TVG2 - CSAG
O DIARIO DE ALICE: DIARIO DE ALICE, O 35
MADDIE E TRIGGS: Os birlos
Mamá e papá levan a Maddie e Triggs a xogar aos birlos por primeira vez.
O DIARIO DE ALICE: DIARIO DE ALICE, O 36
MADDIE E TRIGGS: O tío neneiro
Papá e mamá saen a cear e o tío George queda coidando de Maddie e Triggs cunha misión importante: non deixaren a casa patas arriba.
TIMMY TIME: Timmy xoga ao balón
Timmy acapara o balón da clase. Non para de darlle patadas e quitarllo a Otus.
BECHOS II: O Gran Premio de Carrillanas
O parque acolle o primeiro campionato de carreiras de carrilanas. Margarida constrúe un bólido e a señora Osa axuda a Xurxo a crear o coche máis rápido de todos os tempos. O parque acolle o primeiro campionato de carreiras de carrilanas. Margarida constrúe un bólido e a señora Osa axuda a Xurxo a crear o coche máis rápido de todos os tempos.
PREPARADO, EDDIE, XA!: A rutina matinal de Eddie
A Eddie acabáronselle as vacacións e ten que volver á escola. O neno vai ter que recordar todas as cousas que hai que facer pola mañá antes de marchar para o colexio. A Eddie acabáronselle as vacacións e ten que volver á escola. O neno vai ter que recordar todas as cousas que hai que facer pola mañá antes de marchar para o colexio.
BERNARD S7: Unha competición para toda a vida
Bernard entra nunha rivalidade contra o cangrexo que non parece ter fin...
A PATRULLA CANINA: A patrulla salva a procura dos ovos de Pascua
[1]En Baía Aventura van celebrar a procura dos ovos de Pascua. A alcaldesa pídelle axuda á ‘Patrulla canina’ para pintalos e Alex aparece cun ovo xigante precioso que deixa abraiado a todo o mundo. O ovo é dunha aguia e, cando aparece para recuperalo, leva a Rocky e a Chickaletta. ‘A patrulla canina’ terá que acudir a rescatalos. En Baía Aventura van celebrar a procura dos ovos de Pascua. A alcaldesa pídelle axuda á ‘Patrulla canina’ para pintalos e Alex aparece cun ovo xigante precioso que deixa abraiado a todo o mundo. O ovo é dunha aguia e, cando aparece para recuperalo, leva a Rocky e a Chickaletta. ‘A patrulla canina’ terá que acudir a rescatalos.
O MUNDO DE ALVA: Por todos os 'gústame' de Gizmo
Alva publica unha foto da familia en Internet e Nessa quere conseguir algún “Gústame” nela. En Gizmo, Oolie Bean fai un xardín que pasa inadvertido por culpa dos troles. Alva publica unha foto da familia en Internet e Nessa quere conseguir algún “Gústame” nela. En Gizmo, Oolie Bean fai un xardín que pasa inadvertido por culpa dos troles.
SUPERHEROES DA NATUREZA: Peixe globo: o Da Vinci dos fondos marinos
O peixe globo, ademais de inchar moito o papo, ten un talento artístico descoñecido.
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 15.07.2026
AS TARTARUGAS NINJA: Terminator Cascuda
As tartarugas intentan frustrar os plans de invasión dos Kraang, pero, ao mesmo tempo, vanse ter que enfrontar aos ataques dunha cascuda xigante e indestrutible. As tartarugas intentan frustrar os plans de invasión dos Kraang, pero, ao mesmo tempo, vanse ter que enfrontar aos ataques dunha cascuda xigante e indestrutible.
CÓDIGO CITIZEN: Cantos píxeles ten o teu gato?
No mundo dixital a calidade dunha imaxe mídese en píxeles, por iso é importante saber descifrar esa información.
SONIC BOOM: Non me xulgues
Durante un combate con Sonic, o doutor Eggman finxe que acaba lesionado e demanda a Sonic.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Abella Raíña
Chloe utiliza o prodixio que perdeu Ladybug e convértese nunha nova superheroína, a Abella Raíña, para impresionar a súa nai.
AVENTUREIRA CARLY S1: Amigos ou inimigos
Bobby e Morgan seguen comportándose de xeito estraño. Polo camiño coñecen a Billy, un raposo que intenta axudarlles a atopar unha cura, pero todo se trunca cando se topan coa manda do raposo. Bobby e Morgan seguen comportándose de xeito estraño. Polo camiño coñecen a Billy, un raposo que intenta axudarlles a atopar unha cura, pero todo se trunca cando se topan coa manda do raposo.
INVENTA QUE INVENTA: A mascota artificial e o futbolín caseiro reciclado
Neste episodio de 'Inventa que inventa' Alba, Paulo e Martina crean unha divertida mascota artificial capaz de recoñecer voces e obedecer ordes. Coñecemos tamén a historia de Rebecca, a rapaza que inventou unha manta con calefacción solar para persoas sen fogar. Ademais, aprendemos a fabricar un futbolín caseiro con materiais reciclados, descubrimos o curioso “Baby Mop Romper” e entendemos como funcionan os sensores presentes en moitos dos aparellos tecnolóxicos da nosa vida diaria. Neste episodio de 'Inventa que inventa' Alba, Paulo e Martina crean unha divertida mascota artificial capaz de recoñecer voces e obedecer ordes. Coñecemos tamén a historia de Rebecca, a rapaza que inventou unha manta con calefacción solar para persoas sen fogar. Ademais, aprendemos a fabricar un futbolín caseiro con materiais reciclados, descubrimos o curioso “Baby Mop Romper” e entendemos como funcionan os sensores presentes en moitos dos aparellos tecnolóxicos da nosa vida diaria.
SAUDADE DE TI: SAUDADE DE TI 24
Serie que parte dun tráxico accidente de tráfico en que morren dúas persoas e que sacode a vida de tres familias e obriga unha doutora nova, filla dunha das falecidas, a facerse cargo do seu pai, da consulta médica da vila e de todos os pacientes da contorna, á vez que se pechan as feridas polo ocorrido. Noa entrégalle a Celia os datos que contiña o móbil de Olga. A doutora dubida entre enfrontarse a verdade ou continuar cos ollos pechados por medo ao que poda atopar. Unha cuestión que lle fai preguntarse se realmente tiña a relación que ela cría coa súa nai.
SAUDADE DE TI: SAUDADE DE TI 25
Serie que parte dun tráxico accidente de tráfico en que morren dúas persoas e que sacode a vida de tres familias e obriga unha doutora nova, filla dunha das falecidas, a facerse cargo do seu pai, da consulta médica da vila e de todos os pacientes da contorna, á vez que se pechan as feridas polo ocorrido. Isidro comeza a facer as maletas para irse de Abrente, nesta nova entrega de ‘Saudade de ti’. A súa decisión parece definitiva, pero a súa familia fará todo o posible para evitar a súa partida. Na consulta, Celia trata de contactar coa neuróloga coa que súa nai intercambiou correos nos seus últimos días de vida para esclarecer a súa relación. Desde logo, Olga ocultaba moitas máis cousas do que cría nun principio.
SAUDADE DE TI: SAUDADE DE TI 26
Serie que parte dun tráxico accidente de tráfico en que morren dúas persoas e que sacode a vida de tres familias e obriga unha doutora nova, filla dunha das falecidas, a facerse cargo do seu pai, da consulta médica da vila e de todos os pacientes da contorna, á vez que se pechan as feridas polo ocorrido. Tras a marcha do seu avó, Noa toma hoxe a decisión de volver a Bilbao co seu mozo Gorka, non sen antes molestar a Raúl con insinuacións sobre a súa paternidade.
SAUDADE DE TI: SAUDADE DE TI 27
Serie que parte dun tráxico accidente de tráfico en que morren dúas persoas e que sacode a vida de tres familias e obriga unha doutora nova, filla dunha das falecidas, a facerse cargo do seu pai, da consulta médica da vila e de todos os pacientes da contorna, á vez que se pechan as feridas polo ocorrido. Hoxe, Adela argalla un plan infalible para manter o control da empresa e Dimas decide poñer tapas coa consumición para salvar o bar da ruína.
