TVG2 - CSAG
TIMMY TIME: TIMMY TIME 20
TIMMY TIME: Timmy no kart
A clase vai facer carreiras de karts, e Timmy ten que aprender a importancia de agardar a súa quenda.
MADDIE E TRIGGS: Os opostos atráense
Maddie e Triggs enfádanse e papá media para que pensen o que lles gusta do outro e fagan as paces.
MADDIE E TRIGGS: Tirolesa
Maddie, Triggs e mamá soben á cima do outeiro de Vila Revolta. Alí coñecen unha cabra que lles ensinará un novo xeito de comunicarse.
OS BOLECHAS. SABES UNHA COUSA?: Os oficios
No mundo existen moitos oficios distintos: fontaneiros, pedreiros, carpinteiros, albaneis... Loli xoga a ser mecánica e amaña o seu vehículo, mentres Carlos inventa unha profesión: catador de comidas. No mundo existen moitos oficios distintos: fontaneiros, pedreiros, carpinteiros, albaneis... Loli xoga a ser mecánica e amaña o seu vehículo, mentres Carlos inventa unha profesión: catador de comidas.
HOME MÁIS PEQUERRECHIÑO DO MUNDO, O: Voando
O noso pequeno protagonista queda durmido querendo conquistar os ceos.
CAN CHEIRENTO: Can Cheirento voa!
O globo de Bárbara engánchase nun balcón e Can Cheirento decide recuperar o globo.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Volpina
Lila, unha rival que finxe ser amiga de Ladybug, é humillada por Marinette diante de Adrien e transfórmase en Volpina, unha malvada que fai realidade as ilusións.
SONIC BOOM: A gran batalla de robots
Knuckles pensa que é moi bo inventor e para demostralo proponlle a Tails que se enfronten nunha batalla de robots. O doutor Eggman tamén se anota ao combate e intentará poñer en marcha un plan malvado para acabar con Sonic.
SONIC BOOM: Non fun eu, foi o ourizo armado
Na gorida do doutor Eggman e na vila roubaron varias cousas, todos andan enfadados e bótanlle a culpa a Sonic. Para demostrar que non é culpable, Sonic terá que buscar o ladrón e Knuckles axudaralle a investigar.
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 29.05.2026
CAFÉ SEN GOTAS: CAFÉ SEN GOTAS 337
Faladoiro na biblioteca xeral do Parlamento.
POLO REGO: POLO REGO II 115
Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos.
POLO REGO: POLO REGO II 116
Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos.
LATITUDE GALEGA: Casablanca. Xabier Quiroga
LATITUDE GALEGA: Honk Kong. César Márquez.
FONTEALBA
A volta de Nina fai estragos na relación de Cris e Gonzalo, e non só na relación, xa que, agora que está de volta, o traballo de Cris está en perigo. Amalia segue a finxir e a esconder a medicación que Perfecta lle subministra.
FONTEALBA: FONTEALBA II 85
Cris viuse obrigada, pola volta de Nina, a deixar o seu posto en Hortodouro. Ademais, pensa que o seu emprego non é o único que Nina lle vai facer perder.
FONTEALBA
Lola segue coidando de Luís no hospital. Na casa dos Vilar, Cris discute con Gonzalo sobre unha factura de teléfono aínda que o que quere é sacarlle información sobre o que falou con Nina. Toño e Perfecta intentan descifrar un texto en inglés. Amalia comeza a atoparse mal diante de Aurora.
FONTEALBA
Cris tenta reconciliarse con Gonzalo tras a discusión do día anterior. Nina chama a Xaquín para devolverlle os cartos que lle prestou e cos que pagou a súa débeda en Londres. Lourdes segue á procura dun local para a sua tenda co diñeiro que lle emprestou Roberto. Ten medo medo de que Aurora o chegue a saber. Nina confésalle a Toño que segue namorada de Gonzalo, aínda que todas están máis pendentes da saúde de Amalia.
FONTEALBA
Cris comeza a traballar de volta en Hortoduro pero de supervisora de calidade e a Gonzalo non lle fai moita graza. Mati comenta os problemas con Aurora e intenta que vaia vivir á sua casa.
ESTACHE BO!: Pizza de xamón curado con queixo de cabra
Espazo gastronómico presentado polo ourensán Moisés Rodríguez, un cociñeiro próximo e familiar que amosará en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor. Trasladaralle á audiencia a necesidade de modificar o estilo de vida cara a hábitos saudables a través da cociña.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 29.05.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 29.05.2026
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 29.05.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 29.05.2026
ATRÁPAME SE PODES: 'ATRÁPAME SE PODES III 178'
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O 'Atrápame se podes' continúa incrementando o seu bote. Neste terceiro día da súa particular semana pon en xogo 24.400€. Facerse con este premio será o obxectivo de José Manuel, da Pobra do Caramiñal; David, das Pontes; Jandro, de Ribadumia; María José, de Corme, e Noelia, de Vilalba.
ATRÁPAME SE PODES: 'ATRÁPAME SE PODES III 178'
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O 'Atrápame se podes' continúa incrementando o seu bote. Neste terceiro día da súa particular semana pon en xogo 24.400€. Facerse con este premio será o obxectivo de José Manuel, da Pobra do Caramiñal; David, das Pontes; Jandro, de Ribadumia; María José, de Corme, e Noelia, de Vilalba.
