TVG2 - CSAG
O DIARIO DE ALICE: DIARIO DE ALICE, O 12
O DIARIO DE ALICE: DIARIO DE ALICE, O 11
MADDIE E TRIGGS: Polo mundo adiante
Maddie repasa as postais que lle enviou o tío George desde distintos lugares do mundo e viaxa sen moverse da casa.
MADDIE E TRIGGS: Campás
Maddie, Triggs e a avoa soben ao campanario da vila a investigar por que xa non soan todas as campás.
TIMMY TIME: Timmy tenta agocharse
Toda a clase xoga ás agochadas, pero ninguén quere ir con Paxton porque fai moito ruído.
BECHOS II: O Magosto
O bosque está cheo de castañas e Margarida e Xiana queren facer unha festa.
PREPARADO, EDDIE, XA!: O cine
Eddie vai ao cine cos seus amigos Akil e Nina, van ver a terceira parte da súa película favorita. O neno repasará o que hai que facer en cada momento nunha sala do cine.
BERNARD S7: Un coidado de bebés con mala sorte
Bernard e a anguía tentan apadriñar un coco, pero non é tan sinxelo como pensaban...
A PATRULLA CANINA: O can novo
[1]‘A patrulla canina’ vai onda Jake no vehículo novo que usarán para as viaxes longas. Jake chama a Ryder durante a viaxe e queda incomunicado cando lle cae o teléfono á auga. Aínda que ‘A patrulla canina’ vai ao rescate, Jake contará coa axuda dunha cadeliña moi simpática e espelida que o salvará dunha tormenta. ‘A patrulla canina’ vai onda Jake no vehículo novo que usarán para as viaxes longas. Jake chama a Ryder durante a viaxe e queda incomunicado cando lle cae o teléfono á auga. Aínda que ‘A patrulla canina’ vai ao rescate, Jake contará coa axuda dunha cadeliña moi simpática e espelida que o salvará dunha tormenta.
BERNARD S7: BERNARD S7 4
O MUNDO DE ALVA: Cara chistosa
Alva fixo un vídeo nunha aplicación usando a cara de Nessa nunha situación cómica. En Gizmo, Oolie Pom está de aniversario e o alcalde Garth contrata un “Oolie-grama” para que lle cante cancións divertidas. Alva fixo un vídeo nunha aplicación usando a cara de Nessa nunha situación cómica. En Gizmo, Oolie Pom está de aniversario e o alcalde Garth contrata un “Oolie-grama” para que lle cante cancións divertidas.
SUPERHEROES DA NATUREZA: Cogombro de mar: o ataque dos fideos picantes
O cogombro de mar é brando por fóra, pero non vos equivoquedes, non ten medo nin das enormes quenllas brancas.
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 04.08.2026
CÓDIGO CITIZEN: O meu teléfono intelixente caeu do ceo?
A evolución da sociedade marca cambios no uso das cousas, como por exemplo, o dos teléfonos móbiles.
ARGONAUTAS: ARGONAUTAS 6
SONIC BOOM: Traduce isto
Tails fabrica un robot tradutor universal do que está moi satisfeito porque que interpreta ata os pensamentos. O doutor Eggman ve o potencial do robot para destruír a Sonic e argalla un plan para roubalo e que os seus inimigos se enfronten entre si.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Robustus
Max constrúe un pequeno robot, moi sensible e chamado Markov, que se converte en Robostus, un dispositivo capaz de darlles vida aos obxectos inanimados.
AVENTUREIRA CARLY S1: Un auténtico nómade: Parte 2
O ataque dun depredador obriga o grupo de Carly e o pai de Jerry a unir forzas. Carly descobre máis cousas sobre a infancia de Jerry e os medos de seu pai, o que lle leva a pensar en seu pai, Zag. O ataque dun depredador obriga o grupo de Carly e o pai de Jerry a unir forzas. Carly descobre máis cousas sobre a infancia de Jerry e os medos de seu pai, o que lle leva a pensar en seu pai, Zag.
