TVG2 - CSAG
O DIARIO DE ALICE: DIARIO DE ALICE, O 17
MADDIE E TRIGGS: Cola bulideira
Triggs menea a cola cando se pon contento, pero ás veces pode pasarse un pouco ata o punto de parecer que a cola ten vida propia.
O DIARIO DE ALICE: DIARIO DE ALICE, O 18
MADDIE E TRIGGS: Os birlos
Mamá e papá levan a Maddie e Triggs a xogar aos birlos por primeira vez.
TIMMY TIME: TIMMY TIME 15
TIMMY TIME: Timmy fai bum
Despois de escoitar os tronos durante unha treboada, Timmy queda fascinado cos ruídos fortes e asusta a Apricot.D
BECHOS II: O tesouro pirata
Xurxo e Margarida atopan un mapa antigo xogando no parque pero non o entenden. A señora Osa axudará á bichería a pasalo ben mentres buscan o tesouro perdido.
PREPARADO, EDDIE, XA!: PROBAR COMIDAS NOVAS
PREPARADO, EDDIE, XA!: Probar novas comidas
Hoxe Eddie vai probar o brócoli, unha comida nova para el. Levaralle o seu tempo decidir se probalo ou non, pero coma sempre, demostrará que é moi valente.
BERNARD S7: BERNARD S7 9
BERNARD S7: Non o piques!
Bernard non pode resistirse a tocar algo que non debería… e aprende a lección.
BERNARD S7: BERNARD S7 10
A PATRULLA CANINA: A patrulla salva un concurso de talentos / A patrulla salva a colleita de millo
En Baía Aventura van celebrar un concurso de talentos e ‘A patrulla canina’ organiza un grupo musical con Rubble e Marshall de cantantes. Mentres o grupo ensaia, o granxeiro Al chama a Ryder porque ten unha emerxencia. Rubble e Rocky encárganse de axudarlle e terán que apurar para chegar a tempo ó concurso. / O granxeiro Al fai un labirinto no campo de millo coa axuda da ‘Patrulla canina’ e coas espigas pensan facer unha grellada para toda a vila. O malo é que a vaca Bettina tira o asadeiro, as brasas caen entre as espigas e o millo empeza a estourar. ‘A patrulla canina’ terá que intervir e despois rescatará a Chickaletta do labirinto. En Baía Aventura van celebrar un concurso de talentos e ‘A patrulla canina’ organiza un grupo musical con Rubble e Marshall de cantantes. Mentres o grupo ensaia, o granxeiro Al chama a Ryder porque ten unha emerxencia. Rubble e Rocky encárganse de axudarlle e terán que apurar para chegar a tempo ó concurso. / O granxeiro Al fai un labirinto no campo de millo coa axuda da ‘Patrulla canina’ e coas espigas pensan facer unha grellada para toda a vila. O malo é que a vaca Bettina tira o asadeiro, as brasas caen entre as espigas e o millo empeza a estourar. ‘A patrulla canina’ terá que intervir e despois rescatará a Chickaletta do labirinto.
BERNARD S7: Carreiras a toda diversión
Bernard participa nunha carreira chea de obstáculos tolos.
O MUNDO DE ALVA: As manchas
Finn sente unha comechón na perna e Nessa busca en Internet cal pode ser a causa. En Gizmo, Oolie Bean esperta co corpo cheo de manchas e recorre a unha máquina para que lle dea un diagnóstico. Finn sente unha comechón na perna e Nessa busca en Internet cal pode ser a causa. En Gizmo, Oolie Bean esperta co corpo cheo de manchas e recorre a unha máquina para que lle dea un diagnóstico.
SUPERHEROES DA NATUREZA: COLIBRÍ: O CAMPIÓN MUNDIAL DE ACROBACIAS AÉREAS
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 07.08.2026
CÓDIGO CITIZEN: COMO IR A MARTE SEN MOVERSE DO SOFÁ?
ARGONAUTAS: ARGONAUTAS 9
SONIC BOOM: SENTIRSE CULPABLE
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: SEREA
AVENTUREIRA CARLY S1: O mal está aquí
O equipo decide ir buscar as probas que necesitan os Lee e Murray acompáñaos. Bobby desconfía del e, tras unha pelexa con Dylan, descubre que ten razón. Carly, cegada pola amabilidade de Murray, non cre a Bobby e discuten. O equipo decide ir buscar as probas que necesitan os Lee e Murray acompáñaos. Bobby desconfía del e, tras unha pelexa con Dylan, descubre que ten razón. Carly, cegada pola amabilidade de Murray, non cre a Bobby e discuten.
AVENTUREIRA CARLY S1: PELEXA NO CASTELO DE AREA S1 31
Bobby descobre probas indiscutibles e corre a reunirse cos seus amigos no castelo de area ó que Murray os levou. Dylan e Maggie atacan a Carly e róubanlle o caderno. Saen á luz pistas sobre o agresor de Zag.
INVENTA QUE INVENTA: O BATISCOPIO E AS PINZAS DE CARTÓN
SAUDADE DE TI: SAUDADE DE TI II 110
Segunda temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Os protagonistas terán que facer fronte a terribles sospeitas e ansias de vinganza nesta nova temporada, en que as intrigas amorosas estarán máis vivas ca nunca.
SAUDADE DE TI: SAUDADE DE TI II 111
Segunda temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Os protagonistas terán que facer fronte a terribles sospeitas e ansias de vinganza nesta nova temporada, en que as intrigas amorosas estarán máis vivas ca nunca. A meniña de Mónica atópase nunha situación crítica e os pais teñen que dar a súa autorización para que os médicos poidan intervir a nena no quirófano. A pesar da insistencia da nai para asinar os documentos canto antes, Raúl non está convencido. Pola súa parte, Celia esperta xunto a Santi no sofá. Son dous amigos que quedaron durmidos no salón, pero Mauri non ten moi claro que as cousas sexan tan sinxelas.
SAUDADE DE TI: SAUDADE DE TI II 112
Segunda temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Os protagonistas terán que facer fronte a terribles sospeitas e ansias de vinganza nesta nova temporada, en que as intrigas amorosas estarán máis vivas ca nunca. O bebé dos López de Castro entra no quirófano para someterse á operación. Cada segundo de espera é un auténtico pesadelo para os pais. Lucho ten que demostrar perante o comité de ética que detrás da doazón do ril a Elba non hai motivos económicos. Antes de tres días necesita ter unha vivenda e un traballo. Teresa vaise encargar de que cumpra os requisitos, aínda que sexa o último que faga.
SAUDADE DE TI: SAUDADE DE TI II 113
Segunda temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Os protagonistas terán que facer fronte a terribles sospeitas e ansias de vinganza nesta nova temporada, en que as intrigas amorosas estarán máis vivas ca nunca. A filla de Mónica evoluciona de forma favorable tras someterse á operación e Raúl comeza a dar motivos para volver confiar nel. Lucho xa ten piso e traballo grazas a Teresa. O problema é que, tal e como solucionou o asunto, o comité de ética pode ver iso como unha forma de pago a Lucho pola doazón do seu ril a Elba.
SAUDADE DE TI: SAUDADE DE TI II 114
Segunda temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Os protagonistas terán que facer fronte a terribles sospeitas e ansias de vinganza nesta nova temporada, en que as intrigas amorosas estarán máis vivas ca nunca. Mónica non se quere afastar da súa nena, pese que evoluciona ben. Para Raúl, o peor é que parece que ela o quere lonxe da filla. Para Brais está claro que o sugar daddy de Álex é unha invención, pero Noa quere probas. Se cadra, o que descobren é que hai cousas que é mellor non saber.
SAUDADE DE TI: SAUDADE DE TI II 115
Segunda temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Os protagonistas terán que facer fronte a terribles sospeitas e ansias de vinganza nesta nova temporada, en que as intrigas amorosas estarán máis vivas ca nunca. En 'Saudade de ti', Isidro está en desacordo con que Lucho recoñeza de forma oficial a paternidade de Noa. Brais móstrase remiso a eliminar as probas contra Álex porque cre que esconden algo.
ESTACHE BO!: Presa ibérica con salsa de cogomelos
Espazo gastronómico presentado polo ourensán Moisés Rodríguez, un cociñeiro próximo e familiar que amosará en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor. Trasladaralle á audiencia a necesidade de modificar o estilo de vida cara a hábitos saudables a través da cociña.
ESTACHE BO!: Torta de queixo ao forno con crema de froita fresca
Espazo gastronómico presentado polo ourensán Moisés Rodríguez, un cociñeiro próximo e familiar que amosará en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor. Trasladaralle á audiencia a necesidade de modificar o estilo de vida cara a hábitos saudables a través da cociña.
TAL SEMENTE: TAL SEMENTE II 35
Dirixido a toda a familia e baseado na dinámica de preguntas e respostas, neste concurso, presentado por Esther Estévez, os máis novos da casa competirán en parella cos seus pais e avós.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 07.08.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 07.08.2026
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 07.08.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 07.08.2026
MAGNUM: MAGNUM 13
Narra as aventuras de Thomas Sullivan Magnum, un investigador privado que vive en Hawai co mordomo Higgins, un exmilitar co que se leva como o can e o gato e que o ameaza cos seus cans gardiáns Zeus e Apolo. Magnum dedícase a resolver grandes casos, contando sempre coa axuda incondicional dos seus compañeiros Rick e TC, e mesmo de Higgins.
MAGNUM: MAGNUM 14
Narra as aventuras de Thomas Sullivan Magnum, un investigador privado que vive en Hawai co mordomo Higgins, un exmilitar co que se leva como o can e o gato e que o ameaza cos seus cans gardiáns Zeus e Apolo. Magnum dedícase a resolver grandes casos, contando sempre coa axuda incondicional dos seus compañeiros Rick e TC, e mesmo de Higgins.
LAMBÓNS DE VIAXE: LAMBÓNS DE VIAXE 146
Programa de viaxes da Radio Galega, dirixido e presentado por Carlos Garía Verdugo, coa colaboración de Dani Portela.
RECANTOS CON FEITIZO: Mondariz Balneario
‘Recantos con feitizo’ convida a descubrir os recunchos máis sorprendentes e auténticos de Galicia a través dos ollos de reporteiros e 'influencers'. Cada episodio amosará cinco lugares únicos, desde paisaxes naturais a espazos ateigados de historia e cultura. Unha viaxe chea de curiosidade, sorpresas e moitos 'selfies'.
RIBEIRAS DE SALITRE: San Cibrao, un mar que non se esquece
Serie documental presentada por X. H. Rivadulla Corcón, que amosa a alegría de vivir na cultura mariñeira, dando a coñecer os homes e mulleres que traballan para o mar, no propio mar e nas ribeiras. Cos mariñeiros de San Cibrao, ‘Ribeiras de Salitre' coñecerá o traballo actual neste porto e o seu pasado baleeiro.
RIBEIRAS DE SALITRE: Foz, memoria viva do mar
Serie documental presentada por X. H. Rivadulla Corcón, que amosa a alegría de vivir na cultura mariñeira, dando a coñecer os homes e mulleres que traballan para o mar, no propio mar e nas ribeiras. A memoria viva do mar de Foz, hoxe en ‘Ribeiras de Salitre’.
A ECLIPSE: ECLIPSE, A CAP. 5
Cando os investigadores pensan que xa teñen o culpable, unha nova proba pon todo en dúbida. Manue e Johanna deberán enfrontarse a unha situación límite na que protexer os seus fillos pode significar afastarse da verdade e sacrificar a súa amizade.
A ECLIPSE: ECLIPSE, A CAP. 6
Apartadas da investigación, Manue e Johanna unen forzas para descubrir o culpable da morte de Nour. Namentres, o fiscal reconstrúe os feitos cos principais implicados, un proceso que axudará a que a verdade saia por fin á luz.
TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 07.08.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
MELLOR Á GALEGA II (ECLIPSE): Lucía Canda Lino
Fernando Romay conversa con Lucía Canda Lino, divulgadora científica e membro da Asociación Astronómica Sirio, para achegar á audiencia a emoción de observar o ceo. Nun encontro próximo e divulgativo, explica como nace a paixón pola astronomía, o labor que desenvolven as asociacións astronómicas en Galicia e por que a eclipse de Sol supón unha oportunidade excepcional para espertar a curiosidade científica.
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACION ESTADO DO MAR SERÁN 07.08.2026
DRACULA
No ano 1890, o avogado Jonathan Harker viaxa a un castelo perdido de Transilvania, onde coñece o conde Drácula, que en 1462 perdeu o seu amor, Elisabeta. O conde, fascinado por unha fotografía de Mina Murray, a noiva de Harker, que lle lembra á súa Elisabeta, viaxa até Londres "cruzando océanos de tempo" para coñecela. Xa en Inglaterra, tenta conquistar e seducir a Lucy, a mellor amiga de Mina.
DESAFÍOS CRIMINAIS: OBSESION ASASINA
A violencia atroz coa que arrebataron a vida de Beatriz e Sergio conxelou para sempre ese instante fatídico. Cando os gardas civís chegaron ao lugar, puideron reconstruír con claridade a secuencia do asasinato. Empregaran unha escopeta de caza sen deixar rastro: sen balas, nin pegadas, nin ADN. Así, só puideron esclarecer o sucedido. Mais non, desgraciadamente, quen o cometera.
DESAFÍOS CRIMINAIS: Obsesión asasina
A violencia atroz coa que arrebataron a vida de Beatriz e Sergio conxelou para sempre ese instante fatídico. Cando os gardas civís chegaron ao lugar, puideron reconstruír con claridade a secuencia do asasinato. Empregaran unha escopeta de caza sen deixar rastro: sen balas, nin pegadas, nin ADN. Así, só puideron esclarecer o sucedido. Mais non, desgraciadamente, quen o cometera.
A BOAS HORAS
A G2 emite este novo espectáculo en directo que revolucionará as madrugadas da fin de semana na Radio Galega. Humor, música, xogos e improvisación para converter a noite nun gran punto de encontro durante cinco horas de radio en directo. Toño Casais será o mestre de cerimonias dun equipo no que pode pasar de todo, acompañado polo televisivo Isi e pola reporteira Ilda Mosquera.
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACION ESTADO DO MAR SERÁN 07.08.2026
MELLOR Á GALEGA II (ECLIPSE): LUCÍA CANDA LINO
Fernando Romay conversa con Lucía Canda Lino, divulgadora científica e membro da Asociación Astronómica Sirio, para achegar á audiencia a emoción de observar o ceo. Nun encontro próximo e divulgativo, explica como nace a paixón pola astronomía, o labor que desenvolven as asociacións astronómicas en Galicia e por que a eclipse de Sol supón unha oportunidade excepcional para espertar a curiosidade científica.