TVG2 - CSAG
O DIARIO DE ALICE: DIARIO DE ALICE, O 7
MADDIE E TRIGGS: O parque para cans
A Triggs encántalle o parque para cans e intentará convencer unha cadeliña tímida de que é o mellor lugar do mundo.
O DIARIO DE ALICE: DIARIO DE ALICE, O 8
MADDIE E TRIGGS: O osiño de Triggs
O osiño de peluche de Triggs está moi sucio, pero o can non se dá separado del para lavalo.
TIMMY TIME: Timmy pide desculpas
Timmy dá unha patada a un balón que rompe a xanela da gardería.
BECHOS: Unha grande artista
Xiana está pintando no parque e non quere xogar con Xurxo, Catuxa e Margarida.
PREPARADO, EDDIE, XA!: A visita do avó
O avó de Eddie vén de visita e o neno aprenderá o que hai que facer e como se hai que comportar cando vén alguén á túa casa.
BERNARD S7: BERNARD S7 49
A PATRULLA CANINA: A patrulla salva a campá de mergullo / A patrulla salva os castores
[1]O capitán Turbot e Françoise usan nunha campá de mergullo para fotografar unha lesma mariña e o somerxible acaba atrancado no fondo da baía por culpa dunha balea. ‘A patrulla canina’ acode decontado ao rescate e Rocky terá que vencer o medo que lle ten á auga. [2]O galiñeiro e o pallar da granxeira Yumi aparecen coa madeira roída. Yumi sospeita que é obra dun castor que vive nun estanque que hai cerca e Chase cóntallo a Ryder. ‘A patrulla canina’ arranxará o pallar e investigará por que comeu o castor a madeira. O capitán Turbot e Françoise usan nunha campá de mergullo para fotografar unha lesma mariña e o somerxible acaba atrancado no fondo da baía por culpa dunha balea. ‘A patrulla canina’ acode decontado ao rescate e Rocky terá que vencer o medo que lle ten á auga. / O galiñeiro e o pallar da granxeira Yumi aparecen coa madeira roída. Yumi sospeita que é obra dun castor que vive nun estanque que hai cerca e Chase cóntallo a Ryder. ‘A patrulla canina’ arranxará o pallar e investigará por que comeu o castor a madeira.
BERNARD S7: BERNARD S7 50
O MUNDO DE ALVA: Se non o vexo non o creo
Alva ve en Internet a foto da chegada dos extraterrestres á cidade, pero resulta ser unha montaxe. En Gizmo, os Oolies buscan un monstro no bosque que só viu Humblebluff. Alva ve en Internet a foto da chegada dos extraterrestres á cidade, pero resulta ser unha montaxe. En Gizmo, os Oolies buscan un monstro no bosque que só viu Humblebluff.
SUPERHEROES DA NATUREZA: O Escaravello Bombardeiro: O Peido Asasino
Os escaravellos bombardeiros son coñecidos por teren un mecanismo de defensa singular.
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 31.07.2026
CÓDIGO CITIZEN: Unha ia fai exercicio para adestrar a memoria?
A intelixencia artificial úsase en moitos campos. Aquí veremos como funciona.
ARGONAUTAS: ARGONAUTAS 4
SONIC BOOM: Todos unidos para derrotar un ourizo
O doutor Eggman reúne na gorida os malfeitores da vila e tamén aparece un personaxe misterioso. Entre todos buscarán un líder que os dirixa para derrotar a Sonic e os amigos.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Kung Food
Cando Chloe sabota o prato do tío avó de Marinette nun concurso, convértese en Kung Food, un cociñeiro malvado que recruta os seus secuaces con comida.
AVENTUREIRA CARLY S1: Un auténtico nómade: Parte 1
O trío coñece a Jerry, un rapaz experto en herbas que busca ganar a aprobación de seu pai como nómade. Cando estalan as tensións familiares, o seu intento por salvar algo valioso pono en perigo. O trío coñece a Jerry, un rapaz experto en herbas que busca ganar a aprobación de seu pai como nómade. Cando estalan as tensións familiares, o seu intento por salvar algo valioso pono en perigo.
INVENTA QUE INVENTA: Papel reciclado e 'pinball' caseiro
Neste episodio de 'Inventa que inventa', Irea e Naia aprenden a facer papel reciclado, mentres coñecemos a Anna Du e o seu robot para detectar microplásticos. Siro presenta un "pinball" caseiro baseado en proba e erro e programación con Arduino. Tamén descubrimos un curioso invento: unha cámara para gatos. Por último, o programa explica que é a mecatrónica e o seu papel na tecnoloxía actual.
