div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

MADDIE E TRIGGS: Polo mundo adiante

Maddie repasa as postais que lle enviou o tío George desde distintos lugares do mundo e viaxa sen moverse da casa.

07:05 h

MADDIE E TRIGGS: Campás

Maddie, Triggs e a avoa soben ao campanario da vila a investigar por que xa non soan todas as campás.

07:10 h

MADDIE E TRIGGS: Tirolesa

Maddie, Triggs e mamá soben á cima do outeiro de Vila Revolta. Alí coñecen unha cabra que lles ensinará un novo xeito de comunicarse.

07:10 h

MADDIE E TRIGGS: Os opostos atráense

Maddie e Triggs enfádanse e papá media para que pensen o que lles gusta do outro e fagan as paces.

07:20 h

BERNARD S7: Un día de vento moi forte

Un temporal azouta a illa e fai voar todo ao redor de Bernard… Incluso a el mesmo!

07:25 h

A ABELLA MAIA -3D: Alarma

Maia prepara as súas provisións de néctar para o inverno.

07:35 h

OS BOLECHAS. HISTORIA DE GALICIA: Cando inventamos o Camiño de Santiago

Hai máis de mil anos, o ermitán Paio e o bispo Teodomiro descubriron a tumba do apóstolo Santiago no bosque Libredón, en Compostela. O rei Afonso II mandou facer unha ermida nese lugar e milleiros de peregrinos de todo o mundo dirixíronse cara a alí polo Camiño de Santiago. Eran tantos que o templo quedou pequeno e houbo que construír unha catedral. Hai máis de mil anos, o ermitán Paio e o bispo Teodomiro descubriron a tumba do apóstolo Santiago no bosque Libredón, en Compostela. O rei Afonso II mandou facer unha ermida nese lugar e milleiros de peregrinos de todo o mundo dirixíronse cara a alí polo Camiño de Santiago. Eran tantos que o templo quedou pequeno e houbo que construír unha catedral.

07:45 h

CAN CHEIRENTO: Can cheirento, rei do amor

Despois de pasar unha noite enteira vendo películas románticas, Caniche ten unha conxuntivite severa e case non pode ver nada. Desafortunadamente, ese mesmo día ten unha cita con Canela e non a quere anular. Can Cheirento ofrécese a facerlle de guía, pero as cousas complícanse e non saen como estaban previstas.

07:45 h

SUPERHEROES DA NATUREZA: Ovella de mar: enerxía 100% verde

É un animal que bota o día pastando, igual ca as ovellas.

08:00 h

MONSTER ALLERGY: O inspector xeral

Zick visita a Timoteo en Bibbur-Se, non sen antes causar algúns problemas a Jeremy.

08:25 h

MONSTER ALLERGY: O rañaceos enmeigado

Zick é un dos poucos humanos capaz de ver o mundo invisible dos monstros. El aínda non o sabe, pero, en realidade, é un domador de monstros cuns poderes extraordinarios.

08:50 h

WALLACE E GROMIT. INVENTOS SORPRENDENTES: A durmideira

Wallace necesita usar a durmideira, xa que non consegue pegar ollo polo empacho de queixo na cea. Wallace necesita usar a durmideira, xa que non consegue pegar ollo polo empacho de queixo na cea.

08:50 h

SONIC BOOM: Ánimo baixo

Eggman anda algo deprimido porque as cousas non lle saen ben e perde a gana de enfrontarse a Sonic. Pola súa parte, Sonic, ao non ter con quen loitar, acaba aburrido e sen saber que facer. Os amigos terán que animar a Eggman para que todo volva á normalidade.

09:00 h

SONIC BOOM: As botas poderosas

Sonic fai un ruído estraño cando corre que lles rebenta os oídos a todos. Aínda que Sticks investiga o que lle pasa ao seu amigo, será o doutor Eggman quen acabe dándolle algo que parece solucionalo.

09:15 h

SONIC BOOM: Vacabot

O doutor Eggman fai un robot novo para destruír a Sonic que acaba revirándose contra el. Entón, Sonic e Tails terán que axudarlle a defenderse e acabarán traballando en equipo todos xuntos.

09:25 h

SONIC BOOM: O meteorito

Na illa de Sonic cae un meteorito que fai que el e o doutor Eggman queden transformados.