ATRÁPAME SE PODES: 'ATRÁPAME SE PODES III 178'
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O 'Atrápame se podes' continúa incrementando o seu bote. Neste terceiro día da súa particular semana pon en xogo 24.400€. Facerse con este premio será o obxectivo de José Manuel, da Pobra do Caramiñal; David, das Pontes; Jandro, de Ribadumia; María José, de Corme, e Noelia, de Vilalba.
FAKE NEWS: FAKE NEWS 5
Concurso de rúa que mestura actualidade e entretemento de xeito innovador. O presentador, Dani Polo, embárcase cada sábado e domingo na misión de atopar concursantes que, con intuición e astucia, estean dispostos a discernir a verdade da mentira. O programa percorrerá hoxe as rúas de Lalín na procura de concursantes dispostos a aceptar o reto de converter as loiadas en cartos. Esta é unha divertida proba de coñecemento con preguntas de verdadeiro ou falso e 100 euros en xogo.
RIBEIRAS DE SALITRE: Ribeira, o tesouro do peixe do día
Serie documental presentada por X. H. Rivadulla Corcón, que amosa a alegría de vivir na cultura mariñeira, dando a coñecer os homes e mulleres que traballan para o mar, no propio mar e nas ribeiras. O programa de hoxe achégase ata Ribeira, o porto máis importante de peixe fresco de Europa.
RIBEIRAS DE SALITRE: Cangas, o mar como sentimento
Serie documental presentada por X. H. Rivadulla Corcón, que amosa a alegría de vivir na cultura mariñeira, dando a coñecer os homes e mulleres que traballan para o mar, no propio mar e nas ribeiras. Desde Cangas, o programa achégase ao bo facer e sentimento da súa xente mariñeira.
LÉOCHO: Animais literarios
A literatura galega tamén é rica en obras ao redor dos animais ou a animalidade. Imos en busca de recomendacións á libraría Cronopios e conversamos con Enma Pedreira, autora de Besta do teu sangue, un dos libros de cabeceira sobre o mito de Romasanta. Tamén coñecemos o Club de Lectura Salinas, onde acode o autor Samuel Ferro para falar cos lectores e lectoras do seu libro A queimada das ánimas.
RESETÉAME: Otero Pedrayo
Unha visita de Juan Meniño ao pazo de Trasalba permítelle reconstruír a vida do novelista e xeógrafo Ramón Otero Pedrayo e lembrar os seus grandes libros.
ZIGZAG: ZIGZAG 3420
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. O violinista Ismael Caballero presenta o seu álbum ‘Fóra’ en 'ZigZag', que tamén se achegará á estrea do thriller ‘La silla’, a nova película do coruñés Ángel de la Cruz.
HÓCKEY: OK LIGA: SEMIFINAL 1º PARTIDO: LICEO - REUS ou CALAFELL
HÓCKEY: Ok Liga (Semifinal_1º partido): Liceo- Calafell
En directo, arranque da fase de semifinais do Liceo da Coruña de hóckey a patíns. Tras botar ao Lleida con facilidade, o equipo que prepara Juan Copa afronta a penúltima rolda da temporada como favorito, co factor cancha a favor e sobre todo co cansazo do rival, que o martes pola noite lograba o pase eliminando no desempate dos penaltis ao Reus.
TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 29.05.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
SEPARADOS
Gary e Brooke, tras dous anos de noivos, descobren que o amor que se profesaran desapareceu. O detonante é unha pequena discusión doméstica que remata converténdose nunha pelexa desaforada. E o problema é que ningún dos dous quere deixar o apartamento, co que empeza unha batalla en que tamén os amigos e parentes lles aconsellan recorrer á guerra psicolóxica para conseguir que o outro abandone o fogar.
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACION ESTADO DO MAR SERÁN 29.05.2026
OS CANTOS ROLADOS: Anxo Lorenzo e Ross Ansley / Caldo / Böj
Presentado por Tuchiño, de Heredeiros da Crus, cada entrega é un monográfico dun estilo musical, cos máximos expoñentes dese xénero, con actuacións ao vivo e con curiosidades sobre o traballo dos grupos e artistas. Os novos creadores do folk galego serán protagonistas esta noite no programa 'Os Cantos Rolados'.
LATITUDE GALEGA: Nova York. Anxo Brea
AXUSTES LETRAS GALEGAS 2026: A COMPOSTELA DE BEGOÑA CAAMAÑO DA MAN DE ENCARNA OTERO
AXUSTES LETRAS GALEGAS 2026: A Compostela de Begoña Caamaño, da man de Encarna Otero
A BOAS HORAS: A BOAS HORAS 20.03.2026
A G2 emite este novo espectáculo en directo que revolucionará as madrugadas da fin de semana na Radio Galega. Humor, música, xogos e improvisación para converter a noite nun gran punto de encontro durante cinco horas de radio en directo. Toño Casais será o mestre de cerimonias dun equipo no que pode pasar de todo, acompañado polo televisivo Isi e pola reporteira Alexandra Tojo.
POLO REGO: POLO REGO II 115
Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos.