TVG2 - CSAG
TIMMY TIME: TIMMY TIME 5
TIMMY TIME: Timmy non sabe bailar
A clase explora diferentes estilos de baile como o hula ou o hip hop, pero Timmy só quere bailar hip hop.
MADDIE E TRIGGS: Xa chegamos?
Maddie vai visitar os avós coa familia, pero a viaxe en coche fáiselle eterna, polo que inventa unha canción para entreterse.
MADDIE E TRIGGS: Xeado
Nun día moi caloroso de verán, Maddie, Triggs e a avoa van á tenda do señor Luar mercar unhas cousiñas e aproveitan para pedir un xeado.
OS BOLECHAS. SABES UNHA COUSA?: A cociña
Pili quere aprender a cociñar para facer un programa de televisión, pero non sabe ningunha receita. Os Bolechas explican que utensilios debe usar, os tipos de alimentos que hai e mesmo as comidas típicas dalgúns lugares do mundo. Pili quere aprender a cociñar para facer un programa de televisión, pero non sabe ningunha receita. Os Bolechas explican que utensilios debe usar, os tipos de alimentos que hai e mesmo as comidas típicas dalgúns lugares do mundo.
CAN CHEIRENTO: Can Cheirento torna en Morcego Cheirento
Can Cheirento esperta co nariz moqueando. Jean avísao: é un morcego sedento de sangue! A pesar da advertencia, Can Cheirento quere levar o animaliño á casa, e está disposto a transformarse en Morcego Cheirento!
HOME MÁIS PEQUERRECHIÑO DO MUNDO, O: A hidromasaxe
Darse un baño relaxante con burbullas ten a súa complicación para o noso protagonista.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: O cabaleiro negro
Mentres Marinette busca o diario de Chloé, o profesor de esgrima de Adrien trócase nun cabaleiro medieval malvado que ataca o concello.
SONIC BOOM: Tails namorado
Tails anda namoriscado e non sabe como conquistar a moza que lle gusta. Os amigos e mesmo o seu peor inimigo daranlle consellos para converterse en todo un galán.
SONIC BOOM: Encerrados
Estala unha tormenta na illa e Sonic e os amigos refúxianse na casa de Amy. Como non poden saír ata que deixe de chover, Amy procura ser unha boa anfitrioa e busca maneiras de entretelos para pasar o tempo.
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 05.06.2026
CAFÉ SEN GOTAS: CAFÉ SEN GOTAS 338
Faladoiro na biblioteca xeral do Parlamento.
POLO REGO: POLO REGO II 125
Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos.
POLO REGO: POLO REGO II 126
Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos.
COS PÉS NA TERRA (Axustes): Emilio Romero (Un corazón con bo ritmo)
FONTEALBA: FONTEALBA II 105
Luís e Amalia teñen dificultades para agochar o segredo da operación de Luís aos seus fillos, especialmente a Asun, quen está moi preocupada. Lourdes, cada vez máis unida a Roberto, cre que as condicións de Aurora no contrato de divorcio son unha tomadura de pelo. Pero non son os únicos que comezan a unirse, xa que as visitas de Mati a Fonso son cada vez máis frecuentes.
FONTEALBA: FONTEALBA II 106
Aurora volve a ter dúbidas respecto ao tema do divorcio.
FONTEALBA: FONTEALBA II 107
o que a obrigará a pedirlle perdón e remover o pasado. Conforme Roberto e mais Aurora se distancian, el apégase cada vez máis a Lourdes. O apoio que a súa antiga moza lle brinda é de moita importancia para o avogado. Nina e Gonzalo ven que a súa relación pende dun fío.
FONTEALBA
Mati INtenta que os seus pais retomen a relación que deixaron hai 17 anos boicoteando as citas de Lourdes. A Roberto non parece molestarlle a idea.
FONTEALBA: FONTEALBA II 108
Neste capítulo, Luís sabe que o accidente de Nina pódelle causar estragos moi perigosos, aínda que isto non o comparte nin con ela nin con Amalia, coa que deberá deixar de lado as súas diferenzas pra poder supera-lo trago xuntos. Os Douro non deixan de tentar separala de Gonzalo.
RECANTOS CON FEITIZO: Marronda, o paraíso de baleira
‘Recantos con feitizo’ convida a descubrir os recunchos máis sorprendentes e auténticos de Galicia a través dos ollos de reporteiros e 'influencers'. Cada episodio amosará cinco lugares únicos, desde paisaxes naturais a espazos ateigados de historia e cultura. Unha viaxe chea de curiosidade, sorpresas e moitos 'selfies'.
ESTACHE BO!: Ensalada de salmón estilo poké
Espazo gastronómico presentado polo ourensán Moisés Rodríguez, un cociñeiro próximo e familiar que amosará en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor. Trasladaralle á audiencia a necesidade de modificar o estilo de vida cara a hábitos saudables a través da cociña.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 05.06.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 05.06.2026
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 05.06.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 05.06.2026
ATRÁPAME SE PODES: 'ATRÁPAME SE PODES III 183'
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O bote do 'Atrápame se podes' ascende xa a 25.400€. Será o obxectivo final ao que intentarán chegar Isa, de Narón; Fátima, de Coles; María, de Teo; Pablo, de Vigo, e Rodrigo, do Carballiño, no seu terceiro día de concurso.

