div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

TIMMY TIME: Timmy trae un sorriso

Os animaliños da clase abusan da manta de Apricot e Timmy axúdalle a recuperala.

07:10 h

MADDIE E TRIGGS: Cola bulideira

Triggs menea a cola cando se pon contento, pero ás veces pode pasarse un pouco ata o punto de parecer que a cola ten vida propia.

07:15 h

MADDIE E TRIGGS: Os birlos

Mamá e papá levan a Maddie e Triggs a xogar aos birlos por primeira vez.

07:25 h

OS BOLECHAS. SABES UNHA COUSA?: As cores

Na casa dos Bolechas todo está cheo de papeis, pinceis e botes de pintura. Kofi e Loli mesturan distintas cores e descobren cales son as máis importantes: o vermello, o amarelo e o azul. Na casa dos Bolechas todo está cheo de papeis, pinceis e botes de pintura. Kofi e Loli mesturan distintas cores e descobren cales son as máis importantes: o vermello, o amarelo e o azul.

07:30 h

HOME MÁIS PEQUERRECHIÑO DO MUNDO, O: Café

O home máis pequerrechiño do mundo proba o café cuns resultados catastróficos para os seus nervios.

07:30 h

CAN CHEIRENTO: Can Cheirento ten un bo día

A Can Cheirento gústalle tanto o día que acaba de vivir que decide facer unha máquina do tempo para poder vivilo outra vez. Gato Chato, para que o seu amigo estea contento, encárgase de que Can Cheirento pense que o consegue.

07:30 h

HOME MÁIS PEQUERRECHIÑO DO MUNDO, O: No baño

Os inodoros non parecen ser os mellores amigos do home máis pequerrechiño do mundo.

07:40 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Capitá Hardrock

Lepidótero transforma a nai de Juleka en Capitá Hardrock. A bordo dun barco inexpugnable e armada coa súa espada pirata, pretende arrasar a cidade coa súa música.

08:05 h

SONIC BOOM: Non fun eu, foi o ourizo armado

Na gorida do doutor Eggman e na vila roubaron varias cousas, todos andan enfadados e bótanlle a culpa a Sonic. Para demostrar que non é culpable, Sonic terá que buscar o ladrón e Knuckles axudaralle a investigar.

08:15 h

SONIC BOOM: Eggman director

O doutor Eggman está rodando unha película e pídelle a Sonic que interprete nela o personaxe de si mesmo. Aínda que ao principio non quere, Sonic acaba traballando na película e convértese nunha estrela que ten ata dobre para as escenas perigosas. Chegado o día da estrea, Eggman está convencido de que a súa obra terá unha boa acollida por parte do público.

08:30 h

O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 19.06.2026

09:30 h

CAFÉ SEN GOTAS: CAFÉ SEN GOTAS 340

Faladoiro na biblioteca xeral do Parlamento.

09:45 h

GASTRÓPODOS: Lugo

Gastrópodos e un concurso de cociña. O equipo componse da cociñeira Beatriz Sotelo, do cociñeiro cambadés Antonio Botanacomo e como condutora e pinche, a actriz Marta Doviro. En cada entrega de “Gastrópodos”, os cociñeiros e presentadores repartiranse en dous equipos que competirán por gañar cada un dos programas. Desta volta o espazo fai parada en Lugo. Alí, na súa Praza Maior, quedará ubicado o autobús do programa. Para exercer de xurado popular do programa escolleuse unha institución centenaria na cidade: a Banda Municipal de Lugo. Será un colectivo de traballadores desta institución o que teña a responsabilidade de decidir cal das dúas propostas dos cociñeiros Beatriz Sotelo e Antonio Botana é merecente da vitoria.

10:40 h

FONTEALBA: Episodio 145

Aurora e Roberto cada vez están máis cerca, pero mantendo prudencia de caer de novo no amor. Andrés e Carmela comezan a caerse mellor entre eles. Aurora quere facer todo o podible para recuperar Fontealba. Aurora e Roberto cada vez están máis cerca, pero mantendo prudencia de caer de novo no amor. Andrés e Carmela comezan a caerse mellor entre eles. Aurora quere facer todo o podible para recuperar Fontealba.

11:20 h

FONTEALBA: Episodio 146

Fonso intenta dicirlle de todas as maneiras a Mati que Ton non é un bo mozo para ela, ela non o cre ata que ve unhas fotos de Ton con moitas chicas. Nina non consegue romper de todo coa familia, a enfermidade de Amalia troulle á cabeza o moito que os quere, e para nada quere volver a vivir algo con eles tan traumático como cando se fora de casa. Fonso intenta dicirlle de todas as maneiras a Mati que Ton non é un bo mozo para ela, ela non o cre ata que ve unhas fotos de Ton con moitas chicas. Nina non consegue romper de todo coa familia, a enfermidade de Amalia troulle á cabeza o moito que os quere, e para nada quere volver a vivir algo con eles tan traumático como cando se fora de casa.

