapacitado que bota a maior parte do tempo lendo os grandes filósofos. Xuntos emprenden unha viaxe no coche fúnebre, unha viaxe que suporá unha grande experiencia para os dous e na que aprenderán a liberarse da mirada dos demais e a vivir a vida tal como chega.
OS CANTOS ROLADOS: Os Resentidos / Heredeiros da Crus / Siniestro Total
Presentado por Tuchiño, de Heredeiros da Crus, cada entrega é un monográfico dun estilo musical, cos máximos expoñentes dese xénero, con actuacións ao vivo e con curiosidades sobre o traballo dos grupos e artistas. Hoxe son protagonistas: Heredeiros da Crus, Os Resentidos e Siniestro Total, tres lendas do rock galego e nacional.
A BOAS HORAS
A G2 emite este novo espectáculo en directo que revolucionará as madrugadas da fin de semana na Radio Galega. Humor, música, xogos e improvisación para converter a noite nun gran punto de encontro durante cinco horas de radio en directo. Toño Casais será o mestre de cerimonias dun equipo no que pode pasar de todo, acompañado polo televisivo Isi e pola reporteira Ilda Mosquera.
TAL SEMENTE: TAL SEMENTE II 40
Dirixido a toda a familia e baseado na dinámica de preguntas e respostas, neste concurso, presentado por Esther Estévez, os máis novos da casa competirán en parella cos seus pais e avós.