TVG2 - CSAG
BIBOPALULA: A viaxe da curuxa
A señora Curuxa visita á súa prima, que vive na cidade. Ao seu regreso, ensínalle á Banda do Bosque as fotos que sacou durante a viaxe.
MADDIE E TRIGGS: Coellos do po
A Triggs cáelle unha pelota debaixo do sofá e, cando Maddie lle axuda a recuperala, descobren uns seres encargados de coidar das cousas que perden: os coellos do po.
MADDIE E TRIGGS: Xirasoles
Maddie e Triggs descobren que un dos xirasoles que plantaron non medrou moito e intentan axudalo.
TIMMY TIME: TIMMY TIME 1
HOME MÁIS PEQUERRECHIÑO DO MUNDO, O: Agasallo de Nadal
Non hai maior obsequio que o noso prota pequerrecho.
CAN CHEIRENTO: Can Cheirento é actor
Para sorprender a Canela, Can Cheirento decide ir a unha audición para o papel do heroe Rampampam. Jean será o seu mestre de interpretación, pero tras un golpe, este convértese nun pingüín. Agora o obxectivo da instrución será viaxar ó Polo Norte!
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Tormentosa
Lepidótero, que aproveita que Aurora está resentida por perder concurso para ser a nova moza do tempo, convértea en Tormentosa e esta atrapa a Alya nunha cúpula de xeo.
SONIC BOOM: A batalla dos grupos musicais
Todas as mozas do mundo andan tolas por un cantante de música romántica. Sonic, Knuckles e Tails sospeitan que detrás de todo pode haber un plan maligno e deciden investigar.
SONIC BOOM: Non se permiten robots
Eggman pode acabar expulsado da súa gorida por culpa dunha ordenanza municipal e terá que esforzarse para convencer a Asociación de propietarios de que é un bo veciño.
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 445
CAFÉ SEN GOTAS: CAFÉ SEN GOTAS 335
Faladoiro na biblioteca xeral do Parlamento.
POLO REGO: POLO REGO II 95
Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos.
POLO REGO: POLO REGO II 96
Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos.
FONTEALBA: FONTEALBA 42
Nina, que non parece mostrar moito interese pola sucesión, bótalle unha man a Gonzalo co seu traballo no laboratorio, mentras que Aurora se mostra moi confiada co tema do testamento. Vera, coma sempre, quítalle importancia á súa enfermidade. Ademais, está a piques de recibir unha noticia moi positiva.
FONTEALBA: FONTEALBA 43
Todos agardan expectantes a lectura do testamento de Luís, en especial Aurora, que espera herdar a dirección de Hortodouro. Andrés sospeita que Gonzalo roubou un cheque do laboratorio e está disposto a probalo. Con todo, este último anda máis ocupado intentando achegarse a Nina e o único que consegue é obsesionar mais a Asun.
FONTEALBA: FONTEALBA 44
Nina recibe unha carta de Carlos moi persoal, que provocará unha conversa deste con Amalia. Aurora cóntalle a Marisa o consello que lle dera o seu pai co tema da separación de bens. Xaquín reúne todos os Douro para dar, por fin, lectura ao testamento de Luís.
FONTEALBA: FONTEALBA 45
O cheque roubado nas oficinas segue sen aparecer. Todas as sospeitas apuntan cara a Andrés, quen está convencido de que o ladrón foi Gonzalo. Este último estáse achegando cada vez mais a Nina.
FONTEALBA: FONTEALBA 46
Andrés descobre a Gonzalo devolvendo o cheque roubado e decidirá aproveitar a situación. Nina segue a rexeitar a posto que lle legou no testamento o seu pai, o que provoca o enfado de Aurora. Carlos insiste en achegarse a Nina, pero o que sente non é correspondido. O avogado da empresa, Xaquín, convoca unha reunión moi importante coas dúas sucesoras da familia Douro.
ESTACHE BO!: Hamburguesa vexetal con pan de millo
Espazo gastronómico presentado polo ourensán Moisés Rodríguez, un cociñeiro próximo e familiar que amosará en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor. Trasladaralle á audiencia a necesidade de modificar o estilo de vida cara a hábitos saudables a través da cociña.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 15.05.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 15.05.2026
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 15.05.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 15.05.2026
ATRÁPAME SE PODES: 'ATRÁPAME SE PODES III 168'
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O bote do 'Atrápame se podes' suma douscentos euros máis para chegar aos 22.400€. Conchi, da Coruña; Andrea, de Foz; Antonio, de Vigo; Miguel, de Portas, e Carlos, da Coruña, terán a oportunidade de levar este exquisito premio. Contan coa experiencia de participación nas dúas xornadas anteriores.
ATRÁPAME SE PODES: 'ATRÁPAME SE PODES III 168'
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O bote do 'Atrápame se podes' suma douscentos euros máis para chegar aos 22.400€. Conchi, da Coruña; Andrea, de Foz; Antonio, de Vigo; Miguel, de Portas, e Carlos, da Coruña, terán a oportunidade de levar este exquisito premio. Contan coa experiencia de participación nas dúas xornadas anteriores.
EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TI II 111
O actor Fran Nogueira presenta o concurso 'Eu sei + ca ti', con 6.000 euros en xogo. Tres equipos compiten con coñecementos, enxeño e estratexia cada día para abrir unha caixa forte co gran premio en metálico do programa. 'Os Habibis' (Iria, Manu e Seiji), que veñen da cidade da Muralla, van ter como rivais o equipo de 'As Pita' (Carmen, Lucía e María), que proceden de Betanzos, e o de 'Os Pataqueiros' (Íñigo, Juan e María José), que chegan desde Burela. A posibilidade de abrir a caixa forte e gañar 6.000 euros alimenta as esperanzas de todos eles.