12:05 h

FONTEALBA: Episodio 147

Gonzalo quere que Nina se distancie da súa familia a toda costa. Pero Amalia e Nina queren reconciliarse. Nina vaille contar que se casa con Gonzalo. Amalia quere darlle o seu vestido de voda, pero Perfecta dille que o vestido non está.

12:45 h

FONTEALBA: Episodio 148

Aurora quere falar unha vez máis con Marisa e aclarar a relación que tivo con Roberto. Nina quere invitar a Amalia á voda. Aceptará a invitación? Mati e Ton están cada vez máis distanciados. Aurora quere falar unha vez máis con Marisa e aclarar a relación que tivo con Roberto. Nina quere invitar a Amalia á voda. Aceptará a invitación? Mati e Ton están cada vez máis distanciados.

13:25 h

FONTEALBA: Episodio 149

Mati e Ton non queren reconciliación. Nina e Gonzalo seguen adiante cos preparativos da voda. Xa teñen as invitacións e a data. Agora Nina quere facer todo o posible para que vaia toda a súa familia, pero non parece que Luís o vaia poñer fácil.

14:10 h

ESTACHE BO!: Ensalada de oficina

Espazo gastronómico presentado polo ourensán Moisés Rodríguez, un cociñeiro próximo e familiar que amosará en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor. Trasladaralle á audiencia a necesidade de modificar o estilo de vida cara a hábitos saudables a través da cociña.

14:35 h

ESTACHE BO!: Fabsas con chourizo de cebola e castañas

Espazo gastronómico presentado polo ourensán Moisés Rodríguez, un cociñeiro próximo e familiar que amosará en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor. Trasladaralle á audiencia a necesidade de modificar o estilo de vida cara a hábitos saudables a través da cociña.

14:35 h

ESTACHE BO!: Fabas con chourizo de cebola e castañas

Espazo gastronómico presentado polo ourensán Moisés Rodríguez, un cociñeiro próximo e familiar que amosará en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor. Trasladaralle á audiencia a necesidade de modificar o estilo de vida cara a hábitos saudables a través da cociña.

15:00 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 19.06.2026

Presenta Raúl Quián.

15:35 h

TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 19.06.2026

Presenta Marta Darriba.

16:20 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 19.06.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

16:30 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 19.06.2026

16:40 h

ATRÁPAME SE PODES: 'ATRÁPAME SE PODES III 193'

Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O 'Atrápame se podes' incrementa en 200 € o seu bote. A suma acumulada xa está nos 27.400 €. María, de Tomiño; Lorena, de Verín; Carlos, de Pontevedra; Rocío, de Culleredo, e Avelino, de Vigo, intentarán conseguila chegando ao máis alto das escaleiras sen cometer ningún erro.

16:40 h

ATRÁPAME SE PODES: 'ATRÁPAME SE PODES III 193'

Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O 'Atrápame se podes' incrementa en 200 € o seu bote. A suma acumulada xa está nos 27.400 €. María, de Tomiño; Lorena, de Verín; Carlos, de Pontevedra; Rocío, de Culleredo, e Avelino, de Vigo, intentarán conseguila chegando ao máis alto das escaleiras sen cometer ningún erro.

16:40 h

ATRÁPAME SE PODES: 'ATRÁPAME SE PODES III 193'

Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O 'Atrápame se podes' incrementa en 200 € o seu bote. A suma acumulada xa está nos 27.400 €. María, de Tomiño; Lorena, de Verín; Carlos, de Pontevedra; Rocío, de Culleredo, e Avelino, de Vigo, intentarán conseguila chegando ao máis alto das escaleiras sen cometer ningún erro.

17:15 h

FAKE NEWS: FAKE NEWS 20

Concurso de rúa que mestura actualidade e entretemento de xeito innovador. O presentador, Dani Polo, embárcase na misión de atopar concursantes que, con intuición e astucia, estean dispostos a discernir a verdade da mentira.

17:55 h

RIBEIRAS DE SALITRE: Oza, A Coruña do salitre nas veas

Serie documental presentada por X. H. Rivadulla Corcón, que amosa a alegría de vivir na cultura mariñeira, dando a coñecer os homes e mulleres que traballan para o mar, no propio mar e nas ribeiras. O espazo achégase hoxe ao porto de Oza, onde se centra a actividade pesqueira da Coruña.

