div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

BIBOPALULA: A canción que faltaba

Pegui pregúntase cantas cancións compuxeron. Xa son tantas que nin saberían dicir cal é a mellor. Pero notan que falta algo: unha canción na que canten todos os seus amigos.

07:05 h

MADDIE E TRIGGS: A veterinaria

A Triggs dóelle moito unha pata e lévano á veterinaria. Alí, Maddie fará uns novos amigos que a axudarán a ser optimista e pensar que o seu mellor amigo curará.

07:10 h

MADDIE E TRIGGS: Festín nocturno

Maddie e Triggs van ás agachadas ata a cociña pola noite para comer uns pasteliños, pero descobren que non son os únicos que desexan un festín nocturno.

07:20 h

TIMMY TIME: Timmy xoga ao balón

Timmy acapara o balón da clase. Non para de darlle patadas e quitarllo a Otus.

07:30 h

HOME MÁIS PEQUERRECHIÑO DO MUNDO, O: Un domador moi pequerrecho

O home máis pequerrechiño do mundo fai oficio como domador, pero de animais do seu tamaño.

07:30 h

CAN CHEIRENTO: A pantasma de Can Cheirento

É Halloween e Can Cheirento decide disfrazarse de pantasma. O problema é que non ve nada coa saba branca que ten na cabeza e atropélano Mimi e Vivi co seu camión.

07:40 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Animam

Xusto cando Marinette, Adrien e os seus amigos visitan o zoolóxico de París, un dos seus gardiáns, “akumatizado”, convértese nun animal malvado que cambia de forma.

08:05 h

SONIC BOOM: Xogando aos amigos de mentira

O doutor Eggman ten un amigo novo e os robots Orbot e Cubot séntense desprezados e marchan da gorida.

08:15 h

SONIC BOOM: Apocalipse dobre

O doutor Eggman colle de axudante a Dave, o da hamburguesería. Farto de facer tarefas sen importancia, Dave rebélase e apodérase dunha máquina que pode acabar co mundo. Sonic e Tails terán que intervir para impedirllo.

08:30 h

O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 450

09:30 h

CAFÉ SEN GOTAS: CAFÉ SEN GOTAS 336

Faladoiro na biblioteca xeral do Parlamento.

09:45 h

POLO REGO: POLO REGO II 105

Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos.

10:15 h

POLO REGO: POLO REGO II 106

Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos.

10:40 h

FONTEALBA: FONTEALBA 63

Carlos e Elsa teñen a intención de cambiar de aires por culpa da denuncia de Mati, quen, pola súa parte, ten un encontro con Marisa. Vera múdase ao mosteiro abandonado xunto a Lisardo para axudarlle a recuperar a súa saúde. Nina, xa fóra de Hortodouro, dálle unha nova a Carlos que o deixará sen fala.

11:25 h

FONTEALBA

Vera segue no mosteiro abandonado para coidar do seu amigo Lisardo, pero está preocupada porque non dá mellorado. Pola súa parte, Marisa chantaxea a Roberto coa idea de contarlle os seus trapos sucios a Aurora.

12:05 h

FONTEALBA

Aurora chantaxea a Gonzalo para que traizoe a Cristina e faga un informe desfavorable da planta envasadora de auga mineral no manancial de Fontealba.

12:45 h

FONTEALBA: FONTEALBA 66

Asun ofrécese voluntaria para mediar entre Vera e Lisardo. Está de moi bo humor ultimamente porque pensa que Gonzalo comezou a interesarse por ela.

13:25 h

FONTEALBA: FONTEALBA 67

Lisardo e Vera reconcílianse por fin e Cris achégase cada vez máis a Gonzalo.

14:10 h

ESTACHE BO!: Roliño de tortilla francesa

Espazo gastronómico presentado polo ourensán Moisés Rodríguez, un cociñeiro próximo e familiar que amosará en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor. Trasladaralle á audiencia a necesidade de modificar o estilo de vida cara a hábitos saudables a través da cociña.

14:35 h

ESTACHE BO!: Sopa de allo

15:00 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 22.05.2026

Presenta Raúl Quián.

15:35 h

TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 22.05.2026

Presenta Marta Darriba.

16:20 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 22.05.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

16:30 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 22.05.2026

16:40 h

ATRÁPAME SE PODES: 'ATRÁPAME SE PODES III 173'

Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. Os cinco concursantes desta semana participan por terceiro día no 'Atrápame se podes'. Eva, de Ribeira; Enrique, da Coruña; Martín, de Teo; Gonzalo, de Foz, e Noela, da Coruña, tratarán de subir os cinco chanzos das escaleiras sen erros para conseguir os 23.400€ de bote.

17:20 h

FAKE NEWS

Concurso de rúa que mestura actualidade e entretemento de xeito innovador. O presentador, Dani Polo, embárcase cada sábado e domingo na misión de atopar concursantes que, con intuición e astucia, estean dispostos a discernir a verdade da mentira.

17:20 h

EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TI II 115

O actor Fran Nogueira presenta o concurso 'Eu sei + ca ti', con 6.000 euros en xogo. Tres equipos compiten con coñecementos, enxeño e estratexia cada día para abrir unha caixa forte co gran premio en metálico do programa. Remata a semana e con ela acábanse as oportunidades para dous dos equipos de abriren a caixa forte que agocha os 6.000 euros. O outro, aquel que sume máis puntos no marcador semanal, vai ter máis opcións en vindeiros programas. Hoxe loitan por estar na gran final os tríos denominados 'As Pita' (Carmen, Lucía e María), 'Os Habibis' (Iria, Manu e Seiji) e 'Os Pataqueiros' (Íñigo, Juan e María José).

18:00 h

RIBEIRAS DE SALITRE: Raxó, mar con pouso antigo

Serie documental presentada por X. H. Rivadulla Corcón, que amosa a alegría de vivir na cultura mariñeira, dando a coñecer os homes e mulleres que traballan para o mar, no propio mar e nas ribeiras. “Ribeiras de Salitre” descubrirá esta tarde como no porto de Raxó se fusionan á perfección a tradición e o futuro.

18:30 h

RIBEIRAS DE SALITRE: Baiona, cando fala co mar

Serie documental presentada por X. H. Rivadulla Corcón, que amosa a alegría de vivir na cultura mariñeira, dando a coñecer os homes e mulleres que traballan para o mar, no propio mar e nas ribeiras. O programa estará hoxe no lugar onde se deu a noticia do descubrimento do novo mundo. Sabendo da importancia deste feito, o espazo da TVG irá a esta ribeira na busca doutro feito tamén de enorme transcendencia: Baiona é un importante enclave pesqueiro da ría de Vigo, cunha confraría que conta con 250 socios, entre mariñeiros, pescadores, mariscadores, percebeiros e mergulladores, sendo as especies que máis se venden na lonxa a navalla, o percebe, o ourizo e a ameixa.

19:00 h

RIBEIRAS DE SALITRE: Ribeira, o tesouro do peixe do día

Serie documental presentada por X. H. Rivadulla Corcón, que amosa a alegría de vivir na cultura mariñeira, dando a coñecer os homes e mulleres que traballan para o mar, no propio mar e nas ribeiras. O programa de hoxe achégase ata Ribeira, o porto máis importante de peixe fresco de Europa.

19:10 h

OS NOMES DA NOSA TERRA: Baiona

Serie de microdocumentais dirixida por Xosé Antón Moure e presentada por Fran Cañotas, cuxo propósito é difundir a través dun formato audiovisual atractivo os feitos e historias que orixinaron os nomes de aldeas, leiras ou localidades galegas que compoñen algúns dos máis de dous millóns de topónimos que se poden atopar en Galicia.