RIBEIRAS DE SALITRE: Cesantes, nun pequeno mar todo o mar
Serie documental presentada por X. H. Rivadulla Corcón, que amosa a alegría de vivir na cultura mariñeira, dando a coñecer os homes e mulleres que traballan para o mar, no propio mar e nas ribeiras. Diríxese hoxe ata o porto de Cesantes, situado nunha enseada chea de vida.
RIBEIRAS DE SALITRE: Marín, un mar moi traballador
Serie documental presentada por X. H. Rivadulla Corcón, que amosa a alegría de vivir na cultura mariñeira, dando a coñecer os homes e mulleres que traballan para o mar, no propio mar e nas ribeiras. O porto de Marín, onde se vive con paixón o traballo do mar, recibe esta semana a visita de “Ribeiras de Salitre”.
RIBEIRAS DE SALITRE: A Arousa, a tribo do mar
Serie documental presentada por X. H. Rivadulla Corcón, que amosa a alegría de vivir na cultura mariñeira, dando a coñecer os homes e mulleres que traballan para o mar, no propio mar e nas ribeiras. Desde a Illa de Arousa, “Ribeiras de Salitre” coñece as historias do mar da man dos seus protagonistas.
AS 5 VILAS LITERARIAS DE GALICIA: Rianxo
Percorrido polos berces literarios do país, orixe de escritores fundamentais non só para as nosas letras, senón tamén para a nosa sociedade.
OS NOMES DA NOSA TERRA: Fornelos
Serie de microdocumentais cun marcado carácter lúdico e de entretemento que pretende divulgar o rico patrimonio toponímico de Galicia, e en cuxa realización se contou coa colaboración dos veciños de cada un dos lugares cuxos topónimos se analizan.
ZIGZAG: Episodio 3407
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. Os espectadores do ‘Zigzag’ coñecerán hoxe a banda emerxente compostelá Muaré, que mestura o funk cos ritmos discotequeiros.
LÉOCHO: Aventuras polos sete mares
'Léocho’ é unha aventura polo mundo da literatura galega e a xente que hai detrás de cada obra. A escritora e divulgadora María Canosa conduce esta viaxe fascinante para animar á lectura de forma divertida e didáctica. Hoxe toca falar de obras sobre o mar, os mariñeiros, os exploradores, a pesca ou os navegantes. O programa visitará a libraría Pedreira, en Santiago de Compostela, na busca de títulos sobre esta temática, e falará con Camilo Franco, director da feira das industrias culturais en Galicia, o Culturgal. Tamén estará nesta viaxe a escritora e xornalista Rosa Aneiros, Premio Raíña Lupa de Literatura Xuvenil.
RESETÉAME: Álvaro Cunqueiro
En 'Resetéame', imaxes icónicas de grandes artistas galegos cobran vida animadas pola Intelixencia Artificial e fálanlle ao presentador Juan Meniño. Cóntanlle aspectos fundamentais das súas obras e biografías. Estes diálogos compleméntanse con testemuños de expertos e visitas aos lugares que máis marcaron aos artistas galegos de referencia. A vida e a obra de Álvaro Cunqueiro están moi ligadas ao seu Mondoñedo natal. Alí busca Juan Meniño as pegadas deste escritor, que se inspirou nas lendas e mitos.
TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 15.05.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
O XOGO
O multimillonario Nicholas Van Orton ten todo o que un home pode desexar, incluído excesivas doses de aburrimento. Conrad, o seu argalleiro irmán pequeno, aínda é capaz de lle atopar un agasallo de aniversario capaz de sorprendelo: o seu ingreso nun exclusivo club de ocio que lles ofrece os seus socios as aventuras e os pasatempos máis incribles.
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACION ESTADO DO MAR SERÁN 15.05.2026
NO BICO UN CANTAR: Quen puidera namorala
¿Coñecen o tema "Quen poidera namorala"? Saben quen o compuxo? É un tema de amor quizais?- parece evidente, a que sí? A letra da canción é un poema dun dos grandes escritores en lingua galega de tódolos tempos: Álvaro Cunqueiro. Pero houbo algúns feitos que as converteron nunha das pezas máis coñecidas do cancioneiro galego: primeiramente a incorporación ao repertorio dos coros polo músico coruñés Adolfo Anta Seoane e despois a gravación que fixo en 1979 o grupo Petapouco, formado en Barcelona e do que era integrante un coñecido camariñán: Xosé Luís Blanco Campaña. Nesta entrega do espazo da TVG, os espectadores coñecerán a historia das Cantigas de Camariñas da man do propio Xosé Luís Blanco, da familia de Adolfo Anta Seoane, de quen a cantou no Coro da Real Fábrica de Tabacos da Coruña e dos camariñáns, que falarán do sentimento que lles provoca cantar e escoitar esta peza que levou o nome da súa vila por todo o mundo. Co ambiente das palilladas, coa bravura do litoral camariñán e coa festa da Virxe do Carme de fondo, o programa ofrecerá as versións que desta fermosa cantiga fixeron Treixadura, Lucía Pérez, Xaime Estévez, Os Panchos do Jolfendro, o Coro Municipal de Mulleres de Camariñas, Vellos Ventos, o gaiteiro Xavier Blanco e o Cuarteto Egeria.
A BOAS HORAS: A BOAS HORAS 16.03.2026
A G2 emite este novo espectáculo en directo que revolucionará as madrugadas da fin de semana na Radio Galega. Humor, música, xogos e improvisación para converter a noite nun gran punto de encontro durante cinco horas de radio en directo. Toño Casais será o mestre de cerimonias dun equipo no que pode pasar de todo, acompañado polo televisivo Isi e pola reporteira Alexandra Tojo.
POLO REGO: POLO REGO II 95
Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos.