TVG2 - CSAG
MADDIE E TRIGGS: Glu, glu
Chega un novo membro á familia de Maddie e Triggs e estes esfórzanse por coñecelo para facelo sentir ben.
MADDIE E TRIGGS: Non, non, non
Maddie e Triggs axudan a mamá a coidar de Sally e descobren que as palabras poden ter outro significado se as di un bebé.
MADDIE E TRIGGS: Tesouros Interiores
Leva todo o día chovendo e Maddie e Triggs abúrrense, pero todo cambia cando empezan a reparar nos sons do interior da casa.
BERNARD S7: O parasol
A busca de sombra fai que toda a tropa pelexe por isto que acaba de chegar á illa.
A ABELLA MAIA -3D: Pole do arco da vella
Willy participa nun concurso de bolas de pole e é axudado por un vagalume.
OS BOLECHAS. HISTORIA DE GALICIA II: Cando catabamos cantigas
Os Bolechas queren saber como soaba a música da Idade Media e descobren que, nesa época, había moitos instrumentos e moitas persoas que tocaban, cantaban e bailaban. Había música nas festas, pero tamén nas cerimonias relixiosas. E houbo trobadores moi famosos, como Paio Gómez Chariño, Martín Codax ou os reis Dinís de Portugal e Afonso X de Castela. Os Bolechas queren saber como soaba a música da Idade Media e descobren que, nesa época, había moitos instrumentos e moitas persoas que tocaban, cantaban e bailaban. Había música nas festas, pero tamén nas cerimonias relixiosas. E houbo trobadores moi famosos, como Paio Gómez Chariño, Martín Codax ou os reis Dinís de Portugal e Afonso X de Castela.
SUPERHEROES DA NATUREZA: Colibrí: O campión mundial de acrobacias aéreas
Presentámosvos o colibrí, un bulebule diminuto e incansable cun corazón moi grande.
SUPERHEROES DA NATUREZA: Vagalume: Amor en código morse
O vagalume ten unha chea de nomes distintos en galego... Por que será?
VERÁN M: Acampamento
Serie de aventuras cuxas tramas transcorren durante as vacacións na praia portuguesa de Moledo. Cun fermoso escenario de fondo e a través de historias conmovedoras, esta coprodución coa RTP reavivará as lembranzas estivais comúns a toda a audiencia. Kiko auséntase por traballo e falta á festa de aniversario da súa filla, o que desgasta aínda máis o seu matrimonio con Filipa e provoca que Graça non queira celebrar nada e se xunte cos seus amigos nun campamento na Serra d’Arga. Alí, Rodrigo coñece unha rapaza galega e, ao practicar geocaching, descobren moito máis do que agardaban. Finalmente, Manuel non deixa que Filipa se desanime e axúdaa a preparar unha festa sorpresa para Graça.
SUCKER'S: SUCKER'S 28
SONIC BOOM: Portas cerradas
Amy descobre que Sticks ten moreas de cousas vellas acumuladas na casa e organiza unha venda no xardín.
SONIC BOOM: Knuckles non ten sorte
Knuckles está convencido de que Sonic lle gana sempre a todo por culpa da mala sorte.
SONIC BOOM: A maldición do templo da amizade
Sonic e Eggman acaban atrapados dentro dun templo antigo e, como os amigos non se poñen de acordo sobre quen dirixir o rescate, os dous rivais terán que aprender a traballar en equipo se queren dar saído del.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Problemática
Lepidótero “akumatiza” a Penny, a axudante de Jagged Stone, en convértea en Problemática. Antes solucionaba os problemas dos demais, agora será ela quen os provoque.
CÓDIGO CITIZEN: Os big data fan engordar?
En Internet hai datos infinitos e é interesante saber de onde veñen e como se usan.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Xigantitán
Unha “akuma” transforma un bebé en Xigantitán, un neniño colosal que percorre a cidade na procura dunha piruleta e destrúe todo o que vai encontrando.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Riposte
Unha espadachina enmascarada séntese humillada nun duelo con Adrian. Lepidóptero convértea en Riposte, unha experta loitadora que busca o desquite.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Befana
Lepidótero “akumatiza” a avoa de Marinette e convértea en Befana, que pretende vingarse de Marinette porque esta prefire estar cos seus amigos e non con ela.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Terrousinol
Unha cantante estadounidense convértese en Terrousinol. Armada cun micrófono máxico, quere converter París nun musical xigantesco.
TRAIÑEIRAS: Liga ACT: Bandeira de Lekeitio feminina
En directo.
TRAIÑEIRAS: Liga ACT: Bandeira de Lekeitio masculina
En directo.
MOTOCRÓS: Campionato do Mundo: GP de Flandes (1ª carreira)
En directo, décimo cuarta proba do Mundial no mítico circuíto de area de Lommel, considerado a cita máis dura e esixente do calendario.
DANDO A NOTA: Chiquiband da Limia
Programa que dá a coñecer as actividades e o día a día das bandas de música. Inclúe entrevistas a diferentes personalidades, ademais de amosar a historia de cada banda desde o punto de vista dos seus fundadores.
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 02.08.2026
Presentan Antía Araújo e David Valverde.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 02.08.2026
Irene Lourido encárgase da información deportiva.
HISTORIAS A PÉ DE PÁXINA: O coche do demo
Hai feitos que cambiaron o curso da historia, personaxes que marcaron unha época e anécdotas esquecidas, ou apenas esbozadas nun pé de páxina, que merecen formar parte do argumento principal. En 1886 Karl Benz patenta un vehículo con motor de gasolina de tres rodas. Doce anos despois chega a Galicia o primeiro automóbil, un Benz Victoria mercado polo médico e empresario Ángel Durán. A veciñanza da Coruña foxe arrepiada ao paso do invento, ao que bautizan como “o coche do demo”.
MOTOCRÓS: Campionato do Mundo: GP de Flandes (2ª carreira)
En directo, décimo cuarta proba do Mundial no mítico circuíto de area de Lommel, considerado a cita máis dura e esixente do calendario.
PROGRAMA RESUMO LGT TRAIÑEIRAS: SOLTANDO ESTACHA PROGRAMA RESUMO LGT TRAIÑEIRAS 62
TRAIÑEIRAS: Liga Galega de Traiñeiras: Bandeira Concello de Redondela
BONANZA: Unha caste violenta
No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 qm2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe.
BONANZA: A salvaxe
No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 qm2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe.
BONANZA: O derradeiro vikingo
No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 qm2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe.
A REALIDADE ENCANTADA: A Coca de Redondela
Serie documental sobre a Galicia máxica. A memoria oral dos maiores e o que contan de seres mitolóxicos os nenos serán os protagonistas dun programa onde se parte dunha lenda animada pola técnica 'stop motion' e, a partir de aí, coñecerease máis do lugar da historia e das persoas que habitan nel. Redondela é unha vila que convive desde hai séculos cunha lenda que se celebra cada ano cunha festa: a festa da Coca. A Coca é un monstroso animal que devoraba fermosas rapazas do lugar. Este programa entrevista na actualidade aos principais protagonistas que fan manter a tradición: mozos que realizan a 'danza das espadas' e mulleres e nenas que realizan a 'danza das penlas'.
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 02.08.2026
Presentan Antía Araújo e David Valverde. Irene Lourido encárgase da información deportiva.
SALVAXE: SALVAXE 10
O reality de aventuras máis extremo realizado nunca en Galicia. Neste novo formato, presentado por María Lamela, 18 concursantes deberán superar distintos retos físicos e mentais que porán a proba a súa resistencia, intelixencia, forza e capacidade de traballo en equipo.
VOGA VOGA MARIÑEIRO
Reality show en que cinco concursantes, sen experiencia náutica, surcan a costa galega nun veleiro de 14 metros. A súa meta será a de aprender a manexar un barco e o gañador obterá o título de patrón de embarcacións de recreo.
PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 2106
Programa de madrugada da Radio Galega, presentado por Pepe Capelán, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.
FAMILIA DE OFICIO: Pasteleiro
Cada capítulo conta a historia dunha familia onde distintas xeracións conviven no coñecemento e aplicación dun oficio.
FAMILIA DE OFICIO
Cada capítulo conta a historia dunha familia onde distintas xeracións conviven no coñecemento e aplicación dun oficio.