19:25 h

LÉOCHO: Literatura fan

'Léocho’ é unha aventura polo mundo da literatura galega e a xente que hai detrás de cada obra. A escritora e divulgadora María Canosa conduce esta viaxe fascinante para animar á lectura de forma divertida e didáctica. Neste capítulo farase un pequeno repaso aos fanzines literarios, revistas de cómic actuais e obras ou libros que naceron de historias de fans. O historietista Miguelanxo Prado levará os espectadores por este mundo e repasará a súa extensa obra. Ademais, o programa visitará a primeira libraría de cómics e merchandaxe en Galicia, e coñecerá a Lucía Cid, unha moza revelación deste xénero, e a Fernando Llor, autor do libro 'Subnormal', unha obra de banda deseñada sobre o acoso escolar.

19:30 h

RIBEIRAS DE SALITRE: Cangas, o mar como sentimento

Serie documental presentada por X. H. Rivadulla Corcón, que amosa a alegría de vivir na cultura mariñeira, dando a coñecer os homes e mulleres que traballan para o mar, no propio mar e nas ribeiras. Desde Cangas, o programa achégase ao bo facer e sentimento da súa xente mariñeira.

20:00 h

RESETÉAME: Eduardo Pondal

En 'Resetéame', imaxes icónicas de grandes artistas galegos cobran vida animadas pola Intelixencia Artificial e fálanlle ao presentador Juan Meniño. Cóntanlle aspectos fundamentais das súas obras e biografías. Estes diálogos compleméntanse con testemuños de expertos e visitas aos lugares que máis marcaron aos artistas galegos de referencia. Juan Meniño busca o rastro do poeta Eduardo Pondal polas rúas e camiños de Ponteceso. O autor da letra do "Himno galego" recreou na súa obra un pasado idealizado de Galicia.

20:25 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3414

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. O ‘Zigzag’ achégase hoxe á celebración do Festival de Cans no Porriño e conversa con Sheila Patricia sobre a próxima gala dos Premios Martín Codax da Música.

20:55 h

BALONCESTO LIGA LEB: PLAY OFF ASCENSO ACB. 3º PARTIDO. BÁSQUET MENORCA - BÁSQUET CORUÑA

20:55 h

BALONCESTO LIGA LEB: Playoff ascenso ACB. 3º partido: Menorca-Básquet Coruña

En directo, terceiro partido dos cuartos de final polo ascenso á Liga ACB entre o Menorca e o Básquet Coruña.

22:45 h

TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 22.05.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

23:10 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACION ESTADO DO MAR SERÁN 22.05.2026

23:15 h

UNHA HERDANZA REVIRADA

Tras a morte da súa nai, Leif ten unha herdanza, pero con condicións: antes de poder mudarse a súa cabana en Yosemite, ten que completar unha lista de cousas.

23:55 h

OS CANTOS ROLADOS: Anxo Lorenzo e Ross Ansley / Caldo / Böj

Presentado por Tuchiño, de Heredeiros da Crus, cada entrega é un monográfico dun estilo musical, cos máximos expoñentes dese xénero, con actuacións ao vivo e con curiosidades sobre o traballo dos grupos e artistas. Os novos creadores do folk galego serán protagonistas esta noite no programa 'Os Cantos Rolados'.

00:35 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3414

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. O ‘Zigzag’ achégase hoxe á celebración do Festival de Cans no Porriño e conversa con Sheila Patricia sobre a próxima gala dos Premios Martín Codax da Música.

01:00 h

A BOAS HORAS: A BOAS HORAS 18.03.2026

A G2 emite este novo espectáculo en directo que revolucionará as madrugadas da fin de semana na Radio Galega. Humor, música, xogos e improvisación para converter a noite nun gran punto de encontro durante cinco horas de radio en directo. Toño Casais será o mestre de cerimonias dun equipo no que pode pasar de todo, acompañado polo televisivo Isi e pola reporteira Alexandra Tojo.

05:55 h

POLO REGO: POLO REGO II 105

Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos.

06:30 h

PIPPI MEDIASLONGAS: Pippi vai de paseo en globo

div-crtvg-top2

Publicidade