TVG2 - CSAG
O DIARIO DE ALICE: DIARIO DE ALICE, O 49
O DIARIO DE ALICE: DIARIO DE ALICE, O 50
MADDIE E TRIGGS: FOLLAS
MADDIE E TRIGGS: ONDAS
TIMMY TIME: TIMMY TIME 22
BECHOS: BECHOS 5
PREPARADO, EDDIE, XA!: A BUSCA DOS OVOS DE PASCUA
Eddie e os seus amigos Nina e Akil van buscar ovos de Pascua que están agachados no xardín da casa. Eddie tardará un pouco máis en atopar o último ovo, pero darao conseguido.
BERNARD S7: BERNARD S7 37
BERNARD S7: BERNARD S7 38
A PATRULLA CANINA: A GRAN CARREIRA DA PATRULLA CANINA / O CONCURSO DE DOCES
[1]En Baía Aventura celebran unha carreira de coches e toda ‘A patrulla canina’ participa. Alex tamén quere correr co triciclo, aínda que non parece rival para os coches dos patrulleiros. Durante a carreira ‘A patrulla canina’ terá que rescatar a alcaldesa Goodway, que está vendo a competición nun globo aerostático que se solta e sae voando. [2]En Baía Aventura ten lugar o concurso anual de tortas e a alcaldesa Goodway confía en que o señor Porter faga unha torta estupenda para vencer o alcalde de Vila Néboa. Así e todo, como se lle queiman os biscoitos, ‘A patrulla canina’ terá que botar unha man para que Baía Aventura quede en bo lugar.
O MUNDO DE ALVA: MENOS COMPRAR SEN MIRAR
Alva quere comprar en Internet un regalo para o seu primo e a nai aconséllalle que comprobe antes o contido. En Gizmo, o alcalde necesita regalos para o Día das Grazas.
SUPERHEROES DA NATUREZA: OVELLA DE MAR:ENERXÍA 100%VERDE
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 24.07.2026
CÓDIGO CITIZEN: PODE MOZART VERSE SUPERADO POR UN PROGRAMA INFORMÁTICO?
AS TARTARUGAS NINJA: A HORA DA VERDADE, 1ª PARTE
As tartarugas descobren que vai comezar a fase final da invasión Kraang e diríxense ao TCRI para pechar o portal e acabar cos seus plans malvados, pero vai ser unha batalla moi difícil.
SONIC BOOM: UN TÍO CORRENTE
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: SIMÓN DI
AVENTUREIRA CARLY S1: ENCONTRÓN NO VAL VERMELLO S1 24
Dylan e mais Maggie atraen o grupo de Carly a un cantil deixándolle pistas falsas. Un dispositivo roubado e un encontrón levan a Morgan ó borde da transformación.
INVENTA QUE INVENTA: A VIDA EN MARTE E O XOGO DE EDUCACUBE
Neste episodio de 'Inventa que inventa' Mateo e Xián imaxinan como podería ser a vida en Marte cun proxecto de mofificación das condicións terrestres e bases habitables creadas mediante impresión 3D. Coñecemos tamén a historia de Param Jaggi, o mozo inventor que desenvolveu un sistema con algas para reducir a contaminación dos coches. Ademais, descubrimos o Educacube, un xogo interactivo para aprender nas aulas, analizamos a curiosa gorra con ventilador solar e aprendemos que é unha interface e como facilita a comunicación entre as persoas e a tecnoloxía.
ARBORISMOS: FREIXO
ARBORISMOS: LOUREIRO
SAUDADE DE TI: SAUDADE DE TI 59
Serie que parte dun tráxico accidente de tráfico en que morren dúas persoas e que sacode a vida de tres familias e obriga unha doutora nova, filla dunha das falecidas, a facerse cargo do seu pai, da consulta médica da vila e de todos os pacientes da contorna, á vez que se pechan as feridas polo ocorrido. Mónica sofre unha gran crise no seu embarazo. O bebé está en perigo e Raúl parece disposto a permanecer ao lado da súa familia pase o que pase. Mónica e Adela non poden deixar pasar semellante ocasión para tratar de apartalo definitivamente de Celia.
SAUDADE DE TI: SAUDADE DE TI 60
Serie que parte dun tráxico accidente de tráfico en que morren dúas persoas e que sacode a vida de tres familias e obriga unha doutora nova, filla dunha das falecidas, a facerse cargo do seu pai, da consulta médica da vila e de todos os pacientes da contorna, á vez que se pechan as feridas polo ocorrido. Raúl terá que escoller entre Celia e Mónica dunha vez por todas. Santi e Celia descobren o engano de Iago e están a un paso de destapar todo o enredo. Se o conseguen terían probas suficientes para enviar o patriarca dos López de Castro á cadea.
SAUDADE DE TI: SAUDADE DE TI II
Segunda temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Os protagonistas terán que facer fronte a terribles sospeitas e ansias de vinganza nesta nova temporada, en que as intrigas amorosas estarán máis vivas ca nunca. Isidro decide dar un paso adiante na súa relación con Belén, a muller que coñeceu en Mallorca, e proponlle que vaia vivir con el sen consultalo coa súa filla. Celia permanece allea a estas intrigas sentimentais porque ten que resolver os seus propios problemas. A morte de Leire Uribe, unha antiga paciente, fai que teña que remexer asuntos do seu pasado que ela devece por esquecer.