FAKE NEWS: FAKE NEWS 10
Concurso de rúa que mestura actualidade e entretemento de xeito innovador. O presentador, Dani Polo, embárcase na misión de atopar concursantes que, con intuición e astucia, estean dispostos a discernir a verdade da mentira.
RECANTOS CON FEITIZO: Baiona, descubrindo Baiona
‘Recantos con feitizo’ convida a descubrir os recunchos máis sorprendentes e auténticos de Galicia a través dos ollos de reporteiros e 'influencers'. Cada episodio amosará cinco lugares únicos, desde paisaxes naturais a espazos ateigados de historia e cultura. Unha viaxe chea de curiosidade, sorpresas e moitos 'selfies'.
RECANTOS CON FEITIZO: Baiona, descubrindo Baiona
‘Recantos con feitizo’ convida a descubrir os recunchos máis sorprendentes e auténticos de Galicia a través dos ollos de reporteiros e 'influencers'. Cada episodio amosará cinco lugares únicos, desde paisaxes naturais a espazos ateigados de historia e cultura. Unha viaxe chea de curiosidade, sorpresas e moitos 'selfies'.
RECANTOS CON FEITIZO: Baiona, descubrindo Baiona
‘Recantos con feitizo’ convida a descubrir os recunchos máis sorprendentes e auténticos de Galicia a través dos ollos de reporteiros e 'influencers'. Cada episodio amosará cinco lugares únicos, desde paisaxes naturais a espazos ateigados de historia e cultura. Unha viaxe chea de curiosidade, sorpresas e moitos 'selfies'.
RIBEIRAS DE SALITRE: Muros, entre o mar do pasado e do futuro
Serie documental presentada por X. H. Rivadulla Corcón, que amosa a alegría de vivir na cultura mariñeira, dando a coñecer os homes e mulleres que traballan para o mar, no propio mar e nas ribeiras. O espazo ‘Ribeiras de Salitre’ visita este domingo Muros, un porto histórico no mar dos galegos, onde o futuro se abre camiño entre as ondas do seu mar e o traballo teimoso das súas xentes.
RIBEIRAS DE SALITRE: Portonovo, ribeira que atrapa os corazóns
Serie documental presentada por X. H. Rivadulla Corcón, que amosa a alegría de vivir na cultura mariñeira, dando a coñecer os homes e mulleres que traballan para o mar, no propio mar e nas ribeiras. A comarca do Salnés, na ribeira norte da ría de Pontevedra, é unha comarca ben mariñeira, e un dos seus portos destacados é a ribeira de Portonovo. Porto de cerqueiros, mergulladores, redeiras, peixeiras…, pero sobre todo de xentes especialmente agarimosas. Portonovo destaca polo traballo dos cerqueiros, as artes menores e a navalla, cunha confraría con 150 asociados, e na lonxa destacan a sardiña, o xurelo, xarda, cabalón e a navalla.
RIBEIRAS DE SALITRE: Corme, os que naceron no mar
Serie documental presentada por X. H. Rivadulla Corcón, que amosa a alegría de vivir na cultura mariñeira, dando a coñecer os homes e mulleres que traballan para o mar, no propio mar e nas ribeiras. Desde O Roncudo, a pedra percebeira con máis sona de Galicia, o programa coñecerá hoxe a tradición mariñeira de Corme.
RIBEIRAS DE SALITRE: Portosín, mar que medra para o futuro
Serie documental presentada por X. H. Rivadulla Corcón, que amosa a alegría de vivir na cultura mariñeira, dando a coñecer os homes e mulleres que traballan para o mar, no propio mar e nas ribeiras.
RIBEIRAS DE SALITRE: Cabo de Cruz, o mar en calma de Arousa
Serie documental presentada por X. H. Rivadulla Corcón, que amosa a alegría de vivir na cultura mariñeira, dando a coñecer os homes e mulleres que traballan para o mar, no propio mar e nas ribeiras. O programa estará hoxe nun recuncho tranquilo e sosegado da ría de Arousa: Cabo de Cruz, unha confraría de máis de 300 asociados, que traballan o marisqueo a flote, o mergullo e a nasa, sendo, ademais, un dos portos de maior produción de mexillóns. Na súa lonxa, que o programa visitará con Ana Rey, a bióloga da Confraría, póxase a ameixa, o berberecho, o reloxo e o carneiro.
ZIGZAG: ZIGZAG 3426
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. ‘Zigzag’ recibe hoxe a visita do grupo galego Néboa, quinteto que fusiona a canción tradicional de Galicia con indietrónica, pop alternativo e jazz, ao tempo que se achega á Fundación Eugenio Granell de Santiago de Compostela para propoñer un percorrido pola biblioteca persoal de Eugenio Granell e Amparo Segarra.
LATEXOS DA CIDADE: LATEXOS DA CIDADE III 30
Programa que ten como obxectivo tomarlle o pulso ás cidades galegas mediante os seus protagonistas, as persoas que as habitan, os lugares nos que traballan, vidas normais pero cheas de contrastes e matices.
TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 05.06.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.