SAUDADE DE TI: SAUDADE DE TI II 83
Segunda temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Os protagonistas terán que facer fronte a terribles sospeitas e ansias de vinganza nesta nova temporada, en que as intrigas amorosas estarán máis vivas ca nunca. A pesar de que Raúl lle asegura a Celia que é inocente, o vídeo da agresión a Garay indica todo o contrario. O peor para eles vai ser descubrir quen lle entregou esta proba á Garda Civil.
SAUDADE DE TI: SAUDADE DE TI II 84
Segunda temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Os protagonistas terán que facer fronte a terribles sospeitas e ansias de vinganza nesta nova temporada, en que as intrigas amorosas estarán máis vivas ca nunca. Despois da marcha de Artai, Mauri necesita ter a cabeza ocupada noutros asuntos e por iso vai á tenda de Brais anotarse ás clases de submarinismo. Pero alí ten a oportunidade de participar noutro asunto moito máis interesante: formar parte da investigación sobre David e Belén que está levando a cabo o pequeno dos López de Castro. Pola súa parte, David tenlle que ocultar a Elba que pasou a noite con Adela, ademais de seguir mantendo agochados os segredos do seu pasado.
SAUDADE DE TI: SAUDADE DE TI II 85
Segunda temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Os protagonistas terán que facer fronte a terribles sospeitas e ansias de vinganza nesta nova temporada, en que as intrigas amorosas estarán máis vivas ca nunca. Este martes, en 'Saudade de ti', David organiza unha fin de semana romántica con Adela, pero debe manter as aparencias diante de Elba. Mentres tanto, evita falar con Dimas, que descubriu o tipo de investimentos que está a realizar e agarda unha explicación do seu comportamento.
SAUDADE DE TI: SAUDADE DE TI II 86
Segunda temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Os protagonistas terán que facer fronte a terribles sospeitas e ansias de vinganza nesta nova temporada, en que as intrigas amorosas estarán máis vivas ca nunca. A investigación pola agresión a Garay continúa e a Garda Civil acode a Porto de Abrente para buscar a gravación das cámaras de seguridade, unha noticia que provoca unha grande inquietude en Isidro, temeroso do que se poida ver nesas imaxes. Mentres, Adela continúa cegada pola súa paixón por David.
SAUDADE DE TI: SAUDADE DE TI II 87
Segunda temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Os protagonistas terán que facer fronte a terribles sospeitas e ansias de vinganza nesta nova temporada, en que as intrigas amorosas estarán máis vivas ca nunca. A pesar das dúbidas de Celia, parece que Raúl podería saír de prisión grazas ás imaxes captadas polas cámaras de seguridade de Porto de Abrente. Pola súa parte, David quérese librar da supervisión de Mónica na empresa e aproveita o avanzado estado de xestación dela para acusala de falta de produtividade.
SAUDADE DE TI: SAUDADE DE TI II 88
Segunda temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Os protagonistas terán que facer fronte a terribles sospeitas e ansias de vinganza nesta nova temporada, en que as intrigas amorosas estarán máis vivas ca nunca. David e Belén prepáranse para abandonar Abrente, pero antes de fuxir deben deixar atados algúns cabos soltos. Por iso David está forzando a situación na empresa e pretende obrigar a Mónica a que colla a baixa, aínda que ela non queira. Pola súa parte, Belén ten que disimular diante de Teresa, que xusto agora parece encontrar nela a amiga que precisaba. Quen tamén necesita un amigo é Celia, porque deixar a medicación non lle está sendo fácil.
ESTACHE BO!: Burritos de polo
Espazo gastronómico presentado polo ourensán Moisés Rodríguez, un cociñeiro próximo e familiar que amosará en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor. Trasladaralle á audiencia a necesidade de modificar o estilo de vida cara a hábitos saudables a través da cociña.
TAL SEMENTE: TAL SEMENTE II 30
Dirixido a toda a familia e baseado na dinámica de preguntas e respostas, neste concurso, presentado por Esther Estévez, os máis novos da casa competirán en parella cos seus pais e avós.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 31.07.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 31.07.2026
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 31.07.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
MAGNUM: MAGNUM 3
Narra as aventuras de Thomas Sullivan Magnum, un investigador privado que vive en Hawai co mordomo Higgins, un exmilitar co que se leva como o can e o gato e que o ameaza cos seus cans gardiáns Zeus e Apolo. Magnum dedícase a resolver grandes casos, contando sempre coa axuda incondicional dos seus compañeiros Rick e TC, e mesmo de Higgins.
