div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

O DIARIO DE ALICE: DIARIO DE ALICE, O 34

07:00 h

BOOM & REDS: BOOM & REDS 64

Boom e Reds é unha serie de preescolar na que en cada episodio un simpático ogro morado, Boom, tentará investigar que están debuxando no chan os Reds, un grupo de animadas criaturas con cabeza de cogomelo. Por desgraza, o feito de que Boom non sexa tan listo non lle axudará, facéndolle pensar nas suxestións máis tolas.

07:00 h

TIMMY TIME: Timmy non sabe bailar

A clase explora diferentes estilos de baile como o hula ou o hip hop, pero Timmy só quere bailar hip hop.

07:05 h

TIMMY TIME: TIMMY TIME 5

07:10 h

TELMO E TULA: Galletas con forma de cogomelo

Telmo e Tula fan galletas con forma de cogomelo

07:15 h

TELMO E TULA: TELMO E TULA 29

07:20 h

TELMO E TULA: Sándwich tropical

Telmo e Tula gozan tanto na súa cociña que pensaron en facer unha receita doada: un sándwich. Así asegúranse de que todo o mundo o poda preparar. A piña, o queixo e o xamón doce son os ingredientes principais.

07:25 h

TELMO E TULA: TELMO E TULA 30

07:25 h

MADDIE E TRIGGS: Xeado

Nun día moi caloroso de verán, Maddie, Triggs e a avoa van á tenda do señor Luar mercar unhas cousiñas e aproveitan para pedir un xeado.

07:35 h

MADDIE E TRIGGS: Meditación

Maddie e Triggs non se poñen de acordo en que facer no xardín. Cando ven a cunca tibetana de mamá, deciden probar a meditación.

07:40 h

MADDIE E TRIGGS: O monstro das verduras

As verduras da horta de papá aparecen todas amordicadas e Maddie e Triggs deben atopar o culpable.

07:50 h

MADDIE E TRIGGS: Tenis sonoro

Mamá leva a Maddie á escola a probar unha actividade nova: o tenis sonoro. Alí aprenderá a xogar a este deporte e todas as súas peculiaridades.

07:55 h

MADDIE E TRIGGS: A non despedida

Despois de visitar a Maddie e a súa familia, o tío George ten que marchar de viaxe a Hawai, pero Maddie e Triggs teñen problemas para despedirse del.

08:00 h

MADDIE E TRIGGS: A "NON DESPEDIDA"

08:00 h

MADDIE E TRIGGS: Burbullas

Á hora do baño, Maddie e Triggs emprenden unha burbullante aventura submarina

08:10 h

DORAEMON (844-927): Quero un irmanciño / Quero ser malo!

Nobita desexa ter un irmán, así que decide traer ao seu “eu” de pequeno ao presente.

08:15 h

DORAEMON (844-927): DORAEMON (844-927) 922

08:35 h

SONIC BOOM: Teño vivindo na casa un xenio malvado

O doutor Eggman preséntase un día na casa de Sonic, di que lle destruíu a fortaleza unha tormenta e pídelle a Sonic que o deixe vivir con el mentres lla reconstrúen.

08:45 h

SONIC BOOM: A miña fermosa Sticks

A Sticks concédenlle un premio por ser valente e invítana á cerimonia de entrega, que será na mansión do alcalde.

08:55 h

SONIC BOOM: A trampa do circo

Sonic e os amigos deciden axudar o dono dun circo en que enfermaron os artistas para que o público non quede sen función.

09:10 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Pixelator

Vincent adora a Jagged Stone, pero acaba “akumatizado” e convértese en Pixelator.

09:30 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Copycat

Un escultor namorado de Ladybug e celoso de Cat Noir convértese en Copycat, un impostor que trata de ocupar o lugar do seu rival.

09:55 h

ATLETISMO: Entre Rías Medio Maratón

En directo, a proba celebra este ano a súa terceira edición con récord de participación, 3.000 inscritos. O percorrido une O Grove e Sanxenxo a través de escenarios únicos das Rías Baixas como a A Toxa e A Lanzada.

11:30 h

CARREIRAS CON HISTORIA: CARREIRAS CON HISTORIA 1

11:30 h

CARREIRAS CON HISTORIA: CARREIRAS CON HISTORIA 2

11:40 h

XOGAS? NOVOS HORIZONTES DEPORTIVOS: XOGAS? 7

11:50 h

FÚTBOL SEGUNDA DIVISIÓN RFEF: FÚTBOL SEGUNDA DIVISIÓN R.F.E.F. PLAY OFF SEMIFINAL (VOLTA): ATLETICO BALEARES - CORUXO FC

11:50 h

FÚTBOL SEGUNDA DIVISIÓN RFEF: Playoff semifinal (Volta): Atlético Baleares-Coruxo F. C.

En directo, volta dos cuartos de final do playoff de ascenso á Primeira RFEF. Os vigueses chegan nunha situación moi comprometida ao perder 0-3 no Vao.

13:50 h

OS BOLECHAS. AS MIÑAS PRIMEIRAS LETRAS: ÁLVARO CUNQUEIRO

14:00 h

OS BOLECHAS. AS MIÑAS PRIMEIRAS LETRAS: ROSALÍA DE CASTRO

14:05 h

OS BOLECHAS. AS MIÑAS PRIMEIRAS LETRAS: Mª VICTORIA MORENO

14:15 h

OS BOLECHAS. AS MIÑAS PRIMEIRAS LETRAS II: OS BOLECHAS. AS MIÑAS PRIMEIRAS LETRAS 8 - CASTELAO

Braulio disfrázase de Castelao para falar dun conto do xenial escritor e debuxante: ‘Peito de Lobo’. É a historia dun cabezudo que desfila nas festas acompañado de xigantes.

14:25 h

OS BOLECHAS. AS MIÑAS PRIMEIRAS LETRAS II: OS BOLECHAS. AS MIÑAS PRIMEIRAS LETRAS 10 - XELA ARIAS

Xela Arias escribiu ‘Darío a diario’, un libro que conta como unha nai e o seu bebé se van facendo maiores xuntos. Xela Arias foi poeta e tradutora e recibiu moitos premios polo seu traballo.

14:30 h

OS BOLECHAS. AS MIÑAS PRIMEIRAS LETRAS II: OS BOLECHAS. AS MIÑAS PRIMEIRAS LETRAS 11 - EDUARDO BLANCO AMOR

Eduardo Blanco Amor comezou a traballar como xornalista con dezasete anos. Despois escribiu poesía e prosa. A Loli encántalle un conto que publicou no libro ‘Os biosbardos’ e que ten un final inesperado.

14:35 h

OS BOLECHAS. AS MIÑAS PRIMEIRAS LETRAS II: OS BOLECHAS. AS MIÑAS PRIMEIRAS LETRAS 13 - NORIEGA VARELA

Sonia disfrázase de Antonio Noriega Varela para recitar uns versos dedicados a Calvos de Randín, onde o autor estivo de mestre moito tempo. Alí falaba coas xentes do campo e escribiu o que lle contaron en varios libros.

14:35 h

OS BOLECHAS. AS MIÑAS PRIMEIRAS LETRAS II: OS BOLECHAS. AS MIÑAS PRIMEIRAS LETRAS 12 - LUISA VILLALTA

Luísa Villalta foi profesora nun instituto de Sada, escribiu teatro, poesía e novela e sabía tocar o violín. Sonia disfrázase da autora para recitar uns versos do seu libro ‘Ruído’ que fan referencia á vida cotiá.

14:40 h

OS BOLECHAS. AS MIÑAS PRIMEIRAS LETRAS II: OS BOLECHAS. AS MIÑAS PRIMEIRAS LETRAS 14 -RAFAEL DIESTE

Braulio é o encargado de presentar a Rafael Dieste. Elixe un conto titulado ‘Nova York’ que o autor rianxeiro incluíu o seu libro ‘Nos arquivos do trasno’. Narra a historia dun neno intranquilo e algo fachendoso que non deixa xogar os demais.

14:45 h

OS BOLECHAS. AS MIÑAS PRIMEIRAS LETRAS II: OS BOLECHAS. AS MIÑAS PRIMEIRAS LETRAS 15 - RAMÓN CABANILLAS

‘Os Bolechas’ elixen a historia dun galo moi abusón, que abusa das galiñas e dos pitos do seu curral, para falar de Ramón Cabanillas. O autor cambadés contouna nun poema do seu libro ‘Vento Mareiro’.

14:55 h

OS BOLECHAS. AS MIÑAS PRIMEIRAS LETRAS II: OS BOLECHAS. AS MIÑAS PRIMEIRAS LETRAS 9 - BEGOÑA CAAMAÑO

Begoña Caamaño foi xornalista e escritora. Un dos seus libros fala dunha fada que ten o cabelo máis negro que a noite. Chámase Morgana e un día aparéceselle ao mago Merlín en Esmelle.

15:00 h

RESETÉAME: RESETÉAME 10

En 'Resetéame', imaxes icónicas de grandes artistas galegos cobran vida animadas pola Intelixencia Artificial e fálanlle ao presentador Juan Meniño. Cóntanlle aspectos fundamentais das súas obras e biografías. Estes diálogos compleméntanse con testemuños de expertos e visitas aos lugares que máis marcaron aos artistas galegos de referencia.

15:00 h

RESETÉAME: Begoña Caamaño

En 'Resetéame', imaxes icónicas de grandes artistas galegos cobran vida animadas pola Intelixencia Artificial e fálanlle ao presentador Juan Meniño. Cóntanlle aspectos fundamentais das súas obras e biografías. Estes diálogos compleméntanse con testemuños de expertos e visitas aos lugares que máis marcaron aos artistas galegos de referencia. Hoxe achega unha ollada actual e próxima sobre Begoña Caamaño, a homenaxeada este ano das Letras Galegas, achegando a súa figura a públicos de todas as idades mediante linguaxes audiovisuais contemporáneas.

15:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 17.05.2026

Presentan Antía Araújo e David Valverde.

16:10 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 17.05.2026

Irene Lourido encárgase da información deportiva.

16:10 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 17.05.2026

16:15 h

MORGANA EN ESMELLE: MORGANA EN ESMELLE 1

Morgana aparece por sorpresa en Esmelle, para desgusto de Xenebra e inquietude de Merlín. O seu propósito é claro: exixirlle a verdade ao vello menciñeiro de Miranda. Miniserie dramática e adaptación audiovisual da obra de Begoña Caamaño dirixida por Irene Pin. A ficción revisita o mito artúrico desde unha perspectiva íntima e contemporánea: Morgana chega á terra de Miranda para visitar a Merlín no seu retiro galego e, a través dese encontro, emerxen as razóns da caída de Camelot e da súa propia condena.

16:20 h

MORGANA EN ESMELLE: MORGANA EN ESMELLE 2

Merlín esfórzase por evitar o choque entre Morgana e Xenebra, mais a súa ausencia facilita o enfrontamento entre as dúas damas, reabrindo vellas feridas. Miniserie dramática e adaptación audiovisual da obra de Begoña Caamaño dirixida por Irene Pin. A ficción revisita o mito artúrico desde unha perspectiva íntima e contemporánea: Morgana chega á terra de Miranda para visitar a Merlín no seu retiro galego e, a través dese encontro, emerxen as razóns da caída de Camelot e da súa propia condena.

16:30 h

MORGANA EN ESMELLE: MORGANA EN ESMELLE 3

Merlín confesa ante Morgana as súas propias culpas. A revelación remexe os segredos do pasado e abre as portas a unha reconciliación. Miniserie dramática e adaptación audiovisual da obra de Begoña Caamaño dirixida por Irene Pin. A ficción revisita o mito artúrico desde unha perspectiva íntima e contemporánea: Morgana chega á terra de Miranda para visitar a Merlín no seu retiro galego e, a través dese encontro, emerxen as razóns da caída de Camelot e da súa propia condena.

16:35 h

MORGANA EN ESMELLE: MORGANA EN ESMELLE 4

Morgana forza unha conversa con Xenebra e ambas as dúas acaban por reconciliarse, vítimas dun mesmo destino, artellado por outros. Miniserie dramática e adaptación audiovisual da obra de Begoña Caamaño dirixida por Irene Pin. A ficción revisita o mito artúrico desde unha perspectiva íntima e contemporánea: Morgana chega á terra de Miranda para visitar a Merlín no seu retiro galego e, a través dese encontro, emerxen as razóns da caída de Camelot e da súa propia condena.

16:50 h

FÚTBOL PRIMEIRA DIVISIÓN RFEF: FÚTBOL PRIMEIRA DIVISIÓN R.F.E.F. XORNADA 37. C.D.TENERIFE-PONTEVEDRA C.F

16:50 h

FÚTBOL PRIMEIRA DIVISIÓN RFEF: Xornada 37: C. D. Tenerife-Pontevedra C. F.

En directo, o Pontevedra C. F. visita o campión, o C. D. Tenerife, no estadio Heliodoro Rodríguez, na penúltima xornada de Primeira RFEF. Os granates chegan en boa dinámica tras golear o Athlétic B por 4-0 e con posibilidades de certificar matematicamente a súa clasificación para o playoff de ascenso.

18:55 h

XOGAS? NOVOS HORIZONTES DEPORTIVOS: XOGAS? 8

18:55 h

BONANZA: A montañesa

Serie. No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 qm2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe.

19:50 h

BALONCESTO LIGA LEB: PLAY OFF ASCENSO ACB. 2º PARTIDO. BASQUET CORUNHA - BÁSQUET MENORCA

19:50 h

BALONCESTO LIGA LEB: Playoff ascenso ACB (2º partido): Básquet Coruña-Básquet Menorca

En directo, segunda entrega dos cuartos de final polo ascenso á Liga ACB no Coliseum. O Básquet Coruña é o favorito ante o Menorca, nunha eliminatoria que se decide ao mellor de cinco.

21:50 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 17.05.2026

Presentan Antía Araújo e David Valverde. Irene Lourido encárgase da información deportiva.

22:25 h

EN XOGO: EN XOGO 805

Espazo deportivo presentado por Gustavo Varela, que aposta polo fútbol galego, con especial atención ao Celta e ao Deportivo.

23:55 h

CONCERTO DAS LETRAS GALEGAS 2026

Concerto organizado en Vigo, lugar de nacemento da homenaxeada, polo Consello da Cultura Galega, nesta edición coa cantante Uxía como protagonista. Trátase dun formato único e irrepetible, con intérpretes de luxo, apoio audiovisual e colaboracións interxeracionais moi especiais, que levarán á Cidade Olívica a luz, emoción, beleza e irreverencia que deixou Begoña Caamaño, autora homenaxeada nas Letras Galegas 2026.

div-crtvg-top2

Publicidade