18:20 h

RIBEIRAS DE SALITRE: Ares, ventos dun mar íntimo

Serie documental presentada por X. H. Rivadulla Corcón, que amosa a alegría de vivir na cultura mariñeira, dando a coñecer os homes e mulleres que traballan para o mar, no propio mar e nas ribeiras. O espazo ‘Ribeiras de Salitre’ achégase esta tarde á vida dos que traballan no mar de Ares.

18:55 h

HÓCKEY: FINAL OK LIGA - XOGO 3: IGUALADA - LICEO

18:55 h

HÓCKEY: Final Ok Liga (Xogo 3): Igualada-Liceo

En directo, terceiro partido da final da OK Liga de hóckey sobre patíns entre o Igualada e o Liceo. Tras as dúas vitorias no palacio dos deportes de Riazor, o equipo coruñés está a cincuenta minutos de conseguir o segundo título da temporada logo de conquistar hai uns meses a Copa do Rei ante o Calafell.

20:30 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3438

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. A Mostra Internacional de Teatro de Cangas, a nova programación da Real Filharmonía de Galicia e a exposición do fotógrafo italiano Paolo Roversi na Coruña, temas destacados no 'ZigZag' de hoxe.

20:55 h

LÉOCHO: Literatura para escoitar

O auxe dos audiolibros é un fenómeno recente en Galicia. Cándido Pazó, escritor, dramaturgo e narrador oral, axúdanos a entender esta nova versión dos libros. Entramos nun estudo de gravación para saber como é o proceso de locución das obras en papel. Neste capítulo, o escritor Pedro Feijoo conversa cun grupo de lectores sobre a súa obra "Onde nacen as bestas" e analiza as vantaxes da versión da súa obra en audiolibro.

21:25 h

LATEXOS DA CIDADE: LATEXOS DA CIDADE III 31

Programa que ten como obxectivo tomarlle o pulso ás cidades galegas mediante os seus protagonistas, as persoas que as habitan, os lugares nos que traballan, vidas normais pero cheas de contrastes e matices.

21:35 h

TERRA DE CÓMICS: Kiko da Silva

O artista de cómic Kiko Da Silva abre as portas da súa escola, en Pontevedra, para compartir o proceso creativo do seu traballo, caracterizado pola reivindicación da natureza. No capítulo explóranse as súas influencias e a súa traxectoria dentro da banda deseñada.

21:45 h

GALICIA DIVERSA: A arte

A Fundación Igual Arte de Vigo é a única escola artística de España dirixida a persoas con discapacidade. Os seus talleres de deseño, música e danza son un fervedoiro de creatividade. De aquí saíron o grupo de pop Chungo Pastel, un combo de batukada, deseñadores profesionais e unha compañía de danza contemporánea, entre outras moitas experiencias.

22:00 h

TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 19.06.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

22:30 h

SILKWOOD

Alegación antinuclear baseada en feitos reais. En 1974, Karen Silwood, traballadora e sindicalista dunha central nuclear de Oklahoma, recolle probas e indicios que demostran a ineficacia das medidas de seguridade da planta. Esa actitude vaina inimistar tanto cos seus compañeiros de traballo coma cos dirixentes da central.

00:30 h

OS CANTOS ROLADOS: Riff Raff / Green Hot Peppers / The Funkles

Presentado por Tuchiño, de Heredeiros da Crus, cada entrega é un monográfico dun estilo musical, cos máximos expoñentes dese xénero, con actuacións ao vivo e con curiosidades sobre o traballo dos grupos e artistas. A entrega desta semana do programa ‘Os Cantos Rolados’, que contará coa colaboración de Xaime Fandiño estará dedicada as bandas tributo, un fenómeno moi estendido en Galicia nos últimos anos.

00:30 h

A NOSA MOVIDA: Boyanka Kostova

Programa presentado por Duarte Galbán e gravado na icónica Sala Capitol, en Santiago de Compostela, cun estilo actual e con identidade propia, polo que pasarán os mellores artistas do panorama musical galego. Hoxe rompe esquemas en ‘A nosa movida’, Boyanka Kostova que, ademais de achegar a súa música, falará de todo tipo de temas, con moita retranca e risas.

01:00 h

A BOAS HORAS: A BOAS HORAS 26.03.2026

A G2 emite este novo espectáculo en directo que revolucionará as madrugadas da fin de semana na Radio Galega. Humor, música, xogos e improvisación para converter a noite nun gran punto de encontro durante cinco horas de radio en directo. Toño Casais será o mestre de cerimonias dun equipo no que pode pasar de todo, acompañado polo televisivo Isi e pola reporteira Alexandra Tojo.

div-crtvg-top2

Publicidade