TVG2 - CSAG
BIBOPALULA: Unha canción diferente
Bubi convence a Parrulo e a Cegoña para facer unha canción, pero algo non soa ben. A Banda do Bosque anímase a axudalos para rematala.
MADDIE E TRIGGS: O día do deporte
Maddie e Triggs asisten ao Día do Deporte de McGinty, pero decátanse de que alí aos animais impórtalles máis ganar que pasalo ben.
MADDIE E TRIGGS: O cabaleiro Maddie
Maddie e Triggs queren facer unha representación medieval no xardín, pero non dan porque papá fai moito ruído no cabanel.
TIMMY TIME: A sorpresa de primavera de Timmy
Harriet entrégalles sementes a Timmy e aos seus amigos e ensínaos a plantar.
HOME MÁIS PEQUERRECHIÑO DO MUNDO, O: A impresora
A informática e o noso pequeno protagonista non se levan demasiado ben.
CAN CHEIRENTO: Can Cheirento e o penso de gato
Can Cheirento cheira mal, ten pulgas e é parvo. Vive nunha papeleira co seu mellor amigo Gatochato. Aínda que moitos evitan a Can Cheirento, é puro optimismo e esperanza.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Santa Cravos
Por culpa de Ladybug, Lepidótero “akumatiza” a Santa Claus, que se converte en Santa Cravos, un ser malvado que está decidido a que esta Noiteboa sexa a peor na historia de París.
SONIC BOOM: Tails namorado
Tails anda namoriscado e non sabe como conquistar a moza que lle gusta. Os amigos e mesmo o seu peor inimigo daranlle consellos para converterse en todo un galán.
SONIC BOOM: Encerrados
Estala unha tormenta na illa e Sonic e os amigos refúxianse na casa de Amy. Como non poden saír ata que deixe de chover, Amy procura ser unha boa anfitrioa e busca maneiras de entretelos para pasar o tempo.
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 444
POLO REGO: POLO REGO II 93
Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos.
POLO REGO: POLO REGO II 94
Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos.
COMISIÓN DE FESTAS: OS MILAGRES DE CAIÓN
A TVG métese entre bambolinas con ‘Comisión de Festas’ para descubrir como se organizan as festas galegas.
COMISIÓN DE FESTAS: Os milagres de Caión
A TVG métese entre bambolinas con ‘Comisión de Festas’ para descubrir como se organizan as festas galegas.
FONTEALBA: FONTEALBA 38
Roberto amosa moita ilusión polo embarazo de Aurora, pero non se fía da palabra de Marisa. Ao mesmo tempo, Fonso ve o seu pai moi afectado e teñen unha convers sobre a sucesión, mentres que Aurora se propón contarlle unha nova á súa madrastra.
FONTEALBA: FONTEALBA 39
Nina segue a ter problemas coa maioría da súa familia debido á súa chegada e Luís recibe unha noticia moi mala pola parte da súa muller.
FONTEALBA: FONTEALBA 40
Un malentendido provoca que Aurora tolee con Gonzalo cun envío en mal estado. Perfecta e mais Toño despístanse co tema do sobre que lle ían prestar a Nina.
FONTEALBA: FONTEALBA 41
A Morte de Luís cae coma unha xerra de auga fría no momento máis inoportuno. Nina séntese fatal, xa que non só perdeu o seu pai, senón que tamén descobre que en realidade nunca foi tal. Ademais, anda esquivando a Carlos, que descoñece que son irmáns e segue namorado dela. Gonzalo está seguro de que, agora que Luís non está, Aurora aproveitará para botalo do laboratorio. Pola súa parte, Amalia non está convencida de que a morte de Luís fose un accidente.
ESTACHE BO!: Bocadillo de cabaciña con sardiñas
Espazo gastronómico presentado polo ourensán Moisés Rodríguez, un cociñeiro próximo e familiar que amosará en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor. Trasladaralle á audiencia a necesidade de modificar o estilo de vida cara a hábitos saudables a través da cociña.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 14.05.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 14.05.2026
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 14.05.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 14.05.2026
ATRÁPAME SE PODES: 'ATRÁPAME SE PODES III 167'
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. Conchi, da Coruña; Andrea, de Foz; Antonio, de Vigo; Miguel, de Portas, e Carlos, da Coruña, viven a súa segunda xornada no 'Atrápame se podes'. Os cinco concursantes terán a posibilidade de levar un bote situado nos 22.200€.

EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TI II 110
Chegamos ao último día da nosa semana e os tres equipos de concursantes vanse esforzar por chegar á gran final e tamén por acumular moitos puntos no marcador semanal. “Os Agüistas” (Esteban, Javi e Pablo), “Os Habibis” (Iria, Manu e Seiji) e “Condadiño con nós” (Denís, María e Zalo) loitan por continuar outros cinco días máis con nós e por dar coa combinación exacta da caixa forte e facerse co bote de seis mil euros.
CONSUMO SENTIDO: CONSUMO SENTIDO 6
Cinco especialistas en transporte e motor, alimentación, saúde, dereitos do consumidor e tecnoloxía resolven as dúbidas de situacións nas que os consumidores nos poidamos encontrar na vida diaria.
AS 5 VILAS LITERARIAS DE GALICIA: AS 5 VILAS LITERARIAS DE GALICIA 4
De Rianxo saíron media ducia de autores que marcaron a historia das nosas letras e mesmo a nosa identidade. Porque Rianxo é a casa de Paio Gómez Chariño, de Faustino Rey Romero, de Evaristo Martelo, de Manuel Antonio, de Rafael Dieste e, por suposto, de Castelao, probablemente a figura máis importante da cultura galega do século XX.
CONSUMO SENTIDO: CONSUMO SENTIDO 7
Cinco especialistas en transporte e motor, alimentación, saúde, dereitos do consumidor e tecnoloxía resolven as dúbidas de situacións nas que os consumidores nos poidamos encontrar na vida diaria.
CONSUMO SENTIDO: CONSUMO SENTIDO 8
Cinco especialistas en transporte e motor, alimentación, saúde, dereitos do consumidor e tecnoloxía resolven as dúbidas de situacións nas que os consumidores nos poidamos encontrar na vida diaria.
OS NOMES DA NOSA TERRA: Mar do Orzán
Serie de microdocumentais cun marcado carácter lúdico e de entretemento que pretende divulgar o rico patrimonio toponímico de Galicia, e en cuxa realización se contou coa colaboración dos veciños de cada un dos lugares cuxos topónimos se analizan.
HISTORIAS A PÉ DE PÁXINA: O limpabotas e o merlo
Hai feitos que cambiaron o curso da historia, personaxes que marcaron unha época e anécdotas esquecidas, ou apenas esbozadas nun pé de páxina, que merecen formar parte do argumento principal.
BALONCESTO LIGA LEB: Playoff ascenso ACB. 1º partido. Basquet Coruña-B. Menorca
A G2 ofrece en directo este primeiro partido da fase de playoff de ascenso á Liga Endesa ACB. A cobertura dos medios públicos galegos contempla ata un máximo de sete encontros, tanto os do Coliseum como os desprazamentos a Menorca, e no caso de clasificarse o equipo laranxa, a final a catro que se disputará a primeira fin de semana de xuño.
BALONCESTO LIGA LEB: PLAY OFF ASCENSO ACB. PRIMEIRO PARTIDO. BASQUET CORUNHA-BÁSQUET MENORCA
BALONCESTO LIGA LEB: PLAY OFF ASCENSO ACB. 1º PARTIDO. BASQUET CORUNHA-B. MENORCA
TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 14.05.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
A CRÓNICA: A CRÓNICA (DIARIA) 1522
A ESMORGA
Crónica tensa e intensa de 24 horas na vida de tres homes, compañeiros de esmorga que, deixando un regueiro de destrución, de sexo equívoco e reprimido, van pechando portas tras de si e guindando coas chaves, como para non querer volver, tal e coma se adrede camiñasen cara á súa perdición. A película ten tres protagonistas principais: Cibrán, Milhomes e o Bocas. O primeiro relata ante un xuíz as 24 horas de borracheira que paso xunto cos outros dous personaxes. Durante esta festa, os tres amigos montan un gran balbordo e moitos problemas na localidade de Auria, a cidade literaria coa que Blanco Amor reelaborou desde a distancia do exilio o seu Ourense natal.

PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 2050
Programa de madrugada da Radio Galega, presentado por Pepe Capelán, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.