div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

MADDIE E TRIGGS: Xirasoles

Maddie e Triggs descobren que un dos xirasoles que plantaron non medrou moito e intentan axudalo.

07:05 h

MADDIE E TRIGGS: Morcegos

Maddie, Triggs e papá atopan un morcego que se perdeu e confirman a importancia que ten o son, sobre todo para estes animais.

07:10 h

BERNARD S7: BERNARD S7 12

07:10 h

BERNARD S7: O gardacostas superexclusivo

O cangrexo decide protexer a Bernard de calquera perigo.

07:15 h

OS BOLECHAS. HISTORIA DE GALICIA II: Cando derrubamos os castelos

Durante os últimos anos da Idade Media había moitos malfeitores que enganaban a xente para roubar, e os bispos e nobres non facían nada para protexelos. A xente fartouse dos abusos e uniuse en irmandades para loitar. Nobres e ladróns tiveron que fuxir a Portugal, pero, pasado un tempo, xuntaron un exército e volveron recuperar os seus castelos. Durante os últimos anos da Idade Media había moitos malfeitores que enganaban a xente para roubar, e os bispos e nobres non facían nada para protexelos. A xente fartouse dos abusos e uniuse en irmandades para loitar. Nobres e ladróns tiveron que fuxir a Portugal, pero, pasado un tempo, xuntaron un exército e volveron recuperar os seus castelos.

07:25 h

SUPERHEROES DA NATUREZA: TARDÍGRADOS: OS SUPERVIVENTES EXTREMOS

07:25 h

CAN CHEIRENTO: Can Cheirento no centro da Terra

Can Cheirento e Gato Chato atopan unha caixa con comida. Bernard convénceos de gardala nunha neveira abandonada e logo el róuballes a comida. Cando Gato Chato ve que as súas provisións desapareceron e acusa a Bernard, este inventa unha historia: a neveira é unha máquina que os leva ó centro da Terra!

07:25 h

SUPERHEROES DA NATUREZA: Escaravello peloteiro cornudo: pequeno, pero matón

O escaravello peloteiro cornudo ten un nome curioso. Non, non xoga ao fútbol, pero si que move unha bóla coas patas traseiras.

07:40 h

VERÁN M: Tiburón en Moledo

Serie de aventuras cuxas tramas transcorren durante as vacacións na praia portuguesa de Moledo. Cun fermoso escenario de fondo e a través de historias conmovedoras, esta coprodución coa RTP reavivará as lembranzas estivais comúns a toda a audiencia. Na nova entrega de ‘Verán M’ que a TVG ofrece este sábado, os rapaces deciden gastarlle unha broma ao socorrista, Zé. Prenden a aleta dun tiburón a un barco comandado e causan conmoción na praia. Axiña o xogo sairá de control e a vinganza de Zé non se fará esperar.

07:40 h

WALLACE E GROMIT. INVENTOS SORPRENDENTES: O telemando

Wallace inventa un mando a distancia novo para cambiar as canles da televisión, pero o que non conta é que é de un só uso.

08:25 h

SONIC BOOM: SONIC BOOM 17

08:25 h

SONIC BOOM: Non me xulgues

Sticks ve un alce birollo e cre que lle botou unha maldición. Os amigos axudaranlle a buscar alguén que a libre dela e cando o encontran teñen que superar varias probas para demostrar a súa valía.

08:25 h

SUCKER'S: SUCKER'S 30

08:40 h

SONIC BOOM: Ánimo baixo

Eggman anda algo deprimido porque as cousas non lle saen ben e perde a gana de enfrontarse a Sonic. Pola súa parte, Sonic, ao non ter con quen loitar, acaba aburrido e sen saber que facer. Os amigos terán que animar a Eggman para que todo volva á normalidade.

08:50 h

SONIC BOOM: As botas poderosas

Sonic fai un ruído estraño cando corre que lles rebenta os oídos a todos. Aínda que Sticks investiga o que lle pasa ao seu amigo, será o doutor Eggman quen acabe dándolle algo que parece solucionalo.

