TVG2 - CSAG
BIBOPALULA: Aquí hai xigantes!
Robin acaba de descubrir que no alto do monte hai unhas árbores moi altas, brancas e sen follas.
MADDIE E TRIGGS: O tren de Phillip
Maddie e Triggs xogan aos trens con Phillip, pero teñen problemas co deseño da vía, polo que terán que buscar unha solución en común.
MADDIE E TRIGGS: Cola bulideira
Triggs menea a cola cando se pon contento, pero ás veces pode pasarse un pouco ata o punto de parecer que a cola ten vida propia.
TIMMY TIME: Timmy trae un sorriso
Os animaliños da clase abusan da manta de Apricot e Timmy axúdalle a recuperala.
CAN CHEIRENTO: O curmán de Can Cheirneto
Canela celebra o seu aniversario cunha festa de disfraces. Chegan as invitacións e Caniche non soporta a idea de que Can Cheirento tamén vaia porque quere a atención de Canela toda para el, así que argalla algo para librarse de Can Cheirento.
HOME MÁIS PEQUERRECHIÑO DO MUNDO, O: O home-zapping
Un televisor roto desata a creatividade do noso pequeno protagonista.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Catalizadora (O Día dos Heroes 1ª Parte)
É o Día dos Heroes en París e todo o mundo debe facer unha boa acción. Pero o día transfórmase nun pesadelo cando Lepidóptero “akumatiza” a Nathalie.
SONIC BOOM: A Vinganza de Ano Vello
Sonic e os amigos están preparando unha festa para celebrar o paso do Ano Vello ao Ano Novo e todos están contentos. O doutor Eggman aproveita os últimos momentos do ano para intentar cumprir o obxectivo que se propuxo cando empezou.
SONIC BOOM: Amigos dos canciños peludos
A Amy Rose gústalle moito un xogo con pezas de canciños que tamén é o favorito de quen menos espera e que se converte nun estupendo compañeiro de xogo.
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 442
POLO REGO: POLO REGO II 89
Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos.
POLO REGO: POLO REGO II 90
Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos.
COMISIÓN DE FESTAS: San Campio de Valadares
A TVG métese entre bambolinas con ‘Comisión de Festas’ para descubrir como se organizan as festas galegas. Os espectadores da TVG verán como a ‘Comisión de festas’ de Valadares, en Vigo, traballa durante todo o ano para que non falta nada no San Campio.
FONTEALBA
Luís Douro convocou todos os fillos para informalos de algo moi importante e todos dan por feito que se trata da modificación do testamento. Carlos e Nina descobren que Perfecta e Toño están a actuar de celestinos, intentando xuntalos de novo. No laboratorio de Hortodouro, Asun segue buscando achegarse cada vez máis a Gonzalo e non só no terreo profesional. Marisa quedou moi tocada despois de ver que Roberto se desentende dela e do seu embarazo.
FONTEALBA
Elsa volve antes de rematar o curso e atopa a Carlos e Nina xuntos, polo que a situación volve tensarse moito entre os tres. Carlos vai ter que decantarse por fin por unha das dúas rapazas. Na casa dos Douro, Amalia e Luís discuten sobre a citación a xuízo e como afrontala. Pola súa parte, Asun, a pequena da familia, non pensa renderse na conquista de Gonzalo e decide pasar á acción.
FONTEALBA: FONTEALBA 32
Nina Douro decide falar claro con Carlos Pereira da súa relación. Luís, na procura de apoios, segue a tentear os seus fillos e isto non lle pasa desapercibido a Aurora e Fonso. Roberto séntese fatal por como reaccionou á noticia do embarazo de Marisa e intenta desculparse cunhas flores, que farán desconfiar a Aurora. Anxo, o enfermeiro que atende a Vera, fala con Gonzalo sobre a actitude da súa irmá.
FONTEALBA: FONTEALBA 33
Roberto segue asustado pola situación coa súa muller, Aurora. Ela segue a sufrir mareos e malestar, pero non quere deixar desatendido Hortodouro. Gonzalo escoita unha conversa íntima entre Nina e Carlos, pero non comprende o que acontece e descoñece o seu pasado xuntos. Amalia e Luís asisten ao xuízo mentres que Vera parece reconciliarse con Anxo, o enfermeiro. Rosendo ofrécelle a Amalia un xeito de recuperar o seu patrimonio.