MAGNUM: MAGNUM 4
Narra as aventuras de Thomas Sullivan Magnum, un investigador privado que vive en Hawai co mordomo Higgins, un exmilitar co que se leva como o can e o gato e que o ameaza cos seus cans gardiáns Zeus e Apolo. Magnum dedícase a resolver grandes casos, contando sempre coa axuda incondicional dos seus compañeiros Rick e TC, e mesmo de Higgins.
LAMBÓNS DE VIAXE: LAMBÓNS DE VIAXE 151
Programa de viaxes da Radio Galega, dirixido e presentado por Carlos Garía Verdugo, coa colaboración de Dani Portela.
ESTUDANTE 360: PABLO GARCÍA
Pablo é un rapaz como os de antes. Ir de cuncas e pasar moito tempo fóra das aulas é parte da súa personalidade.
RIBEIRAS DE SALITRE: Rianxo, a sabedoría dun mar antigo
Serie documental presentada por X. H. Rivadulla Corcón, que amosa a alegría de vivir na cultura mariñeira, dando a coñecer os homes e mulleres que traballan para o mar, no propio mar e nas ribeiras. O programa ‘Ribeiras de Salitre’ descubrirá esta tarde a sabedoría dun mar antigo, o de Rianxo.
RIBEIRAS DE SALITRE: Vilanova, romance mariñeiro
Serie documental presentada por X. H. Rivadulla Corcón, que amosa a alegría de vivir na cultura mariñeira, dando a coñecer os homes e mulleres que traballan para o mar, no propio mar e nas ribeiras. O programa ‘Ribeiras de Salitre’ achégase hoxe a un mar cheo de historias, o de Vilanova de Arousa.
RIBEIRAS DE SALITRE: Vilaxoán, as ondas do mar do traballo
Serie documental presentada por X. H. Rivadulla Corcón, que amosa a alegría de vivir na cultura mariñeira, dando a coñecer os homes e mulleres que traballan para o mar, no propio mar e nas ribeiras. 'Ribeiras de Salitre' ten esta tarde unha cita cos homes e mulleres que traballan no mar de Vilaxoán.
RIBEIRAS DE SALITRE: CEDEIRA, O MAR QUE BUSCA AOS HOMES E MULLERES
Serie documental presentada por X. H. Rivadulla Corcón, que amosa a alegría de vivir na cultura mariñeira, dando a coñecer os homes e mulleres que traballan para o mar, no propio mar e nas ribeiras. O equipo sentirá hoxe a bravura do mar de Cedeira.
PESCA TOTAL
Programa presentado por Lucía Regueiro, en que seis aspirantes sen experiencia previa no mar se enrolarán no barco Playa de Sanxenxo. Ás ordes do capitán Sauro Martínez e coa axuda da súa tripulación, os participantes enfrontaranse a desafíos e tarefas propias dun barco pesqueiro. Hoxe é o día de Natalia, a aspirante rusa do programa. Esta namorada do mar e da fauna mariña de Galicia contará co desafío a maiores de desembarcar sabendo falar galego.
TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 31.07.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
UNHA CITA CO PASADO
Cando a CIA descobre que un dos seus axentes filtrou información durante un secuestro dun avión que rematou en traxedia, o veterano axente Henry Pelham é asignado para descubrir quen é o topo entre os seus antigos compañeiros na oficina da axencia en Viena. Durante a investigación reencontrarase coa súa antiga colega e examante Celia Harrison.
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACION ESTADO DO MAR SERÁN 31.07.2026
OS CANTOS ROLADOS: Alberto Conde e Diana Tarín / Abe Rábade / Carlos Arévalo 'El Pájaro'
Presentado por Tuchiño, de Heredeiros da Crus, cada entrega é un monográfico dun estilo musical, cos máximos expoñentes dese xénero, con actuacións ao vivo e con curiosidades sobre o traballo dos grupos e artistas. Alberto Conde, Abe Rábade e Carlos Arévalo presentan os seus novos proxectos nunha edición de ‘Os Cantos Rolados’ dedicada dao jazz.