div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

ANGUS & CHERYL: ANGUS & CHERYL 103

07:00 h

GLUMPERS: Pizza a domicilio

Se a convivencia entre dúas persoas pode facer que salten chispas, que non podería suceder nunha casa habitada por seis seres con caracteres antagónicos. Os Glumpers son una tropa, un grupo de amigos que xuntos viven e xuntos se aturan. Cando entre os humanos unha discusión non adoita ir máis alá de poñerse de morros, no caso dos Glumpers pode atinguir consecuencias de, como pouco, un estoupido nuclear. Os Glumpers queren pedir unha pizza a domicilio pero non se poñen de acordo en que sabor elixir.

07:05 h

BOOM & REDS: Capítulo 101

Boom e Reds é unha serie de preescolar na que en cada episodio un simpático ogro morado, Boom, tentará investigar que están debuxando no chan os Reds, un grupo de animadas criaturas con cabeza de cogomelo. Por desgraza, o feito de que Boom non sexa tan listo non lle axudará, facéndolle pensar nas suxestións máis tolas. Este aro non é un hula hoop, nin falta que fai.

07:10 h

O DIARIO DE ALICE: DIARIO DE ALICE, O 34

07:10 h

O DIARIO DE ALICE: DIARIO DE ALICE, O 35

07:15 h

BIBOPALULA: O Titanic

O Titanic pasa polo río do bosque

07:20 h

TIMMY TIME: Timmy rouba o protagonismo

A clase de Timmy organiza un festival de talentos.

07:30 h

TIMMY TIME: Timmy quere a boina

Timmy aprende a non roubar cando Ruffy lle colle o seu oso de peluche.

07:45 h

QUERES UN CONTO?: QUERES UN CONTO? 5

08:00 h

MADDIE E TRIGGS: A árbore de Maddie

Maddie queda abraiada con todos os usos que teñen as pólas das árbores.

08:05 h

MADDIE E TRIGGS: O microondas

Mamá demóstralles a Maddie e Triggs que o microondas é unha opción para cociñaren rápido comida moi sa.

08:15 h

MADDIE E TRIGGS: O xilófono

Maddie vai doar uns xoguetes que xa non usa á tenda solidaria de Vila Revolta, pero no último momento reconsidera desfacerse do seu primeiro xilófono.

08:20 h

BERNARD S7: O concerto na illa

Chegan uns instrumentos á praia e toda a tropa decide montar unha banda.

08:25 h

MISTERIOS DE ALFRED, OS: As fabas máxicas defectuosas

Hai un concurso de maxia contra o Bosque Negro.

08:35 h

A ABELLA MAIA -3D: Harmonía no prado

Maia e Willy coñecen a Stridularius, o mellor artesán do prado e o único que pode arranxar a corda rota do violín de Flip.

08:50 h

A ABELLA MAIA -3D: Willy perde a memoria

Maia e os seus amigos teñen que axudar a Willy xa que perdeu a memoria.

09:00 h

OS BOLECHAS. HISTORIA DE GALICIA II: Cando fixemos marabillas coas pedras

A pedra foi o material de construción máis usado en Galicia desde tempos remotos, mais nunca se fixeron tantas marabillas como na Idade Media: castelos, pontes, pazos e ata catedrais, como a de Santiago de Compostela. Os canteiros eran verdadeiros artistas e tiñan a súa propia lingua, o verbo, que só eles coñecían. A pedra foi o material de construción máis usado en Galicia desde tempos remotos, mais nunca se fixeron tantas marabillas como na Idade Media: castelos, pontes, pazos e ata catedrais, como a de Santiago de Compostela. Os canteiros eran verdadeiros artistas e tiñan a súa propia lingua, o verbo, que só eles coñecían.

09:10 h

SUPERHEROES DA NATUREZA: O demo espiñoso: un cacto con patas

Este réptil con pinta de Godzilla é unha caixa de sorpresas. É capaz de encontrar auga en calquera parte.

09:10 h

SUPERHEROES DA NATUREZA: Cogombro de mar: o ataque dos fideos picantes

O cogombro de mar é brando por fóra, pero non vos equivoquedes, non ten medo nin das enormes quenllas brancas.

09:15 h

RANTARO, O NINJA PEQUENO: Lévanos contigo - Todos disfrazados de muller

Toshi, o fillo do mestre Denzo, chega á escola de ninjas para avisar dun perigo inminente.

09:40 h

CAN CHEIRENTO: Can Cheirento e o penso de gato

Can Cheirento cheira mal, ten pulgas e é parvo. Vive nunha papeleira co seu mellor amigo Gatochato. Aínda que moitos evitan a Can Cheirento, é puro optimismo e esperanza.

09:55 h

MONSTER ALLERGY: O último domador

Zick, sen os seus poderes, coñece un novo grupo de domadores.

10:20 h

TABLETA MÁXICA, A: A arte supera a vida

Cando Ida ten un accidente, Zeke intenta coidar da súa nai, pero Ike segue superándoo en todo o que fai e gañando o respecto da nai.

10:20 h

WALLACE E GROMIT. INVENTOS SORPRENDENTES: O robot de cociña

Wallace e Gromit inventan unha máquina que cociña soa.

10:45 h

MOBY DICK: O xardín fantástico

Neste capítulo, Romy, Satya e Zu van na procura de novas aventuras ao delta do Ganxes. A pedra sagrada é tan pequena que, para conseguila, teñen que se converter en seres diminutos e vencer unha planta carnívora.

10:45 h

SUCKER'S: SUCKER'S 27

11:10 h

VERÁN M: Reencontro

Serie de aventuras cuxas tramas transcorren durante as vacacións na praia portuguesa de Moledo. Cun fermoso escenario de fondo e a través de historias conmovedoras, esta coprodución coa RTP reavivará as lembranzas estivais comúns a toda a audiencia. A audiencia verá como Manuel volve a Moledo despois de 20 anos para pasar as vacacións cos seus fillos. Pero a idea dun verán tranquilo esvaécese cando se reencontra con Filipa, a súa paixón adolescente. Mentres, os seus fillos, Rodrigo e Leonor, non perden o tempo para meterse en leas. Intentan chegar ao Antinous, un barco afundido, pero non conseguen alcanzalo porque a embarcación na que ían queda á deriva. A pesar do susto, saen desta aventura con novos amigos: Tristaõ, Vasco e Graça.

11:50 h

SONIC BOOM: O compañeiro

Tails queda malferido despois dun enfrontamento co malvado Eggman.

12:05 h

SONIC BOOM: Teño vivindo na casa un xenio malvado

O doutor Eggman preséntase un día na casa de Sonic, di que lle destruíu a fortaleza unha tormenta e pídelle a Sonic que o deixe vivir con el mentres lla reconstrúen.

12:15 h

SONIC BOOM: A miña fermosa Sticks

A Sticks concédenlle un premio por ser valente e invítana á cerimonia de entrega, que será na mansión do alcalde.

12:25 h

SONIC BOOM: A trampa do circo

Sonic e os amigos deciden axudar o dono dun circo en que enfermaron os artistas para que o público non quede sen función.

12:40 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Volpina

Lila, unha rival que finxe ser amiga de Ladybug, é humillada por Marinette diante de Adrien e transfórmase en Volpina, unha malvada que fai realidade as ilusións.

12:40 h

CÓDIGO CITIZEN: Cantos trasnos fan falta para facer un videoxogo?

Neste capítulo desenvólvese o proceso para crear videoxogos.

13:05 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: O Coleccionista

Mentres Ladybug tenta revelar a identidade secreta de Lepidótero, “akumatizan” a Gabriel Agreste, o pai de Adrien, e transfórmase no Coleccionista.

13:25 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Prime Queen

Nadia Chamack convértese en Prime Queen. Pretende que Ladybug e Cat Noir admitan que están namorados diante das cámaras en directo para disparar os índices de audiencia.

13:45 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Xeadiador

Lepidóptero “akumatiza” o lendario xeadeiro parisiense e transfórmase en Xeadiador, que converte a xente en xeados que se derreten. Ladybug e Cat Noir terán que reaccionar para evitalo.

14:10 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Oso rancoroso

Chloe humilla o seu mordomo, que se transforma en Oso Rancoroso, capaz de manipular as persoas que toca e que está decidido a vingarse de Chloe.

14:30 h

GHUASAPP

Comedia de enredo sobre a familia Freire, que vive espallada pero en contacto permanente a través dun grupo familiar de ‘ghuasapp’. Os espectadores verán como Carme fixo no seu día unha promesa a San Bieito: sacalo en procesión cada ano polas festas. E achégase o día en que toca volver pasealo. O que pasa é que este ano todos os integrantes da familia están ocupados e teñen algo que facer moito máis importante que sacar o santo.