09:35 h

CÓDIGO CITIZEN: Os robots pódenme axudar a facer os deberes?

As tarefas que poden realizar robots evolucionaron moito e é interesante saber como funcionan.

09:40 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Bufo Escuro

O señor Damocles, director do instituto, convértese en Bufo Escuro.

10:00 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Serea

Unha “akuma” transforma a Ondine, unha excelente nadadora namorada de Kim, en Serea, unha malvada que pretende converter París nun reino submarino para o seu príncipe.

10:20 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Zombeizona

A doce señorita Bustier transfórmase en Zombica por culpa dunha “akuma”. Armada dun lapis de labios negros, pretende espallar o amor e os bicos pola cidade...á forza.

10:45 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Capitá Hardrock

Lepidótero transforma a nai de Juleka en Capitá Hardrock. A bordo dun barco inexpugnable e armada coa súa espada pirata, pretende arrasar a cidade coa súa música.

11:10 h

TRAIÑEIRAS: Liga Euskotren. Bandeira Orio

En directo, Liga ACT feminina de traiñeiras.

11:10 h

TRAIÑEIRAS: Liga Euskotren. Bandeira Orio

En directo, Liga ACT feminina de traiñeiras.

12:15 h

TRAIÑEIRAS: Liga Eusko Label. Bandeira Orio

En directo, Liga ACT masculina de traiñeiras.

13:55 h

TRAIÑEIRAS: Liga Galega de Traiñeiras (Masc. A): Bandeira Concello de Bueu

13:55 h

PROGRAMA RESUMO LGT TRAIÑEIRAS: Soltando Estacha: Bandeiras Moaña-Pobra-Esteiro

15:25 h

DANDO A NOTA: Banda Xuvenil de Celanova

Programa que dá a coñecer as actividades e o día a día das bandas de música. Inclúe entrevistas a diferentes personalidades, ademais de amosar a historia de cada banda desde o punto de vista dos seus fundadores.

15:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 12.07.2026

Presentan Antía Araújo e David Valverde.

16:10 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 12.07.2026

Irene Lourido encárgase da información deportiva.

16:25 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 12.07.2026

16:30 h

HÍPICA: CSI Casas Novas GP. Marqués de Riscal Trophy

En directo, xornada final da hípica en Casas Novas. O CSI 4* da Coruña é unha cita destacada do calendario hípico nacional e internacional e reúne en Casas Novas algúns dos mellores xinetes españois de salto de obstáculos.

18:50 h

BONANZA: Negra sombra

No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 qm2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe. No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 qm2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe.

19:35 h

BONANZA: Morte ao amencer

No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 qm2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe.

20:20 h

BONANZA: O enfrontamento

No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 qm2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe.

21:05 h

BONANZA: O secuestro

No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 qm2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe.

22:00 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 12.07.2026

Presentan Antía Araújo e David Valverde. Irene Lourido encárgase da información deportiva.

22:50 h

SALVAXE: SALVAXE 7

O reality de aventuras máis extremo realizado nunca en Galicia. Neste novo formato, presentado por María Lamela, 18 concursantes deberán superar distintos retos físicos e mentais que porán a proba a súa resistencia, intelixencia, forza e capacidade de traballo en equipo. Os 12 concursantes de 'Salvaxe' que quedan en competición enfróntanse esta semana a unha proba moi especial no castelo de San Filipe, en Ferrol.

00:25 h

VOGA VOGA MARIÑEIRO

Reality show en que cinco concursantes, sen experiencia náutica, surcan a costa galega nun veleiro de 14 metros. A súa meta será a de aprender a manexar un barco e o gañador obterá o título de patrón de embarcacións de recreo.

01:15 h

PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 2091

Programa de madrugada da Radio Galega, presentado por Pepe Capelán, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.

06:00 h

FAMILIA DE OFICIO

Cada capítulo conta a historia dunha familia onde distintas xeracións conviven no coñecemento e aplicación dun oficio.

06:30 h

BILLETE DE VOLTA: Alfonso Sucasas/Javier Olleros

O pintor Alfonso Sucasas é un dos protagonistas de 'Billete de Volta'. E o cociñeiro Javier Olleros presenta a historia familiar no transcurso dunha xornada de traballo entre mercados, fogóns e pratos novos.

div-crtvg-top2

Publicidade