ESTACHE BO!: Canelón de cabaciña recheo de lagostinos
Espazo gastronómico presentado polo ourensán Moisés Rodríguez, un cociñeiro próximo e familiar que amosará en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor. Trasladaralle á audiencia a necesidade de modificar o estilo de vida cara a hábitos saudables a través da cociña.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 12.05.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 12.05.2026
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 12.05.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 12.05.2026
NO FOCO: NO FOCO 210
Presentado por Jesús Peleteiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.
ATRÁPAME SE PODES: 'ATRÁPAME SE PODES III 165'
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O bote do 'Atrápame se podes' chega ao final de semana en 21.800€. Será o último día en que teñan oportunidade de levalo Laura, da Coruña; Elena, de Vigo; Mon, de Cervo; Jose, de Miño, e Uxía, da Coruña.
ATRÁPAME SE PODES: 'ATRÁPAME SE PODES III 165'
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O bote do 'Atrápame se podes' chega ao final de semana en 21.800€. Será o último día en que teñan oportunidade de levalo Laura, da Coruña; Elena, de Vigo; Mon, de Cervo; Jose, de Miño, e Uxía, da Coruña.
EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TI II 108
Terceiro día da semana para os nosos equipos, que van loitar, unha vez máis, por abrir a caixa forte e gañar os seis mil euros do bote. Hoxe concursan os lucenses “Os Habibis” (Iria, Manu e Seiji), os condadenses “Condadiño con nós” (Denís, María e Zalo) e os ourensáns “Os Agüistas” (Esteban, Javi e Pablo). Se aquel que chegue á gran final non acerta a combinación secreta leva o premio do día, valorado en 225 euros.
CONEXIÓN GALICIA: CONEXIÓN GALICIA 427
Espazo de análise informativa que conta cos grandes referentes do xornalismo galego en Madrid. Presentado por María Cheda.
AS 5 VILAS LITERARIAS DE GALICIA: Padrón
Percorrido polos berces literarios do país, orixe de escritores fundamentais non só para as nosas letras, senón tamén para a nosa sociedade.
OS NOMES DA NOSA TERRA: Veigas de Camba
Espazo de carácter lúdico e de entretemento que pretende divulgar o rico patrimonio toponímico de Galicia.
ZIGZAG: ZIGZAG 3405
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. O espazo 'ZigZag' fará balance da gala dos Premios Follas Novas, unha das grandes citas do ano para o sector do libro galego.
A CRÓNICA: A CRÓNICA (DIARIA) 1520
TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 12.05.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACION ESTADO DO MAR SERÁN 12.05.2026
'LETRAS GALEGAS 2026 - BEGOÑA CAAMAÑO, NAVEGAR NO PRACER AZUL'
'Begoña Caamaño: navegar no pracer do azul', o documental sobre a protagonista do Día das Letras Galegas 2026, é unha produción da Real Academia Galega dirixida por Damián Varela e Alba López. O filme afonda na vida e no legado da escritora e xornalista da man de amizades e especialistas na súa obra, nunha narración arrequecida con dramatizacións das súas novelas. Documental da Real Academia Galega, dirixido por Damián Varela e Alba López, que propón un percorrido pola vida e o legado da xornalista e escritora viguesa Begoña Caamaño, a través de testemuños de persoas do seu ámbito persoal e profesional, incorporando tamén unha dimensión artística coa colaboración da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
O SEÑOR AFRANIO: O SEÑOR AFRANIO 1
Documental en torno ao republicano de orixe silledense Antón Alonso Ríos, máis coñecido como Señor Afranio.
DOCUMENTAL: Cantares Gallegos
Documental sobre o 150 aniversario da publicación do libro de Rosalía de Castro, que coincide coa data do Día das Letras Galegas. Neste traballo, profesores de literatura e expertos na obra de Rosalía, como Catherine Davies, Victoria Álvarez Ruíz de Ojeda, Xesús Alonso Montero, Andrés Pociña, Aurora López ou Francisco Rodríguez, contan como era aquela Galicia. Ademais, no documental interpretaranse “a capela” poemas de “Cantares Gallegos” que xa se converteron en cancións como "Adios, ríos; adios, fontes", "Campanas de Bastavales", "Como chove miudiño" ou "Un repoludo gaiteiro”.
PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 2048
Programa de madrugada da Radio Galega, presentado por Pepe Capelán, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.
POLO REGO: POLO REGO II 89
Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos.