div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

BIBOPALULA: A cova

Bubi descobre algo asombroso: unha cova que fala. Robin acompáñaa para vela cos seus propios ollos. O señor Moucho explícalles que o que acaban de descubrir é o eco.

07:05 h

MADDIE E TRIGGS: Tirolesa

Maddie, Triggs e mamá soben á cima do outeiro de Vila Revolta. Alí coñecen unha cabra que lles ensinará un novo xeito de comunicarse.

07:15 h

MADDIE E TRIGGS: Xerra peixe

Mamá fixo unha xerra con forma de peixe para a avoa e non quere que rompa. Maddie deberá aprender a facer o correcto cando mete a zoca.

07:20 h

TIMMY TIME: Timmy o construtor

A clase constrúe tendas de campaña, pero Timmy ten problemas. Otus ofrécese a axudar, pero el pensa que non lle fai falta.

07:30 h

CAN CHEIRENTO: Can cheirento, rei do amor

Despois de pasar unha noite enteira vendo películas románticas, Caniche ten unha conxuntivite severa e case non pode ver nada. Desafortunadamente, ese mesmo día ten unha cita con Canela e non a quere anular. Can Cheirento ofrécese a facerlle de guía, pero as cousas complícanse e non saen como estaban previstas.

07:40 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Areeiro

Mentres Tikki e Plagg se reúnen con outros “kwamis”, aparece un misterioso e malvado ser que sobrevoa a cidade na súa nube máxica. É Areeiro, capaz de facer realidade os pesadelos de cada persoa.

08:05 h

SONIC BOOM: Guerra de estrelas

Knuckles sae na prensa e acaba sendo o famoso de moda co que todos queren contar.

08:15 h

SONIC BOOM: Cidadáns exemplares

Sonic e os amigos reciben un premio por defender sempre os veciños dos ataques do doutor Eggman e o alcalde contrata un asesor para axudarlles a dar exemplo de conduta aos máis pequenos da vila.

08:30 h

O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 441

09:30 h

POLO REGO: POLO REGO II 87

Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos.

09:55 h

POLO REGO: POLO REGO II 88

Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos.

10:30 h

COMISIÓN DE FESTAS: Festa da anguía de Castrelo de Miño

A TVG métese entre bambolinas con ‘Comisión de Festas’ para descubrir como se organizan as festas galegas. O programa amosa hoxe como se organiza a Festa da Anguía de Barral, no concello ourensán de Castrelo de Miño.

11:30 h

FONTEALBA: FONTEALBA 26

Marisa ten medo de que Perfecta non garde silencio sobre a súa aventura con Roberto e terá que facer algo para asegurarse. Nina segue intentando esquecer a Carlos, aínda que semella que pasar páxina lle vai custar máis do que ela pensaba. A compra do Rácing está dando máis contratempos: Luís está preocupado polo tema económico e xa tivo que pedir varios préstamos. Amalia nota que non conta con apoios nin na prensa nin na familia, polo que pensa en facer algo para gañar o apoio dos afeccionados.

12:10 h

FONTEALBA: FONTEALBA 27

Aurora non da crédito á noticia do embarazo de Marisa. Por unha parte alégrase e, pola outra, sente envexa da súa amiga. O ruxe-ruxe de que Luís está a facer cambios no testamento revoluciona a todos os fillos, que descoñecen o por que. Elsa está tenteando a Carlos co tema do anel para sacarlle algo de información. Gonzalo sente a presión de Asun, que trata de levarse ben con el no traballo, mentres a súa irmá Vera empeora da súa enfermidade e non dispoñen de medios para tratala.

12:55 h

FONTEALBA: FONTEALBA 28

Elsa conseguiu axuda médica para Vera: un enfermeiro visítaa na súa casa para poñerlle as inxeccións. Nina fíxolle unha visita a Gonzalo nos viveiros, xa que quere que el e Asun teñan mellor relación. Carlos dille a Elsa que ten unha sorpresa para ela, polo que esta espera impaciente que lle pida matrimonio. Roberto está moi nervioso polo embarazo de Marisa, xa que sabe que o máis seguro é que el sexa o pai.

13:40 h

FONTEALBA

Amalia pídelle explicacións a Luís por tela enganado desde o principio coa compra do equipo de fútbol da cidade. Nina e Carlos queren esquecer dunha vez a relación que tiveron anos atrás, pero nin un nin outro o conseguen. Roberto, o home de Aurora, non sabe como xestionar o posible embarazo da súa amante Marisa e ve que cada vez se lle complican máis as cousas.

14:25 h

RECANTOS CON FEITIZO: Lobios, paraíso natural

‘Recantos con feitizo’ convida a descubrir os recunchos máis sorprendentes e auténticos de Galicia a través dos ollos de reporteiros e 'influencers'. Cada episodio amosará cinco lugares únicos, desde paisaxes naturais a espazos ateigados de historia e cultura. Unha viaxe chea de curiosidade, sorpresas e moitos 'selfies'.

14:30 h

ESTACHE BO!: Torre de Pancackes con crema de chocolate

Espazo gastronómico presentado polo ourensán Moisés Rodríguez, un cociñeiro próximo e familiar que amosará en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor. Trasladaralle á audiencia a necesidade de modificar o estilo de vida cara a hábitos saudables a través da cociña.

15:00 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 11.05.2026

Presenta Raúl Quián.

15:35 h

TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 11.05.2026

Presenta Marta Darriba.

16:20 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 11.05.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

16:30 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 11.05.2026

16:40 h

ATRÁPAME SE PODES: 'ATRÁPAME SE PODES III 164'

Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O 'Atrápame se podes' segue incrementando o seu bote ata os 21.600€. Laura, da Coruña; Elena, de Vigo; Mon, de Cervo; Jose, de Miño, e Uxía, da Coruña gozan do seu terceiro día de concurso.

17:20 h

EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TI II 107

Fran Nogueira recibe hoxe no estudio do ‘Eu sei + ca ti’ o trío de equipos conformado por “Os Agüistas” (Esteban, Javi e Pablo), “Os Habibis” (Iria, Manu e Seiji) e “Condadiño con nós” (Denís, María e Zalo). O primeiro obxectivo que teñen é sumar o maior número de puntos no marcador semanal e o segundo é chegar á gran final, pois é aquí onde poden introducir unha combinación na caixa forte e, se é a correcta, gañar os seis mil euros do bote.

18:00 h

QUE CASAS!: QUE CASAS! 72

As vivendas máis fascinantes, singulares e orixinais de Galicia e de galegos que viven fóra do noso país pasan pola pantalla da TVG con este programa. Hoxe a restauración é o distintivo desta entrega, que amosa a transformación dunhas vivendas en Ourense, Ferrol, Redondela e O Porto.

div-crtvg-top2

Publicidade