15:00 h

TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 01.08.2026

Presentan Antía Araújo e David Valverde.

15:40 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 01.08.2026

Irene Lourido encárgase da información deportiva.

15:55 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 01.08.2026

16:05 h

PAZOS E CÍA: PAZOS E CÍA 4

Proposta en que o actor e presentador Sergio Pazos se converterá cada semana nun divertido Quixote moderno que viaxa por Galicia adiante botando unha voluntariosa man a quen necesite da súa inestimable axuda. Hoxe axudará uns mozos do Carballiño a recrear as primeiras festas do polbo.

17:10 h

TRAIÑEIRAS: Liga ACT: Bandeira de Santurce feminina

En directo.

17:10 h

TRAIÑEIRAS: TRAIÑEIRAS LIGA ACT. BANDEIRA FEMININA SANTURCE

18:15 h

TRAIÑEIRAS: Liga ACT: Bandeira de Santurce masculina

18:15 h

TRAIÑEIRAS: TRAIÑEIRAS LIGA ACT. BANDEIRA MASCULINA SANTURCE

20:15 h

QUERO SER COMO BECKHAM

Os pais de Jess queren que sexa unha convencional moza india, pero ella só quere xogar ao fútbol como David Beckham, a estrela do Manchester United. Un día, Jules, unha rapaza da súa idade, convídaa a unirse ao equipo de fútbol feminino local. Os seus pais non entenden por que xoga ao fútbol en vez de estudar Dereito e aprender a cociñnar, nin por que non intenta parecerse a Pinky, a súa irmá maior, que está prometida co home adecuado. Ademais, a Jules e a Jess gústalles o mesmo mozo: o seu adestrador, Joe.

22:00 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 01.08.2026

Presentan Antía Araújo e David Valverde. Irene Lourido encárgase da información deportiva.

22:50 h

NOVEMBRO

Cinco días no corazón dos servizos antiterroristas franceses durante a busca dos sospeitosos tras os atentados do 13 de novembro de 2015 en París.

00:30 h

NO SEU LUGAR,OUTRO: TODO ISTO ANTES ERA-O BARRIO DOS MAIOS-LUCIAO ALDAO

00:40 h

NO SEU LUGAR,OUTRO: O GRAN BABYLON-- KEITH PAYNE

00:55 h

NO SEU LUGAR,OUTRO: CRES EN FANTASMAS-SANTIAGO DE COMPOSTELA-MARIA VAZQUEZ,XOSE BARATO,IRIA PINHEIRO

01:00 h

A BOAS HORAS

A G2 emite este novo espectáculo en directo que revolucionará as madrugadas da fin de semana na Radio Galega. Humor, música, xogos e improvisación para converter a noite nun gran punto de encontro durante cinco horas de radio en directo. Toño Casais será o mestre de cerimonias dun equipo no que pode pasar de todo, acompañado polo televisivo Isi e pola reporteira Ilda Mosquera.

06:05 h

GLUMPERS: Día de praia

Os Glumpers están a gozar dun día de praia.

06:05 h

GLUMPERS: GLUMPERS 2

06:05 h

ANGUS & CHERYL: ANGUS & CHERYL 1

06:10 h

BOOM & REDS: Capítulo 102

Boom e Reds é unha serie de preescolar na que en cada episodio un simpático ogro morado, Boom, tentará investigar que están debuxando no chan os Reds, un grupo de animadas criaturas con cabeza de cogomelo. Por desgraza, o feito de que Boom non sexa tan listo non lle axudará, facéndolle pensar nas suxestións máis tolas. Este couso ben parece o dun caco que marcha co botín.

06:15 h

BOOM & REDS: BOOM & REDS 103

Boom e Reds é unha serie de preescolar na que en cada episodio un simpático ogro morado, Boom, tentará investigar que están debuxando no chan os Reds, un grupo de animadas criaturas con cabeza de cogomelo. Por desgraza, o feito de que Boom non sexa tan listo non lle axudará, facéndolle pensar nas suxestións máis tolas.

06:20 h

O DIARIO DE ALICE: DIARIO DE ALICE, O 37

06:20 h

O DIARIO DE ALICE: DIARIO DE ALICE, O 36

06:25 h

O DIARIO DE ALICE: DIARIO DE ALICE, O 38

06:30 h

BIBOPALULA: O TERREMOTO

div-crtvg-top2

Publicidade