div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

ANGUS & CHERYL: ANGUS & CHERYL 80

07:00 h

GLUMPERS: Incrible viaxe

Fubble vai á neveira para ver se hai algo para comer e atopa un bocadillo balorento.

07:00 h

ANGUS & CHERYL: ANGUS & CHERYL 79

07:05 h

GLUMPERS: Espírito ecolóxico

Dudd e Booker deciden plantar a súa propia árbore de nadal.

07:05 h

BOOM & REDS: Capítulo 76

Boom e Reds é unha serie de preescolar na que en cada episodio un simpático ogro morado, Boom, tentará investigar que están debuxando no chan os Reds, un grupo de animadas criaturas con cabeza de cogomelo. Por desgraza, o feito de que Boom non sexa tan listo non lle axudará, facéndolle pensar nas suxestións máis tolas. Este becho é un pouco arrastrado, pero ten coidado con pisalo.

07:10 h

BOOM & REDS: Capítulo 77

Boom e Reds é unha serie de preescolar na que en cada episodio un simpático ogro morado, Boom, tentará investigar que están debuxando no chan os Reds, un grupo de animadas criaturas con cabeza de cogomelo. Por desgraza, o feito de que Boom non sexa tan listo non lle axudará, facéndolle pensar nas suxestións máis tolas. Estes chismes soen ir dentro de zapatos... ou de botas!

07:15 h

O DIARIO DE ALICE: DIARIO DE ALICE, O 49

07:20 h

O DIARIO DE ALICE: DIARIO DE ALICE, O 50

07:25 h

O DIARIO DE ALICE: DIARIO DE ALICE, O 51

07:30 h

TIMMY TIME: Timmy flota

A clase constrúe barcos, pero a Timmy tócalle con Stripey, que está moi constipado e destrúe por erro o barco de Otus.

07:40 h

TIMMY TIME: Timmy fai o traballo

É hora de limpar a gardería, pero Timmy prefire xogar fóra e aprende que xogar mentres se recolle non é boa idea.

07:50 h

TIMMY TIME: Timmy necesita un baño

Despois dun partido de fútbol cheo de lama, Timmy tenta evitar o baño, pero acaba por ensuciar media clase.

08:00 h

OS BOLECHAS. SABES UNHA COUSA?: As festas

As festas son ocasións especiais nas que as persoas se reúnen para compartir momentos de alegría. Loli e Braulio son moi festeiros e celebran as foliadas, o Nadal, o Entroido, o San Xoán e ata o Día de Defuntos. As festas son ocasións especiais nas que as persoas se reúnen para compartir momentos de alegría. Loli e Braulio son moi festeiros e celebran as foliadas, o Nadal, o Entroido, o San Xoán e ata o Día de Defuntos.

08:05 h

OS BOLECHAS. SABES UNHA COUSA?: Os seres fantásticos

En Galicia hai moitos seres fantásticos como os alicornos, os biosbardos ou o gatipedro. Un asustado Carlos descobre as criaturas imaxinarias que aparecen nos mitos, lendas e contos. En Galicia hai moitos seres fantásticos como os alicornos, os biosbardos ou o gatipedro. Un asustado Carlos descobre as criaturas imaxinarias que aparecen nos mitos, lendas e contos.

08:10 h

MADDIE E TRIGGS: O balón de fútbol

Maddie está farta de que o balón do seu veciño Phillip acabe sempre no seu xardín e lle estrague o xogo, pero ignora que pode haber unha razón oculta.

08:20 h

MADDIE E TRIGGS: A mosca

Unha mosca entra no cuarto de Maddie, e Triggs e papá intentarán escorrentala de todos os xeitos.

08:25 h

MADDIE E TRIGGS: O vento

Maddie enfádase co aire porque lle levou un paxaro de papel, pero vivirá unha aventura máxica en que descubrirá todo o que pode facer o vento.

08:35 h

MADDIE E TRIGGS: O parque para cans

A Triggs encántalle o parque para cans e intentará convencer unha cadeliña tímida de que é o mellor lugar do mundo.

08:40 h

MADDIE E TRIGGS: O osiño de Triggs

O osiño de peluche de Triggs está moi sucio, pero o can non se dá separado del para lavalo.

08:45 h

MADDIE E TRIGGS: A árbore de Maddie

Maddie queda abraiada con todos os usos que teñen as pólas das árbores.

08:55 h

A ABELLA MAIA -3D: A cabana de Henry

Maia é unha abella moi curiosa á que lle gusta descubrir cousas novas. Xunto ao seu amigo Willi vivirá unha chea de aventuras moi emocionantes.

09:05 h

A ABELLA MAIA -3D: O nacemento de Maia

É o día de nacemento de Maia e Willi. Coñecen a súa profe Cassandra e a Raíña. Descobren o mel e intentan voar por primeira vez.

09:20 h

HOME MÁIS PEQUERRECHIÑO DO MUNDO, O: Náufrago

O noso pequeno protagonista pérdese nun croio no medio do mar e necesita rescate.

09:20 h

SUPERHEROES DA NATUREZA: Blob: a tortilla xigante

Será unha planta? Será un animal? Será un fungo? Non, ningunha desas cousas. Ten pinta de tortilla e non lle gusta o sal.

09:25 h

SUPERHEROES DA NATUREZA: CREBANOCES DE CLARK: VIRA A DEREITA NA PRÓXIMA PÓLA

09:25 h

SUPERHEROES DA NATUREZA: O Crebanoces de Clark

Este paxaro non necesita o último modelo de navegador para orientarse no bosque.

09:25 h

CAN CHEIRENTO: Can Cheirento conta ovellas

Como esta noite Can Cheirento non dá adormecido, Gato Chato aconséllalle contar ovellas.

09:40 h

CAN CHEIRENTO: A estrela de Can Cheirento

Está a nevar! Can Cheirento colle unha folerpa de neve que cae do ceo e pensa que é unha estrela.

09:50 h

MONSTER ALLERGY: A antiga armería

Zick e Elena viaxan á antiga Armería para buscar unha cura para Lonzo.

09:50 h

CAN CHEIRENTO: CAN CHEIRENTO E A CAIXA MÁXICA

10:05 h

SONIC BOOM: Xogando aos amigos de mentira

O doutor Eggman ten un amigo novo e os robots Orbot e Cubot séntense desprezados e marchan da gorida.

10:15 h

MONSTER ALLERGY: MONSTER ALLERGY 12

10:15 h

SONIC BOOM: Apocalipse dobre

O doutor Eggman colle de axudante a Dave, o da hamburguesería. Farto de facer tarefas sen importancia, Dave rebélase e apodérase dunha máquina que pode acabar co mundo. Sonic e Tails terán que intervir para impedirllo.

10:25 h

SONIC BOOM: A fortaleza miserenta

O doutor Eggman está entusiasmado porque unha revista de decoración quere sacar a súa gorida na portada. Como o día que chegan para inspeccionarlla a cousa non vai como el esperaba, decide buscar axuda para redecorar e contrata alguén que ten moito estilo e bo gusto.

10:40 h

SONIC BOOM: O xigante durmido

Sonic e Knuckles espertan un xigante de pedra que empeza a destruír todo o que encontra. Os amigos buscan unha solución para que volva quedar durmido e Eggman acabará botando unha man tamén.

10:45 h

MOBY DICK: MOBY DICK 8

10:50 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Xeadiador

Lepidóptero “akumatiza” o lendario xeadeiro parisiense e transfórmase en Xeadiador, que converte a xente en xeados que se derreten. Ladybug e Cat Noir terán que reaccionar para evitalo.

11:15 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Oso rancoroso

Chloe humilla o seu mordomo, que se transforma en Oso Rancoroso, capaz de manipular as persoas que toca e que está decidido a vingarse de Chloe.

11:35 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Problemática

Lepidótero “akumatiza” a Penny, a axudante de Jagged Stone, en convértea en Problemática. Antes solucionaba os problemas dos demais, agora será ela quen os provoque.

11:55 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Xigantitán

Unha “akuma” transforma un bebé en Xigantitán, un neniño colosal que percorre a cidade na procura dunha piruleta e destrúe todo o que vai encontrando.

