TVG2 - CSAG
TIMMY TIME: Timmy flota
A clase constrúe barcos, pero a Timmy tócalle con Stripey, que está moi constipado e destrúe por erro o barco de Otus.
MADDIE E TRIGGS: O xilófono
Maddie vai doar uns xoguetes que xa non usa á tenda solidaria de Vila Revolta, pero no último momento reconsidera desfacerse do seu primeiro xilófono.
MADDIE E TRIGGS: Glu, glu
Chega un novo membro á familia de Maddie e Triggs e estes esfórzanse por coñecelo para facelo sentir ben.
OS BOLECHAS. SABES UNHA COUSA?: Os animais domésticos
A familia dos Bolechas viaxa á aldea dos seus curmáns para coñecer os animais domésticos que viven alí con eles: vacas, galiñas, cabalos, porcos, ovellas... e ata un burro. A familia dos Bolechas viaxa á aldea dos seus curmáns para coñecer os animais domésticos que viven alí con eles: vacas, galiñas, cabalos, porcos, ovellas... e ata un burro.
HOME MÁIS PEQUERRECHIÑO DO MUNDO, O: Un domador moi pequerrecho
O home máis pequerrechiño do mundo fai oficio como domador, pero de animais do seu tamaño.
CAN CHEIRENTO: Can Cheirento está namorado
A Can Cheirento non se lle dan moi ben as cousas dos namorados.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Orixe Parte 1
Nun flashback, vemos como Marinette se fai amiga de Alya e coñece a Adrien, un modelo famoso cun pai sobreprotector. Ademais, revélase a orixe de Ladybug e Cat Noir.
SONIC BOOM: As botas poderosas
Sonic fai un ruído estraño cando corre que lles rebenta os oídos a todos. Aínda que Sticks investiga o que lle pasa ao seu amigo, será o doutor Eggman quen acabe dándolle algo que parece solucionalo.
SONIC BOOM: Vacabot
O doutor Eggman fai un robot novo para destruír a Sonic que acaba revirándose contra el. Entón, Sonic e Tails terán que axudarlle a defenderse e acabarán traballando en equipo todos xuntos.
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 451
POLO REGO: POLO REGO II 107
Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos.
POLO REGO: POLO REGO II 108
Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos.
GASTRÓPODOS-COCIÑA EN RUTA: Salvaterra do Miño. Lamprea
A receita clave deste programa é: un autobús, un produto gastronómico de referencia na nosa comunidade e unha cociñeira con estrela Michelín, Beatriz Sotelo. Hoxe comeza o seu percorrido na vila pontevedresa de Ponte Caldelas, onde se lle tributará unha homenaxe á troita do río Verdugo. Neste primeiro programa, Beatriz Sotelo enfrontarase a Manuel Villaverde.
FONTEALBA
Vera deixa as menciñas e empéñase en usar só os remedios naturais de Lisardo. Mateo e Amalia comezan a quedar con frecuencia, o que dará que falar na casa.
FONTEALBA: FONTEALBA 69
Vera e Lisardo comezan a sentir cousas, pero ambos os dous negan os sentimentos pola situación del.
FONTEALBA: FONTEALBA 70
Mati, a recén descuberta filla secreta de Roberto, decátase de que non é do gusto de Amalia e decide contarllo á sua nai, Lourdes.
FONTEALBA
Lisardo está cada vez mais turbado co asunto de Vera, e comeza a dubidar dos seus futuros votos. Amalia quere ter un detalle con Mateo e decide darlle algo que el veu buscar.
ESTACHE BO!: Milfollas de amorodos e arandos
Espazo gastronómico presentado polo ourensán Moisés Rodríguez, un cociñeiro próximo e familiar que amosará en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor. Trasladaralle á audiencia a necesidade de modificar o estilo de vida cara a hábitos saudables a través da cociña.
ESTACHE BO!: Estufado de congro
Espazo gastronómico presentado polo ourensán Moisés Rodríguez, un cociñeiro próximo e familiar que amosará en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor. Trasladaralle á audiencia a necesidade de modificar o estilo de vida cara a hábitos saudables a través da cociña.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 25.05.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 25.05.2026
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 25.05.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 25.05.2026
ATRÁPAME SE PODES: 'ATRÁPAME SE PODES III 174'
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O 'Atrápame se podes' continúa incrementando o seu bote mentres non consiga quen o leve. A cifra acumulada chega aos 23.600 €. Eva, de Ribeira; Enrique, da Coruña; Martín, de Teo; Gonzalo, de Foz, e Noela, da Coruña, terán a cuarta oportunidade de pelexar por ela.
FAKE NEWS
Concurso de rúa que mestura actualidade e entretemento de xeito innovador. O presentador, Dani Polo, embárcase cada sábado e domingo na misión de atopar concursantes que, con intuición e astucia, estean dispostos a discernir a verdade da mentira.
QUE CASAS!: QUE CASAS IX 76
As vivendas máis fascinantes, singulares e orixinais de Galicia e de galegos que viven fóra do noso país pasan pola pantalla da TVG con este programa. “Que Casas!” atopará hoxe as vivendas máis espectaculares en Ourense, Monforte, Moaña, Nigrán e Pontevedra.
QUE CASAS!: QUE CASAS IX 78
As vivendas máis fascinantes, singulares e orixinais de Galicia e de galegos que viven fóra do noso país pasan pola pantalla da TVG con este programa. Vigo, Pontevedra e Ordes son hoxe os destinos do programa.
QUE CASAS!: QUE CASAS IX 79
As vivendas máis fascinantes, singulares e orixinais de Galicia e de galegos que viven fóra do noso país pasan pola pantalla da TVG con este programa. O espazo “Que Casas!” amosa catro marabillosas propostas de fogares, situados en Ourense, Corcubión, Pontevedra e Vigo.