INVENTA QUE INVENTA: Cañón de vórtices e coche impulsado por aire
'Inventa que inventa' nesta entrega explora a ciencia do aire a través dun canón de vórtices creado por nenos e nenas. Inclúe un invento real tan chamativo como a chaqueta con ventilador incorporado e a historia de Becky, a inventora da "Glow-sheet". Complétase co invento dun coche impulsado por aire e unha explicación de dicionario da intelixencia artificial.
O ARMARIO: O ARMARIO 5
Detrás do escritor Xacobe Pato hai uns conxuntos moi básicos que se inspiran en todo o que levan os actores de moda en Hollywood. Dende o que foi o seu fogar, a librería onde comezou a escribir, explícanos como é o seu armario e cales son as pezas ás que lle ten máis cariño.
O ARMARIO: O ARMARIO 6
Todo o mundo é "hooligan" de The Rapants e hai quen pensa que Matías, baixista da banda, é o músico con máis estilo do panorama actual. O gardarroupa do muradán ten moitos complementos e a súa vida está chea de citas no salón de beleza.
SAUDADE DE TI: SAUDADE DE TI II 94
Segunda temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Os protagonistas terán que facer fronte a terribles sospeitas e ansias de vinganza nesta nova temporada, en que as intrigas amorosas estarán máis vivas ca nunca. Celia non pode esquecer o que lle ocultou o seu pai e tampouco ten forzas para falar con Raúl, polo que está pensando en volver ás pastillas
SAUDADE DE TI: SAUDADE DE TI II 95
Segunda temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Os protagonistas terán que facer fronte a terribles sospeitas e ansias de vinganza nesta nova temporada, en que as intrigas amorosas estarán máis vivas ca nunca. A ruptura de Celia e Raúl déixalle claro a Isidro que debe manterse afastado da súa filla. Debido á traizón de Mónica, Adela vai ter que cederlle a dirección da empresa a Gaspar.
SAUDADE DE TI: SAUDADE DE TI II 96
Segunda temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Os protagonistas terán que facer fronte a terribles sospeitas e ansias de vinganza nesta nova temporada, en que as intrigas amorosas estarán máis vivas ca nunca. Novo capítulo dobre de ‘Saudade de ti’, con Celia afundida despois de ver o seu pai no cárcere
SAUDADE DE TI: SAUDADE DE TI II 97
Segunda temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Os protagonistas terán que facer fronte a terribles sospeitas e ansias de vinganza nesta nova temporada, en que as intrigas amorosas estarán máis vivas ca nunca. Con Adela fóra da empresa, Gaspar ten todo o poder de Porto de Abrente nas súas mans
SAUDADE DE TI: SAUDADE DE TI II 98
Segunda temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Os protagonistas terán que facer fronte a terribles sospeitas e ansias de vinganza nesta nova temporada, en que as intrigas amorosas estarán máis vivas ca nunca. En ‘Saudade de ti’, sen perspectivas de saír do cárcere, Isidro segue agoniando polo que Belén poida decidir sobre a súa relación
ESTACHE BO!: Sopa de carne
Espazo gastronómico presentado polo ourensán Moisés Rodríguez, un cociñeiro próximo e familiar que amosará en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor. Trasladaralle á audiencia a necesidade de modificar o estilo de vida cara a hábitos saudables a través da cociña.
TAL SEMENTE: TAL SEMENTE II 32
Dirixido a toda a familia e baseado na dinámica de preguntas e respostas, neste concurso, presentado por Esther Estévez, os máis novos da casa competirán en parella cos seus pais e avós.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 04.08.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 04.08.2026
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 04.08.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
MAGNUM: MAGNUM 7
Narra as aventuras de Thomas Sullivan Magnum, un investigador privado que vive en Hawai co mordomo Higgins, un exmilitar co que se leva como o can e o gato e que o ameaza cos seus cans gardiáns Zeus e Apolo. Magnum dedícase a resolver grandes casos, contando sempre coa axuda incondicional dos seus compañeiros Rick e TC, e mesmo de Higgins.
MAGNUM: MAGNUM 8
Narra as aventuras de Thomas Sullivan Magnum, un investigador privado que vive en Hawai co mordomo Higgins, un exmilitar co que se leva como o can e o gato e que o ameaza cos seus cans gardiáns Zeus e Apolo. Magnum dedícase a resolver grandes casos, contando sempre coa axuda incondicional dos seus compañeiros Rick e TC, e mesmo de Higgins.