09:00 h

SONIC BOOM: Vacabot

O doutor Eggman fai un robot novo para destruír a Sonic que acaba revirándose contra el. Entón, Sonic e Tails terán que axudarlle a defenderse e acabarán traballando en equipo todos xuntos.

09:10 h

CÓDIGO CITIZEN: Pódese charlar coa neveira?

Na actualidade, xa hai obxectos conectados a Internet co obxectivo de facernos a vida máis doada.

09:15 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Inverso

Lepidótero “akumatiza” a Marc, un estudante que está convencido de que Marinette e Nathaniel se burlaron del, e convértese en Inverso.

09:35 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Anansi

Lepidótero “akumatiza” a Nora, a irmá maior de Alya, que se converte en Anansi, unha muller-araña xigante que quere mostrar o perigosa que é a cidade.

10:00 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Malediktator

Chloe ameaza con marchar de París porque o seu pai non lle cumpre todos os desexos e este convértese en Malditador, un ser malvado capaz de facer realidade todo o que di.

10:20 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Areeiro

Mentres Tikki e Plagg se reúnen con outros “kwamis”, aparece un misterioso e malvado ser que sobrevoa a cidade na súa nube máxica. É Areeiro, capaz de facer realidade os pesadelos de cada persoa.

10:45 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Catalizadora (O Día dos Heroes 1ª Parte)

É o Día dos Heroes en París e todo o mundo debe facer unha boa acción. Pero o día transfórmase nun pesadelo cando Lepidóptero “akumatiza” a Nathalie.

11:10 h

TRAIÑEIRAS: Liga ACT. Bandeira feminina Hondarribia

En directo, proba feminina da Liga Euskotren en augas bascas.

12:05 h

DEPORTE EXTRA: Costa Atlántica MTB Tour 6ª edición

12:15 h

TRAIÑEIRAS: Liga ACT. Bandeira masculina Hondarribia

En directo, XXXIX Bandeira de Hondarribia-Gran Premio Mapfre en augas bascas.

14:05 h

IMOS NAVEGANDO: IMOS NAVEGANDO 2

Paisaxe, emoción e aventura, neste programa que percorre as rutas marítimas e fluviais galegas. O presentador, Rubén Prieto, guía a experiencia, acompañado cada semana por un convidado diferente. O programa ‘Imos Navegando’ percorrerá hoxe a etapa entre Cariño e Mugardos, co xornalista Diego Viaño a bordo do Eureka.

14:55 h

DANDO A NOTA: Banda de música de Xinzo

Programa que dá a coñecer as actividades e o día a día das bandas de música. Inclúe entrevistas a diferentes personalidades, ademais de amosar a historia de cada banda desde o punto de vista dos seus fundadores.

15:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 09.08.2026

Presentan Antía Araújo e David Valverde.

16:10 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 09.08.2026

Irene Lourido encárgase da información deportiva.

16:25 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 09.08.2026

16:35 h

ESPAÑA BAIXO A ECLIPSE TOTAL

O día 12 de agosto de 2026, ás 20:27, España será testemuña dunha das experiencias colectivas máis impresionantes que existen: unha eclipse total de Sol, que converterá o territorio español nun auténtico laboratorio astronómico a ceo aberto. Documental que acompaña científicos, institucións e afeccionados nos días previos á eclipse de 2026. A produción aborda tanto a dimensión científica do fenómeno como os retos organizativos, de seguridade e mobilidade que implica un acontecemento destas características. Mediante imaxes espectaculares, recreacións históricas e intervencións de expertos internacionais, explora por que este fenómeno continúa fascinando á humanidade e a súa capacidade para transformar a nosa visión do ceo.

17:30 h

BONANZA: O trono silencioso

No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 qm2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe.

div-crtvg-top2

Publicidade