ENTREGA MEDALLAS DE GALICIA: ENTREGA MEDALLAS GALICIA 2026 (LINGUAXE DE SIGNOS)
Retransmisión en directo da entrega das Medallas de Galicia, que este ano distinguen os alcaldes de Oporto e Braga. O acto será presentado pola xornalista da Televisión de Galicia Raquel Domínguez.
ESTACHE BO!: Parmentier con espárragos verdes
Espazo gastronómico presentado polo ourensán Moisés Rodríguez, un cociñeiro próximo e familiar que amosará en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor. Trasladaralle á audiencia a necesidade de modificar o estilo de vida cara a hábitos saudables a través da cociña.
UN PRATO AO DÍA: UN PRATO AO DÍA 6
Todos queremos comer rico e gastar o mínimo de tempo e de cartos, pero non é doado conseguilo e, ademais, facelo de xeito variado. Con este programa, os espectadores aprenderán a ser un aunténtico cociñeiro e sobrevivir ao día a día.
TAL SEMENTE: TAL SEMENTE 25
Dirixido a toda a familia e baseado na dinámica de preguntas e respostas, neste concurso, presentado por Esther Estévez, os máis novos da casa competirán en parella cos seus pais e avós.
UN PRATO AO DÍA: UN PRATO AO DÍA 7
Ángel ensínanos a mesturar a gastronomía italiana e os ingredientes galegos nesta receita de pasta con pesto e tenreira.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 24.07.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 24.07.2026
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 24.07.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 24.07.2026
3 CAMIÑOS: 3CAMIÑOS 5
A peregrinación a Compostela é o nexo común dunha serie que narra a viaxe de cinco peregrinos a través de tres épocas da súa vida. Nun novo capítulo de '3 Camiños', o grupo protagonista divídese outra vez. Mentres Raquel e Jana non poden rematar o segundo camiño por diferentes razóns, os rapaces chegan a Fisterra e comparten ese momento tan especial.
LIXA E VERNIZ: Unha pouca luz
Cambiar as vigas non é traballo doado. Algo máis sinxelo é construír unhas lámpadas cos listóns sobrantes.
LIXA E VERNIZ: Traballar cansa
Daniela cámbialle o tellado ao alpendre para que deixe de parecer algo provisional. Como xa asoma o sol, devolve á vida as hamacas da súa infancia.
LIXA E VERNIZ: A INAUGURACIÓN
Para que todo estea perfecto só falta un elemento; Daniela transforma un vello aparador nun moble bar a tempo para estrealo na súa festa de aniversario.
FAKE NEWS: FAKE NEWS II 44
LAMBÓNS DE VIAXE: LAMBÓNS DE VIAXE 158
Programa de viaxes da Radio Galega, dirixido e presentado por Carlos Garía Verdugo, coa colaboración de Dani Portela.
RIBEIRAS DE SALITRE: Aldán, ría con identidade singular
Serie documental presentada por X. H. Rivadulla Corcón, que amosa a alegría de vivir na cultura mariñeira, dando a coñecer os homes e mulleres que traballan para o mar, no propio mar e nas ribeiras. Desde a fermosa ría de Aldán, o programa coñece os traballos dos homes e mulleres desta confraría.
RIBEIRAS DE SALITRE: CARRIL, ELEGANTE MAR
Serie documental presentada por X. H. Rivadulla Corcón, que amosa a alegría de vivir na cultura mariñeira, dando a coñecer os homes e mulleres que traballan para o mar, no propio mar e nas ribeiras. O mar elegante de Carril e as súas xentes, protagonistas hoxe do programa.
RIBEIRAS DE SALITRE: A POBRA DO CARAMIÑAL, MAR DE RITMO DISTINTO
Serie documental presentada por X. H. Rivadulla Corcón, que amosa a alegría de vivir na cultura mariñeira, dando a coñecer os homes e mulleres que traballan para o mar, no propio mar e nas ribeiras. O equipo do programa sente hoxe na Pobra do Caramiñal o mar e a vida da súa xente a un ritmo distinto.
RIBEIRAS DE SALITRE: O Grove, arte mariñeira
Serie documental presentada por X. H. Rivadulla Corcón, que amosa a alegría de vivir na cultura mariñeira, dando a coñecer os homes e mulleres que traballan para o mar, no propio mar e nas ribeiras. O equipo de 'Ribeiras de Salitre' vivirá hoxe a arte da cultura mariñeira coa xente do Grove.
PESCA TOTAL
Programa presentado por Lucía Regueiro, en que seis aspirantes sen experiencia previa no mar se enrolarán no barco Playa de Sanxenxo. Ás ordes do capitán Sauro Martínez e coa axuda da súa tripulación, os participantes enfrontaranse a desafíos e tarefas propias dun barco pesqueiro. Tino, o aspirante de Moraña, vivirá hoxe a súa primeira xornada de traballo no barco de 'Pesca Total'. Os espectadores da TVG verán ver se é quen de adaptarse ao ritmo intenso da faena pesqueira e á disciplina que esixe o capitán Sauro Martínez.
TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 24.07.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.