SAUDADE DE TI: SAUDADE DE TI 28
Serie que parte dun tráxico accidente de tráfico en que morren dúas persoas e que sacode a vida de tres familias e obriga unha doutora nova, filla dunha das falecidas, a facerse cargo do seu pai, da consulta médica da vila e de todos os pacientes da contorna, á vez que se pechan as feridas polo ocorrido. Raúl non cre o engano de Mónica e Adela sobre o incidente con Abel. Se as súas sospeitas son certas poderían arruinarlle a vida a un home inocente. Elas teñen todo o seu favor, informe médico incluído. Elba non é capaz de gardar o segredo e revélalle a Brais a inminente fuga de Noa co seu mozo. O rapaz apenas ten tempo para conquistar o corazón da rapaza. Se quere que Noa quede en Abrente terá que descubrir quen é o seu pai antes de que marche para sempre.
ESTACHE BO!: Sandwich Club
Espazo gastronómico presentado polo ourensán Moisés Rodríguez, un cociñeiro próximo e familiar que amosará en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor. Trasladaralle á audiencia a necesidade de modificar o estilo de vida cara a hábitos saudables a través da cociña.
ESTACHE BO!: Carpaccio de polbo
Espazo gastronómico presentado polo ourensán Moisés Rodríguez, un cociñeiro próximo e familiar que amosará en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor. Trasladaralle á audiencia a necesidade de modificar o estilo de vida cara a hábitos saudables a través da cociña.
TAL SEMENTE: TAL SEMENTE 18
Dirixido a toda a familia e baseado na dinámica de preguntas e respostas, neste concurso, presentado por Esther Estévez, os máis novos da casa competirán en parella cos seus pais e avós.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 15.07.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 15.07.2026
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 15.07.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 15.07.2026
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES IV 211
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O 'Atrápame se podes' inicia unha nova semana con 31.000 € no bote. Será o primeiro día de concurso para Susana, de Begonte; Carla Filloy; Betty, da Coruña; David, de Ferrol, e Pepe, de Xove. Logo de conseguir puntos comúns na ‘Fase 1’, un deles será eliminado na ‘Fase dos retos’. Os catro concursantes que queden formarán parellas na ‘Fase 3’. A parella con máis acertos pasará á final.
FAKE NEWS: FAKE NEWS II 38
LAMBÓNS DE VIAXE: LAMBÓNS DE VIAXE 163
Programa de viaxes da Radio Galega, dirixido e presentado por Carlos Garía Verdugo, coa colaboración de Dani Portela.
XENTE DE MUNDO: PRAGA
Polo menos esta foi a conclusión dun grupo de mulleres ourensás, todas elas curmás, despois de facer unha viaxe todas xuntas ata a belísima capital checa, Praga. Da man deste grupo trouleiro o programa paseará por rúas que teñen máis de mil anos, subirá a un dos castelos máis grandes do mundo, coñecerá os recunchos polos que andaron Kafka ou Seifert, e probará unha lambetada de nome impronunciable.
ÁLBUM DE VIAXE: Familia González Porto
Presentado por Melania Cruz, programa que mestura reality e concurso. En cada edición, sorprenderá unha familia galega cunha viaxe chea de retos, diversión e emoción, en que deberán aproveitar cada paso para conseguir o premio final. Hoxe, unha familia de Rábade viaxará ata Corrubedo nun divertido e fascinante itinerario.
O GRAN CAMIÑO. GRANDES RUTAS A PÉ DO MUNDO: O GRAN CAMIÑO. GRANDES RUTAS A PÉ DO MUNDO 3
Alba Prol e Raúl García, unha parella de cineastas galegos, emprenden xuntos a grande aventura das súas vidas: camiñar as rutas a pé máis impresionantes do mundo.
TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 15.07.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
MATALOBOS
Iván Matalobos está morto. Unha bala perdida, procedente da pistola de Santiago Táboas, acabou co fillo de Carmelo. O narcotraficante xurou vinganza e é cuestión de tempo que se faga público quen foi o autor do disparo.
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACION ESTADO DO MAR SERÁN 15.07.2026
MATALOBOS
Novos horizontes, pero ao mesmo tempo novas preocupacións caen sobre a familia máis poderosa de Sardiñeira, os Matalobos, que ven como se debilita a súa forza interna.
MATALOBOS
Sardiñeira esperta con sabor a traxedia, xa que unha partida de cocaína adulterada fai estragos entre os máis novos e a benemérita ponse en marcha para buscar os responsables da súa distribución.
PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 2094
Programa de madrugada da Radio Galega, presentado por Pepe Capelán, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.