12:20 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Riposte

Unha espadachina enmascarada séntese humillada nun duelo con Adrian. Lepidóptero convértea en Riposte, unha experta loitadora que busca o desquite.

12:40 h

SHIN CHAN: Neva un pouquiño/ Yuko anda buscando algo/ Limpamos facendo rap

13:10 h

SHIN CHAN: Aparece Shinko outra vez/ O móbil é difícil de dominar/ Ai-chan ponse a dieta

13:35 h

SHIN CHAN: Marcho para sempre/ Xogo unha partida de billar/ Shinko despídese de nós

14:05 h

SHIN CHAN: Planto sementes de ravo/ O diñeiro non se esconde/ Quedo só con Nanako na casa

14:30 h

SHIN CHAN: Fago un estante con papá/ Ai-chan marcha da casa/ Que alguén cace o neno ese

14:55 h

PARLAMENTO: PARLAMENTO 1189

Espazo semanal de información política e parlamentaria de Galicia.

15:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 13.06.2026

Presentan Antía Araújo e David Valverde.

16:10 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 13.06.2026

Irene Lourido encárgase da información deportiva.

16:25 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 13.06.2026

16:35 h

O FANTASMA DO OPEN

A verdadeira historia de Maurice Flitcroft, un pai de familia e operador de grúa nunha pequena vila inglesa, que ve perigar o seu posto de traballo debido á inestabilidade económica do país. Tras ver un partido de golf televisado, Maurice namórase do xogo e decide participar no torneo máis importante do mundo, o Open Británico. Un plan mestre que ten un único problema: Maurice nunca xogou ao golf na súa vida.

18:10 h

VIVIR AQUÍ: Paso o verán nun cámping

Programa de reportaxes. O programa “Vivir Aquí” visita este sábado algúns dos cámpings pioneiros da costa galega e outros que se abren ás novas tendencias no mundo da acampada. Dende Rinlo ata A Guarda, xunto ás augas tranquilas da ría de Arousa ou ao carón das ondas e os cantís da costa ártabra.

19:05 h

PAZOS E CÍA

Proposta en que o actor e presentador Sergio Pazos se converterá cada semana nun divertido Quixote moderno que viaxa por Galicia adiante botando unha voluntariosa man a quen necesite da súa inestimable axuda.

20:10 h

ROSENDO SALVADO. O HUMBOLDT GALEGO: O Livingstone galego. De Tui a terra australis incógnita

Serie documental que se basea nun percorrido pola vida e obra de Frei Rosendo Salvado, un galego apaixonante moi descoñecido dentro e fóra de Galicia.

20:35 h

ROSENDO SALVADO. O HUMBOLDT GALEGO: Un galego global en terra de canguros. A fundación de Nova Nursia

Serie documental que se basea nun percorrido pola vida e obra de Frei Rosendo Salvado, un galego apaixonante moi descoñecido dentro e fóra de Galicia.

21:00 h

ROSENDO SALVADO. O HUMBOLDT GALEGO: O bispo dos aborixes. Consolidación da misión de Nova Nursia

Serie documental que se basea nun percorrido pola vida e obra de Frei Rosendo Salvado, un galego apaixonante moi descoñecido dentro e fóra de Galicia.

21:30 h

ROSENDO SALVADO. O HUMBOLDT GALEGO: Un millón de verbas. A herdanza de Rosendo Salvado

Serie documental que se basea nun percorrido pola vida e obra de Frei Rosendo Salvado, un galego apaixonante moi descoñecido dentro e fóra de Galicia.

22:00 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 13.06.2026

Presentan Antía Araújo e David Valverde. Irene Lourido encárgase da información deportiva.

22:50 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 28.03.2026

22:55 h

ESPERANZA

Anja e Tomas viven en familia xunto aos seus fillos biolóxicos e fillastros, pero durante os últimos anos a parella distanciouse. Cando Anja recibe o diagnóstico de cancro cerebral terminal o día antes de Nadal, a súa vida desfaise e pon a proba o amor desatendido.

div-crtvg-top2

Publicidade