TVG2 - CSAG
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACION ESTADO DO MAR SERÁN 03.07.2026
A MORTE CHEGA A VENECIA
A historia segue a Anna, unha muller que viaxa a Venecia desde Viena tras o afogamento accidental do seu esposo, un restaurador de arte chamado Lukas. Ao sospeitar da versión oficial, descobre que unha obra de Sandro Botticelli desapareceu, o que a envolve nunha trama de falsificación e roubo.
OS CANTOS ROLADOS: Nación Quilombo / Som do Galpón / Ezetaerre
Presentado por Tuchiño, de Heredeiros da Crus, cada entrega é un monográfico dun estilo musical, cos máximos expoñentes dese xénero, con actuacións ao vivo e con curiosidades sobre o traballo dos grupos e artistas. Coa axuda de Antón Reixa, o programa ‘Os Cantos Rolados’ achegarase está noite á actualidade de tres das principais bandas de rap galegas.
RECANTOS CON FEITIZO: Compostela, o xardín de Vista Alegre
‘Recantos con feitizo’ convida a descubrir os recunchos máis sorprendentes e auténticos de Galicia a través dos ollos de reporteiros e 'influencers'. Cada episodio amosará cinco lugares únicos, desde paisaxes naturais a espazos ateigados de historia e cultura. Unha viaxe chea de curiosidade, sorpresas e moitos 'selfies'.
LATITUDE GALEGA: Dubai. Martín Monteagudo
A BOAS HORAS
A G2 emite este novo espectáculo en directo que revolucionará as madrugadas da fin de semana na Radio Galega. Humor, música, xogos e improvisación para converter a noite nun gran punto de encontro durante cinco horas de radio en directo. Toño Casais será o mestre de cerimonias dun equipo no que pode pasar de todo, acompañado polo televisivo Isi e pola reporteira Ilda Mosquera.