LAMBÓNS DE VIAXE: LAMBÓNS DE VIAXE 149
Programa de viaxes da Radio Galega, dirixido e presentado por Carlos Garía Verdugo, coa colaboración de Dani Portela.
HISTORIAS DE GALICIA: Onde a razón non chega
Serie documental que debulla feitos que configuraron, ao longo dos séculos, a realidade material, económica, política, social e cultural do país.
OS ANDAMIOS DA HISTORIA: Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil
Serie documental, que achega algunhas das máis relevantes xoias arquitectónicas e artísticas galegas. Dirixida por Carlos A. Quirós e presentada por Teresa Rocamonde e Paula Pita, céntrase na protección e restauración dos bens do patrimonio de Galicia. O espazo ‘Os andamios da historia’ propón hoxe unha visita ao mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil.
A GRANDE EPOPEA DE GALICIA: A GRANDE EPOPEA DE GALICIA II 14
Centos de milleiros de galegos protagonizaron, ao longo dun século, un éxodo colectivo de proporcións colosais. Embarcaron cara a América coa maleta baleira, o corazón encollido e a cabeza inflamada de ilusións na procura dun futuro mellor. Non todos o lograron, mais todos contribuíron a forxar unha gran xesta que cambiou o curso da nosa historia. 'A grande epopea de Galicia' narrará e documentará este sábado a historia da emigración galega a México.
A ECLIPSE: A ECLIPSE, CAP. 2
A busca de Nour intensifícase mentres interrogan o primeiro sospeitoso, o xornaleiro do seu padrasto. A medida que avanza a investigación, Manue e Johanna descobren que Luca ocultou algo crucial que lles fixo perder moito tempo.
TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 04.08.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
MELLOR Á GALEGA: MELLOR Á GALEGA II
Fernando Romay conversa con Pablo J. Martínez Alemparte, divulgador científico e un dos rostros máis recoñecidos da Asociación Astronómica Rías Baixas. Nunha charla próxima e amena, Pablo explica a importancia deste fenómeno histórico, como prepararse para observalo con seguridade e por que representa unha oportunidade única para achegar a astronomía á sociedade.
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACION ESTADO DO MAR SERÁN 04.08.2026
UN INTRE DIANTE DO SOL
En abril de 2024, Houlton, unha vila estadounidense de 6000 habitantes foi o lugar escollido por milleiros de persoas para ver a eclipse solar total. Dous cineastas captaron neste documental como a comunidade de Houlton se uniu para acoller unha avalancha de forasteiros e desfrutar do privilexio de vivir na franxa de totalidade. Documental estadounidense e australiano premiado no Maine International Film Festival, que retrata os preparativos e o impacto social e humano da chegada da eclipse solar total do 8 de abril de 2024 á localidade de Houlton (Maine, Estados Unidos). A través das vivencias de veciños, comerciantes, científicos, voluntarios e organizadores, a produción amosa como unha comunidade de apenas 6.000 habitantes se mobiliza durante meses para recibir milleiros de visitantes atraídos por un acontecemento astronómico excepcional.
HISTORIAS A PÉ DE PÁXINA: A noite foi varrida da Terra
Hai feitos que cambiaron o curso da historia, personaxes que marcaron unha época e anécdotas esquecidas, ou apenas esbozadas nun pé de páxina, que merecen formar parte do argumento principal.
CATRO GATOS: A familia que escollemos
Xosé A. Touriñán, David Perdomo, Noemí Rodríguez e Fátima Pego protagonizan este divertido formato, que mestura o faladoiro cómico cos sketchs humorísticos. Os ‘Catro Gatos’ da TVG intentarán resolver hoxe algunhas cuestións arredor da familia.
PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 2108
Programa de madrugada da Radio Galega, presentado por Pepe Capelán, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.
TAL SEMENTE: TAL SEMENTE II 32
Dirixido a toda a familia e baseado na dinámica de preguntas e respostas, neste concurso, presentado por Esther Estévez, os máis novos da casa competirán en parella cos seus pais e avós.